Habaixo o colexio! (mostra)

Page 1

Geoffrey Willans Ronald Searle

Habaixo o colexio!

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u

bro



Moi ben, ímoslle

Este son eu ou sexa nigel molesworth o terror de st custard’s que é o colexio no que hestou. É húmido e cutre como bou deixar claro (espero) aínda que todos os colexios son así. ou sexa só hai vareadas, lat. francés xeogr. hist. mates, xeom, diretores, cans do colexio, salchichas do colexio, o meu hirmán molesworth 2 e PROFES por todas as partes. O único bo do colexio son os RAPAZES que son nobres balentes intrépidos etc. aínda que tamén hai varios chapóns, habusóns, miñaxoias, gordos cebados e pailáns ós que non me queda máis remedio que haturar. De feito calquera colexio é unha cousa desastrosa. COMO BAS BER DESEGUIDO

9


ST. CUSTARD’S MOSTRADO POLO CLUB DE FOTOGRAFÍA:

este é st custard’s o noso colexio. Fixen a foto coa miña camara pero mobinme un pouco e non sae todo. De todos os xeitos o que se be xa habonda. Esta é a porta principal pero non se pode pasar por ela por que os rapazes a crabaron así que hai que entrar pola parte de atrás que por sorte non se be por que é orrible. Á dereita está a escada de inzendios apoiada na fachada ou a fachada apoiada nela non o teño claro. Está ven para escapar pola noite pero se ai lume é máis rápido usar o canalón. Aínda é máis rápido saltar se hestán sostendo unha manta habaixo, pero igual me fan a astucia* de apartala. * unha astucia é unha broma ou un calote como sabe calquera hidiota.

10


Algunhas imaxes pouco afortunadas do album de Molesworth

Esta é a ala leste. St custard’s ten unha istoria moi interesante se che interesa a istoria que iso non lle interesa a ninguén. Construíuno un zumbado en 1836 e fixo algunhas reformas antes de que o metesen na gaiola por exenplo o oserbatorio para estudalas miñocas, as fortificacions para meter os gardas e esa cousa redonda que non serbe para nada.

11


é hincrible que este non rompese a cámara é peason o meu mellor hamigo ou sexa que estamos a pelexar todo o tempo. En realidade non é malo pero discutimos moito dicindo iso ti iso ti iso ti iso ata que enpezan a dicir que pelexen que pelexen e claro temos que zouparnos.

Este é gillibrand no tranpolín máis alto mentres todos diciamos tírate tírate. O seu pai é xeneral así que non é moi espelido, como é de esperar. Despois de facernos ganas fíxonos unha astucia porque baixou do tranpolín e dixo que podía saltar cando quixese pero que nese momento non lle prestaba.

12


este é grabber o líder do colexio capitán de todos os equipos e gañador do premio da señora joyful de traballos manuais con rafia. O seu pai é moi rico e ten un rolls, con hiso xa o digo todo. É máis grande ca min así que teño que handar con ollo.

O can do noso colexio pensando. Está planeando votar a correr polo campo de crícket e trincar a pelota e logo morderlle ó hárbitro nunha perna foi xenial. Non é malo pero unha bez nun partido marcounos un gol en propia meta.

13


fotherington-tomas. Como vedes salta á corda coma unha nena é mexericas e miñaxoia a máis non poder. Le rebistas e sospeitamos que na casa xoga con monecas. Ademais os seus personaxes favoritos sempre son os príncipes e cando lle digo que lle bou andar na cara responde molesworth perdóote por hesas palabras tan desapropiadas.

Buf, este é molesworth 2 meu irmán é mexericas a máis non poder e un chorón deprímeme pensar que lebamos o mesmo sangue. Sempre está a comer e a amolar a todo quisque. Cando fotherington-tomas di que no fondo do seu xardín biven fadas molesworth 2 di que no fondo do noso ai unha montaña de lixo noxenta entón lanzámoslle gorrións mortos e miñocas ou mesmo o can do colexio e bichería polo estilo. renego del.

Por suposto ai moreas máis de mexericas e choróns por haquí pero espero que con isto vos fagades unha idea de como é st custard’s que con todos os demais colexios esplica porque inglaterra está como está. Non ai nada máis que engadir sobre st custard’s salbo que cheira a xiz libros de latín tinta botas de fúbol usadas e alpiste. E hagora seguide lendo.

14


1 OS DIRETORES

Descrición do fociño ó ravo Os diretores son sempre do máis feroz e coleccionan centos de BASTÓNS. Úsanos para perseguir e acurralar os rapazes aínda que sexan tan nobres coma galahad. Os diretores sempre están moi orgullosos do seu colexio e pensan que é o mellor do mundo de inglaterra do espazo ou polo menos mellor có outro colexio do varrio. Din “Ehem o certo é que os rapazes ehem ehem non son eh esactamente do tipo que nos gustaría”. Manda truco dicir algo así, estando eu por haquí. Ademais dos chapóns ós diretores gustanlles os rapazes que xogan ben ó fúbol e marcan goles cos que poden berrar “Veña caruthers busca o gol” ou outras mexericadas polo estilo. Eu non son especialmente bo no fúbol só me concentro en darlle patadas a todo quisque. O diretor bérrame MARCA O TEU ADVERSARIO MOLESWORTH pensa que son o arsenal ou que. Por sorte fotherington-tomas é peor ca min é porteiro e está todo o tempo apalermado dicindo Ola nubes ola ceo ola sol etc cando un dianteiro do tamaño dun armario se lanza contra el e o balón lle pasa boando a rente da napia. Cando todo o equipo di como non o paraches fotherington-tomas responde “Inpórtame unha figa se foi gol ou non o húnico fermoso é a natureza”. non creo que chame a hatención de ningún cazatalentos. Todos os diretores teñen un despacho ou unha sala cunha cadeira adecuada para que os rapazes se hinclinen cando os ban azoutar no cu o peor non son as azoutas en si senón o cheiro do tapizado e todo o demais. Di peason que unha vez atopou unha

15


moeda de cinco peniques entre os coxíns pero a min paréceme unha das conachadas que conta sempre. Tamén ai un andel con libros ó que mirar mentres che botan o responso sobre por que che están a zoupar. Temos a Biblia Comentada (seis bolumes), a guía Ruff para o coidado do céspede e unha nobela de aventuras que se confiscou ai tres anos pero que lle hencanta á muller do diretor. Unha vez ocorréuseme un truco de marca maior puxen uns rizos por dentro do pantalón para que rompese o bastón. Achegueime a furtadelas a fotherington-tomas e corteille os rizos. Mentres el choromicaba metín os rizos por dentro do pantalón. Fun ó despacho do diretor. O bastón facía zas sssh zas sssh zas cunha forza que metía medo. O bastón agüantou así que ó final o truco non foi de marca maior pero o diretor levou unha reprimenda da súa muller por ensuciar despois de que pasaran as da limpeza. Así que noba bitoria dos RAPAZES BIBA.

O bastón facía zas sssh zas sssh zas.

16


Baras que probei por N. Molesworth

1. “A clásica”. Flexible, sen nós, cunhas follas no estremo. Nas bacacións pódeselles lanzar ós cans para que a baian buscar.

2. A “inflexible” ou “ríxida”, con silenciador incorporado para afogar os verros das vítimas.

3. A “renxente”, típica dos que din: “dóeme máis a min que a ti”.

4. A primeira arma que un atopa á man.

5. O “fungueiro”, de tipo escocés, para os rapaces maiores.

6. A bara para especialistas. Equipada con mira telescópica e medidor de distancia.

17


DOUS BREBES DISCURSOS PARA DIRETORES Seguidos polos comentarios haclaratorios de Molesworth

1. COMEZO DE CURSO Clan clan soa a campá. Todos os rapazes se xuntan no salón de actos con cara de leite agre. Diretor: (cun sorriso de orella a orella) ola basil ola timothy ola john que tal hesas bacacións1? Como está a túa encantadora nai2? (dirixíndose a todos, sorrindo haínda máis) Temos doce semanas por diante e quero que as enchades3 con tanta hactibidade como poidades, tanto na aula coma na cancha. Este curso temos un delegado nobo grabber4. (Aplaude pero ninguén se suma) Todos sabedes que as birtudes que máis apreciamos son a lealdade e as boas influencias5. Este curso esperamos grandes logros no fúbol. grabber6 vai ser o capitán. Pode que sexamos un equipo novo pero non vos esquezades de david e goliath (gargallada) máis bale pequeno e agudo 18

COMENTARIOS HACLARATORIOS (N. molesworth sábeo todo) 1. Xa están haquí de bolta esas pequenas bestas. 2. Como se me importase tanta preocupación polas nais nobas. 3. O único que penso encher é o bandullo. 4. O seu pai é millonario, con iso dígoo todo. 5. Ehem ehem, podería dicir o que xa savedes. 6. Con tal de que soltes o carto fante capitan do que queiras. 7. Estoume lucindo con hestes comentarios. 8. Máis lle bale. 9. Quen o ía pensar, parecía hagradable. 10. Espero sinceramente que non de xeito literal.


que grande e burro (esmendréllase) un terrier pode asustar a un san bernardo. (vaille dar algo, non lle é bo rir tanto)7 Pero non sei se grabber está de hacordo comigo.8 Gustaríame presentar a un nobo profesor que bai substituír o señor blenkinsop o cal nos deixou subitamente9. estou seguro de que saberá hencher o hoco que deixou o seu predecesor10… etc etc ata que soa o timbre para o almorzo

Despacho do diretor con esquema das rutas de escape

19


OUTRO DISCURSO 2. ENTREGA DE PREMIOS DEPORTIVOS NO COLEXIO Diretor: (alisando a grabata do club de crícket por riba da peiteira postiza) gustaríame sinalar canto hapreciamos a miña esposa e eu a presenza de tantos pais1. Sáveme mal que non todos os COMENTARIOS rapazes puidesen gañar unha carreira HACLARATORIOS pero o que realmente importa é o espí1. Paparon 29.000 marito deportivo. alégrame poder comucaróns e 5034 eclairs, nicarlles de parte da enfermeira que e despois din que eu gillibrand, que caeu de bruzos durante trago coma unha lima. a carreira de sacos2, non sofre feridas 2. É que na carreira de obstáculos só se pograbes3. den dar pancadas polas Como cada ano é o meu pribilexio costas. presentarlles a encantadora dama que 3. Que mágoa. doou os bates de crícket as pelotas os 4 4. Por sorte puiden cotrofeos etc . Hai 3 anos foi a duquesa ller prestadas algunhas de Dabley, o ano seguinte lady Hogtadestas cousas do halle, o ano pasado tibemos o honor de macén. recibir unha bisita real, e este ano com5. Se iso non serve para práceme dicir unhas brebes palabras obter un bo donatisobre outra encantadora dama, tan vo, que beña Deus e o 5 vexa. nova como atractiva: a señora grabber. (O diretor sorrí e aplaude, vivas e 6. Por un prezo módico. E chámanme nerón a berros de hentusiasmo.) min. É unha satisfación aínda maior 7. Non sei canto tempo porque grabber gañou todas as carrei6 serei capaz de haturar ras e é victor ludorum. a propia señoisto. ra grabber, supoño que todos estarán 8. Respiremos fondo. de acordo, mostrou durante a compeAdiante.

20


tición de recoller as patacas que preparamos para os pais de onde lle bén o talento ó seu fillo.7 Por iso lle dou a benbida á señora grabber e lle dou as grazas polo seu labor.8 (Elegante reberencia, grande obación, “é unha rapaza excelente é unha rapaza excelente etc.” a señora grabber lebántase e empeza o seu discurso: “Buf, igual me hatasco un pouco porque nunca dei un discurso na miña bida…”)

Un GALO imbadindo Italia

21


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.