Issuu on Google+

Nicolas Chamfort

Produtos da civilización perfeccionada I. Máximas e pensamentos. Pequenos diálogos filosóficos Tradución, introdución e notas de Raúl Gómez Pato


Mรกximas e sentenzas


I. Máximas xerais 1 As máximas, os axiomas, son, como os compendios, a obra de xente intelixente que fixo o seu traballo, parece, para os espíritos mediocres ou preguizosos. O preguizoso confórmase cunha máxima que o dispensa de facer el mesmo as observacións que levaron o seu autor ao resultado que comparte co seu lector. O preguizoso e a persoa mediocre crense dispensados de ir máis alá, e danlle á máxima un carácter xeral que o autor (a non ser que este mesmo sexa tamén mediocre, cousa que sucede algunha vez) non pretendeu darlle. A persoa superior capta dunha vez as semellanzas, as diferenzas que fan que a máxima sexa máis ou menos aplicábel a tal ou cal caso, ou non o sexa nada. Sucede aquí como na historia natural, onde o desexo de simplificar imaxinou clases e divisións. Foi necesaria a intelixencia para crealas, posto que foi necesario relacionalas e observar as relacións: pero o gran naturalista, a persoa intelixente, ve que a natureza espalla seres individualmente diferentes, e ve a insuficiencia das divisións e das clases, que tan útiles son para os mediocres e os preguizosos. Pódense asociar: a miúdo son o mesmo, a miúdo son a causa e o efecto.

2 A maior parte dos compiladores de coleccións de versos ou de frases enxeñosas seméllanse aos que comen cereixas ou ostras, que escollen primeiro as mellores pero ao final acaban coméndoas todas. 45


Produtos da Civilización Perfeccionada

3 Que curioso resultaría un libro que recollese todas as ideas que corrompen o espírito humano, a sociedade, a moral, desenvolvidas ou supostas nos escritos máis famosos, nos autores máis consagrados: as ideas que propagan a superstición relixiosa, as malas máximas políticas, o despotismo, a vaidade de clase, todo tipo de prexuízos populares. Poderíase ver que case todos os libros corrompen, que os mellores causan tanto mal como ben.

4 Non se para de escribir sobre a educación, e as obras escritas sobre esta materia produciron certas ideas felices, algúns métodos útiles; fixeron, nunha palabra, algún ben parcial. Mais, cal pode ser, máis ou menos, a utilidade destes escritos, mentres non se apliquen paralelamente as reformas relativas á lexislación, á relixión, á opinión pública? Posto que a educación non ten outro obxectivo que adaptar a forma de pensar dos nenos á forma de pensar da sociedade segundo aqueles tres aspectos, que educación se pode impartir cando estes tres aspectos chocan entre si? Ao formar o pensamento dos nenos, que facedes para preparalo de xeito que poida ver o absurdo das opinións e dos costumes sancionados polo selo da autoridade sagrada, pública ou lexislativa e, en consecuencia, que facedes para inspirarlle o desprezo por elas?

5 É unha fonte de pracer e de filosofía facer a análise das ideas que entran nos diversos xuízos que guían calquera persoa, calquera sociedade. O exame das ideas que conforman calquera opinión pública non é menos interesante, e a miúdo aínda o é mais. 46


I. Máximas xerais

6 Sucede coa civilización como coa cociña. Cando se ve sobre unha mesa pratos lixeiros, sans e ben preparados, resulta doado concluír que a cociña se convertese nunha ciencia; mais cando se ven certas reducións, salsas ou patés de trufas, maldicimos os cociñeiros e a súa arte funesta, e o que é peor: que a puxesen en práctica.

7 Dáme a sensación de que o ser humano, nas condicións actuais da sociedade, está máis corrompido pola súa razón ca polas súas paixóns. As súas paixóns (e eu entendo aquí aquelas que pertencen ao home primitivo) conservaron, na orde social, o pouco de natureza que nel se pode atopar aínda.

8 A sociedade non é, como se cre comunmente, o desenvolvemento da natureza, senón máis ben a súa descomposición e a súa refundición integral. É un segundo edificio, construído cos cascallos do primeiro. Podemos recoñecer os entullos daquel cun pracer mesturado con sorpresa. É o que ocasiona a inxenua expresión dun sentimento natural que emerxe na sociedade; e este pracer poderá ser maior canto máis alto sexa o rango da persoa da que xorde, é dicir, canto máis afastada da natureza. É fascinante nun rei porque un rei está situado no extremo oposto. É un resto da arquitectura dórica ou corintia nun edificio groseiro e moderno.

9 En xeral, se a sociedade non fose unha estrutura ficticia, todo sentimento simple e verdadeiro non produciría nunca 47


Produtos da Civilización Perfeccionada

o grande efecto que produce: gustaría sen sorprender. Pero sorprende e gusta. A nosa sorpresa constitúese na sátira da sociedade, e o noso pracer nunha homenaxe á natureza.

10 Os pillabáns necesitan sempre un pouco do seu honor, máis ou menos como os espías da policía, que cobran menos cando teñen que espiar persoas de pouco rango.

11 Unha persoa do pobo, un mendigo, pode deixarse insultar, sen que o vexamos como algo vil, se o desprezo que se lle fai só se relaciona co seu aspecto exterior. Pero se este mesmo mendigo se deixase menosprezar na súa propia persoa, aínda que fose polo primeiro rei de Europa, entón resultaría deshonesto tanto pola súa persoa como pola súa condición social.

12 É necesario admitir que é imposíbel vivir en sociedade sen facer teatro, de cando en vez. O que distingue a persoa honesta dunha ruín é que a primeira fai teatro só en casos desesperados, para fuxir dun perigo, mentres que a outra busca continuamente ocasións para facelo.

13 Algunhas veces neste mundo fanse razoamentos ben estraños. Díselle a un home, pretendendo recusar a seu testemuña en favor de outro: “É o teu amigo”. “Claro, como non! É o meu amigo porque as bondades que conto del son verdade, porque el é como eu o describo. Vostede toma a causa polo efecto, e o efecto pola causa. Por que supón vostede que eu falo ben del 48


I. Máximas xerais

porque é o meu amigo? E por que non supón vostede que é o meu amigo porque hai moi boas cousas que dicir del?”

14 Hai dúas clases de moralistas e de políticos: aqueles que só observaron a natureza humana desde un punto de vista odioso ou ridículo, que son a gran maioría: Luciano38, Montaigne, La Bruyère, La Rochefoucauld, Swift39, Mandeville40, Helvecio41, etc; e aqueles que só observaron o lado bo e as súas perfeccións: estes son Shaftesbury42 e algúns outros. Os primeiros non coñecen os palacios, pois só lle viron as latrinas; os segundos son entusiastas que xiran a cabeza para non mirar o que os ofende, aínda que non por iso deixa de existir. Est in medio verum 43.

15 Queremos ter a proba da perfecta inutilidade de todos os libros sobre moral, dos sermóns, etc.? Basta con botar unha 38 Luciano de Samosata (125-181) foi un escritor satírico e humorista de orixe siria, que escribiu en lingua grega. 39 Jonathan Swift (1667-1645) fixo no seu libro As viaxes de Gulliver unha crítica feroz e profunda da sociedade e da condición humana. 40 Bernard Mandeville (1670-1733), filósofo, médico, economista e escritor satírico, escribiu un longo poema titulado “A fábula das abellas”, no que compuxo unha sátira política sobre o estado de Inglaterra en 1705. 41 Claude-Adrien Helvetius (1715-1771), filósofo, elaborou unha teoría ética e política que contraviña os usos da súa época e, de feito, o seu primeiro libro publicado, Sobre o espírito, foi condenado polo Parlamento de París, a Universidade da Sorbona e o clero, e queimado publicamente. Con el finaliza Chamfort un elenco de escritores que se poden relacionar, dunha ou doutra forma, co pensamento filosófico cínico. 42 Anthony Ashley Cooper, terceiro conde de Shaftesbury, (1671-1713), foi un político, filósofo e escritor inglés, pertencente á escola neoplatónica de Cambridge. Na súa obra demostra unha fe cega na bondade do ser humano e desenvolve a idea dunha relixión natural e dunha ética sentimental. 43 “No medio está a verdade.” 49


Produtos da Civilización Perfeccionada

ollada ao prexuízo da nobreza hereditaria. Existe algunha outra veleidade contra a cal os filósofos, os oradores, os poetas teñan lanzado máis invectivas satíricas, que estimulase máis calquera tipo de intelixencia, que provocase máis sarcasmos? E todo isto fixo desaparecer as presentacións en sociedade, a fantasía de montar en carroza? Todo isto fixo destituír a Chérin?44

16 No teatro búscanse os efectos; mais o que distingue o bo do mal poeta, é que o primeiro trata de impresionar por medios razoábeis; e, para o segundo, todos os medios son excelentes. Ocorre aquí como coas persoas honestas e cos pillabáns: todos queren enriquecerse, pero os primeiros só empregan medios honestos, e os outros, calquera tipo de medio.

17 A filosofía, como a medicina, ten moitas drogas, poucos remedios e case ningún apropiado.

18 En Europa somos ao redor de cento cincuenta millóns de almas, en África o dobre, máis do triplo en Asia; supoñendo que América e as terras austrais teñan só a metade de habitante que o noso hemisferio, pódese supoñer que morren todos os días, no noso globo, máis de cen mil homes. Unha persoa que só vivise trinta anos tería escapado unhas mil catrocentas veces a esta espantosa masacre. 44 Bernard Chérin (1718-1785) foi un xenealoxista e historiógrafo francés, especialista nos abusos da nobreza. Deste xenealoxista escrupuloso e incorruptíbel dicíase que foi “un home inxusto, a por de ser xusto”. 50


Produtos da civilización perfeccionada (mostra)