Page 1

Historia de CalĂ­rroe


Libro I 1. Eu, Caritón de Afrodisias, secretario do orador Atenágoras, vou contar un caso amoroso ocorrido en Siracusa. Hermócrates, o estratego34 de Siracusa que venceu os atenienses35, tiña unha filla de nome Calírroe36, cousa admirable de rapaza e a xoia de toda Sicilia. A súa beleza non era humana, era divina, e non de nereida ou ninfa dos bosques37, senón da mesmísima Afrodita38. A fama desta extraordinaria marabilla corría por todas as partes, e viñan dar a Siracusa pretendentes –poderosos e fillos de soberanos– non só de Sicilia, senón de Italia, do continente39 e dos pobos do continente. Mais Eros40 quixo botarlle o seu xugo. Había un tal Quéreas, un bo mozo superior a todos, que era talmente como os escultores e os escritores representan a Aquiles, a 34  No ámbito grego, un dos maxistrados electos supremos. Tiñan competencia en política exterior e interior, e, sobre todo, no exército. De facto eran os máximos mandatarios. 35  Durante a guerra do Peloponeso, os atenienses, animados por Alcibíades, tentaron apoderarse de Sicilia enviando, no ano 413 a.C., unha expedición que fracasou e debilitou o poderío ateniense. Hermócrates era un dos xenerais sicilianos (vid. Introdución). 36  O nome signigica “de fermosa corrente”. Na mitoloxía levan este nome varias divindandes e mortais vencelladas dalgún xeito ás augas. A máis coñecida é unha das oceánides, fillas de Océano e Tetis. Tamén se chama así a fonte da que se levaba auga para o baño da noiva antes da voda en Atenas. 37  As nereidas son as cincuenta fillas de Nereo e Dóride (Hesíodo, Teogonía 240 e ss). As ninfas son personificacións dos bosques, das montañas ou das augas, con forma de mozas moi fermosas. 38  Deusa do amor, nacida dos xenitais de Urano e da escuma do mar (Hesíodo, Teogonía 187 e ss). Noutras versións, filla de Zeus e Dione (Ilíada V, 370 e ss). 39  A palabra h)/peiroj significa ‘terra firme’, pero tamén dá nome ao Epiro, rexión oeste da península dos Balcáns, hoxe partida entre Albania e Grecia. 40  Deus do amor, fillo de Afrodita e Ares. 25


Libro I

Nireo, a Hipólito e a Alcibíades41. O seu pai era Aristón, considerado o segundo en Siracusa despois de Hermócrates. E había entre estes homes unha rivalidade tal que emparentarían antes con un calquera ca entre eles. Pero Eros é amigo de pendencias e goza cos éxitos inesperables42. Por iso, andou á procura da ocasión oportuna que se lle presentou desta maneira. Era a festa oficial de Afrodita e case todas as mulleres marcharan ao templo. A Calírroe, que ata entón non fora nunca, empurrouna a ir a súa nai, despois de terlle ordenado Eros renderlle culto á deusa. Nese momento, Quéreas marchaba do ximnasio cara á casa, lucindo coma unha estrela: no seu rostro brillante refulxía o rubor polo esforzo da palestra, como ouro sobre prata. Quixo a sorte que se topasen ao virar nunha esquina moi estreita e que petasen un co outro –foi o deus o que amañou este encontro para que se visen–. Decontado, recibiron un arrouto de amor mutuo […]43, tras se mesturar a beleza coa boa liñaxe. Quéreas, despois da ferida recibida, case non deu marchado para a súa casa; semellaba un heroe ferido de morte na batalla, avergonzándose de deixarse caer, pero sen se poder manter ergueito. Mentres, a moza caeu aos pés de Afrodita, bicou a deusa44 con dozura e dixo: 41  Catro paradigmas de beleza masculina na tradición grega. Os tres primeiros pertencen ao mito. Aquiles, heroe sobranceiro na guerra de Troia, era o fillo de Tetis e Peleo. Hipólito, fillo de Teseo e de Hipólita, a raíña das Amazonas, era seguidor de Ártemis e eludía toda relación amorosa. Nireo, rei da illa de Sime, era un dos pretendentes de Helena. Alcibíades foi un coñecido político ateniense que tiña relación con Sicilia por ser un dos xefes da desastrosa expedición de Atenas contra esta illa (vid. supra). A figura de Quéreas ten certas similitudes con Alcibíades. 42  Esta é a primeira das moitas sentenzas que aparecen na novela. Sobre o seu uso, vid. Introdución. 43  Lagoa no texto. 44  A estatua da deusa que había no templo. 26


Historia de Calírroe

–Miña señora, concédeme ti ese home que me amosaches. A noite chegoulle terrible a ambos, xa que o lume os abrasaba. Pero máis sufría a moza por ter que estar calada, coa vergonza de resultar descuberta. Quéreas, mozo rexo e xeneroso, xa co corpo a consumírselle, atreveuse a dicirlles aos pais que estaba namorado e que non podería vivir de non acadar o casamento con Calírroe. Ao escoitalo, laiouse o pai e dixo: –Estasme perdido, fillo! Está claro que Hermócrates non che daría a súa filla con tantos pretendentes que ten, ricos e incluso reis! Así que non debes nin tentalo, para non vérmonos aldraxados publicamente. Logo, o pai facía por sosegar o fillo, pero agrandaba o mal, ata tal punto que este xa non ía ás súas ocupacións habituais. O ximnasio estrañaba a Quéreas, coma se estivese baleiro, pois a mocidade queríao. Fixeron por pescudar a causa e souberon do seu mal; invadiunos a todos a compaixón por aquel bo mozo que moi posiblemente ía perecer por culpa da paixón do seu rexo corazón. Chegou o día dunha asemblea45 ordinaria. Unha vez que os cidadáns estiveron sentados, a primeira e única cousa que berraron foi esta: –Nobre Hermócrates, gran xeneral, salva a Quéreas! Este ha ser o mellor dos teus trofeos. A cidade desexa que se celebren hoxe as vodas destes mozos, merecentes un do outro. Quen podería describir aquela asemblea da que Eros era o líder? Hermócrates, home patriota, no puido contradicir a

45  A Asemblea era o órgano de goberno propio das polis democráticas. Pertencen a ela todos os cidadáns varóns maiores de idade que se reúnen para debater e tomar decisións sobre temas de política interior e exterior, civil e relixiosa –asembleas ordinarias–, ou sobre asuntos imprevistos que requiren solución inmediata –asembleas extraordinarias–. As votacións eran a man alzada, excepto cando o asunto afectaba a un individuo concreto. 27


Libro I

petición da cidade. Cando el fixo un aceno de consentimento, toda a xente se botou fóra do teatro46: os novos foron onda Quéreas, mentres que o Consello47 e os arcontes48 acompañaban a Hermócrates. Estaban alí tamén as mulleres de Siracusa para levar a noiva á casa do noivo. Cantábase o himeneo49 por toda a cidade. Cheas estaban as rúas de coroas e de fachos. Verteuse nas portas das casas viño e aromas. Pasaron os siracusanos este día con máis ledicia ca o día da vitoria50. A moza, sen saber nada disto, estaba prostrada na cama toda tapada, chorando en silencio. A súa nutriz achegouse ao leito e dixo: –Érguete, filla, que chegou o día máis desexado por todos nós: a cidade concertouche matrimonio. Ao momento, os seus xeonllos e o seu corazón amoleceron51, pois non sabía con quen ía casar. Deseguido quedou sen voz, a escuridade cubriu os seus ollos e pouco faltou para que expirase. Aos que vían isto, parecíalles que era por vergonza. Tan pronto como as criadas a enfeitaron, a xente que estaba á porta afastouse, e os pais levaron o noivo xunto á moza. Quéreas correu onda ela e púxose a bicala; Calírroe, ao coñecer o amado, coma a luz dunha lámpada que se apaga, ao botarlle máis aceite volveu relucir e fíxose máis grande e 46  Ao non haber un lugar específico para reunir a asemblea –como o outeiro da Pnyx en Atenas–, empregábase un teatro como sede. 47  Órgano de goberno composto por un número variable de cidadáns varóns segundo a polis, elixidos anualmente por sorteo. Preparaban asuntos para levar a asemblea, supervisaban os fondos e obras públicas, a frota, etc. 48  Maxistrados con distintas funcións. O seu número, actividade e duración no cargo variaba dependendo da polis e da época. 49  Canto de voda. 50  A vitoria por antonomasia para os siracusanos é a inflixida aos atenienses no ano 413 a.C. (vid. nota 35). 51  Fórmula homérica (Ilíada XXI, 114; Odisea IV, 42). 28


Historia de Calírroe

máis forte. Cando apareceu en público, o asombro invadiu a xente toda, como cando se presenta Artemisa52 aos cazadores nun ermo. Moitos dos presentes ata se prostraron53 ante ela. Todos contemplaban admirados a Calírroe e celebraban a Quéreas. Talmente foi a voda de Tetis54 no Pelión55, segundo din os poetas nos seus cantos. Tamén aquí apareceu un deus malicioso, como din que daquela apareceu a Discordia56. 2. Os pretendentes que non lograran este matrimonio andaban cheos de pena mesturada con rabia. Ata entón disputaran uns cos outros, pero agora puxéronse de acordo e, por este acordo, ao se sentiren aldraxados, xuntáronse para unha deliberación conxunta. A Envexa foi a que os puxo en pé de guerra contra Quéreas. O primeiro en levantarse foi un mozo de Italia, fillo do tirano57 de Rexio58, que falou así: 52  Deusa da caza, filla de Apolo e Leto, irmá xemelga de Apolo. 53  A prostración, prosku/nhsij, era para os gregos un sinal de respecto ante os deuses. En oriente tamén se facía ante os poderosos. 54  Tetis era filla de Nereo, deus do mar, e de Dóride. Zeus e Poseidón pretendíana, pero renunciaron a casar con ela para evitar que o fillo desa unión fose máis poderoso ca o pai. Por iso decidiron que se unise a un mortal, Peleo. 55  Monte de Ptía, reino de Peleo, en Tesalia. 56  Todos os deuses foran convidados á voda de Tetis e Peleo, excepto Discordia. Ela presentouse igualmente e provocou a disputa entre Atenea, Afrodita e Hera por acadar a mazá que recoñecía a deusa máis fermosa. O troiano Paris foi nomeado xuíz e escolleu a Afrodita. En pago obtivo o amor de Helena de Esparta, casada co rei Menelao, o que desencadeou a guerra de Troia. 57  Os tiranos tomaron o poder das polis gregas durante os séculos vii e vi a.C. apoiados polo pobo fronte á aristocracia, da que eles mesmos formaban parte. Posteriormente, debido aos seus abusos de poder, foron derrocados e deron paso a gobernos democráticos. Esparta é unha excepción a este proceso. Na época en que se sitúa a acción (finais do século vi a.C.), en Siracusa xa se producira este cambio, e Hermócrates é estratego, un cargo electo. Porén, nalgúns lugares de Italia seguían gobernando tiranos. No século iii a.C., un tirano chamado Dionisio tomou o poder en Siracusa, o que quizais poida vir suxerido no final da novela (vid. Introdución). 58  Cidade do sur de Italia, actualmente Reggio, en Calabria. 29


Libro I

–Se fose algún de nós o que casase, non me anoxaría, pois é coma nas competicións deportivas, nas que só pode vencer un dos que compiten. Pero como pasou por riba de nós o que non se esforzou nada por este matrimonio, non aturo esa ofensa. Nós estivemos á espreita facendo garda ás portas da casa, subornando nutrices e criadas, mandándolles agasallos ás serventas! Canto tempo estivemos ao seu servizo? E o peor de todo, odiámonos entre nós, como rivais no amor. Mentres, ese miserable, pobre e mellor ca ningún –pois eran reis os que competían–, el, sen embarrarse, conseguiu a coroa59. Que o premio lle sexa van, convertamos a voda en morte para o noivo! Todos o aplaudiron; só o tirano de Ácragas60 falou en contra: –Non rexeito o plan por simpatía con Quéreas, senón por facermos un cálculo máis prudente. Acordádevos de que Hermócrates non é home que se deba menosprezar; polo tanto, énos imposible a loita aberta con el, é mellor facela con astucia. Foi así tamén como conseguimos as tiranías: máis con maña ca con forza. Elixídeme a min xeneral da guerra contra Quéreas! Comprométome a disolver o matrimonio; disporei contra el os Celos, que, con Eros como aliado, executarán un gran mal. Calírroe é de nobre caste e allea a sospeitas maléficas; pero a Quéreas, como foi criado nos ximnasios e non é alleo aos erros xuvenís, é posible meterlle sospeitas facilmente, e que caia nos celos propios dos mozos; ademais, é máis doado achegarse a el e falarlle. Aínda non deixara el de falar e xa todos aprobaran a súa proposta; e encomendáronlle a obra como a un home capaz de argallar calquera cousa. Entón, el comezou o plan que trazara. 59  Metaforicamente, despois de establecer o paralelismo coas competicións atléticas. 60  Cidade na costa sur de Sicilia. 30


Historia de Calírroe

3. Era á tardiña61 cando chegou alguén anunciando que Aristón, o pai de Quéreas, caera dunha escada no agro e que tiña moi poucas esperanzas de vivir. Ao oílo Quéreas, malia terlle amor ao pai, aflixiuse máis porque ía marchar da casa el só, xa que aínda non lle estaba permitido sacar da casa a muller62. Esa noite ninguén se atreveu a troulear á vista, pero andaron ás agochadas e, sen que os visen, deixaron sinais da troula. Puxeron grilandas nas entradas, regáronas con esencias, embarraron todo con viño, tiraron polo chan fachos a medio queimar. Abriu o día e todo o que pasaba por alí paraba co mesmo sentimento de curiosidade. Como o pai estaba mellor, Quéreas apurou a ir xunto á súa muller. Cando viu a multitude ás portas da casa, primeiro sorprendeuse, pero cando soubo a causa, todo encoraxado, correu dentro. Ao atopar o cuarto nupcial aínda pechado, petou con ansia. Cando lle abriu a escrava, conforme petou con Calírroe, mudou a rabia en pena, rachou as vestiduras e botouse a chorar. Ao preguntarlle ela que pasaba, quedou sen voz, incapaz de non crer o que vira, nin de crer o que non quería. Mentres el estaba sen saber que facer e a tremer, a muller, sen sospeitar nada do que pasara, suplicáballe que lle dixese a causa da súa carraxe. Cos ollos cheos de sangue e a voz rouca dille: –Choro a miña sorte, porque axiña te esqueciches de min. E botoulle en cara o da troula. Ela, como filla de xeneral que era e chea de dignidade, enfureceuse perante a inxusta calumnia e dixo: 61  Reminiscencia do famoso discurso de Demóstenes De corona, 169-170. De novo en VIII, 1. 62  As mulleres casadas e, máis aínda, as acabadas de casar, tiñan moi limitadas as súas saídas da casa. 31


Libro I

–Ninguén andou de troula na casa do meu pai, pero, se cadra, as túas portas son as que están afeitas ás troulas, e o teu casamento desgustou os teus amantes.63 Despois de dicir isto, deu a volta, tapou a cara e soltou unha fonte de bágoas. As reconciliacións son fáciles entre os amantes e aceptan con agrado calquera escusa que veña do outro. Así, Quéreas cambiou de actitude e empezou a aloumiñala; e a muller axiña acolleu con gusto o seu arrepentimento. Isto atizou máis o seu amor e mesmo os pais de ambos se sentiron felices ao veren a concordia dos fillos. 4. O de Ácragas, ao lle fallar a primeira artimaña, botou man, logo, doutra máis eficaz e discorreu algo así: Tiña el un parasito64 moi falangueiro e sobrado de todo tipo de encantos para as relacións sociais. Ordenoulle a el facer o papel de namorado. Foise arrimando á favorita de Calírroe, a máis querida das criadas, e facía como que a amaba. Con moito traballo conseguiu el seducir a moza a forza de grandes agasallos e de lle dicir que se ía aforcar se non acadaba o seu desexo. A muller é presa doada cando se cre amada. Cando tivo isto ben argallado, o director65 atopou outro actor, xa non tan encantador, pero astuto e persuasor coa palabra. Despois de instruílo no que había facer e dicir, mandouno onda Quéreas, que non o coñecía. O tal achegouse a el cando andaba pola palestra e díxolle: –Tamén eu, Quéreas, tiña un fillo dos teus anos que, en vida, moito te admiraba e quería. Como el morreu, téñote agora a ti por fillo! E se a ti che vai ben, es un ben común para toda Sicilia66. Aténdeme agora que non estás 63  Alusión ás relacións homosexuais dos mozos, habituais no mundo grego. 64  En orixe, “comensal”. O parasito, que vive a conta doutro, era un dos personaxes tipo da Comedia Nova que pasou á comedia latina. 65  O de Ácragas é o “director” da nova artimaña. 66  Menandro, fragmentos 542 K-T. 32


Historia de Calírroe

ocupado e escoita estes graves asuntos que afectan a toda a túa vida. Con tales verbas aquel home malvado sacudiu o espírito do mozo e fixo unha mestura de esperanza, medo e curiosidade, porque, ao pedirlle que falase, tardaba e daba a escusa de que aquel non era o momento axeitado e que era preciso agardar e ter máis vagar. Seguía a insistir Quéreas, sospeitando cada vez algo máis grave. E el colleuno pola man67, levouno a un lugar sen xente e, deseguido, apertando as cellas, imitando un doente, e, por enriba, botando algunha bágoa, dixo: –De mala gana, Quéreas, che conto este asunto túrbido. Aínda que hai tempo que cho quería dicir, funo demorando. Pero como xa te aldraxan ás vistas e anda de boca en boca esta vergonza, non aturo calar. Pois, polo meu natural, aborrezo a maldade e téñoche especial simpatía. Así que, sabe que a túa muller che comete adulterio e, para que te convenzas disto, estou pronto para ensinarche o adúltero en flagrante delito. Así dixo. A el cubriuno unha negra nube de dor e, tomando coas dúas mans cinsa requeimada, derramouna pola cabeza, e enzoufou o seu fermoso rostro 68. Así, durante moito tempo, quedou el pasmado, sen dar movido nin a boca, nin os ollos. Cando recobrou a voz, non a mesma, senón unha máis fina, dixo: –Miserable favor che pido: ver cos meus ollos os meus males. Pero aínda así, déixamo ver para rematar a miña vida con máis razón. E a Calírroe, aínda que sexa culpable, perdoareina. –Fai –dixo– coma se marchases ao campo, pero, con noite pecha, espreita a casa; entón verás o adúltero entrando. 67  En grego, a man dereita. Todo o que se fai en sinal de confianza ou amizade alude á dereita. 68  O mesmo que fixo Aquiles ao coñecer a morte de Patroclo (Ilíada XVIII, 22-24). 33


Libro I

Acordaron isto, e Quéreas, por medio dun mensaxeiro –pois nin sequera aturaba ir el á casa–, dixo: –Marcho ao campo. Namentres, aquel malvado e calumniador dispoñía a escena. Así, chegada a noite, un púxose á espreita, mentres o que cativara a favorita de Calírroe se meteu nunha canella, actuando como quen trata de facer algo ás agochadas, pero en realidade argallándoo todo para non pasar desapercibido: tiña cabelo lustroso, rizos recendendo a perfumes, ollos perfilados con pincel, manto delicado, sandalia fina; relucíanlle aneis de moito peso. Entón, despois de mirar moito ao seu redor, achegouse á porta e, petando suavemente, fixo o aceno habitual. A criada, tamén ela chea de medo, abriu a porta un chisco, colleuno pola man e meteuno dentro. Ao ver isto, Quéreas xa non aturou máis e correu dentro para coller o adúltero en flagrante delito. El, apostado xunto á porta do patio, marchou axiña, mentres que Calírroe estaba sentada na cama suspirando por Quéreas e, coa pena, sen sequera prender unha luz. Ao oírense pasos, foi a primeira que coñeceu a respiración do seu home, e, coa alegría, correu cara a el. Pero el nin voz tiña para berrarlle, senón que, preso da furia, lle deu unha patada cando se lle achegou. O pé foille bater precisamente no diafragma e cortou a respiración da rapaza. As criadas, ao vela tirada, levantárona e deitárona na cama. 5. Así foi como Calírroe quedou tumbada sen voz e sen alento, ofrecendo a todos a imaxe dun cadáver, e a Fama69, divulgadora do mal, correu por toda a cidade, levantando laídos polas rúas ata chegar ao mar. Por todas as partes se oía o canto fúnebre, e a situación semellaba coma se a cidade fose tomada. 69  Concepto abstracto divinizado que, xunto coa Envexa, os Celos e a Fortuna, son motores argumentais da novela, ademais das divindades do amor, Afrodita e Eros. 34


Historia de Calírroe

Quéreas, aínda fervendo de rabia, estivo pechado toda a noite a interrogar as criadas baixo tortura70, empezando e rematando coa favorita. E, despois de as torturar con lume e azoutes, descubriu a verdade. Entón veulle o dó pola morta. Devecía por se matar, pero impediullo Polimarco, o amigo escollido, tal como de Aquiles era Patroclo, segundo Homero. Ao abrir o día, os arcontes designaron o tribunal que ía xulgar o asasino, apurando o xuízo polo respecto a Hermócrates. Tamén o pobo todo se xuntou na ágora, con berros de distinta clase: os pretendentes, que non conseguiran o seu propósito, andaban a captar a opinión da xente, e o de Ácragas máis ca todos, rexo e arrogante, coma se fixese un acto que ninguén esperase. Pero aconteceu un feito extraordinario e que endexamais acontecera nun tribunal. Unha vez que falou a acusación, o asasino, dende que empezou a correr o seu tempo71, en vez da súa defensa, fixo unha acusación contra si mesmo aínda máis dura, e foi o primeiro que propuxo o voto condenatorio, sen dicir ningunha razón para a defensa –nin calumnia, nin celos, nin falta de intención–, senón que lle facía a todos esta petición: –Lapidádeme publicamente. Quiteille ao pobo a súa coroa72. É de humanidade que me levedes ao verdugo. Merecería padecer isto, mesmo se matase unha criada de Hermócrates. Procurade unha clase de castigo vergonzosa. Fixen cousa peor ca a que fan ladróns de templos e parricidas. Non me enterredes, non luxedes a terra, guindade ao mar este corpo impío. 70  Práctica legal habitual para obter información da servidume. 71  Nos xuízos, defensa e acusación tiñan un tempo de intervención que se medía cunha clepsidra ou reloxo de auga. 72  Calírroe, considerada coroa triunfal para a súa cidade. 35


Libro I

Dito isto, desatouse un pranto xeral e todos esqueceron a morta e doíanse do vivo. Hermócrates foi o primeiro que defendeu a Quéreas. Dixo: –Eu estou certo de que o ocorrido foi sen intención. Ben vexo os que andan a maquinar contra nós. Non gozarán con dous cadáveres nin lle darei máis pena á miña filla morta. Oínlle moitas veces dicir que quería mellor que estivese vivo Quéreas ca ela mesma. Así que deteñamos este xuízo baldío e vaiamos ao funeral, que é o urxente. Non deixemos a morta en mans do tempo, nin deixemos que, coa demora, o corpo se afee. Enterremos a Calírroe cando aínda é fermosa. 6. Daquela, os xuíces depositaron o voto absolutorio, pero Quéreas non se absolveu a si mesmo, máis ben de­se­ xaba a morte e maquinaba todos os camiños para a súa fin. Polimarco, ao ver a súa salvación imposible doutro xeito, dixo: –Nin sequera agardas a enterrar a Calírroe, traidor da morta? Confías o seu corpo a mans alleas? Éche agora momento de ocuparte da pompa dos funerais e de aviarlle o cortexo fúnebre como o dunha raíña. Ese argumento convenceuno, pois espertoulle o sentido do honor e do deber. Quen podería describir aquel cortexo fúnebre como merecía? Xacía Calírroe envolta nun vestido de noiva e nun leito chatolado con ouro, tan espléndida e fermosa que todos a comparaban con Ariadna durmida73. Ían diante do leito, de primeiros, os cabaleiros de Sira­ cusa adobiados e cos propios cabalos; tras deles, os hoplitas74 73  Ariadna, filla do rei Minos e de Pasífae, namorouse de Teseo e axudouno a matar o Minotauro, que lle era medio irmán. Despois, ambos embarcaron con destino a Atenas, pero Teseo abandonouna na illa de Naxos. As versións do mito dan diversos detalles sobre este episodio, pero era moi popular a imaxe de Ariadna durmida mentres o barco de Teseo se afastaba, imaxe que se atopa frecuentemente en mosaicos e pinturas de época helenística e romana. 74  Soldados de infantería pesada. 36


Historia de Calírroe

cos estandartes das vitorias de Hermócrates; a continuación o Consello e, no medio da xente, todos os arcontes dándolle custodia a Hermócrates. Levaban tamén a Aristón, aínda enfermo, que chamaba a Calírroe filla e señora. Detrás destes, as mulleres dos cidadáns vestidas de negro; a continuación, unha riqueza de ofrendas funerarias propia de reis: primeiro o ouro e a prata do dote, vestidos de gran beleza e luxo –Hermócrates sacara moito dos botíns–, tamén agasallos de parentes e amigos, e, por último, as riquezas de Quéreas –desexaba, se era posible, que toda a súa fortuna se consumise coa súa muller–. Levaban o leito os efebos de Siracusa e seguíaos o pobo. Laiábanse todos estes, pero a quen máis se oía era a Quéreas. Tiña Hermócrates unha tumba preto do mar tan magnífica que era visible mesmo para os que pasaban lonxe en barco. Coma se fose un tesouro75, quedou chea coa pompa das ofrendas fúnebres. Pero, o que parecía ser só para honrar a defunta, resultou ser o principio de grandes acontecementos. 7. O caso é que había un tal Terón, home arteiro, que andaba no mar a delinquir e que tiña ladróns ao seu servizo abeirados en cada porto coa escusa do transporte, cando realmente o que tiña era unha banda de piratas. A ese, ao toparse casualmente co funeral, encheulle o ollo o ouro e, pola noite, non daba durmido na cama e dicía para si: –Ando eu a me arriscar pelexando no mar e matando vivos para obter escaso proveito, cando me podo facer rico grazas a unha soa muller morta! A sorte está botada76: non hei perder a oportunidade de obter unha ganancia. E que exército 75  Lugar onde se gardaban as ofrendas aos deuses ou as achegas comúns para algún fin. 76  En grego literalmente “que se boten os dados”. Este uso metafórico pódese atopar xa en Aristófanes -fragmento 673-, e Menandro -fragmento 59.4 K-T. A versión latina, “Alea iacta est”, posta por Suetonio en boca de Xulio César tras cruzar o Rubicón (Caesar, 32), converteuse en locución de amplo uso, malia que, segundo Plutarco, César a pronunciou en grego (Pompeio, 60, 2). 37


Libro I

vou recrutar para o asunto? A ver, Terón, quen é válido dos que coñeces? Cenófanes de Turio77? Espelido é, pero covarde. Menón de Mesina78? Destemido, pero pouco de fiar. Pasou revista coa súa reflexión a cada un e, como un probador de prata, despois de rexeitar moitos, considerou que algúns eran válidos. Daquela, á mañanciña correu cara ao porto e púxose á procura de cada un deles. Atopou algúns nos bordeis, outros nas tabernas –exército axeitado para tal xeneral!–. Así foi que lles dixo que tiña algo urxente que lles contar, logo levounos ás traseiras do porto e empezou con estas palabras: –Eu atopei un tesouro e, de entre todos, escollinvos a vós para compartilo. Pois non é ganancia para un só home, e non precisa moito traballo: nunha soa noite é posible que todos nós nos fagamos ricos. Non somos inexpertos en asuntos coma estes que desaproban os homes parvos pero aproveitan os asisados. Entenderon axiña que lles propuña asunto de piratería, roubo de tumbas ou de templos, e dixeron todos: –Déixate de convencer os que xa están convencidos, cóntanos o que hai que facer e non perdamos a ocasión. E Terón, retomando a palabra, dixo: –Vistes o ouro e a prata da defunta. Sería máis propio que fose para nós, que estamos vivos. O meu plan é abrir de noite o nicho, despois meternos no barco, navegar onde nos leve o vento e vender a carga en terra estranxeira. Vírono ben. –Agora –dixo– volvede ás vosas ocupacións habituais. Cando sexa noite pecha, que cada un vaia ao barco e leve ferramentas de albanel. 77  Cidade da Magna Grecia, no golfo de Tarento. 78  Cidade situada no extremo nordeste de Sicilia. 38

Historia de Calírroe (mostra)  

Mostra da tradución de 'Historia de Calírroe' de Ana Gloria Rodríguez Alonso, publicada na Colección Vétera de Rinoceronte e dispoñible aquí...

Historia de Calírroe (mostra)  

Mostra da tradución de 'Historia de Calírroe' de Ana Gloria Rodríguez Alonso, publicada na Colección Vétera de Rinoceronte e dispoñible aquí...

Advertisement