'A avoa gánster' (mostra)

Page 1

David Walliams

A avoa gánster

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u

bro



Para Philip Onyango, o neno máis valente que coñecín



1 Sopa de repolo –Pero é que a avoa é taaan aburrida… –dixo Ben. Era unha fría tarde de venres do mes de novembro, e como de costume, ía estomballado no asento traseiro do coche dos seus pais. Unha vez máis, ía pasar a noite na casa da súa temible avoa–. Todos os vellos o son. –Non fales así da túa avoa –díxolle o pai con desgana. O seu enorme bandullo apertábase contra o volante do pequeno coche marrón da familia. –Odio ter que estar con ela –protestou Ben–. Ten a tele estragada, ó único que quere xogar é ó Scrabble e fede a repolo! –A verdade é que o rapaz ten razón no de que fede a repolo –recoñeceu a nai mentres retocaba os labios cun lapis perfilador. –Non estás axudando, querida –murmurou o pai–. Como moito, a miña nai ten un lixeiro olor a verduras cocidas. –Non podo ir convosco? –suplicou Ben–. Encántame o baile de balón –mentiu. –Chámase baile de salón –corrixiuno o pai–. E non che encanta. Dixeches, e cito as túas palabras: “Prefiro comer os meus propios mocos a ver esa bazofia”. En cambio, ós pais de Ben si que lles encantaba o baile de salón. Ás veces a Ben parecíalle que apreciaban o baile máis ca a el. Os sábados pola noite había un programa de televi-

9


sión que nunca perdían, chamado Bailando coas estrelas, no que emparellaban persoas famosas con bailaríns profesionais. De feito, se houbese un incendio na casa e a súa nai só puidese salvar ou un zapato de claqué dourado que usara Flavio Flavioli (o bailarín e galán italiano de pel bronceada e brillante que saía en todas as temporadas do grande éxito televisivo) ou o seu único fillo, Ben pensaba que probablemente escollería o zapato. Esa noite, os seus pais ían a un pavillón de deportes a ver Bailando coas estrelas en directo. –Non sei por que non esqueces esa parvada de querer ser fontaneiro, Ben, e pensas en facerte bailarín profesional –dixo a súa nai, e entón o coche pasou por riba dun lombo particularmente alto, de modo que lle quedou unha raia de lapis perfilador cruzándolle a meixela. A súa nai tiña o costume de maquillarse no coche, o cal significaba que moitas veces chegaba ós sitios con aspecto de pallaso–. Ó mellor, quen sabe, ata poderías saír en Bailando coas estrelas –engadiu, emocionada. –Non o fago porque andar dando chimpos por aí me parece estúpido –dixo Ben. A nai xemeu lixeiramente e colleu un pano de papel. –Estás desgustando a túa nai. Agora fai o favor de estar calado, Ben, e sé bo rapaz –dixo o pai con firmeza mentres subía o volume da música. Inevitablemente, estaba soando un CD de Bailando coas estrelas. A portada anunciaba: “Cincuenta grandes éxitos do programa estrela da televisión”. Ben odiaba este CD, entre outros motivos, porque o oíra tantas veces que lle resultaba unha tortura. A nai de Ben traballaba nun salón de beleza do barrio, Uñas Gail. Como non tiñan moitas clientas, a nai e a outra señora que traballaba alí (e que, como cabía agardar, se cha-

10


maba Gail) pasaban a maior parte do tempo facéndolle a manicura a unha á outra. Puír, limpar, recortar, hidratar, recubrir, selar, reparar, limar, lacar, estender e pintar. Dedicaban todo o día a facerse cousas nas uñas (a menos que Flavio Flavioli saíse naquel momento nalgún programa). Iso significaba que a súa nai sempre volvía para a casa con extensións de plástico extremadamente longas e multicolores nas puntas dos dedos. O pai de Ben, en cambio, traballaba como garda de seguridade no supermercado do barrio. Ata a data, o momento culminante dos seus vinte anos de carreira fora a detención dun ancián que escondera no pantalón dúas terrinas de margarina. Aínda que agora estaba gordo de máis

11


para saír correndo tras ningún ladrón, sen dúbida podía cortarlle a fuxida. Os seus pais coñecéranse cando el a acusara a ela equivocadamente de roubar unha bolsa de patacas fritas, e un ano despois estaban casados. O coche dobrou a esquina bruscamente e meteuse en Grey Close, onde estaba a casa da avoa, nunha fileira de tristes casiñas, habitadas na súa maioría por xente anciá. O coche detívose, e Ben volveu a cabeza devagar cara á casa. Alí estaba a avoa, mirando expectante pola ventá do salón. Agardando. Agardando. Sempre estaba agardando ante a ventá a que el chegase. “Canto tempo levará aí?”, preguntouse Ben. “Dende o venres pasado?” Ben era o seu único neto e, que el soubese, ninguén máis ía visitala. A avoa saudou coa man e dedicoulle un pequeno sorriso a Ben, que lle correspondeu tanto como llo permitiu a súa cara malhumorada. –Ben, un de nós virate recoller mañá pola mañá, sobre as once –dixo o pai, que deixara o motor en marcha. –Non pode ser ás dez? –Ben! –gruñiu o seu pai. Desbloqueou o seguro infantil e Ben abriu a porta de mala gana e apeouse. Evidentemente, Ben non necesitaba o seguro infantil. Tiña once anos e non se lle ocorrería abrir a porta co coche en marcha. Sospeitaba que o seu pai o usaba para impedir que escapase do coche cando ían á casa da avoa. “Clanc”, fixo a porta ás súas costas, e o motor volveu acelerar. Antes de que lle dese tempo a chamar ó timbre, a avoa abriu a porta. Un intenso cheiro a repolo golpeou a Ben na cara. Era coma unha forte labazada cheirenta.

12


O aspecto da avoa era de manual:

Lentes de cu de vaso

Pelo branco

Dentadura postiza

Audiรณfono

Pelos no queixo

Chaqueta de punto malva Cheiro a repolo

Pano usado metido na manga Unha bolsa de caramelos de menta รก man

Vestido con estampado de flores Medias grosas de cor carne Zapatillas granates

13


–A túa nai e o teu pai non entran? –preguntou, un pouco decaída. Esa era unha das cousas que Ben non soportaba dela: sempre lle falaba coma se fose un bebé. Brummm, brrruuuummm, brrruuummmmmm! Ben e a avoa viron como o pequeno coche marrón saía a fume de carozo, saltando sobre os lombos limitadores de velocidade. Ós seus pais gustáballes tan pouco coma a Ben visitar a avoa. A súa casa simplemente era un lugar no que podían deixalo aparcado os venres pola noite. –Non, eh… Síntoo, avoa… –farfallou Ben. –Ah, ben, pois entra –murmurou–. Xa preparei o taboleiro de Scrabble, e para cear teño o teu prato favorito… sopa de repolo! A Ben caeulle a alma ós pés. “Noooooooooooooooon!”, pensou.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.