Page 1

Jรณn R. Hjรกlmarsson

Mapa de estradas lendario de Islandia


Limiar Neste libro imos realizar un percorrido por Islandia seguindo (polo menos na imaxinación) a estrada circular Nacional 1 e outras estradas secundarias de todo o país. Tamén reali­za­ remos algunhas excursións polas terras altas centrais a través de pistas de montaña pouco frecuentadas. Durante o perco­ rrido deterémonos en destinos turísticos populares, así como noutros lugares que son menos coñe­cidos, para evocar os con­ tos populares e as lendas asociados a eles. En cada relato incluiremos unha descrición da pai­s­a­xe circundante e unha breve historia da zona, así co­mo infor­ mación práctica sobre as rutas ás distintas lo­ca­li­za­cións. Dirixirémonos ao oeste, aos fiordes occidentais, ao norte, ao leste, ao sur e, finalmente, ás terras altas centrais. Os contos falan dunha gran variedade de fenómenos misteriosos, incluíndo persoas con poderes máxicos, o “pobo escondido” (os elfos), pantasmas, trolls, monstros, animais e mesmo o diaño en persoa, por citar algúns. Todas as historias están baseadas en contos folclóricos existentes, pero algúns foron lixeiramente adaptados e abreviados de acordo co formato do libro, sen alterar, non obstante, os elementos esenciais da narración. Os contos populares son unha parte importante do patrimonio cultural de calquera nación. Islandia ten un gran e variado patrimonio de contos que dan a súa propia imaxe das ideas e crenzas das xeracións pasadas. Algunhas historias conteñen motivos familiares tamén presentes no folclore doutros países e, de feito, as experiencias sobrenaturais non respectan as fronteiras nacionais. 7


Espero sinceramente que os lectores poidan gozar dos contos deste libro, tanto se o levan consigo nas súas viaxes por Islandia como se simplemente viaxan polo folclore do país sen levantarse da butaca. Jón R. Hjálmarsson Nota sobre a pronunciación islandesa A letra þ (maiúscula Þ) pronúnciase como “th” na palabra inglesa thing, e a letra ð (maiúscula Ð), como “th” en then.

8


Oeste de Islandia


1. Cabeza Vermella, a malvada balea de Hval­ fjörður Partindo de Reykjavík cara á rexión setentrional ou occi­ dental de Islandia, seguindo a estrada Nacional 1, atravé­ sase a espectacular zona que rodea Hvalfjörður (‘Fiorde da Balea’). Hoxe en día, un túnel aberto en 1998 permite cruzar o fiorde por debaixo do mar, pero paga a pena to­ mar a estrada costeira, que está en boas condicións, sobre todo nos fermosos días de verán. O fiorde de Hvalfjörður débelle o seu nome a unha famosa lenda.

En certa ocasión, uns homes de Suðurnes, na península de Reykjanes, saíron a Geirfuglasker (‘Grande Escollo dos Araos’) para cazar araos. Cando chegou a hora de regresar a terra, faltaba un dos homes. O resto do grupo regresou á casa sen el, e deron o home por morto. Porén, un ano máis tarde, os mesmos homes volveron ao escollo e atoparon o home san e salvo. Aconteceu que os elfos lle botaran un feitizo e o tiveran con eles, tratándoo ben. Pero non era feliz cos elfos e quixo volver a terra cos outros homes. Mais agora unha elfa cargaba cun fillo seu e ela fíxolle prometer ao home que bautizaría o neno se ela o levaba á igrexa. Algún tempo despois, o home estaba na misa na igrexa de Hvalsnes. Fóra da igrexa atoparon un berce cunha nota que dicía: “O home que é pai deste neno ase­ gurarase de que sexa bautizado”. A xente estaba abraiada e o pastor sospeitaba que o pai debía de ser o home que pasara un ano no escollo. Obrigou o home a que reco­ ñecese que era o pai do neno, pero este negouno. Nese

15


momento apareceu unha muller, alta e robusta. Volveuse cara ao home e dixo: –Vouche botar un feitizo para que te convertas na ba­ lea máis cruel do mar, que destruirá moitos navíos. Entón colleu o berce e desapareceu sen deixar rastro. A xente supuxo que era a elfa do Grande Escollo dos Araos, onde quedara o home. Tras isto, o home toleou e fuxiu. Correu cara ao mar e guindouse dende o acantilado chamado Hólmsberg, entre Keflavík e Leira, e alí converteuse inmediatamente nunha desapiadada balea; e chamáronlle Cabeza Vermella, por­ que cando se lanzou ao mar tiña unha gorra vermella na cabeza. Esta balea resultou ser un auténtico azoute, e dise que en total afundiu dezanove barcos entre Seltjarnarnes e Akranes, de xeito que foron moitas as persoas prexudi­ cadas. Co paso do tempo, a balea comezou a refuxiarse no fiorde que hai entre Kjalarnes e Akranes, que así chegou a ser coñecido como Hvalfjörður (‘Fiorde da Balea’). Naquela época había un pastor en Saurbær, na ribeira norte de Hvalfjörður, que era vello e cego. Tiña dous fillos e unha filla, xa adultos e prometedores. Este pastor tiña poderes sobrenaturais. Os seus fillos ían pescar a miúdo ao fiorde. Un día atopáronse con Cabeza Vermella, que os fixo afogar aos dous. O pastor lamentou moito a perda dos seus fillos, e un día, pouco despois, pediulle á súa filla que o levase á beira do fiorde, que non estaba lonxe da granxa de Saurbær. Colleu un bastón e baixou ata a ribeira coa axuda da súa filla. Entón chantou o bastón na area e apoiouse nel. Preguntoulle á súa filla que aspecto tiña o mar, e ela respondeu que estaba tranquilo e liso coma un espello. Un pouco máis tarde volveulle preguntar que aspecto tiña o mar, e ela respondeu que podía ver unha franxa negra chegando polo fiorde, coma un enorme ban­ 16


co de peixes. Cando a filla lle dixo que a banda chegara onda eles, o pastor pediulle que o levase pola costa cara ao interior, e ela así o fixo. A franxa acompañounos seguindo o seu paso ata o fondo do fiorde. Pero conforme o fiorde se facía menos profundo, a ra­ paza viu que a franxa era o ronsel dunha enorme balea, que subía polo fiorde coma se a guiasen ou a empuxasen. No fondo do fiorde, na desembocadura do río Botnsá, o pastor pediulle á súa filla que o levase pola marxe occidental do río. Ela así o fixo, e o ancián gabeou pola ladeira, mentres que a balea ascendía polo río ao seu carón, con gran difi­ cultade, xa que o río era pequeno e a balea, grande. Cando a balea chegou á valgada onde o río caía nunha fervenza, había tan pouco espazo para ela que todo tremía mentres se debatía. Finalmente, cando intentou subir a fervenza, a terra estremeceuse ao seu redor, coma se houbese un vio­ lento terremoto, e a montaña ceibou un poderoso ruxido. Esta é a orixe do nome da fervenza, Glymur (‘Ruxido’), e os outeiros que hai por riba dela son coñecidos como Skjálfandahæðir (‘Outeiros Trementes’). Pero o pastor avanzou, resolto, e non se detivo ata le­ var a balea ao lago do que flúe o río Botnsá, chamado den­ de entón Hvalvatn (‘Lago da Balea’). Un outeiro que se ergue á beira do lago tamén lle debe o seu nome, Hvalfell (‘Outeiro da Balea’), a este suceso. Cando Cabeza Verme­ lla chegou ao lago, morreu de esgotamento. Ninguén a viu dende entón, pero no lago atopáronse uns formidables ósos de balea, o cal se considera proba de que a historia é certa. Unha vez que o pastor levou a balea ata o lago, volveu para a casa coa súa filla e todo o mundo lle deu as grazas polo que fixera.

17


Profile for Rinoceronte Editora

Mapa de estradas lendario de Islandia (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Jón R. Hjálmarsson 'Mapa de estradas lendario de Islandia', publicado por Rinoceronte no 2019 e dispoñible aqu...

Mapa de estradas lendario de Islandia (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Jón R. Hjálmarsson 'Mapa de estradas lendario de Islandia', publicado por Rinoceronte no 2019 e dispoñible aqu...

Advertisement