Gc016

Page 1

GuĂ­a de lectura

141


Ficha técnica

Título: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE Ano de publicación: 2008 Autor: Mark Haddon Tradución: Moisés Barcia Editorial: Rinoceronte Editora Colección: Contemporánea n.º de páxinas: 284 ISBN: 978-84-936101-7-3 Target: a partir de 3º da ESO.

Z

O autor

Mark Haddon (Northampton, Reino Unido, 1963) vive en Oxford e é escritor, ilustrador e guionista. Licenciado en Literatura Inglesa e autor de quince libros para nenos, gañou dúas veces os prestixiosos premios BAFTA da Academia Inglesa de Cine e Televisión. Haddon traballou durante un tempo con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, e adquiriu o coñecemento sobre o autismo que despois aplicaría con grande acerto no seu primeiro libro para adultos. O curioso incidente do can á media noite foi acollido con grande éxito en todos os países nos que se publicou (xa en 35 idiomas), e obtivo premios como o Whitbread ou o da Commonwealth.

142


'

O tradutor

Ademais da tradución de O curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon (Rinoceronte Editora), Moisés Barcia conta con varias traducións de diversos autores como Decamerón de Giovanni Boccaccio (Rinoceronte Editora), A derradeira bágoa de Stefano Benni (Editorial Laiovento), Deshonra de John Maxwell Coetzee (Rinoceronte Editora), Gramática del silencio de Eusebio Lorenzo Baleirón (Rinoceronte Editora), A guerra dos elfos de J. H. Brennan (Edicións Xerais de Galicia), O hobbit de J. R. R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia), Larga noche de piedra de Celso Emilio Ferreiro (Rinoceronte Editora), As leis fundamentais da estupidez humana de Carlo M. Cipolla (Rinoceronte Editora), Oliver Twist de Charles Dickens (Editorial Galaxia), Poesías do desamor de Cesare Pavese (Rinoceronte Editora) e O señor dos aneis de J. R. R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia).

Trama

Esta novela, indicada para lectores a partir de 3º de ESO, narra unha historia emotiva, con trazos de novela policial, desde o punto de vista dun rapaz autista, na que se entrelazan digresións sobre matemáticas, física ou astronomía. É curiosa a presentación dos capítulos, xa que van numerados cos números primos desde o 2 ata o 233. A historia está escrita en primeira persoa polo protagonista, Christopher John Francis Boone, un rapaz de quince anos que sofre síndrome de Asperger e que vive en Swindon (Reino Unido). Non se ofrece información explícita ao longo da obra sobre a enfermidade de Christopher, mais os trazos que se ofrecen da súa personalidade recórdannos aos autistas de altas capacidades. Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o caniche da súa veciña, a señora Shears, que aparecera atravesado por unha forca. A señora Shears chama entón á policía, que interroga ao mozo. Chris, axitado por tantas preguntas, cando un dos policías o agarra dun brazo, provoca que o rapaz o golpee e así o leven a comisaría ata que o recolle o seu pai. O protagonista decide investigar o caso para eliminar as sospeitas sobre a súa persoa. Por este motivo, se ve obrigado a entrar en contacto con persoas coas que nunca se

143


relacionara. A súa investigación vese limitada polas súas dificultades para interpretar o mundo que o rodea. Christopher cóntalle o sucedido á súa profesora Siobhan, quen lle propón que escriba un libro coas pistas que vaia descubrindo, deste xeito é como se decide a contar as súas andainas no libro O curioso incidente do can á media noite. Ed, o seu pai, descobre este libro e, preocupado por se se mete nalgún problema, confíscallo tras unha pelexa. Chris quere recuperar o seu libro, e nesta busca descobre unhas cartas dirixidas a el da súa nai, cunha data posterior á súa morte. O seu pai explicáralle a ausencia da súa nai dicindo que morrera dun ataque ao corazón. A raíz da lectura das cartas, o protagonista chega á conclusión de que a súa nai aínda está viva e de que o seu pai lle mentiu. Cando Ed se decata de que o seu fillo leu as cartas, confesa que mentiu sobre a morte de Judy, a súa nai, e tamén que el matou a Wellington. Escúsase argumentando que foi un erro, que se deixou levar pola ira despois de discutir coa señora Shears. Ed pedíralle que vivisen xuntos mais a señora Shears rexeitouno. Chris perdeu deste xeito a confianza no seu pai. Con medo a que tamén intentase matalo, o protagonista escapa da casa e vai na busca da súa nai, que vive co señor Shears. Memoriza o enderezo das cartas atopadas e comeza un periplo, acompañado por Toby, ata Londres. Tras unha longa viaxe, fuxindo da policía que o está buscando, e sentíndose contrariado polo xentío, dá co enderezo da súa nai. Judy alégrase coa súa chegada e, ao descubrir que Ed lle dixera a Chris que morrera, intenta que quede na casa con ela e co señor Shears en Londres. Este feito orixina un problema co señor Shears, que non quere que viva con eles. Ao pouco de chegar, Christopher quere volver a Swindon para presentarse ao exame de bacharelato en matemáticas. Así, a súa nai abandona o señor Shears, e trasládase a Swindon, onde aluga un cuarto. O protagonista continúa temendo o seu pai. Mais Ed intentará recuperar a confianza co seu fillo aos poucos, e comezará por regalarlle un can como mascota, xa que Toby morrera. Cristopher aproba o exame de bacharelato con sobresaliente, e decide presentarse aos seguintes niveis para poder ir á universidade e ser científico.

Personaxes 1 Personaxes principais CHRISTOPHER JOHN FRANCIS BOONE Chris é o protagonista desta obra. Ten quince anos e vai a unha escola para estudantes

144


con necesidades especiais porque padece síndrome de Asperger. Christopher ten moito interese polas matemáticas, é extremadamente observador e é incapaz de dicir mentiras. Gústanlle as cousas concretas, as listas e os feitos. Mais ten dificultades para entender o comportamento humano, as expresións e as relacións. A súa mascota é unha rata, que se chama Toby. Este personaxe ten moitos trazos que o diferencian das demais persoas a causa da súa percepción da vida, como a incomprensión das expresións faciais, as metáforas ou os chistes. Ten medo das persoas e dos lugares descoñecidos. É unha persoa moi sensible aos estímulos, por iso berra e reacciona con violencia cando a xente o toca. Tamén ten moitas teimas, como non comer dous tipos diferentes de comida se se tocan no prato; ou odiar as cores amarela e marrón, ata o extremo de empregar colorantes vermellos para a comida. TOBY Toby é a mascota de Christopher. Esta rata é de cor branca cunha mancha nas costas. Chris adora os animais, e ao longo da novela apréciase como coida da súa mascota, mesmo arriscando a súa vida nas vías do tren para rescatala. WELLINGTON Wellington é o can que aparece asasinado por unha forca no xardín da señora Shears, a súa dona. A Chris gústanlle moito os cans, e sobre todo Wellington, polo que, ao atopalo morto, se decide a buscar o culpable da súa morte. SIOBHAN Siobhan é unha das profesoras da escola de Christopher. Esta personaxe é quen anima o protagonista a escribir unha novela sobre o asasinato do can. Chris confía nela e entende as indicacións e as preguntas que lle fai porque son concretas; tamén lle pregunta todo o que non entende. PAI Chris diríxese ao seu pai sempre como Pai. O seu nome é Ed. Coida do seu fillo con moito agarimo e compréndense moi ben. Ás veces enfádase, nestas ocasións convértese nunha persoa moi violenta que non atende a razóns, mais ten moita paciencia co seu fillo. O feito de matar a Wellington, o can da veciña, provocará a desconfianza de Chris e que este escape na busca da nai. NAI Chris diríxese á súa nai sempre como Nai. O seu nome é Judy. Esta muller ten moi pouca paciencia co fillo e ponse dos nervios continuamente xa que non entende o com-

145


portamento do fillo; aínda así quéreo moito. Por este motivo, decide marchar co señor Shears e abandonar a súa casa, mais escríbelle todas as semanas ao seu fillo. Ed non lle entrega as cartas a Chris, que pensa que a súa nai está morta. Judy demostrará o amor que ten polo seu fillo cara ao final da historia, xa que volve con el a Swindon. SEÑORA SHEARS A señora Shears é a veciña de Chris. O seu nome é Eileen. Era a dona de Wellington. Estaba casada co señor Shears, mais separáronse e el marchou con Judy. A señora Shears axudou moito a Ed e a Chris cando Judy escapou co seu ex-marido. Ed imaxinou que a boa relación que tiña coa señora Shears era íntima e propúxolle que vivisen xuntos, mais a señor Shears non aceptou e a relación deteriorouse. Ed, enfadado, matou a Wellington, o can da señora Shears. SEÑOR SHEARS O señor Shears era o home da señora Shears. O seu nome é Roger. No momento da narración era a parella da nai de Chris e vivían xuntos en Londres. É un personaxe egoísta pois, ao chegar Chris á súa casa, el non estaba conforme con que vivise con eles. Cando Judy marcha co seu fillo, Roger lévalle as súas pertenzas nunha caixa e tírallas diante da súa casa en Swindon.

2 Personaxes secundarios SEÑORA ALEXANDER A señora Alexander era unha veciña de Chris. Esta anciá tamén tiña un can, por iso Christopher supuña que era unha boa persoa, xa que el adoraba os cans. Esta personaxe será quen lle diga a verdade sobre a súa nai, que abandonou a Ed e marchou co señor Shears.

Espazo e tempo Respecto do espazo, a historia principal transcorre en Swindon, unha cidade do suroeste de Inglaterra. Esta localización é importante para o desenvolvemento da trama, xa que está afastada de Londres. A cidade de Londres tamén será o escenario dalgúns capítulos desta novela, xa que nela vive a nai de Christopher co señor Shears. Desde Swindon ata Londres viaxará Chris en busca da súa nai. Durante esta viaxe poderemos descubrir as dificultades de Chris para viaxar en tren e mais en metro, accións que nunca antes realizara.

146


En canto ao tempo, a historia desenvólvese nunha época actual, aínda que non ofrece datos que nos permitan situala nunha data concreta.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Esta obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor? c) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? d) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contracuberta do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Dedicatoria a) Sabes quen son as persoas a quen o autor dedica o libro? Fai pescudas na rede. Capítulos a) Como reacciona Christopher cando atopa a Wellington morto? Cal cres que é a relación do protagonista cos animais? b) Cal é a importancia de Siobhan? Por que pensas que Chris precisa da axuda desta educadora para comprender as expresións? c) Explica que provoca que Chris lle bata ao policía. d) Ao comezo da novela, explícase o motivo de numerar os capítulos con números primos. Recórdalo? Cres que está ben pensada esta numeración nesta obra? Por que? e) Ao longo da historia, Chris explica varias veces a súa concepción do feito de mentir: “Eu non digo mentiras. Nai dicía que era porque son boa persoa. Pero non é porque sexa boa

147


persoa. É porque non sei dicir mentiras” (páx. 35). Lémbraste? Por que cres que non é capaz de dicir mentiras? f ) O protagonista tampouco é quen de entender as metáforas e relaciónaas coas mentiras: “Eu creo que habería que chamarlle mentira” (páx. 31). Por que é incapaz de entender as metáforas? g) Por que o pai lle mente a Chris sobre a morte da súa nai? h) Que lle supón a Chris facer de detective e intentar pescudar quen foi o asasino de Wellington? i) Cales son as teimas do protagonista? Por que lles ten manía a algunhas cores? Recordas a teima que ten cos coches que aparecen? En que consiste? j) A Chris non lle gusta que o toquen: “Non me pode tocar” di o protagonista en varios momentos da novela. Cal é o xesto que fai para demostrarlles o afecto aos seus pais? k) Por que se anoxa Ed cando le o libro que está escribindo Chris? Como reacciona Pai? E Chris? l) Na busca do seu libro, o protagonista atopa algo máis que encamiñará o resto da historia. Que atopa? Como se sente Chris tras atopalo? m) A verdade é moi importante para Chris. Que sente o protagonista cando descobre o verdadeiro asasino de Wellington? Como reacciona? n) Por que se decide Chris a ir na busca da súa nai? Atopa moitos obstáculos na súa viaxe? ñ) Cal é o motivo de que sexan tan importantes os horarios para Chris? o) Como se relaxa o protagonista desta historia? p) Chris quere moito a súa rata Toby. En que situación perigosa se ve envolto para axudar a súa mascota? q) Cando Chris chega finalmente á casa da nai, como reacciona esta? E o señor Shears? r) Cres que o pai de Chris está preocupado por este? Xustifica a túa resposta. s) Que motiva que Judy e Chris regresen a Swindon? Como se comporta o señor Shears? t) Como intenta achegarse novamente Ed a Chris?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra.

148


b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Cales cres que son os temas que se desenvolven ao longo da obra? Poderías facer unha distinción entre temas principais e secundarios? e) Pensas que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? Analiza o protagonista da novela. Que trazos o caracterizan? f ) Cal é a importancia da señora Alexander? Que función desempeña nesta novela? g) Ao longo da obra hai referencias a libros e películas. Coñeces todas estas referencias? Fai pescudas en internet sobre elas: O sabuxo dos Baskerville, Dune, Blake’s 7, Encontros na terceira fase, Os farsantes, Planeta azul, O misterio do val de Boscombe ou Blade Runner. h)Comentario de texto: E vou aprobar e vou sacar un sobresaliente. E dentro de dous anos vou facer o exame de física e vou sacar tamén un sobresaliente. E entón, cando faga iso, vou ir á universidade noutra cidade. E non ten por que ser Londres porque non me gusta Londres, e hai universidades en moreas de lugares e non todas están en grandes cidades. Podo vivir nun piso cun xardín e cun cuarto de baño adecuado. E podo levar a Sandy e os meus libros e o meu ordenador. E entón licenciareime con matrícula de honor e convertereime en científico. E sei que o podo facer porque fun a Londres eu só e porque resolvín o misterio de Quen matou a Wellington? E atopei a miña nai e fun valente e escribín un libro e iso significa que podo facer calquera cousa. 1. Cal é a voz narradora deste fragmento? Como en toda a historia, o narrador é o protagonista, Christopher. 2. Cales son as materias preferidas do protagonista? As súas materias preferidas son as matemáticas e a física, xa que son concretas, e por iso as entende ben. En varias ocasións, ao longo da obra, Chris realiza exercicios matemáticos mentalmente cando está nervioso, xa que lle serven para relaxarse. 3. Por que non lle gustaría a Chris estudar en Londres? Porque é unha cidade moi grande e non lle gusta estar en lugares descoñecidos nin con persoas descoñecidas. 4. Que problemas ten o protagonista cos cuartos de baño? Non é capaz de empregar un cuarto de baño que empregou antes outra persoa sen que alguén o limpe antes. 5. Quen é Sandy? Que pensa Chris dos cans? Sandy é o seu novo can. Despois de morrer Toby, a súa antiga mascota, o pai regálalle un can. Chris ten moi boa relación con todos os animais, e sobre todo cos cans, dos que pensa que son fieis e honrados, non como moitas persoas.

149


6. Por que o narrador está orgulloso de ir a londres e atopar a súa nai? Séntese ben da viaxe que realizou polas dificultades da súa forma de ser, a causa da síndrome de Asperger. Non é capaz de reaccionar ante situacións novas e resúltalle moi complicado estar con moitas persoas descoñecidas e en lugares onde nunca estivo. 7. Chris é capaz de escribir un libro. Quen llo propuxera? A súa educadora, Siobhan, foi quen lle propuxo que escribise unha novela a raíz da morte de Wellington. Foille dando directrices conforme ía escribindo para que soubese como redactar do xeito máis adecuado para unha novela policial. 3.2 Os temas transversais Na novela pódense distinguir varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: a síndrome de Asperger, a violencia, o coñecemento lóxico. O tema fundamental ao redor do que xira a novela é o da síndrome de Asperger. 1. Na propia narración nunca se fai referencia a esta síndrome. Cales son os detalles que nos fan supoñer que o protagonista sofre esta enfermidade? 2. Cal é comportamento da nai co seu fillo? E o do pai? 3. Fai pescudas na rede para coñecer máis detalles sobre este trastorno. 4. Consulta a páxina da Federación Asperger España: http://www.asperger.es/. O tema da violencia tamén é salientable nesta obra. 1. Que personaxes amosan signos de violencia ao longo da narración? Presenta pasaxes da obra que xustifiquen a túa resposta. 2. Que motiva a violencia en Chris? 3. Cres que a violencia pode ser xustificada nalgúns casos? Debate esta cuestión cos teus compañeiros. O coñecemento lóxico pode considerarse un dos temas de O curioso incidente do can á media noite. 1. O psicólogo do colexio explícalle a Chris por que lle gustan as matemáticas: “O señor Jeavons dicía que a min me gustaban as matemáticas porque son seguras. Dicía que me gustaban as matemáticas porque consisten en resolver problemas, e eses problemas eran difíciles e interesantes, pero ó final sempre había unha resposta sinxela. E o que quería dicir era que as matemáticas non son como a vida, porque na vida ó final non hai respostas sinxelas”. Por que cres que as matemáticas son sinxelas para o protagonista? Por que Chris non comprende os aspectos básicos da vida? 150


2. O protagonista emprega as matemáticas nos momentos de nerviosismo. Por que? A que o axudan? 3. Ofrécense moitos datos e exercicios matemáticos ao longo da novela. Es capaz de explicar O problema de Monty Hall que se explica no capítulo 101? No capítulo 191 Chris realiza un exercicio para relaxarse, Os soldados de Conway. Busca información sobre este xogo en internet. Es quen de realizalo? 4. No capítulo 139 o protagonista comenta O caso das fadas de Cottingley. Fai pescudas na rede sobre este caso e crea argumentos a favor ou en contra deste. Cal é a visión de Chris sobre este caso? Está xustificado o seu argumento coa súa personalidade? 5. Cres que é importante o coñecemento lóxico? Busca información en internet acerca do coñecemento lóxico-matemático.

151


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.