O caderno de Edua (mostra)

Page 1



O día da nevada Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, pola terra de Ancares. Alí neva moito, pero a Edua gústalle a neve. Por iso está moi contenta de ter nacido nesta aldea de casas cadradas cubertas de lousa e de pallozas redondas que teñen moitísimos anos e que as hai en poucos sitios. O Cebreiro está no Camiño de Santiago e pasan por alí moitos peregrinos. Case todos se deteñen para descansar despois de subir a costa e, de paso, ver unha aldea tan curiosa. Outros paran para xantar, pero algúns tamén quedan a durmir no albergue ou na hospedaría. No inverno pasan moi poucos, porque é verdade que alí vai moito frío. Daquela é cando fai a súa aparición a neve. Ela é como outro peregrino que, ás veces, tarda uns días en marchar e aínda queda preguiceira polos arredores lucindo moito tempo a súa brancura. Cando chega a neve vén fermosísima. Unha mañá de inverno, Edua esperta, arrímase á ventá, ve todo branco e ponse contenta. Se é día de escola, pregunta se a haberá ou se suspenderon as clases. Se lle din que non 7


a hai, ou é fin de semana, abrígase máis que os outros días e bota fóra da casa. Xoga coa neve, fai bonecos e tira bólas á xente que atopa e ás paredes. Cando lle quedan as mans moi frías e case non sente os pés, métese na casa outra volta para quentarse ao lume das carrochas da lareira. Ao quecer algo, volve ás andadas, porque lle pesa polo tempo que perde alí sentada. De cando en vez leva unha zoupada no cu das que non doen. E así pasa o día. Na casa de Edua conservan a lareira e acéndena todo o inverno. Cando vai moito frío, desde a mañá cedo. O avó César, que vive coa familia, é quen atende o lume e quen máis tempo pasa coa nena, pois os grandes teñen que traballar cos animais e no agro. Na lareira das carrochas é onde o avó lle conta as historias máis bonitas e lle fala de como eran as cousas sendo el neno. A Edua, a lareira parécelle guai, aínda que, ás veces, faga algo de fume, os ollos piquen un chisco e haxa que fretalos con coidado. –Os ollos só se poden fretar cos cóbados, Edua –dille o avó, indicándolle que non é bo andar neles. A ela dálle a risa. E o proído logo pasa. E as chamas, ademais de quentaren, son tan fermosas como as nubes de fóra e como o mar, que o viu o verán pasado na praia de Benquerencia. Na lareira, non se cansa de mirar para aquelas colores alaranxadas e azuis que 8



se moven, se alporizan e, por veces, desaparecen. E as muxicas… Oh, que bonitas son e que ben soan ao se dispararen coma foguetes! Edua fai os anos a mediados de decembro. Durante a gran nevada deste inverno fixo dez. Caía en sábado e, aínda que é un bo día para celebracións, desta vez foi difícil organizarlle a festa como querían. Os papás e o avó esmeráronse para cumprirlle os gustos, pero non todo foi igual que os outros anos. O avó César deixara apañados do día antes uns ramalliños de acivro para adornar a mesa e o corredor, porque xa estaba moi cerca o Nadal. A mamá preparara todo o que se precisa para facer unha boa torta de chocolate e enchera unha bolsiña de lambetadas para cada invitado. Pero o papá, que é sempre o encargado de lle comprar o regalo, non puidera baixar a Pedrafita. Edua andaba moi contenta porque lle ían mercar un ordenador portátil e o papá tíñallo encargado para aquel día. Mais, como baixar a buscalo? A estrada estaba cuberta con máis de medio metro de neve e os coches non podían circular en ningunha dirección. –Que imos facer agora? –preguntábanse seus pais na cociña antes de que espertase Edua, que era bastante durmiñona–. Coa ilusión que lle facía! Co tempo que leva esperando por el! Que mala sorte ir nevar precisamente hoxe! 10


día.

Porque vaia problema que se lles presentaba aquel

–E non teremos nada na casa que lle poida gustar mentres tanto? –dicía a mamá–. Porque isto non ten amaño. Despois xa llo traeremos. –Déixame pensar a ver se pode haber algo por aí –dixo o papá, rascando un pouco a cabeza, como cando se cavila de verdade en algo moi importante ao que lle hai que buscar solución. E discorreron os dous xuntos bastante tempo, pero non atoparon nada que lles parecese axeitado. Cando se ergueu o avó César, falárono con el, que tamén se preocupou porque lle quería moito á nena e procuraba cumprirlle os gustos. –A ver –dixeron–. Volvemos cavilar agora os tres. Malo será. E pensaron outro pouco, en voz baixa e en voz alta, pero nada! Mentres tanto, a nena espertou, tirouse da cama, achegouse ao cristal e viu neve, moita neve. Por iso se aseou e vestiu axiña para botar fóra. Vírona saír correndo coma un esquío. Nin se lles ocorreu detela para que almorzase. Non debía ter fame, que ceara ben. E era mellor que estivese entretida moito tempo. Cando tivese fame ou moito frío, xa volvería, que estaba alí ao lado. 11


E oxalá non se acordase de que era o seu aniversario, aínda que isto lles parecía ben difícil. Non fixeran máis que recordarllo a véspera! –Quen te verá mañá co teu ordenador e coa túa merenda…! E con todo o que che traian as amigas e os amigos. –Ademais terás xa dez anos –dicía o avó–, que é case como ser grande. E veña a riren. Pero agora non había risas que valesen. O regalo traíaos de cabeza. Cos invitados non tiñan problema, porque eran as nenas e os nenos da aldea e podían vir igual. Iso si, andando con coidado, que a neve é perigosa. Xa debían andar todos xuntos tirándose neve porque se oía moito barullo de vociñas novas. E se estaban todos xuntos, como algún deles non lle ía ter dado xa os parabéns, tirándolle das orellas, para que seguisen os outros? Nunca se esquecen de facer isto. O avó, así e todo, púxose a adornar a casa, coma se nada, colocando os ramallos e poñendo uns globos de colores no comedor. E antes do previsto, Edua volveu berrando desde a porta: –Teño dez anos! Teño dez anos! Avó, teño dez anos! Recibírona dándolle bicos e parabéns. Despois mandáronlle almorzar no banco da lareira, porque viña fría coma un sorbete. 12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.