Albert (mostra)

Page 1

Kalleby

M

oi lonxe, perdida no campo entre verdes e suaves outeiros, atópase Kalleby. Kalleby non é moi grande; en realidade nin sequera é unha auténtica cidade. É soamente un grupo de casas pequenas e tortas, e granxas reunidas arredor dun estanque para os patos. Kalleby ten só unha rúa, e esa rúa tampouco é unha verdadeira rúa, senón máis ben un camiño de area cheo de fochas. Cando chove, as fochas énchense de auga e salpican para todas as partes cada vez que pasan os carros de cabalos e os coches facendo estrépito. Kalleby tamén ten unha única tenda. Pero nela pódese comprar case calquera cousa –desde medias de señora e tapas para cazarolas ata piruletas e tabaco–. Si, mesmo un saco de trigo, ou un xamón afumado ben graxo se pode comprar nesta tendiña agradable e acolledora como a cociña dunha avoa, onde sempre cheira a café, a xabón e mazás podres. Pero aínda que Kalleby non é moi grande, e aínda que a rúa só é un camiño de area con fochas, nesta cidade hai moitas cousas boas.

7


En primeiro lugar ten moitos xardíns cheos de aromáticas cerdeiras, bancos brancos e cegoñas de plástico que abanean cando vai vento. Despois está o estanque de patos, redondo, e as moreas de herba seca e amarela que todos os veráns se enchen de niños de pardal. Hai esterqueiras, bombas de auga, paus da luz e ruidosos caldeiros de leite. Hai cans, gatos e porcos. Os porcos son verdadeiramente marráns, porque sempre se están envorcallando pola lama, entre as estrugas e os pés murchos dos repolos. Hai un río cheo de peixes e estraños animais, e á beira está o vertedoiro, cheo de xornais vellos e latas oxidadas. Está a escola co mestre Sakarias e a igrexa co pastor Emanuel, e tamén está o verde campo da feira, onde case todos os veráns se montan atraccións e se poden atopar carruseis, postos de doces e xitanos de ollos negros. E, naturalmente, tamén están os habitantes e os nenos de Kalleby. Non podemos esquecelos, porque sen eles Kalleby sería un lugar triste e aburrido.

8


Albert

F

oi precisamente en Kalleby onde naceu Albert. Naceu un martes ás sete da mañá, e cando a súa nai o deu a luz, púxose a berrar tanto que todos os habitantes de Kalleby saíron correndo das súas pequenas e tortas casas para saber de onde procedían aqueles berros. –Seguramente é o ferreiro Vølle, que estará matando o porco –dixo o tendeiro. O tendeiro era o dono da única tenda de Kalleby. Case sempre estaba rindo, porque era un home alegre ó que lle gustaba tomar cervexa e cantar cancións. –Un porco non pode berrar tan forte –dixo a señora Stampe, que era a muller máis vella de Kalleby–. Nos noventa e sete anos que levo vivindo nesta cidade nunca oín a un porco berrar tan forte. –Ah –dixeron as persoas que asomaran os narices polas portas entreabertas das súas casas, para ver que pasaba–. Entón que pode ser?

9


–Se cadra é algo perigoso –dixo unha nena, e agachouse debaixo do mandil da súa nai. Entón o pai de Albert asomou a cabeza pola fiestra e berrou con toda a forza dos seus pulmóns: –HURRA! NACEU ALBERT! HURRA! –Quen é Albert? –preguntaron os curiosos–. Nunca oímos falar del. –Non –dixo a anciá señora Stampe–. Nos noventa e sete anos que levo vivindo nesta cidade nunca oín falar de ninguén que se chamase Albert. –Ben, non é estraño –dixo o pai de Albert–. Porque Albert é o meu fillo e acaba de nacer. –Oh, non! –dixeron todos, moi decepcionados, xa que esperaban que se tratase de algo realmente emocionante–. Con tantos nenos, pronto xa non caberemos nesta cidade. –Bah –dixo o tendeiro–. A situación non é tan tremenda. Se nesta cidade non houbese nenos morreriamos de aburrimento. Quen demo faría entón todas as travesuras? Pero o zapateiro, que era un home tan rosmón e malhumorado que a súa cara parecía unha mazá engurrada, de tanta bile, non escoitou o que dicía o tendeiro. En vez diso empezou a berrar que xa estaba farto de tantos nenos, que lle entraban na horta, lle arrincaban os ravos e lle soltaban as pitas do galiñeiro.

10


–Se isto segue así –rosmou–, levantarei un valo de madeira ben alta ó redor da miña casa. Entón pechou a porta dun golpe, e pouco faltou para que pillase o nariz. Sentou nun recuncho do seu taller e púxose a gruñir, a rosmar e a renxer os dentes coa rabia. Pero un grupo de nenos que estaban sentados na súa pereira a comer as peras verdes, oíran todo. Entón miráronse uns a outros e dixeron: –Oh!, parece que ese Albert, cando medre, será moi bo arrincando ravos. E o tempo deulles a razón a estes nenos.

11



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.