Page 1

Mª do Cebreiro &

Daniel Salgado

A guerra

BARBANTESA


Human beings suffer, they torture one another, they get hurt and get hard. No poem or play or song can fully right a wrong inflicted or endured. SEAMUS HEANEY, The Cure at Troy. Os humanos sofren, tortúranse uns aos outros, férense e endurecen. Non hai poema, obra nin canción que poida recompor o mal feito e aturado. Tradución de Stéphanie Jennings e Manuel Outeiriño


O poema oponse á necesidade. É vencido e as dificultades impídenlle dicir. O tempo resulta confuso, as músicas, escuras. Non parece posible herdar o rexistro de feridas, as pantasmas, o espectro que volve roldar Europa e a nosa casa, a forma imprevisíbel do teu corpo. A quen obedezan as horas saberá por que estas ansias, por que esta luz, por que desaparece mesmo a memoria do verán e o seu reino da liberdade.

7


Non podemos confiar. O partido trazou unha fronteira. A fronteira abrazou a vosa clase. A vosa clase cadra coa de quen nos goberna. Son vellos, pero falan de como é viva e doce a mocidade e negan o seu propio relevo coa outra man. O partido querería instituír imperios e seleccións de fútbol. Querería situarse á calor dun Estado. Sería compasivo coas colonias se as colonias non fósemos nosoutros. Galicia non ten rostro, e se o tivese agora non se parecería ao meu.

9


Que ninguén vos engane: non é posible amar un territorio. A linguaxe que afirma esa paixón é a linguaxe incapaz de asegurala. Agora confiades en que os demais sexamos piadosos. Un erro non é algo que poida perdoarse. Ante o erro o que cómpre é facer que non vemos, pero hoxe por fin nos achegamos ao noso grao máis alto de visión.

10


Debaixo da alameda, non por entre as avenidas, refractarios รก lรณxica sectaria, ensumidos no tempo escordado da historia.

11


A guerra (mostra)  

Primeiras páxinas da obra de María do Cebreiro e Daniel Salgado publicada por Barbantesa.

A guerra (mostra)  

Primeiras páxinas da obra de María do Cebreiro e Daniel Salgado publicada por Barbantesa.

Advertisement