C Coom
P a s p a l l á s 2 . 0
e R Reennaacce e
* As experiencias cos maiores
* As túas emocións.
* A froita do ameixeiro .
V Voollvve e
* Volven as viaxes cos amigos.
* Volvemos máis fortes, mellor
* Despois da tormenta sempre veñen tempos mellores.
* A lembranza
mppaarrtte
Pois aquí tendes outro ano máis o ELB (O Paspallás 2 0) Este curso o proxecto interdisciplinar de centro foi "INTERXERANDO" Un proxecto que pretende traballar as relacións entre as diferentes xeracións, coa proposta de mellorar e aliviar a soidade dos maiores e, ao mesmo tempo, aproveitando o seu saber e experiencia para ampliar os horizontes do noso alumnado. No noso concello temos un Centro de Día e con este proxecto vanse estreitar, aínda máis, os lazos que temos con esta institución Tamén, dentro desta iniciativa, abrimos as portas do colexio a pais, nais, avos e avoas para partillar as súas experiencias co alumnado
E nesta revista atoparedes moito máis: actividades, saídas, proxectos das diferentes materias, cursos de poda e enxertos... Tamén, como o ano pasado, a revista leva códigos QR para ver vídeos, ver máis fotos, etc... Desta maneira, agardamos que gocedes con esta publicación tanto como nós facéndoa e que desfrutedes tanto dos proxectos como nós de telos feito.Así sempre os levaremos con nós.
Espazo reservado para as sinaturas, dedicatorias e apertas multiplas
M M u u n n d d o o D D o o d d rr o o EDITORIAL
ND I I CE
INTERXÉRATE E
CIENTIFÍZATE. páx. 47
* Ciencias Naturais, Matemáticas e proxecto de centro Toda a ciencia na palma da man.
CONVÍVETE E ENREGUEIFATE páx 79
* Regueifas e paparotas saudábles
MUSICARTE páx 10
* Toma vimbio!
IMAXINARTE páx 11
* Sesións Muse
LETRAS, MATEMÁTICAS E
TECNOLOXÍAS VIVAS páx
1215
* Club de debate
* Maquetas
* Cúpulas
ERASMUS ITALIA 2023
*Viaxe de cuarto páx 1617
A AS S N NOOSSAAS S F FOOTTOOS S D DE E
G GRRUUPPO O. páx. 1823
* Cada día mellor e mellor
S SEEMMAANNA A D DAAS S L LEETTRRAAS S E E T TÍÍRRAALLLLE E D DA A
L LÍÍNNGGUUA A páx. 2426
* A Galaxia de Francisco
*Os maios
* Premio Tíralle da Lingua
T TEESST T Q QUUE E A AUUTTOOR R G GAALLEEGGO O E ERREES S páx. 27
*Identifícate
A AS S S SEETTE E D DIIFFEERREENNCCIIAAS S E E H HUUMMOOR R G GRRÁÁFFIICCO O páx 2829
E ENNTTRREEVVIISSTTA A A A L LEEAAH H páx 30
S SAAÍÍDDA A A A M MAANNZZAANNEEDDA A páx 31
DE PATIO
RECREO
3
AS PERNAS SON PARA USALAS
O 7 de decembro todo o alumnado de primaria saIu de andaina, a pesar de que ao principio o clima estaba fresco pouco a pouco foron entrando en calor. Polo camiño fóronse encontrando coas casas de algúns familiares, os cales os acolleron moi agarimosamente Recorreron a pé as aldeas de Sar, Manselle, Eiró, Castro e Imo; desfrutando da visita guíada ofrecida polos alumnos que alí residían. Topáronse tamén con Anxo Angueira e a súa dona, os cales os ilustraron un pouco
POLO RÍO ABAIXO
O alumnado de 3º de primaria realizou un proxecto de Ciencias Sociais de 4º de ESO. Consistiu na elaboración de Slime (baba en sobre o curso dos ríos Para iso traballaron con plastilina, moldeando e pegando, aprendendo ao mesmo tempo que se divertían
INTERXERANDO CO CENTRO DE DÍA
Este ano recibimos no cole a Joaquín, Jesús, Madalena, Sofía e Carmucha, usuarios do Centro de Día, para desenvolver unha actividade na aula de informática xunto co alumnado de segundo de E. Primaria. Aproveitamos para xogar ás bólas co alumnado de sexto e despois dirixímonos á aula para abrir o noso blog Estivemos aprendendo a manexar o rato e para finalizar, agasallámolos cunha plantiña de millo que deberán coidar a ver se florece, cunha cariñosa aperta e a promesa de volver outro día para seguir compartindo saberes
INTERXÉRATE 4
CELULEANDO
En naturais, os rapaces e rapazas de sexto de primaria estivemos aprendendo sobre a célula, para iso, fixemos una maqueta sobre ela
O profesor cortou á metade varias bolas de poliestireno. Os alumnos, en parellas lixaron o que iba a ser unha futura célula e pintaron, cun pincel, de azul o que iba ser a membrana, e de rosa, o citoplasma Logo fabricaron o núcleo e os orgánulos con masa branda. Cunhas etiquetas escribiron información sobre as distintas partes da células e pegaronas a uns palillos, que logo colocaron sobre a parte da que falaban
Agora están todas expostas en unha mesa ao lado da aula de sexto
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Como cada ano, participamos de novo no proxecto de centro, Interxerando, co concurso de fotografía matemática que consiste en aportar fotografías con contido
matemático e á vez con temática relacionada coas relacións entre as xeracións e a necesidade de aprender e coidar dos maiores Estas foron as 3 gañadoras:
E aquí tedes o QR con todas as fotos
Nesta foto Mateo quería mostrar como cando se xuntaba toda a familia se podía formar unha figura xeométrica
Na foto chamada "simetría" se mostran as sombras proxectadas de catro copas de cristal a distintas distancias. Visto de lonxe ata poden parecer dúas parellas de Quixotes e Sanchos coas súas bacías de barbeiro na cabeza
Nesta foto xián quería expresar como o bimbio formaba vórtices cando seu avó estaba facendo unha cesta
CIENTIFÍZATE 5
(Texto de Xian Casal)
MUÍÑO DA SERRALLEIRA
Con motivo do proxecto de centro deste ano, centrado nas relacións entre as distintas xeracións e a aprendizaxe e o respeito aos maiores, Aurelia, Joaquín, Jesús, Tomás, Sofía, Carme e Carmucha, usuarios do Centro de día acompañaron ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria na visita ao muiño de Teaio. Nunha contorna natural de gran beleza, Isabel contounos a historia do muiño da Sorralleira e outros que hai ao longo do regueiro e que a súa familia está intentando restaurar O mecánico José explicounos o seu funcionamento e botouno a andar. Puidemos debullar o millo, peneiralo , moelo, tocar e ulir a fariña, xogar a construir cos carozos e gozar da paisaxe e da compaña Mamá Isaura lembrou algunhas cantas do muíño e cantamos e tocamos a pandeireta. Foi unha xornada deliciosa que nos axudou a por en valor o noso.
Moitas grazas a Isabel e a súa familia por este labor de recuperación e ao Centro de día por compartir connosco. Para ver todas as fotos e vídeos podedes usar o código QR que aparece a continuación
6 IINNTTEERRXXÉÉRRAATTE E
20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA
No mes de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria saimos a Santiago a ver a versión teatral da obra de Julio Verne, 20.000 leguas de viaxe submarina, no auditorio Abanca. A obra, da compañía La Negra, presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta
Despois da representación merendamos na Praza de San Martiño Pinario e fixemos unha pequena ruta pola zona vella de Compostela, para rematar cun pouco de relax e xogos no parque de Bonaval
Segundo ciclo
CREACIÓNS CON FOLLAS DO OUTONO
Os alumnos de 4º de primaria gozamos recollendo follas das árbores que se atopan no patio de Primaria, poñéndoas a secar no medio de periódicos e facendo diferentes composicións.
Visto o resultado decidiuse que estas composicións ían servir de agasallo para os maiores do cento de Día de Dodro cando nos viñeran a visitar ao CPI
Os nosos compañeir@s de 4º da ESO pintáronnos as bandexas para que nos dese tempo a ter o agasallo rematado para o día da visita. Grazas compañeiros. Esperamos que os nosos maiores desfruten do agasallo tanto coma nós realizándoo.
7 C CIIEENNTTIIFFÍÍZZAATTE E
CHARLAALMORZOS SAUDABLES
O venres 16 de decembro, tivemos unha sesión adicada aos almorzos saudables, con moitos xogos participativos nos que participamos o alumnado de 1°e 2° de E P
PAPAROTA EN FRANCÉS
No mes de febreiro e coincidindo coas datas do Entroido, o profesor de Francés, Xoan Bautista, organizou unha xornada gastronómica con primeiro e segundo da ESO, na que se prepararon as crêpes francesas Así o alumnado puido comprobar que, aínda que estivesen moi boas, os franceses aínda non chegaron ao nivel de perfección das filloas galegas (por moito que se esforcen unha cassoulete non é unha fabada nin unha crêpe unha filloa) A actividade foi pensada no marco do proxecto Contratos Programa, en concreto no proxecto Inclúete. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a receita e cociñar eles mesmos estes doces Todos puideron probar diferentes recheos para as crêpes e compartir a experiencia cos compañeiros e profesores Moi rico todo, Xoan!
CONVÍVETE
8
Este venres houbo troula, houbo unha grande festa, no Auditorio de Galicia, celebrouse a Regueifesta.
Dodro estivo alí presente, coa rapazada de sexto, que enfiou tan ben as coplas que levou ata un premio.
A regueifa é coñecida, pero alí aprendimos, que no Ulla son atranques, e no Courel cantan brindos
Por Vilariño de Conso, o que crean son as bombas, en Euskadi bersolaritza, por Catalunya as glosas
cos seus bombos e aixadas, fixeron tremer o palco, quedamos marabilladas
Esta festa da poesía , e da palabra cantada , foivos unha regalía, vai ser por nós recordada
Desde Trives o folión,
ENREGUÉIFATE 9
Regueifesta
Este ano para facer un videoclip no que todos fóramos ao regho decidimos facelo todo a vimbiazos Toma Vimbio é o novo videoclip do centro realizado polos alumnos de 4º. Na parte de música traballaron coa letra e co son, logo os de plástica puderon realizar o guión, TRABALLO
NOS LEVOU! Despois de tanto traballo conseguímolo.
TOMA VIMBIO
Foi moi duro, xa que todos estábamos moi estresados e ao primeiro non nos poñíamos de acordo A solución foi moi fácil: hostias por tódolos lados. Conseguimos gravar na casa dos avós de S. Rey, aos cales agradecemos enormemente, por que nesa casa, Xoán Bautista, Margarita González e Samuel Saborido molláronse, metéronse de hostias e remataron todos no chan!
Cousiñas que pasaron
Como antes dixemos, pasámolo xenial facendo este videoclip. Durante media mañá, Samuel estivo en calzóns e o resto do día pasouno mollado Maneles estivo a vimbiazos connosco, ata na hora de comer! Pero iso sI, ir ao balneario non lle pareceu mal O cámara, o director e os actores din que soamente gravaron uns planos e foron para casa, pero a nós non nos enganan; ben sabemos que, despois de gravar, estes tiveron unha sesión de relaxación mix no balneario.
M MUUSSIICCAARRTTE E 10
O O P PRROOCCEESSO O D DE E G GRRAAVVAACCIIÓÓN N
AQUI TEDES O VÍDEO
SESIÓNS MUSE EN PRIMARIA
Entramos na maxia do MUSE da man de Mercedes Prieto co Zampadanzas Na primeira sesión coñecemos a Zampadanzas, un chef ao que lle gusta cociñar e danzar. Con el, imaxinamos e escenificamos ser cociñeiros remexendo o pucheiro coas distintas partes do corpo, simulamos que eramos ondas do mar, improvisamos pasos de baile e tamén nos axustamos aos pasos propostos para distintas receitas de pratos tipicos dalgúns países do mundo: Danza del rogle, Los machetes e A carrasquiña. Foi unha sesión ben entretida e, coa axuda da imaxinación, tamén ben saborosa
Na segunda sesión, volvemos ao restaurante de Zampadanzas Desta volta, levounos ao outro lado do mundo: á Polinesia. Tivemos que ir moi lonxe para facer unha viaxe en canoa e atopar un novo fogar nas Illas Cook. Os nenos e nenas de 1 ° acompañamos o rey Tiki bailando ao son do Hoe Ana Os de segundo repasamos A carrasquiña e viaxamos a México coa danza Os machetes. Ata Bélxica fomos os de sexto coa Polka de Ramón e os de quinto quedamos en Portugal bailando Toma lá
O mércores 29 de marzo Zampadanzas e a súa irmá Filismina,apaixonada das clases de baile, guiáronnos nun percorrido polo mundo Os raios do sol e o vento lixeiro acompañaron os nosos pasos na Danza del rogle, Polca de Ramón, Bitte Mand i Knibe (Danza da moto), Ciranda, Tanko Bushi. Partimos de Cataluña e pasamos por Bélxica, Dinamarca, Brasil, Xapón e rematamos de novo en Galicia, no marabilloso patio do noso cole bailando A carrasquiña En breve, todas as familias serán convidadas ao famoso restaurante Zampadanzas para bailar todxs xuntxs guiados por Mercedes Prieto
Nesta cuarta sesión con Mercedes son xs alumnxs os que propoñen movementos e estas propostas constrúen a coreografia Desta maneira inventamos e creamos danzas distintas a partir do que lemos no libro
Zampadanzas e preparámonos para a seguinte sesión, na que estarán convidadas as familias para unha actividade conxunta. Agardamos ansiosos!
O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas do mundo Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros
Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!
IIMMAAXXIINNAARRTTE E 11
EXPOSICIÓN E PREMIO EUSEBIO LORENZO
BALEIRÓN
O sábado 10 de decembro celebrouse no noso centro a cerimonia de entrega do XXXV Premio Eusebio Lorenzo Baleirón Este ano a galardoada foi a poeta lucense Brenda Mondelo Tamén recibiu o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón o noso alumno de cuarto da ESO Xian Rial.
Parabéns!
Nese acto presentouse tamén unha exposición do traballo do alumnado d lumnos de 3° da ESO e do profesor Xiao Somoza Un traballo que Ana Ledo explicou así: "En xaneiro de 2022, data na que Eusebio Lorenzo Baleirón cumpriría 60 anos, comezou unha apaixonante andaina por Dodro na procura de información sobre o noso poeta Máis alá do que nos ofrecía a Wikipedia e a rede, queriamos coñecer ao Eusebio veciño e ser humano E qué mellor maneira de facelo que acudindo ás fontes directas que partillaron con el tempo e vivencias: VÓS. O froito das nosas pescudas ficou plasmado na exposición "EUsebio", que inauguramos na cerimonia de entrega do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía Nesta exposición, presentada polo alumnado voluntario de 2°ESO (grupo do que partiu o proxecto) podemos comtemplar todos os materiais atopados e todos os traballos desenvolvidos polos diferentes cursos nas áreas de Plástica, Tecnoloxía, Informática e Lingua Galega e Literatura E agora EUsebio, xa é máis NÓS."
12 L LEETTRRAAS S V VIIVVAAS S
CLUB DE DEBATE
Igual ca o ano anterior, este ano decidimos participar no Club de Debate.
Moitos dos que fomos o ano pasado repetimos (Samuel Saborido, Martiño Rivo, Jorge Lozada,Antonio Lesende e Paula Vigo), e conseguimos meter novas caras de 4º da ESO coma Naiara Vidal, Nicolás Valdivieso,Alma Figueira e Xián Rial Tamén conseguimos que un alumno de 3º se nos unira:Anxo Tarrío.
Co equipo completo, xa estabamos listos para comezar a debatir Na primeira xornada tiñamos que debatir sobre o seguinte tema: "Somos menos sociais coas redes socias" Contamos a historia de Xoan Carlos e Tulio, dous bonecos que nos axudaron a facer un tremendísimo debate, xunto coa maravillosa conclusión de Jorge, que nos demostrou que o amor e os amigos non veñen da man das redes.
Axudámonos moitísimo entre nós, fixemos moi bos amigos e algúns ata ligaron! Definitivamente,
a primeira fase foi boísima, pero aínda quedaba a final.
Último tema: "a mocidade renuncia ao galego" Dous grupos, a favor e en contra Comémonos a cabeza e as unllas para poder facer os discursos. É un tema moi difícil. No noso centro, o 99% falamos galego, así que moitos podedes pensar que non, que tódolos mozos o falan O certo é que non As novas xeracións (sobre todo as que nacen en cidades) renuncian ao galego por moitísmos motivos Un deles é internet Seguro que moitos de vos tedes redes sociais, pero en castelán Pois isto mesmo fan moitos, quens se crean Instagram, YouTube e outras redes en castelán por que non pensan que o galego os vaia a levar a ningún lado.Ao final non gañamos (un roubo, un atraco), pero pasámolo xenial O CLUBE DE DEBATE É UNHAEXPERIENCIAQUE
CHE CAMBIAAVIDA Pódeno dicir tanto os integrantes que debatiron comaAna e Marga
13
L LEETTRRAAS S V VIIVVAAS S
Dentro do proxecto de centro deste curso "Interxerando" o alumnado de 3º ESO actuou como titor do de 1º ESO para axudarlles a facer as cúpulas de Leonardo da Vinci. O certo é que os máis pequenos da ESO colleron enseguida a rutina das cúpulas e o fixeron moi, moi ben! Estas cúpulas son una forma divertida e educativa de traballar sobre as estructuras ideadas por Leonardo da Vinci. Así, partindo de patróns xeométricos, pódense construir cupulas autoportantes que se sosteñen por si mesmas, é dicir, sen ningún tipo de unión entre os elementos cos que se forman. Desta forma, usando pezas de madeira cunha forma xeométrica definida, o alumnado pode construir cúpulas a partir do acoplamento tridimensional de elementos que van apoiados uns noutros Grazas a esta actividade, o alumnado conseguiu
traballar conceitos que teñen que ver coa xeometría, a tecnoloxía, a arte e a historia, sempre traballando de forma colaborativa a través do traballo en quipo
Por outra banda, algúns encontraron unha utilidade a maiores para estas cúpulas (espazo de reflexión para alumnos rebeldes)
14 M MAATTEES S V VIIVVAAS S
O alumnado de 1º e 2º de ESO construiu maquetas con material de refugallo que representan o pasado, presente e futuro de aparellos varios como lavalouzas e lavadoras, medios de transporte como coches e helicópteros, sistemas de calefacción e tendas de moda. Todas elas contan cun circuito de lámpadas (en primeiro da ESO só con mando por interruptor e en segundo un circuito con interruptor e o outro con conmutadores) e un mecanismo que fai funcionar un motor de corrente continua (no caso de segundo da ESO, conta tamén cun circuito inversor de xiro do motor) Os operadores mecánicos son poleas con correa e mecanismos de piñón cremalleira
En cuarto de ESO construíron unha maqueta a escala do Centro de Día do Concello de Dodro e ampliaron as instalacións engadindo un spa, un horto , un xardín, un espazo de relax, un taller de carpintería e un lugar para acomodar ás
mascotas, mostrando así o que sería un centro para maiores ideal A maqueta conta cun mecanismo de motor de corrente continua, que baixa e sube unha cadeira para dar accesibilidade ao spa, circuitos de luces, luces de cores relaxantes na zona "chill out", un circuito pneumático que simula a un operario cortando leña, e un pequeno circuito electrónico que pretende facer funcionar un cortacéspede de xeito automatizado.
Podedes ver todas as fotos das maquetas no QR:
T TEECCNNOOLLOOXXÍÍA A V VIIVVA A 15
ERASMUS ITALIA 2023
Este ano a saída de fin de curso estaba incluida no Proxecto Erasmus Imos contar como foi a experiencia: Día 1: O día 24 Este día aínda tivemos que vir a clase, e como non, de despedida un exame de Lamas. Collemos un bus dirección á Coruña que dende alí teríamos unha escala en Madrid, e logo para o aeroporto de Bolonia Íamos moi nerviosos xa que algúns nunca foran en avión Tamén infinitas horas de bus e de avión ata chegar a Italia Moitos de nos durmindo no bus, outros barullando Chegamos moi cansos xa que chegáramos a Bolonia case as 3 da mañá.
Día 2: O día 25. Madrugamos sobre as 7:30 para ir despertando, almorzamos forte para ter suficiente enerxía no corpo, e fomos visitar Bolonia Ao chegar alí poidemos escoitar a canción do Bella Ciao en directo xunto a unha manifestación sobre a Liberación. Logo, visitamos a Catedral de San Pedro, e fomos de tendas Case á noite, fomos cear unhas pizzas e regresamos ao hotel
Día 3: o día 26 pola mañá fomos, por fin, ao Instituto Leonardo Da Vinci de Iessi, estábamos un pouco nerviosos xa que non coñecíamos a ninguén. Algúns de nós tivemos que expor os nosos traballos que fixéramos por grupos, os que non, interactuaban connosco contándonnos un pouquiño como traballaban alí e nós aquí, quedamos abraiados cando nos dixeron que tiñan clase os sábados tamén, a verdade, que diferenza! Pola tarde fomos a Ancona, un sitio fermosisímo, visitamos a praia e algúns de nós (os máis valentes) bañáronse!
Día 4: O día 27, como non, tamén madrugamos para ir ao instituto de Iessi, xa nos íamos coñecendo algo e interactuabamos con eles Seguimos coas presentacións en inglés, e tamén nos acollían nas súas clases de ciencias, latín, español, arte… O que máis nos sorprendeu de eles foi o seu nivel en inglés e, sobre todo, en español. Que nivelazo!! Despois de comer de bocadillos, para ter máis tempo libre, dirixímonos ao hotel para poñernos en traxe de baño e ir a praia de Senigallia Fomos no onibus, e hai que dicir que o conductor foi o máis simpático que viramos xamais. Ao chegar alí, o tempo non nos acompañaba moito, pero ainda así, houbo quen se bañou!
16
Día 5: O día 28 os nosos compañeiros de Iessi leváronnos de ruta pola cidade, para así coñecela un pouquiño máis
Explícáronnos os sitios máis importantes, todos moi chulos!
Eles sobre as doce tiveron que regresar á clase, nos visitamos un pouquiño máis a zona antiga. Xa cansos, de volta collemos o tren Vía para ir cear e ao día seguinte volver a madrugar Comemos rápido para pola tarde coller rumbo a Florencia, dúas horas no bus, pffff, que agotamento.Cando chegamos deixamos as maletas e fomos dar a primeira visita á Piazza Santa Maria Novella da que tanto nos falara Lamas Tamén fomos a Piazza Santa Maria del Fiore, sacamos as nosas fotiños e déronnos tempo libre para descansar e poder comer algo.
Día 6: O día 29 dirixímonos andando ao centro de Florencia, os nosos pés non podían máis, pero Ana recordounos que hai que facer deporte Ao chegar alí, puxémonos en coro na Catedral de Santa María del Fiore e cantamos a canción de Azzurro, a que tanto nos poñía Lamas nos exámenes, nunca nos olvidaremos diso Logo de comprar recordos para as nosas familias e amigos que había polo arredor da catedral, fomos visitar o Palazzo Vecchio e, de seguido, o museo de Leonardo da Vinci. Alí poidemos ver e usar as máquinas e mecanismos que deseñaba da Vinci, e crear pequenas cúpulas como pasatempos Despois tivemos un pequeno tempo libre para ir de compras, e visitar sitios pola nosa
Día 7: O día 30 foi o noso último día en Italia, levantámonos tristes porque xa nos íamos, almorzamos forte e fomos dar a última visita ao centro de Florencia, tamén fomos á Ponte Vecchio, unha ponte que antigamente vivían nela, nos cruzámola vendo as preciosas vistas ao río Arno Xa nos apertaba a fame entón fomos comer porque ás dúas e media tíñamos que coller o bus cara ó aeroporto. Chegamos a Madrid sobre as nove e dez, apurados collemos o voo para Coruña Ás once e vinte chegamos por fin ás terras galegas, collemos o bus para que nos trouxera a Dodro E POR FIN
CHEGAMOOSSSS!! Queremos agradecer a Candela e a Ana por vir connosco nesta viaxe e aturarnos sen acabar colgadas na ponte Vecchio, tamén por ensinarnos sitios moi guais, e o máis importante, ANA RECORDA O NOSO DIXESTIVO!!!!
17
1º PRIMARIA
Alumnado:
Amaro Angueira
Rodríguez, Mario Couselo
Sumay, Nerea
Ferro Mourelos, Noa Lamas
Abuín, Oriana
Virginia López
Zavarce, Martiño
Ordóñez
Lorenzo, Sofía
Rey Sánchezz, Pablo Ríos
Ferreirós, Mariña
Rodríguez
Lestido, Lola
Rodríguez
Rodríguez
2º PRIMARIA
Alumnado: Martiño Calvo Refojo, Xoel Calvo Refojo, Xeila Coira Doval, Ainhoa Cordo Oliveria, Mía Fabeiro Ces, Sabina Fernández Bouzón, Daniela Ferreirós Bustelo, Mauro Garrido Soto, Pablo Lorenzo Franco, Marwan Makiyah, Daniel Manso Rodríguez, Alyson Prieto Rial, Vera Rial
Martínez, Daniela Silva Seco, Martiño Tarrío Rial, Ariadna Tourís Angueira
18 As nosas fotos de grupo
T Tiittoorraa: : R Raaqquueel l C Ceennddáán n
T Tiittoorraa: : C Crriissttiinna a T Teeiixxeeiirra a
3ºPRIMARIA
Alumnado:
Pablo Abuín
Rodríguez, Thiago
Franco Carou, Sara
Novoa Cascallar, Virginia Betsabe
López Zavarce, Nieves Novás
Rodríguez, Moraima
Ordóñez Lorenzo, Lía Rodríguez Casal, Nicolás Rodríguez
Figueira, Nerea
Romay Garrido, Daniela Sartal
Morales, Mateo Silva
Ares, Noa Silva Ares, Pablo Vicente
Coscia, Karim
Alejandro Williams
Cherany
T Tiittoorraa: : M Maarrtta a B Bllaanncco o
4ºPRIMARIA
Alumnado:
Anxo Collazo Rabuñal, Ainara Garrido Baleirón, Amir Hadra, Sarai Jamardo Vigo, Noa Miguéns Ferro, Elisa Muíños Ferro, Juan Otero Sóñora, Nieves Otero Sóñora, Hugo Piñeiro
Lampón, Rubén Rial De Frutos, Lara Rodríguez Patón, Catuxa Salgado Calvo, Aldara Seco García, Lucía Vicente Coscia
T Tiittoorraa: : M Maarrgga a C Coovvaas s
19 As nosas fotos de grupo
5º PRIMARIA
Alumnado:
Ariadna Ares Santiago, Claudia Cerqueiras
Couselo, Nerea Creo
Cerqueiras, Héctor Ferro
García, Juan Manuel
García Teixeira, Yerai
Gómez Maroñas, Noa
Lampón Romero, Bruno
Opólski Fernández, Mateo Reboredo
González, Adela Rial
Figueira, Xiana Ríos
García, Duarte Rivo
Bugallo, Dani Rodríguez
Gómez, Mario Rodríguez
Vigo, Estela Tourís
Abuín, Gael Varela
Cespón, Xián Vicente
Francisco, Pablo Vidal
García, Diego Vigo Abuín
T Tiittoorraa: : C Caannddeella a R Rooddrríígguueez z
6º PRIMARIA
Alumnado:
José ManuelAgrasar
Rodríguez, María Alonso
Iglesias, Daniel Baleirón
Torres, Jimena Baleirón
Torres, Xián Boga
Morales, Leo Brea
Mene, Xián Casal
Romero, Rosa del Pilar
García Teixeira, Carmen
Laíño González, Zaira
Leite Reboiras, Manuel
López Bustelo, Claudia
Lorenzo Franco, Noa
Martínez Vigo, Bruno
Rey Sánchez, Xaime
Rodríguez Patón, Daniel Rodríguez Pérez, Carolina Saborido
Rodríguez, Diego
Cousiño Somoza, Alba
Somoza Martínez, Isabella Sofía R Williams
As nosas fotos de grupo
20 T Ti
Cherany
ittoorr: : D Daanniieel l P Peenneellaas s
1ºESO A
Alumnado:
Ainara Ageitos
Calvo, Antón Ares
Tubio, Hugo
González Batalla, Nekane Chacarte
Dios, Sara Devesa
Dacosta, Sabela
Dios Vidal, Pepa
Fernández Romero, Malena Jamardo
Cristobo, Alejandro
Rodríguez Beade, Noa Rodríguez
Gómez, Xoana
Rodríguez Lestido, Antón Tourís
Angueira
1ºESO B
Alumnado:
Sara Boga Calvo, Hugo Collazo
Rabuñal, Lara
Muíños Pérez, Xulia Otero
Blanco, Elena
Pérez Refojo, Sabela Raposo
Fernández, Aldán
Recarey Castro, Anxo Rey Castro, Rubén Riveiro
Ares, Antía
Rodríguez Mariño, Joel Romero
Morono, Hugo
Roncero Socastro, Abel Varela
Romero
As
nosas fotos de grupo
T Tiittoorraa: : M Maarríía a JJoossé é M Moorrlláán n
21 T Tiittoorraa: : L Loolli i P Piiññeeiirro o
2ºESO
Alumnado: Sheila Agrasar
Rodríguez, Aroa Boga
Morales, Daniela Brea
Mene, Xavier Couselo
Sumay, María Valeria
Lozada Calderón, Lois
Pérez Calvo, Mateo
Pimentel Sóñora, Daniel Rey Torrado, Esperanza
Rial Rey, Uxía Ríos
García, Saleta Rivo
Bugallo, David Rodríguez
Rey, Rodrigo Romay
Garrido, Ana Romero
Cancela, Xairo Salgado
Calvo, Mateo Tourís
Abuín
T Tiittoorr: : X Xooáán n B Baauuttiisstta a M Maarriiñño o
3ºESO
Alumado:
Carlota Blanco Buela, Hugo Boullón García, Manuel Boullón Pérez, Alejandro Calvo Pérez, De Santiago de la Vega Alexandre, Antía Dopazo Oliveira, Carmela Figueroa
Freire, Amaro Franco
Conde, Samuel Iglesias Vidal, Martina Reboiras Sobrino, Carlota Rey Refojo, Saray Rial Novás, Yónatan Sóñora
Rodríguez, Anxo Tarrío Bugallo
22 As nosas fotos de grupo
T Tiittoorraa: : S Suussaanna a P Prreessaas s
Alumnado:
Sheila Ageitos Calvo, Melania Fernández Garrido, Naira Ferreirós Bustelo, Alma Figueira Souto, Zaira Jamardo Abuín, Antonio Lesende Fabeiro, Jorge Luis Lozada Calderón, Laura Mariño Bello, Martín Novás Rodríguez, Adrián Raposo Fernández, Adela Recarey Castro, Samuel Rey Torrado, Xian Rial figueira, Xian Rial Figueira, Iker Ríos Ferreirós, Martiño Rivo Bugallo, Samuel, Saborido Rodríguez, Nicolás Valdivieso Lavandeira, Mario Varela Romero, Naiara Vidal García, Paula Vigo Abuín
23 As nosas fotos de grupo
4ºESO
T Tiittoorraa: : M Maarrggaarriitta a G Goonnzzáálleez z
Este ano celebramos a semana das Letras Galegas conxuntamente cos Maios Así, o día 15 de maio elaborouse o Maio co convite a todas as familias e con xogos populares para todas as idades e o día 16 fixéronse as coplas dos Maios e diferentes actuacións musicais.
No día das Letras Galegas, este ano foi homenaxeado Francisco Fernández del Riego o impulsor da creación do Día das Letras, que desde o 17 de maio de 1963 levamos celebrando de xeito ininterrompido. D. Paco consideraba imprescindible este acto anual de encontro, homenaxe e divulgación da nosa cultura Hoxe, cando as últimas enquisas de uso do galego na infancia e xuventude resultan desalentadoras, cómpre herdarmos o seu optimismo e entusiasmo, e desde ese lugar tan valente e fermoso, seguirmos "interxerando".
As Letras no Eusebio deste 2023 foron inolvidables:
Construímos entre todo o alumnado "A Galaxia de Francisco", un camiño estrelado que fixo brillar a nosa cultura incluso nos tempos máis escuros; E construímos, tamén, o maio, interxerando con bo facer e ledicia, para poder cantar despois as coplas, cheas de retranca, ao seu arredor. Partillamos as fotos das dúas xornadas e mais un vídeo resumo que a súper profe Candela Rodríguez preparou neste código QR
24 SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O venres 19, no marco da celebración da Semana das Letras, o alumnado de 1° ESO desprazouse a para participar Lectura moi especial: o compartido cos anciáns e anciás arredor da obra "Memorias dun neno labrego" foron cheíños cheíñas de preguntas, que e mocidade dos maiores se parecera á do Balbino: traballo arreo, na terra e co gando; escola pouca, de vimbio, regra e cinto; misa, rosario, loito, a Compaña, a doutrina, o pecado e os catro infernos; broa, nin a proba do pantrigo, e papas de arroz como lambetada; canas de foguetes na festa, rebusque, peletre, estornela, bonecas de trapo con vestidos de retrincos das costureiras; zapatos só para os domingos, remendados e repintados; emigración; o medo na Guerra Aprenderon que un pai marchaba á guerra con 25 anos para non vivir máis, e que unha nai botaba adiante soa cinco fillos con papas de fariña e un chisco de leite Preguntaron se había libros nas casas e houbo a quen se lle atoldaron os ollos
recibíron nos cos brazos abertos e con grandes sorrisos. Disque lles levamos
alegría O que nós trouxemos é difícil de describir. Volveremos.
25
E
T Tíírraalllle e d da a lliinngguua a
Xa se está a converter en costume participar no certame para relatos orales curtos en galego "Tíralle da lingua" e este ano unha alumna de 2º ESO do noso centro, gañou o primeiro premio coa súa historia titulada "O trasno do río Vello"
Moitos parabéns Uxía
D Díía a d do o lliibbrro o
Este ano no noso centro polo día do libro realizouse unha iniciativa na que ao longo dunha semana o alumnado de diferentes cursos ía a outras clases a lerlles libros
na hora de leer E podía ser tanto unha persoa soa, coma en dúos, tríos ou grupos.
Este curso retomamos as campañas contra o maltrato animal Neste caso, dentro do proxecto de centro, tentamos sensibilizar na necesidade de que os maiores, nos centros de día e residencias poidan contar coa axuda e acompañamento inestimable dos animais de compañía.
O alumnado de 4º de ESO e os departamentos de Tecnoloxía , Matemáticas e Bioloxía realizaron carteis con lemas traballados polo alumnado en colaboración co departamento de Lingua Castelá.
No código QR atoparedes fotos da realización da campaña e tamén dos carteis cos lemas
26 L LIINNGGUUAAS S V VIIVVAAS S
A ANNIIMMAAIIS S D DE E C COOMMPPAAÑÑÍÍA A
TEST, QUE AUTOR GALEGO ERES?
1.- Atácache unha lesma xigante, que fas?
A Tentas falar con ela e convencela de que non che ataque
B Loitas contra ela para que non peligre ninguén máis
C Mátala con estilo para que non che moleste máis
D Nada máis vela corres a reventala a puños
E Tentas distraela para escapar correndo
2.- Suspendeches un exame, cómo reacionas?
A Fáloo cos meus pais e esfórzome para sacar boa nota no seguinte
B Aceptas que suspendeches de boa forma e miras onde faiaches para non repetilos
C Suspender? Eu nunca suspendo
D Cómo que suspendín? Vou ameazar ao profe!
E Invéntome unha boa excusa para conseguir que me faga unha recuperación e que non se enteren meus pais
3.- Que animal cres que che representa máis?
A O can, bonitiño e peludiño
B A águia, símbolo dos nobles ceos
C O león, o rei da sabana, que manda sobre todos
D O crocodilo, pura forza e voracidade
E O golfiño, xoguetón e enxeñoso
4.- Vas ir á túa primeira cita nun restaurante pero dache diarrea, que fas?
A Dígolle á miña cita que me atopo mal e que quedamos outro día
B Ante todo, dígolle o que me pasa e ofrézolle vir á miña casa en vez de ir ao restaurante, todo con tal de poder vela
C Que se espere, dígolle que non podo e xa
D Vou á cita aínda que me esté cagando enriba
E Dígolle que me atopo mal, pero que se quere, podemos ter a cita por videochamada e todo!
5.- Cal é a túa maior meta?
AAxudar a todos os que poida e ser doutor/a, veterinari@, mestr@...
B Conseguir facer cousas importantes e que me recorden polo meu duro traballo
C Chegar a ser presidente de Galicia e cambiar a bandeira por unha foto do meu cu
D Irlle pegando a todolos que vexa pola rúa
E Calqueira cousa que me faga crear: Escritor, Poeta, YouTuber, Ensaísta…
RESPOSTAS:
Se respondiches a maioría das veces “A”, eres Rosalía de Castro, unha persoa amable e sempre disposta a axudar.
Se respondiches a maioría das veces “B”, eres Castelao, unha persoa noble e comprometida coa súa causa
Se respondiches a maioría das veces “C”, eres Pedrayo, unha persoa moi crida, un pouco subidiño de máis.
Se respondiches a maioría das veces “D”, ERES RAMÓN CABANILLAS, E SEMPRE ANDAS A BERRAR E CUNHAAGHRESIVIDADE QUE NON TE COLLE DENTRO
Se respondiches a maioría das veces “E", eres Carlos Negro, unha persoa moi creativa capaz de facer calqueira cousa só coa súa imaxinación
PATIO DE RECREO
27
UN POUCO DE HUMOR GRÁFICO
28
PATIO DE RECREO
UN POUCO DE HUMOR GRÁFICO
29
PATIO DE RECREO
Entrevista a Leah
1 1QQuue e lliinngguuaas s ffaallaass? ?
I speak English, Spanish and a litlle bit of Galician
2 2 G Gúússttaacchhe e o o G Gaalleeggoo? ?
I do! I love it.
3 3 C Caannddo o c chheeggaacchheess, , ffooiicchhe e d diiffíícciil l e enntteennddeello o g gaalleeggoo? ?
At first it was difficult for me, but spendigng so much time here with everyone sepaking all the time I got used to understanding it, but at first it was difficult.
4 4 D Deesstta a e essccoollaa, , q quue e ffooi i o o q quue e m mááiis s tte e cchhaammoou u a a a atteenncciióón n e e p poor r q quuee? ?
I think the first thing that caught my attention was the size of the school. I went to a very big high school with 200 students, so being somewhere in such a beautiful location in the countryside and having a smaller comunity where everyone knew each other and everyone was part of the same community was really nice to see
5 5 S Saaíínnddoonnoos s u un n p poouucco o d do o ttoonno o d da a e ennttrreevviissttaa: : ccaal l é é a a ttúúa a p peellííccuulla a p prreeffeerriiddaa? ?
My favourite movie? Yes oh my god, that is so difficult I think it is "The Princess Diaries"
6 6 U Unnhha a g grraan n p peellííccuullaa. ÍÍnnddoonnoos s a a E EEEUUUU; ; q quue e o oppiinnaas s d de e q quue e a as s a arrmmaas s sseexxaan n lleeggaaiis s n neesstte e p paaííss? ?
I think that we should have more restrictions on guns and that they should not be allowed as much as they are I'm going into education in the US so that's something I'm always afraid of, that there might be a shooting at my school
7 7 A Aggoorra a íínnddoonnoos s a a ttii: : ccaannttoos s p paaííssees s vviissiittaacchhees s n na a ttúúa a vviiddaa? ?
I think I've visited 11. Guatemala, Costa Rica, Mexico, Canada, Spain, France, Sweden, Norway, Portugal, Italy and the UK
8 8 F Fiinnaallmmeennttee: : q quue e o oppiinnaas s ssoobbrre e D Dooddrroo? ?
I love it. I had a really amazing experience. I'm really sad to leave. I think it's a really beautiful community with really amazing traditions and cultures I will miss it very much
Como despedida, diríasnos unha frase en galego que te describa?
II tthhiinnk k tthhe e b beesst t p phhrraasse e tto o d deessccrriibbe e m me e iin n G Gaalliicciiaan n iiss: : ""AAbbeerrtta a a ao o m muunnddoo" " .
30
SAÍDAA MANZANEDA
Os días 5 , 6 e 7 de xuño o alumnado de 5⁰ e 6⁰ de primaria puido desfrutar dunha excursión á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda
Nun primeiro día,despois dunha intensa viaxe desde Dodro ao noso destino, participamos de actividades de diversa índole coma tiro con arco, orientación fotográfica e xogos compartidos durante a velada Tivemos ocasión de intercambiar conversas e xogos con alumnado doutras escolas e foi moi enriquecedor. Despois de coller folgos durante a noite , comezaba un novo día cunha nova actividade de orientación con balizas, un grande xogo por equipos, puxemos a proba a nosa vertixe nun percorrido de multiaventura e refrescámonos facendo uns largos na piscina. O día rematou con moito ritmo , cos nosos mellores pasos na sesión de discoteca
Amencemos con choiva na última xornada en Manzaneda. Despois do almorzo tivemos unha sesión de xogos relacionados coa supervivencia , man a man co noso grupo tivemos que artellar o xeito de saír de complexas situacións como estar encerrados nunha cova, saír con vida dun naufraxio ... Por último xogamos en grupo
no pavillón xa que a choiva non nos permitiu realizar a andaina que estaba planeada.
Chegaba a fin dunha viaxe divertida e enriquecedora na que afianzamos os lazos de amizade e medrou a nosa autonomía
Aquí tedes o QR con todas as fotos da saída organizadas por días. Esperamos que vos guste.
31
TEMPOS E FRASES DE DESPEDIDA
Aos alumnos de cuarto, despois de moito tempo neste centro, chegoulles o momento da despedida Marchan pero levan os bos e malos recordos de todo o vivido no centro Agora comezan unha nova etapa na que deciden o seu futuro. Sempre levarán este centro no seu corazón e por iso cada un deixou unha mensaxe do que sentiu. Tamén grazas aos profes que facían de todo para que aprovásemos e non nos rendísemos.
Nunca esquecerei os momentos vividos no CPI.
Da igual canto me apreten as apertas, nunca quentaran tanto coma as que dei aquí.
Unha das partes máis importantes da miña vida, botarei moito de menos o centro
Oxalá todos os centros foran coma o de Dodro.
Moitas grazas por todo, Dodro sempre estará no corazón Con amor para mis dchavales, e Martín
Houbo momentos tristes e difíciles, pero sobre todo divertidos.
Gracias por estos dez anos cheos de marabillas
Acordádevos de tirar da cisterna
Vou botar de menos os chistes malos de Xiao, tamén a Ana Ledo
A pesar de odialo ao principio acabarei botando de menos esto
Aquí formeime como persoa dou grazas a todos os que coñecín polo camiño
Ata o final vamos real Susana non tortures a xente coa xeometría plana
Vémonos o ano que ven en portas abertas Botaremos de menos a todos Nunca me sentirei tan ben coma aquí
Ata sempre Botarei de menos a Maneles
E MARGA, A TITORA, TAMÉN QUIXO DEIXAR A SÚA FRASE, TOMANDO COMO BASE UNS VERSOS DE LABORDETA:
Mientras vosotros vais, yo vengo, ilustrador fue cruzarse en el camino.
Revista dispoñible en formato dixital en:
RHLM