1 minute read

Saída a Avifauna

Next Article
2º de Primaria

2º de Primaria

O venres 10 de xuño o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de Primaria por fin, e despois de dous anos sen poder facelo, desfrutamos dunha saída de final de curso, todos xuntos. Nesta ocasión visitamos, no concello de Outeiro de Rei, o parque ornitolóxico Avifauna. Alí fixemos un lindo percorrido a través dun coidado xardín botánico no que puidemos observar a riqueza e variedade de aves dos cinco continentes cunha explicación máis que interesante por parte dos nosos acompañantes. Despois desta visita tiñamos que repoñer forzas comendo algo. Que mellor sitio para facelo que na área recreativa de Pena de Rodas. Neste singular lugar, aparece un conxunto de rochas que ten como pezas destacadas dous xigantescos bólos graníticos de similares dimensións e que parecen bambearse. Para uns, son un amoreamento de pedras sin máis interese, para outros é un conxunto megalítico de enorme valor, vinculado ao saber astronómico, incluso hai quenes aseguran que pode ser o primeiro calendario solar da Humanidade. Todo é misterioso nese lugar, pero do que si temos certeza é de que se trata dun lugar precioso en plena natureza no que puidemos desfrutar dun día ben bonito e inesquecibel.

Advertisement

This article is from: