Revista A Fraga nº 15

Page 34

Festas e celebracións populares. A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos. Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso. Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro. Agasallos e subvencións Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva. Almorzos Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Actividades deportivas A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental, lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre na localidade. A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través. Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.

34


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.