Issuu on Google+

XORNAL DO C.E.I.P. PLURILINGÜE A FRAGA Número 15 ano 2012


Limiar .......................................................................................... pax. 3 Mellora ....................................................................................... pax. 4 Adiviñas ...................................................................................... pax. 5 O globo e o neno....................................................................pax. 6 e 7 Visitaron o noso colexio .........................................................pax. 8 e 9 Proxectos da nosa aula....................................................... pax. 10 e 11 Estratexias para mellorar a comprensión lectora ............... pax. 12 e 13 Lume nas fragas ................................................................. pax. 14 e 15 O recanto de Audición e Linguaxe ...................................... pax. 16 e 17 Fotomatón ......................................................................... pax. 18 e 19 O noso invernadoiro .......................................................... pax. 20 e 21 Os nosos persoeiros ........................................................... pax. 22 e 23 Healthy Tips ....................................................................... pax. 24 e 25 Recuncho da poesía ........................................................... pax. 26 e 27 Letras Galegas 2012 ........................................................... pax. 28 e 29 Pasatempos ....................................................................... pax. 30 e 31 A Fraga en internet ................................................................... pax. 32 Que é a ANPA e que facemos ........................................... pax. 33 e 34 An interview with Maria ........................................................... pax. 35

Portada:

Judit Goti Hermida, 6º Educación Primaria

Contraportada:

Traballos realizados para a Axenda 21

2


Benqueridos lectores e lectoras: Un ano máis estamos con todos vós para, a través do noso xornal “A Fraga”, dar a coñecer unha pequena mostra do que día a día se fai no centro. Co tempo formará parte dos nosos recordos e lembranzas porque nel están recollidos diferentes momentos da vida escolar. Todos os membros do colexio colaboramos con toda a ilusión posible nesta nova edición nº 15 da nosa revista: alumnos, mestres e ANPA, á que lle damos as grazas pola súa colaboración e labor desinteresada; dende os maiores ata os máis pequenos; dende os que manexan mellor as novas tecnoloxías ata os que non as manexan tan ben, pero teñen outras habilidades..., todos aportamos algo. Despedimos o alumnado de 6º de educación primaria ao que lles desexamos unha boa andaina na súa nova etapa e damos a benvida aos alumnos de 4º de educación infantil que comezaron a súa etapa escolar no centro. E animamos tamén a pais, nais e educadores a que potencien o uso da lingua galega entre os nenos e nenas, xa que é unha das maiores riquezas culturales que podemos adquirir.

3


4


5


O GLOBO E O NENO

H

ABÍA UNHA

VEZ

UN

GLOBO QUE VOABA POLO CEO.

DE SÚPETO ESTOUPOU E CAEU NA AUGA.

NA AUGA HABÍA PEIXES, TIBURÓNS E SERPES QUE COMERON AO GLOBO E MORRERON.

6


A

NTÓN ESPERTOU E FOI CORRENDO A CONTARLLO

A SÚA NAI PERO ENTÓN VIU AO GLOBO NO CEO E QUIXO SALTAR MOI ALTO PARA

COLLELO.

NON PUIDO PERO SEGUIU CORRENDO

TRAS

EL

E

CAEU. CANDO ANTÓN SE LEVANTOU TIÑA SANGUE NOS BEIZOS E VOLTOU A SÚA CASA.

ALÍ A SÚA NAI CALMOU A ANTÓN CUN BICO.

C

OLORÍN,

COLORADO

ESTE

CONTO

ESTÁ

REMATADO. OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS

7


VISITARON O NOSO COLEXIO O 26 de abril visitaron o noso colexio os nenos/as de ASPANAES. Compartimos con eles unha película de debuxos, plantamos pementos e cantamos “la vaca lechera”. Pasámolo moi ben e agardamos que volten en vindeiras ocasións. Como agasallo deixaron unha canción escrita con debuxos que reproducimos a continuación.

8


OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

9


10


1潞 de Educaci贸n Primaria

11


Estratexias para mellorar a comprensión lectora A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, tanto en referencia ao significado das palabras que forman un texto, como con respecto á comprensión global do texto mesmo. Cada vez son máis os alumnos/as aos que lles resulta difícil sacar información do que len, interpretala e reflexionar sobre a mesma. A comprensión lectora mellora coa práctica. Tanto pais como educadores debemos ter presente que a lectura debe de ser un pracer, non unha obriga. Sería ideal fomentar o hábito da lectura dende pequenos na casa, con contos ou adiviñanzas, e animar aos nenos/as a ler eles sós, sen axuda, progresivamente.

Hai que escoller lecturas interesantes axeitadas á súa idade, intereses persoais e actitudes para facilitar que o feito de ler sexa sempre un pracer. O obxectivo é que amose cada vez maior interese e que se esforce en comprender o que le, por iso o contido deberá de estar acorde cos seus coñecementos, cun vocabulario axeitado e sen formas gramaticais ou construcións sintácticas que lle resulten frustrantes. Calquera momento é bo para motivar ao neno, como ler carteis mentres se pasea pola rúa ou pedirlle que nos conte que estivo lendo na clase ese día. Tamén pode ler tebeos, revistas ou artículos de periódicos acordes á súa idade, o que resultaría outra boa opción.

12


Actividades para mellorar a comprensión lectora tamén dende a casa. 

Propoñer situacións nas que sexa necesario ler unha receita de cociña, as instrucións dun xogo, o artículo dunha revista, o menú dun restaurante, un anuncio publicitario…

Buscar a palabra fantasma: seleccionar un texto no que se suprimen varias palabras fáciles de deducir polo contexto da historia. O neno debe adiviñar cales son esas palabras que faltan.

Plantexar un tema calquera e quen consiga máis información sobre el, gaña (utilizar revistas, dicionarios, enciclopedias)

Técnica da idea principal: amosamos ao neno/a a imaxe dunha acción concreta (por exemplo, fotos dunha revista, periódico) e se ofrecen diferentes textos que a describan. A continuación, deberá escoller aquel que mellor a explique.

Tamén pode realizarse sen necesidade de debuxo algún: despois de ler o fragmento dun texto, lle pedimos que explique o sentido principal e o tema do que acaba de ler. Outra boa idea é subliñar a que el/ela pense que pode ser a idea principal de cada parágrafo.

Resumir: se le un texto, o neno debe escribir unha ou dúas frases que o resuman. Ou ben, debe contar en poucas palabras de que trata a historia.

Despois da lectura, realizar un debuxo ou unha dramatización (pequena representación teatral) sobre o contido.

Escribir finais distintos para unha mesma historia.

Completar e ordenar frases, facer sopas de letras, responder preguntas relacionadas co texto...

Lectura simultánea: ler unha frase e, a continuación, enunciar outra co mesmo significado pero con palabras distintas, máis sinxelas. Así, aprende vocabulario e comprende máis facilmente o que acaba de ler.

Ler coidadosamente títulos, encabezados e pés de páxina, dado que aportan en poucas palabras moita información relevante que nos axuda a comprender mellor o texto. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

13


LUME NAS FRAGAS

As Fragas do Eume

Logo comezou a chover,

que bonitas son! ,

as cinzas ían cara o río.

plantáronlles lume

Daquela eran os peixes

no seu corazón.

os que corrían perigo.

Agora están tristes,

A natureza é moi fermosa

xa non teñen cor ,

e non a podemos estragar,

árbores e paxaros

porque senón os animaliños

todos cheos de dor.

non teñen onde se abrigar.

Os animais teñen medo

Tamén a nosa fraga

e as plantas tamén

está chea de vida,

o lume xa esta preto,

así que ten tino,

non se vai salvar ninguén!

amiguiño, cando vaias á fraga,

Moita xente axudou,

ten moito tino,

duros días de traballo,

que o lume,

bombeiros e hidroavións

a natureza consume.

cargando auga no lago.

14


NO PRIMEIRO TRIMESTRE FOMOS FACER UNHA PEQUENA VISITA Á TORRE DE HÉRCULES. INVESTIGAMOS UN POUCO SOBRE ESTE MONUMENTO CORUÑÉS.

15


O RECANTO DE AUDICIÓN E LINGUAXE DESCUBRE AS NOTICIAS VERDADEIRAS OU FALSAS DOS NOSOS REPORTEIROS:

brirase Pontes a s a d s é ñ ru chamancello co i grande o m l  No co ia c bras do o comer y”. As o it un centr C A D IÑALE n agosto zarán e do “MAR e m o c a súa edificio darán n enorme án. Axu r e v lexios o o c sm dos deste me os nenos s o d to ión construc s. te n o P also? das iro ou F ACUAVerdade PARQUE n u r se a r s podera inaugu das Ponte  Vaise te n e m x de a o con o TICO on í acuátic u sq e ti r c a itas a ractic facer mo bañar, p e o g s. la o m ga no os divirta tos de au e todos n u q a r a p vidades V ou F? ballan raga tra F a d le o c os seus mnos do nsinan a e e u q  Os alu o cousa grama n calquera nun pro lar ic c tae r d a llida e país idro,reco v l, e p a s, p (plástico ) diciñas… e m póns, V ou F?

No colexio da Fraga hai un club de lectura que dirixe unha teacher de Chicago (Estados Unidos). V ou F? Os xogadores Valeron e Rochela fixeron unha visita no 2010 ao Club Deportivo AS PONTES para coñecer aos nenos. Foi un mércores ás 8 da noite no cine Alovi. V ou F? No próximo mes de xaneiro do 2013 inagurase un circuito de Karts que está na saida das Pontes. Este vai ser un lugar moi famoso e para a inaguración vira Michel Teló ( o cantante de “Ay si eu chi pego”). Verdadeiro ou Falso?

 Os alumnos da Fraga foron este inverno a unha excursión a unha estación de esquí, onde estivemos 3 días a case –8 gº baixo cero (casi morremos de frío!), pero pasámolo moi ben!! V ou F? Unha mestra da Fraga contraeu unha enfermidade chamada “gripe extraterrestre” moi difícil de curar. Como secuelas ten a habilidade de suspender aos nenos e nenas que non se chamen Justin Biber. Verdadeiro ou Falso?

Corresponsais no Ceip A Fraga: ANDREA, BRAIS E SERGIO de 5º Primaria

16


O RECANTO DE AUDICIÓN E LINGUAXE Con esta bocaza... TOD@S TEMOS ALGO QUE DICIR...!”

trabas unciar te Si ao pron s, ra coas palab abalinguas tr n o c a c practi do, abalinguan porque tr o and trabalingu ! alinguando ab tr es d iraste

Os alumn@s de 5º e 6º de Infantil, Nerea e Pablo (1º), Carla e Laura (2º) e Lucía (3º).

17


18


19


Este curso temos unha novidade no noso colexio. O ConceIlo construíunos un invernadoiro na zona de campo do patio. É bastante grande e a nós pareceunos moi bonito, polo menos gústanos moito ir a el.

O primeiro que fixemos foi dividilo en catro partes e poñerlle un cartel a cada unha delas: unha para os/as de infantil e outras tres para cada un dos ciclos de primaria. Desta maneira todos temos un sitio reservado e sabemos onde podemos poñer as nosas plantas.

Os máis “madrugadores” en utilízalo foron os de infantil, que fixeron una plantación de amorodos e xa están as plantas bastante grandes. A ver se teñen sorte e as poden probar antes de rematar este curso.

Logo fómonos animando o resto dos cursos. Os de cuarto trouxemos das nosas casas sementes de moitos tipos e fómolas botando na terra.

20


A maioría naceron ben e medraron tanto que tivemos que transplantalas noutras macetas máis grandes, así que temos a esperanza de verlles os froitos axiña. Tamén cabe a posibilidade de que levemos aquelas que non collan no invernadoiro para as nosas casas e así darlles a oportunidade de seguir medrando.

No solo do invernadoiro tamén nacerá unha arboriña, que nos gustou moito e decidimos facernos cargo dela, puxémola nunha maceta e pretendemos plantala fóra, no patio, cando medre o suficiente.

Os coidados do invernadoiro é algo que nos resulta divertido; cada dous ou tres días imos regar as plantas e mirar se necesitan algunha outra cousa. Establecemos unha orde de encargados, de forma que cada día un de nós se encarga de levar a regadeira e as ferramentas necesarias.

Alumnado de 4º de Primaria

21


OS NOSOS PERSOEIROS D. ENRIQUE RIVERA ROUCO Coñecido como o Cura dos Chaos polo seu lugar de nacemento, D. Enrique Rivera (1938-2003) merece un lugar destacado na historia de As Pontes. Na súa vida cabería diferenciar dúas facetas: a pastoral, que desenvolveu na súa localidade natal e en diversas parroquias dos arredores, sendo as de Roupar e Aparral as derradeiras que rexentou; e a cultural, como estudoso da historia, etnografía e modos de vida das localidades polas que pasou.

O seu libro “Historia de Puentes de García Rodríguez” (1976) marca un punto de partida no coñecemento da historia da localidade polos seus habitantes, sendo obra de consulta imprescindible ata os nosos días. Un libro de formato sinxelo, que agora nos semella antigo tendo en conta a impresión en branco e negro das fotografías e o tipo de letra, pero que en 157 páxinas recolle os aspectos fundamentais do noso pobo desde os tempos máis remotos ata finais dos anos 70.

Desenvolveu un importante labor como Cronista oficial de As Pontes a partir dos anos 80. Os seus artigos sobre lugares ou personaxes destacados, a súa colaboración nos medios de comunicación locais e mesmo provinciais, así como as súas achegas a publicación especializadas en historia e etnografía fan del un referente imprescindible para coñecemento da contorna.

22


Despois do seu paso pastoral pola parroquia de Santa María de As Pontes, é destinado a Roupar, atendendo tamén Aparral. Alí é recibido con grande ledicia, porque xa era coñecido, apreciado e admirado desde facía tempo. A estancia de D. Enrique resultou fructífera en todos os campos: no eclesiástico, sendo recordado pola súa disposición e dilixencia en atender as necesidades e peticións da veciñanza; e no social e cultural, xa que acometeu con éxito a restauración do templo parroquial e tentou por todos os medios devolver ao campanario, estragado por un lóstrego, a súa forma orixinal, aínda que sen conseguilo.

Pero o aspecto polo que será sempre recordado D. Enrique Rivera é o seu

lado hu-

mano. Os que o coñeceron e trataron descríbeno como un home bo e servicial, amable, intelixente e campechano. Un monumento de pedra preto

do seu

admirado val do Chaos, fainos recordalo a cotío.

Pero a mellor homenaxe que lle podemos render a D. Enrique é seguir traballando cada día polo noso pobo, seguindo o seu exemplo.

Alumnado de 5º de Primaria

23


24


Primary 5th Grade 25


Para ler estes poemas, dificultades vas ter Deberás mirar do dereito e do revés. E nalgún caso, un espello has poñer.

Alba e Javi

Romina e Lucía Ramudo

Miriam e Aldara María e Paula

26


Antía, Mireia e Lucía Corral

Emilio e Joan Jessica e Adriana

Laura e Sabela

Sara e Xoel

Alumnado de 3º de Primaria

27


LETRAS GALEGAS 2012 A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituÍda no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna..

A primeira homenaxeada , no ano 1963, foi a mesma Rosalia de Castro seguindolle en anos posteriores Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas…

28


VALENTIN PAZ ANDRADE Valentin Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu o 19 de abril de 1987. Estudou Bacharelato dereito en Santiago.

en

Pontevedra

e

máis

tarde,

Distinguese dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa Galegos e madrileños. En 1924 é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. En 1942 empezou pesqueras.

a

dirixir

a

revista

Industrias

En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega. En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega. Destacou no campo xuridico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matriarcal, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do vento e Cen chaves de sombra. Alumnado de 6º E.P.

29


P SaTemPos a

Axúdalle a atopar o camiño ata o agasallo

SUDOKU

Localiza nesta sopa de letras o nome de seis animais que saen pola noite.

A M C E T R L B

M O R C E G O R

B T U C L D A T S B T C B O P I

C E Ñ T R HO U E A B S S A P R D C F O D B R A S E A L M O G HA B E N T E G A

30

N V O T B H C N


Busca as sete diferenzas

Une os nĂşmeros do 1 ao 25

Busca o intruso e arrodea

e colorea

31


“A Fraga” en Internet

Queremos anticiparvos que, en breve, imos poner en marcha un blog que sirva de punto de encontro entre nenos e nenas, familias, docentes, ANPA e comunidade educativa en xeral. Neste blog atoparedes, fundamentalmente, información relacionada co día a día do colexio, das actividades que se realizan, información de interese, recursos educativos, materiais diversos, novas do Consello Escolar ou da ANPA, así como os enlaces aos demais blogs do colexio e á páxina web oficial do centro, etc… Como data de posta en marcha temos previsto o día 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, que conmemoraremos con, ademais de diversas actividades didácticas, coa publicación neste blog dun Boletín Medioambiental, froito dos traballos realizados por todos os cursos do cole para o proxecto Axenda 21 Escolar de Galicia. A dirección web do blog é “http://ceipafraga.blogspot.com”. Entre tanto se tedes alguna suxestión, idea o información que consideredes interesante, facédenola chegar. Ata pronto!!

Equipo TIC

32


Que é a A.N.P.A. e que facemos A A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxectivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mesmo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e cultura galegas. A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas actividades que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar: Taller de plástica No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello". Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos pequen@s artistas. Obradoiro de Teatro Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepablo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas. Obradoiro inglés de conversa Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos, licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a diferentes horas dependendo da idade de os nen@s.

33


Festas e celebracións populares. A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos. Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso. Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro. Agasallos e subvencións Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva. Almorzos Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Actividades deportivas A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental, lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre na localidade. A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través. Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.

34


An interview with Maria Icía : Hi Maria! We would like to ask you some questions for the school Magazine? Maria: yes, of course.

Alex: Where are you from? Maria: I´m from Chicago.

Anxo: Where were you born? María: I was born in Manila and I grew up in Chicago.

Judit: What´s your job in Chicago? María: I´m an economist. Malena: Have you got pets? María: Yes, I have a Golden Retriever. His name is Osborne.

Leticia: Why did you come here? María: To improve my Spanish.

Judit: What´s your favourite colour? Oliver: Do you miss your family and friends?

María: Burgundy red.

María: Yes, especially Finn. Luis José: What´s your favourite food? Alex: Do you like A Fraga School?

María: Seafood.

María: Yes, of course. I love it. Malena: Do you like playing sports? Talía: Do you like As Pontes?

María: Yes, I like playing tennis.

María: Yes. Oliver: What´s the soccer team in Chicago? Icía: What do you like best in Spain?

María: Chicago Fire.

María: I like monasteries, churches and castles. Talía: do you like fashion? Leticia: Have you ever done The Camino de Santiago?

María: Yes, I like modern but conservative style.

María: Yes, two times. The first time from Roncesvalles to Santiago and the second time from Santiago to Finisterre. Thank you Maria! Anxo: Have you got brothers or sisters?

You are very nice with us.

María: Yes, I have only brothers.

We are going to miss you!

35


conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.

Unidas para un desenvolvemento sostible, que comprende e

traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións

Axenda 21. En realidade a Axenda 21 significa un plan de

aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a

Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992

A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e

Teléfono e fax: 981 45 14 04

E-mail: ceip.afraga@edu.xunta.es

Web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipafraga/

A Axenda 21 Escolar é o compromiso do CEIP A Fraga para

traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro

educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de

responsabilidade en mellorar o presente e o futuro de todos

Blog: http://ceipafraga.blogspot.com/

e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sostibilidade

global do planeta.

Avda da Habana s/n


Revista A Fraga nº 15