PARA 5º E 6º “Aleida, cidade sen alma” (Víctor boullón) Demo editorial Atopámonos na compostela do Século xii. Alí vive a súa aventura aleida, unha inqueda nena que vive co seu pai, o cal traballa nas obras de reforma da catedral. Aleida decide investigar unha morte producida no interior do recinto, aparentemente a causa dun lobo. Unha aventura chea de misterio e acción en formato cómic.
“a señorita bubble” (ledicia costas) Editorial xerais A xente da vila sentiu un odio repenTIno pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
O equipo de biblioteca do CEIP O Ramo, queremos dar as grazas pola vosa colaboración nas actividades que propuxemos e desexar á toda a comunidade educativa
FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO CHEÍÑO DE LECTURAS!
Bos Libros Para… boas Festas!
biblioramo@blogspot.com