HILDEGART. UNHA MULLER QUE EXCEDEU OS LÍMITES DA SÚA ÉPOCA

Antes de comezar a miña exposición quixera agradecerlles a súa invitación na presentación deste magnífico e interesante libro, e agardo que a miña charla sexa do seu agrado.
Tituleina deste xeito: HILDEGART.
UNHA MULLER QUE
EXCEDEU OS LÍMITES DA SÚA ÉPOCA
xa que podemos considerar que Hildegart Rodríguez rebordou de xeito substancioso os parámetros impostos ás mulleres da súa época polo orden patriarcal. Foi muller dunha superdotación probada pois chegou a conseguir uns impresionantes logros académicos e intelectuais a unha idade moi temperán, pero sobre todo porque foi proactiva xa que levou o seu pensamento á acción por medio da palabra, manifestando publicamente as súas ideas e postulados sobre a política, sobre o socialismo, sobre a cultura, sobre socioloxía e filosofía, sobre o laicismo e, por suposto, sobre a muller.
Introdución
O libro que se presenta sobre Hildegart desde a perspectiva da súa defensa e adhesión ás ideas socialistas é de sumo interese pois recolle reflexións de grande calado que nos fan ver a unha muller entregada e disposta ao cambio da sociedade e, non cabe dúbida, tamén o cambio para as mulleres.
Pero, Hildegart naceu, como dixen, nunha etapa que se lle quedaba moi pequena, moi limitada para as súas ideas e accións, que eran e foron prodixiosas. Ela rebordou totalmente ese espazo ao que estaba condenada a muller. A súa vida, curta, desde 1914 ata 1933 a sitúa nun momento complexo sobre o rol da muller, isto é, entre a que tiña que estar dobregada á súa condición de nai, filla e esposa e a que comezaba a sentir as ansiadas ás da liberdade.
Para min foi verdadeiramente unha rebelde pois tiña os condimentos de ir contracorrente: era feminista, era socialista, era super republicana e era anticlerical. Non se podía pedir máis.
Por iso estaba a anos luz do que era a vida das mulleres por aquel entón. Ela defendeu estes ideais como unha vangardista, rompendo os convencionalismos clasicistas. Considerou que estas loitas eran o “deber ser da muller”, pois o seu feminismo, entendido como
compenetración co home, supuña para ela liberar á muller; e o socialismo considerábao como algo que debía ser inherente á muller que busca o ben común, pois di: “Las mujeres socialistas, las jóvenes que iniciamos nuestra vida bajo la bandera roja de redención, no queremos nada para nosotras. Lo queremos para todos en común”. 1
Esa rebeldía ideolóxica tiña razón de ser en Hildegart pois pretendía cambiar o mundo xa que aprendera da súa nai Aurora que “A Humanidade non se redimirá mentres non se redima ás mulleres”.
Por iso, cando viu chegar a República ela decatouse das oportunidades que se lle ofrecían ás mulleres e declárase fervente defensora da República. Hildegart vai actuar de xeito práctico para a chegada desta nova era e vai consideralo un triunfo. Declárase Republicana e sabe que as mulleres adquirirán con ela outra categoría social, política e intelectual, e dicía “¡Mujeres! Para decir ¡Viva la República! Hace falta sentirnos ciudadanas. A luchar todas y cada una en el hogar y en la calle. Ahora, más que nuca, a trabajar por ella. Erijámonos nosotras en defensoras conscientes, con nuestra labor y nuestro programa fecunda en realizaciones, de la República naciente” 2
E, en efecto, á muller ábrenselle unhas portas que estiveron ao longo dos tempos pechadas. Hildegart amósase feliz polo advenemento dun novo réxime que, segundo ela, hai que cimentalo e proclama ás mulleres para que participen dos novos tempos dicindo: “Ahora más que nunca, mujeres entusiastas que habéis colaborado a la instauración de este régimen de libertad, es indispensable vuestro concurso. Nuestro papel es cada vez más importante. Empieza la labor de cimentación del régimen establecido”3 .
Cabe preguntarnos: Por que este entusiasmo de Hildegart pola República e polo protagonismo das mulleres?
1 REDONDO ABAL, Francisco Javier e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Eliseo. Hildegart na prensa socialista. Fundación Luís Tilve, 2022, A Coruña, p. 200.
2 REDONDO ABAL, Francisco Javier e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Eliseo. Hildegart na prensa socialista. Fundación Luís Tilve, 2022, A Coruña, p. 131.
3 Idem. 3
A resposta é evidente, porque ela, como muller feminista e socialista coñecía o desprezo que ao longo da historia se lle dera ás mulleres. Fagamos, polo tanto, un pouco de memoria para entender por que foi tan significativa e importante a República para ela e para todas as mulleres. Analicemos o punto de partida.
Breve perspectiva histórica sobre a muller
O orden natural patentaba a idea de que o lugar que debía ocupar a muller con respecto ao home era o de subordinación e sometemento por ser esta inferior a el en todos os niveis. Esta opinión a sustentaron os filósofos clásicos, sobre todo Aristóteles, cuxo recoñecemento pola muller era practicamente nulo. Tamén tería o seu aval teórico no propio texto bíblico que xogou un papel clave nas argumentacións en contra da emancipación e a liberación da muller4 .
Contra esta tradición houbo un interesante movemento que podemos considerar pseudofeminista ou protofeminista entre o século XIV e XVIII denominado “Querelle des Femmes”5 que defendeu a capacidade intelectual da muller e o seu dereito á política.
Pero non cabe dúbida que “orden natural” era o que imperaba e de aí que os filósofos do século XVIII se manifestaran totalmente en contra de considerar á muller incluso como ser intelixente, como foron Rousseau, Hegel ou Kant que axudaron a asentar as ideas da incapacidade intelectual da muller e da súa submisión e dependencia con respecto ao home. Estes ideais serán adoptados por outros pensadores como Proudhon, defensor do moralismo
4 Sobre a influenza da Biblia na concepción da muller e a interpretación diferencial desta por parte de grupos de mulleres. Vid.: PINTOS DE CEA-NAHARRO, Margarita, “Las mujeres, tejedoras de la palabra: la interpretación bíblica feminista”, Revista Arenal, vol. 5, nº. 1, enerojunio, 1998, pp. 5-21.
5 Debate literario e académico que tivo lugar ao longo de varios séculos, que abarca desde finais do século XIV, na Europa medieval, ata a Revolución Francesa do século XVIII, que xurdiu en defensa da capacidade intelectual, do dereito das mulleres ao acceso á universidade e da a política das mulleres contra a misoxinia. Afirmouse que esta capacidade non é unha cuestión de natureza senón de social, de posibilidade de acceso ao coñecemento. A queixa expresouse publicamente en tertulias e xerou numerosos escritos sobre o valor, a diferenza e as relacións entre ambos sexos. A primeira muller en intervir publicamente neste debate foi a escritora italiana residente en Francia Christine de Pizan (1364-1430), que en 1405 escribiu A cidade das damas. 4
tradicionalista, da familia patriarcal e un furioso antifeminista, que consideraba á muller un ser pasivo e menos intelixente que o home6


Caso omiso facían estes ideólogos dos defensores que xorden no XVII, na Ilustración e na Revolución Francesa que comezaban a considerar á muller como persoa pública e social e procuraban liberalas das ligaduras ás que estaban obrigadas dentro dos ríxidos moldes morais e misóxinos. Entre estes novos defensores están Poullain de la Barre que escribiu “A igualdade dos dous sexos”, ou Condorcet que foi o filósofo que solicitaba os dereitos políticos e de representatividade para as mulleres.
6 Vid.: DOMÍNGUEZ JUAN, María Milagros, Representación de la mujer en las revistas femeninas, Madrid, Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Ciencias Políticas y Sociología. Departamento de Teoría Sociológica, 1988pp XIII; LANGA LAORGA, Alicia, “Proudhon y su concepción tradicional del papel de la mujer” en Actas de las VII Jornadas de Investigación Interdisciplinaria: Mujeres y Hombres en la formación del pensamiento occidental, Volume II, Madrid, Universidad Autónoma de Madrid, 1989, pp. 247-256; SAN ROMAN GAGO, Sonsoles, “La justificación teórica de la maestra analfabeta en el pensamiento de Rousseau y Kant. Influencia en la política educativa posterior”, Revista de Educación, Nº 305, 1994, pp. 191-213; FLECHA GARCÍA, Consuelo, “Pensamiento oficial y conciencia femenina en la Universidad del siglo XIX”, en CALERO SECALL, Inés e FERNÁNDEZ DE LA TORRE MADUEÑO, Mª Dolores (eds.), El model femenino: ¿Una alternativa al modelo patriarcal?, Málaga, Estudios sobre la mujer, Universidad de Málaga, 1996, p. 37.
5



Apareceron mulleres actuando como vangarda da teoría liberadora como a temida por Napoleón Anne-Louise Germaine Necker (Madame de Staël) que escribiu “As miserias da condición feminina” onde arremete contra a misoxinia; Olimpia de Gougues quen en 1791 publica a Declaración de los derechos de la mujer y la ciudadana. Mary Wollstonecraft en 1792 vai publicar a Vindicación de los derechos de la mujer onde realizou unha sólida argumentación en defensa da igualdade entre os xéneros, a loita contra os prexuízos e a proclamación da cidadanía para a muller 7 7 COBO, Rosa, “La construcción social de la mujer en Mary Wollstonecraft”, en AMORÓS, Celia, Historia de la Teoría Feminista ... Op.cit. pp. 23-28.
No século XIX as transformacións socioeconómicas son cada vez maiores e os cambios comezan a operarse sucedéndose toda clase de reivindicacións. As revolucións burguesas de 1830 e 1848 abrían o camiño das liberdades e nese ambiente van cristalizar as que tamén aludían á muller. A partir de entón cobrou especial interese a organización ou asociación de mulleres que iniciaron o movemento feminista.
As primeiras feministas organizadas xurdiron en América coas primeiras sufraxistas que reclaman o voto para a muller; tamén en Gran Bretaña, país no que dito movemento orientou as súas reivindicacións contra a lexislación que ordenaba o sometemento da muller ao home. Estas atoparon un aliado eficaz e pertinente como John Stuart Mill, deputado no Parlamento inglés dende 1865 ao 1868, que publicou o libro La sujeción de la mujer. O obxectivo principal deste libro era loitar contra a inxustiza de considerar un sexo inferior ao outro, o que supuña un obstáculo para o progreso da humanidade8 .
Nos inicios do século XX produciranse as maiores transformacións dentro do feminismo, na maioría dos casos radicalizándose e cargándose de mensaxes máis morais e elitistas. Mulleres dentro do socialismo e comunismo van reclamar a igualdade, como Rosa de Luxemburgo, defensora do socialismo de clase e do feminismo, e Inessa Armand que no Congreso de Mujeres Obreras y Campesinas de 1918 pronunciou un sorprendente discurso sobre a liberación feminina das tarefas del hogar e que non habería socialismo se non se tiña en conta á liberación da muller. Probablemente ambas as dúas foron referente para Hildegart, de feito, neste libro hai un artigo lembrando a Rosa de Luxemburgo poñéndoa de exemplo para que as mulleres adquiriran conciencia de clase.
Pero as esixencias requiridas por este movemento non eran fáciles de conseguir porque as ideas de sometemento tiñan raíces moi
8 MIGUEL ALVAREZ, Ana de, “Deconstruyendo la ideología patriarcal: Un análisis de ‘la sujección de la mujer’”, en AMORÓS, Celia, Historia de la Teoría Feminista... Op.cit., pp. 5168; MIYARES, Alicia, “Sufragismo”, en AMORÓS, Celia, Historia de la Teoría Feminista... Op.cit., pp. 75-76.
7
fondas difíciles de extirpar. Por iso verase por un tempo prolongado a pugna das ideas tradicionais coas ideas de loita feminista e reivindicativa.
España. Entre a permanencia e o cambio
Estas transformacións que se producían en Europa terían un eco tardío en España tanto por circunstancias políticas como económicas, tamén pola enorme influencia da Igrexa, remisa a todo cambio do orden social establecido, que propugnaba unha muller dócil considerándoa un instrumento de gran valía para estender os seus axiomas.
Interesantes intelectuais son conscientes da consecución da dignidade en cada individuo concedendo importancia ao papel da muller na sociedade como Giner de los Ríos, o fundador da Institución Libre de Enseñanza e Os krausistas.
Pero a clase política da Restauración non amosou grande interese polos dereitos das mulleres pois no Código Civil de 1889 indicábase que a muller debía estar subordinada ao home ou marido (que actuaría como titor, protector, administrador, etc.)9


Nestas circunstancias, en España os postulados sobre o feminismo foron limitados e os que se produciron enfocáronse dende diversas ópticas: o católico, que pretendía manter a orde social establecida dende tempos pretéritos porque era a que mellor se encadraba dentro dos seus postulados; o filantrópico e paternalista, que procedía daqueles grupos sociais máis acomodados cunha
9 FOLGUERA CRESPO, Pilar, “Introducción. Las mujeres en la España Contemporánea” e “Revolución y Restauración. La emergencia de los primeros ideales emancipadores (18681931)”en GARRIDO, Elisa (ed.), Historia de las Mujeres en España, Madrid, Ed. Síntesis, 1997, pp. 417-418e 454.
intención de limar asperezas á cuestión da explotación feminina; e o socialista, ligado á estrutura socioeconómica do momento e que vía a ilustración da muller como un medio de emancipación. Neste último é no que cabalga Hildegrant pois o socialismo supón para ela a redención e liberación da muller xa que di: “ La mujer está como en las edades prehistóricas. Sólo su forma ha evolucionado. Su fondo, su espíritu permanece pétreo e inxepugnable, y aún más que el hombre nos debe interesar a todos la liberación de la mujer, porque es ella la madre, la que forma el espíritu de los hijos, la que caldea el hogar, la formadora de las generaciones nuevas… ¡Mujeres españolas: arrancaos esos prejuicios, libraos del “que dirán”….Por la redención de la mujer”.10
Reivindicacións feministas sucesivas traduciranse por medio de asociacións, organismos diversos e sindicatos. En España, o feito de que as mulleres se organizaran colectivamente para esixir os seus dereitos políticos será un fenómeno tardío en relación ao resto dos países europeos e estará cheo de obstáculos. Hildegart tamén o dixo: “Hay otros prejuicios que se oponen íntimamente a la formación de las Agrupaciones Socialistas Femeninas, y en los que es la mujer burguesa la que constituye un obstáculo insuperable”11 . Tamén dixo: “Las mujeres socialistas españolas hemos de dedicar un emocionado recuerdo a Rosa de Luxemburgo, la mártir por sus ideas socialistas. Y el mejor homenaje que podemos ofrendar a su memoria es el de organizarnos con plena conciencia de clase, poniendo nuestro nombre de socialistas como una bandera revolucionaria”.12
Será entorno a 1920 cando se pode falar de sindicación feminina. Comezan a pronunciarse, por parte de personaxes relevantes, conferencias que incidían na condición de igualdade de sexos. Poden destacarse as disertacións sobre o feminismo pronunciadas por María Valero de Mazas baixo o título “Charla sobre el encauzamiento del Feminismo español” pronunciada no Ateneo de Madrid o 12 de maio de 1919 e “Charla Jurídico-social (Por las
10 REDONDO ABAL, Francisco Javier e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Eliseo. Hildegart na prensa socialista…Op.cit. p. 42.
11 Idem. 41-42.
12 Idem, p. 219.
mujeres para los hombres)” celebrada no Ateneo de Madrid o 2 de marzo de 192013


A Condesa de San Luís tamén defendía que a muller debía bastarse por si mesma e emanciparse e o home tiña que acatar esta situación. Para esta pensadora existía unha correlación entre 13 Vid.:VALERO DE MAZAS, María, Pequeñas y serias cuestiones sociales, Granada, Editorial Urania, 192?.
analfabetismo e feminismo indicando que os países máis analfabetos eran os máis antifeministas14
Por suposto destacar a creación en 1918 da Asociación Nacional de Mulleres ou Consello Supremo Feminista Español que estaba dirixido a mellorar a condición política e xurídica da muller. Foi presidenta da mesma e fundadora María Espinosa. E logo Hildegart tamén escribiu sobre a muller animándoa a ser activa e propulsora dos cambios.

Galicia. “Nun apartado recanto da poética rexión galaica”


14 CONDESA DE SAN LUÍS, Educación Feminista, Madrid, Publicaciones de la Real Academia de Jurisprudencia y legislación, Ediciones Reus, 1922, p. 13-14.
En Galicia as manifestacións en col das razóns do feminismo tamén eran de carácter particular. Sen esquecer a Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal que son dignas representantes e defensoras da muller, e Hildegart fala encomiablemente das dúas, vai haber proclamas como a do avogado Portal Fradejas quen reivindicaba o dereito das mulleres a ser consideradas cidadás. Tamén Sofía Casanova de Culleredo, colaboradora asidua do periódico ABC polos anos vinte é considerada unha escritora feminista; Delfina Mediero Miguélez que dende postulados católicos defendía os dereitos e deberes civís e políticos da muller15. E, xa que logo, temos que incluír dentro da nosa Terra as achegas feministas da nosa protagonista de hoxe, Hildegart, e considerar que tiveron grande transcendencia.



15 Vid.: RODRÍGUEZ GALDO, Mª Xosé (coord.), Textos para a Historia das mulleres en Galicia, Santiago, Consello da Cultura Galega, 1999, pp. 541-548.
Ourense ao marxe das reivindicacións
Que acontece no noso Ourense? Ourense terá a súa particular forma e ritmo en ir adoptando os cambios. En principio, a sociedade ourensá non era menos á hora de considerar á muller como persoa subordinada ao home. Como provincia eminentemente agrícola, de interior, e cun gran peso da tradición, contaba con menos posibilidades para abrirse paso a novas ideas conformando así un inmobilismo social que a caracterizará en toda esta época.
A muller, polo tanto, tiña que estar repregada ao home e tamén relegada ao fogar (espazo privado). A muller debería asumir os roles de ser submisa e nai perfecta polo que calquera ocupación extradoméstica poría en perigo a esencia da familia.
En Ourense, a falta dun movemento feminista como tal debido a que os intereses das clases sociais da época non canalizaban as súas miras cara a emancipación da muller, habería, máis ben, iniciativas individuais, feitos puntuais, mulleres intelectuais cuxos actos podían traducirse en elevacións da súa voz contra o sometemento.

O ourensán e ilustrado Padre Feijoo foi, sen dúbida, o primeiro de todo o Estado que escribiu un texto en 1796 en defensa das mulleres e que arrinca así:
En grave empeño me pongo. No es ya sólo un vulgo ignorante con quien entro en la contienda: defender a todas las mujeres, viene a ser lo mismo que ofender a casi todos los hombres: pues raro hay que no se interese en la precedencia de su sexo con desestimación del otro. A tanto se ha extendido la opinión común en vilipendio de las mujeres, que apenas admite en ellas cosa buena. En lo moral las llena de defectos, y en lo físico de imperfecciones. Pero donde más fuerza hace, es en la limitación de sus entendimientos. Por esta razón, después de defenderlas con alguna brevedad sobre
otros capítulos, discurriré más largamente sobre su aptitud para todo género [326] de ciencias, y conocimientos sublimes.



Nos inicios de século XX podemos destacar a Corona González
Estévez que vía na educación da muller a forza principal para a súa emancipación. E desde un punto de vista máis conservador estaría Blanca Calvo que manifestaba que a muller podía valerse por si mesma, agora ben, sen perder a senda do seu cometido principal. Filomena Dato que no seu poema Defensa das Mulleres fai un chamamento á liberdade e rotura das ligaduras.
Pero a transmisión dos estereotipos da muller como subordinada ao home perduraba na sociedade ourensá, de carácter marcadamente conservadora, na que nin os seus teóricos rexeneradores apostaban aínda por darlle á muller a consideración social que lle correspondía.
En contra do feminismo escribiuse moito na prensa local ourensá. Eran artigos que arremetían con vehemencia contra a muller que buscaba a emancipación e que pretendía acadar as cotas sociais como os homes e dicían cousas como:
“ La filosofía socialista típica quiere constreñir a todas las personas por igual, sin tener para nada en cuenta el sexo; y en igual error cae el feminismo moderno que exige a cada mujer total independencia económica, al paso que niega al hombre la calidad de cabeza de familia...Ambos sistemas repugnan al catolicismo...”16
Pero as ideas non teñen freo e o que si podemos destacar en Ourense é o feito de que moitas mulleres foron facendo a súa revolución introducíndose en espazos que non estaban deseñados nin pensados para elas como eran os estudos superiores. Esta incursión silenciosa demostra ese desexo de cambio.
E feito este repaso, non é de estrañar que a República se tornase esperanza para as nosas mulleres.
Seguramente que Hildegart tería moito que dicir e facer se a súa vida non se vise truncada polo infortunio dunha nai que ciumenta vía que se lle escorrentaba das súas mans esa filla que ela tanto quixo modelar. Pero outras seguirían os seus pasos sabendo que si se pode ser igual ao home.
E aquí remato a miña achega persoal neste encontro tan especial sobre unha muller especial. E non se esquezan do que dicía Hildegart: “Cuando a la mujer no sólo no la aterrorice el pensar, sino que sienta que para ella es una necesidad el pensar….la mujer será entonces eminentemente revolucionaria”17 Espero que fose do seu agrado e moitas grazas por escoitarme.
16 SOTO Y PEÑA, “La mujer obrera”, La Zarpa, 13-11-1930, p.1.
17 REDONDO ABAL, Francisco Javier e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Eliseo. Hildegart na prensa socialista…Op.cit. 162.