O HOME QUE TOCABA A FRAUTA CELESTIAL

Page 1

HOME QUE TOCA A FRAUTA CELESTIAL Hai moitísimos anos, ó pé das montañas Cinco Dedos, habitaba un pescador que tocaba moi ben a frauta.Tocaba tan ben que, ó escoitalo, os paxaros detíñanse en pleno voo,os campesiños que labraban a terra deixaban as súas aixadas, os anciáns rexuvenecían o seu rostro e os nenos saltaban de ledicia. Dicíase que só alguén que descendeu do ceo podería tocar así. Por iso a xente chamábao “home que tocaba a frauta celestial”.

Nunha ocasión, o home que tocaba a frauta celestial andou dez días e dez noites para pescar nunha praia. Precisamente nesa praia, o mesmo día que chegou o pescador, o rei dragón do Mar do Sur celebraba un banquete con oito mil invitados. Vestidos con roupas exóticas, os invitados divertíanse ó redor do dragón, que ía vestido cun cinturón de xade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O HOME QUE TOCABA A FRAUTA CELESTIAL by Pilar baston - Issuu