Anuarioagapiweb2

Page 90

Abril •••••••••••••••• Maio Maio industrias culturais galegas, prevé para este 2013 unha feira máis pequena. Así o explica o presidente desta asociación, Xulio Amigo, quen asegura que a feira será no mesmo lugar, as mesmas datas e a Xuño mesma vocación, pero terá que ter un tamaño menor. Segundo Amigo, a asociación agarda un recorte na Xuño partida que Cultura destinará á feira e que é fundamental para a mesma. Ademais, explican que hai un retraso na planificación e a estas alturas non se sabe cal será a cantidade que a Xunta dedique a apoiar esta actividade. Xullo Desde a Secretaría Xeral de Cultura, aseguran que non hai tal retraso e que esta mesma semana se trasladará a Culturgal o importe da financiación económica con que pode contar a feira. Desde Cultura Xullo admiten que haberá un recorte sobre os 170.000 euros cos que contou o certame por parte de Agadic, Cultura e Política Lingüística. Pero Cultura non aclara cal será a redución ou cantos cartos se destinarán. Xulio Amigo cre que é necesaria unha redefinición da feira para axeitala ás posibilidades, aínda que Agosto advirte que non está en perigo de desaparición. Sinala que Culturgal volverá a ter a súa sede en Pontevedra, e terá lugar o último fin de semana de novembro con tres días de duración. Sobre o tamaño e asAgosto actividades, aceptando que terán que ser menos, Amigo declarou que será necesario esperar a coñecer o orzamento definitivo para saber que podemos facer. Setembro Setembro u Cans celebrou os seus dez anos con récord de público: Tocamos teito, agora toca

90 - Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego

diversificar

U

ns días antes de comezar o Festival de Cans o seu director, Alfonso Pato, afirmaba que concibían esta edición como unha oportunidade para repensar o Festival. Como o peche dunha primeira etapa e como o momento no que debemos pensar como debe ser a seguinte. E cremos que nalgúns aspectos debemos ampliar o foco. Falaba dun maior contacto co Brasil e con toda a produción da lusofonía e tamén do obxectivo de que todo isto deixe pouso na aldea, traballando en cuestións coma a sostibilidade e a integración coa natureza e en darlle unha estrutura máis sólida ao propio festival. Pois a edición 2013 de Cans rematou. E fíxoo como se esperaba: como unha gran festa e como un gran encontro cos amigos e as persoas que nesta primeira década do festival pasaron que aquí. E cun récord de asistencia: máis de 12 mil persoas pasaron pola aldea entre o xoves e o sábado, e a metade delas xuntáronse no sábado 25, o día grande, que superou todas as espectativas. E os responsables do festival miran cara ao futuro: Tocamos teito, agora toca diversificar. Afirman que Cans está no seu tope de afluencia de público, polo que o seu obxectivo para vindeiras edicións será seguir diversificando os contidos con novas propostas e mantendo a súa maneira de programar alternativa, diferente e orixinal. Tamén fan fincapé no traballo educativo que garante o futuro e o relevo xeracional. Nesta edición 500 rapaces e rapazas dos centros de ensino da comarca e arredores pasaron pola sección Cans do futuro. Así mesmo, manteranse os proxectos Can Campus e Cans Proxecta, en colaboración coas universidades. Outro dos elementos claves para a organización é que os veciños e veciñas teñen cada vez un papel máis destacado no festival. A edición 2013 pechouse tamén cun éxito a nivel artístíco pois unha nova xeración de creadores e creadoras copou o palmarés: Roi Fernández, Alberto Vázquez, Belén Sousa, Nani Matos, Soledad Rebollo, Pedro Díaz, María Pérez e Hugo Amoedo. O palmarés desta décima edición supuxo o descubrimento dunha xeración emerxente de cineastas galegos, que marcharon fóra para formarse e na procura das oportunidades que non atopaban aquí, e que están triunfando cos seus primeiros proxectos, destacan dende a organización, que salienta que quedou confirmado o papel do Festival de Cans como a gran festa popular do cine, e o mellor escaparate para o audiovisual galego e o lanzamento dos novos creadores e creadoras do país.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.