Anuarioagapiweb2

Page 174

Xaneiro Outubro •••••••••••••••• Xaneiro Outubro Febreiro Novembro u A produtora Portocabo comeza a produción de ‘Luci’, a nova serie para a TVG Novembro Febreiro Decembro Marzo Decembro Marzo Abril Abril Maio Maio Xuño Xuño Xullo Xullo Agosto Agosto Fotograma da serie Luci Setembro sta semana comeza na Coruña a produción de Luci, a nova serie que Portocabo prepara para TVG. Setembro

174 - Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego

E

Tras a boa acollida do capítulo piloto de Luci emitido hai uns meses, a canle galega encargou a produción de 13 episodios de media hora desta comedia protagonizada pola actriz Nuncy Valcárcel. O piloto de Luci estreouse en TVG o pasado mes de febreiro en horario de prime time nunha noite moi competitiva. A serie obtivo moi bos resultados de audiencia: 12,4% de cuota de pantalla, situándose como segunda opción da súa franxa en Galicia. Luci está dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Nuncy Valcárcel e retrata o día a día dunha muller dedicada ao mantemento de parques e xardíns. A separación matrimonial, o irregular rendemento académico do seu fillo, a adaptación a un novo xefe… son algunhas das experiencias que Luci afronta con humor. A serie, rodada integramente en escenarios naturais, outorga un gran protagonismo á cidade da Coruña. Con esta serie, TVG volve a ser punta de lanza da ficción apostando por un estilo de produción innovador que conxuga frescura e calidade. Luci é unha comedia realista cunha posta en escena que evita a necesidade de decorados e dun aparello de rodaxe complicado, cun protagonismo especial da cidade na que Luci vive e traballa. Iso facilita que as localizacións respiren proximidade, do mesmo xeito que as historias, os diálogos e os personaxes. Con este proxecto, Portocabo aposta polo xénero da single camera sitcom, cun estilo de produción de calidade e un axustado orzamento. Unha forma de producir que podería ter cabida en canles nacionais que queren apostar pola ficción e buscan historias cotiás, cunha factura coidada, moderna e orzamentos acordes coa actual situación do sector. Luci é unha muller normal. Ten trinta e sete anos, un posto de traballo nunha das brigadas de mantemento de parques e xardíns da cidade, un piso coa hipoteca a medio pagar, un fillo, un ex marido e unha irmá coa que fala por teléfono todas as noites. Luci é loitadora e botada para diante. Ten a capacidade de plantar cara ás dificultades da vida e de sacar o positivo das malas experiencias: a separación matrimonial, o irregular rendemento académico do fillo, a adaptación a un xefe novo no traballo, cómo ligar desde que perdiches o costume… É boa xente, alegre, amiga dos seus amigos... pero mellor non lle tires do xenio. Logo se lle pasa, e sabe aceptar con humor que, se cadra, se trabucou, ou se pasou. Sabe que nin a vida nin ela son perfectas. E menos mal, porque de selo, o mundo sería un lugar moi aburrido.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.