Skip to main content

Anuarioagapiweb2

Page 138

138 - Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego

PALMARÉS

Xullo •••••••••••••••• Agosto Agosto Setembro Setembro

u O vigués recibiu o premio polo seu primeiro documental, ‘Costa da Morte’

O

cineasta galego Lois Patiño recibiu o premio ó mellor director emerxente polo seu documental Costa de Morte, producido por Zeitun Films, da man de profesionais do mundo do cine e a cultura en xeral. Este galardón, dotado con 20.000 francos suizos (uns 16.000 euros), recoñece a primeira experiencia de Patiño na longametraxe e no documental, recollida na sección do festival denominada cineastas do Fotograma do filme Costa da Morte presente. Costa da Morte introduce ó espectador na zona de Fisterra a través da paisaxe e do relato dos seus habitantes. Trátase dunha obra moi coidada no pictórico, ó igual que as diferentes obras do vigués presentadas en centros de arte de toda Europa, desde París a Santiago. O cineasta explicou que se trata dun documental experimental onde só hai planos paisaxísticos abertos. A través do relato dos seus habitantes e de sons como a respiración, as redes arrastrándose..., a cinta vai percorrendo a zona e retratando a paisaxe, o traballo cotidiano de mariscadores, pescadores, leñadores... e tamén o imaxinario colectivo da zona. Con una duración de 83 minutos y producida por Zeitun Films con el apoyo de Agadic, Costa da Morte refllicte a relación profesional e íntima que manteñen os habitantes desta zona con un entorno natural inmenso, impredecible e as veces tráxico. Así, o vento, a pedra e o mar son tratados como personaxes e a través deles, o espectador aproxímase ó misterio da paisaxe entendida como unha unidade dentro do home, a historia e a lenda.

ESTREA u Estrea en cines de ‘A cicatriz Blanca’

O

vindeiro venres 30 de agosto estrease nos Multicines Norte de Vigo o filme A Cicatriz Branca. Co gallo da estrea, a directora e guionista do filme, a cineasta galega Margarita Ledo, fará unha pequena presentación antes da proxección das 20.30 horas.

Cartaz do filme A cicatriz blanca


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Anuarioagapiweb2 by prensagapi - Issuu