Anuario de Información do Sector Audiovisual 2019

Page 1



Edita: Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) Coordinación contidos: Uxía Caride Deseño: Iria Prol Maquetación: Jaime Asensi Axustes maquetación: David Martín Colabora: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia. Imprime: Tórculo Artes Gráficas S. A.




M

áis alá da mudanza imposta polas sobrevidas circunstancias da covid-19 que estamos a padecer, e que por forza gravitarán sobre a acción e a produción audiovisual presente e inmediata, o sector galego, en boa parte representado nas empresas e profesionais agrupados na Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), sempre terá ao seu carón á Xunta de Galicia a través das numerosas accións que se están a promover desde a Consellería de Cultura e Turismo, en particular executadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), conxuntamente coas mulleres e os homes que traballan polo que consideramos un valor cultural de primeira orde, ao tempo que económico: crear imaxes que reflicten a nosa identidade de país nun contexto global. Nesa tarefa son pezas fundamentais a acción de emprender, a mellora e o crecemento empresarial, a innovación e, sen dúbida, unha aposta prioritaria polo talento. En anos anteriores o audiovisual galego foi quen de acadar unha continuada presenza nos mercados internacionais, nalgún caso recompensada con galardóns que confirman a solidez das propostas dos nosos creadores. A ficción cinematográfica atópase ben encarreirada desde a pluralidade e a diversidade. En especial, no tempo presente está a acadar un forte pulo a ficción seriada televisiva polo volume de produción, a variedade das propostas, as alianzas tecidas polas empresas galegas coas súas homónimas do exterior e a relevancia das plataformas implicadas na súa difusión, tales como Neflix, Amazon e Movistar, entre outras. Por todo iso, hai motivos suficientes para manternos optimistas malia a ameaza de saúde pública á que antes faciamos referencia. Así e todo, o confinamento social provocado por esa penosa circunstancia, tivo como consecuencia un crecemento notable do consumo de produtos audiovisuais, en particular formatos seriados pero tamén filmes, e aí o sector galego, e todos cantos o conforman, tiveron a súa oportunidade. Como país entramos agora nun novo tempo para o sector, seguindo o vento de cola que sen dúbida traerá o novo Xacobeo. Unha ocasión histórica para que Galicia fulxa con luz propia, e para iso vai ser necesario contar co imaxinario tecido desde o audiovisual, con profesionais capaces e dotados para competir nun mundo no que temos cabida por merecemento propio. Un merecemento do que é parte esencial o colectivo AGAPI, ao que, un ano máis, felicitamos polo seu intenso e excepcional labor. Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura e Turismo



ÍNDICE

XANEIRO 09 FEBREIRO 19 MARZO 47 ABRIL 77 MAIO 97 XUÑO 115 XULLO 135 AGOSTO 153 SETEMBRO 167 OUTUBRO 203 NOVEMBRO 227 DECEMBRO 244



XANEIRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS

1

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


XANEIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS 'Vidago Palace' e outras series galegas asinan vendas internacionais As series galegas 'Vidago Palace', 'O final do camiño' e 'Dalia, a modista' terminan o ano 2018 anunciando varias vendas internacionais ao leste e ao outro lado do Atlántico. Así, segundo comenta a televisión pública galega, que emitiu todas estas ficcións, 'Vidago Palace’' primeira serie coproducida por TVG e RTP, verase en Estados Unidos a través de Acorn TV, servizo de pago dedicado principalmente a ficcións británicas que se lanzará en España durante 2019. 'Vidago Palace' conta a historia dun amor prohibido nun hotel balneario a comezos do século XX e é unha produción de HOP! de Portugal e da galega Portocabo. Banijay Rights ocúpase dos dereitos internacionais da serie, que tamén viaxará a Polonia, a través da canle pública Telewizja Polska.

Fotograma da serie ‘Vidago Palace’

10 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Doutra banda, 'O final do camiño' producida para TVG e TVE por Voz Audiovisual, vendeu os seus dereitos de emisión a México e Porto Rico a través da distribuidora Onza Distribution ('O Ministerio do Tempo', 'Pequenas coincidencias'). Tamén 'Dalia, a modista' chegará a Chile e á televisión pública de Valencia, À Punt, tras o seu paso por Aragón TV e Castela A Mancha Televisión. Cabe lembrar que 'Serramoura', unha das series galegas recentes de maior éxito, forma parte do catálogo de Imagina International Sales. Ademais, o programa de TVG 'Street Down', que ofrece unha visión do mundo única e persoal a través dos seus dous protagonistas, con Síndrome de Down, cedeu os seus dereitos á Radio Televisión Eslovena. No terreo dos contidos infantiles, a serie 'As aventuras de Minchi', de CTV Media e TVG, chegará a China tras a venda dos seus dereitos a través de BRB Internacional. Trátase dunha divertida serie educativa protagonizada por unha lagarta e con mestura de animación, marionetas e imaxe real.

11 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XANEIRO

Portocabo, que en 2019 estreará en Movistar+ o thriller 'Hierro', coproducido con Francia, xa traballa en 'Auga Seca', nova serie con Portugal.


XANEIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES A película 'Elisa e Marcela', participada pola TVG, competirá polo Oso de Ouro na Berlinale

Foto da voda real entre Elisa e Marcela

O filme da directora Isabel Coixet trata sobre o primeiro matrimonio de mulleres na historia, celebrado en Dumbría en 1901 entre dúas mestras galegas. A película 'Elisa e Marcela', dirixida pola cineasta catalá Isabel Coixet e que conta coa participación da Televisión de Galicia, participará na sección oficial a competición do Festival de Cine de Berlín que se celebrará do 7 a 17 de febreiro na capital alemá. Coas actrices Natalia de Molina e Greta Fernández como protagonistas e cun amplo elenco galego, 'Elisa e Marcela' trata sobre o primeiro matrimonio de mulleres na historia, celebrado en Dumbría en 1901 entre dúas mestras galegas que, tras seren descubertas, ocuparon as portadas de diarios de todo o mundo. O filme rodouse a primavera do ano pasado na comarca de Fisterra e nas cidades de Pontevedra, Santiago e A Coruña. A galega Zenit coproduce a película sobre unha historia convertida en icónica loita pola igualdadede dereitos e a liberdade sexual.

12 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS O foro de coprodución Conecta FICTION, nacido en España en 2017 e centrado en series de ficción, cambia de sede para a súa terceira edición. Tras dous anos en Santiago de Compostela, a cita muda a Pamplona, a capital de Navarra, e mantén as datas inicialmente anunciadas: do 17 ao 20 de xuño.

Geraldine Gonard, directora de Conecta FICTION

13 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XANEIRO

Conecta FICTION trasládase a Pamplona na súa terceira edición


XANEIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS 'Fariña' fai triplete nos Premios Feroz 2019: Mellor serie Dramática, Javier Rey como Mellor Actor protagonista e Antonio Durán Morris como Mellor Actor de reparto As series de Atresmedia continúan colleitando éxitos e veñen de facer triplete nos Premios Feroz. Ademais de levar o premio á Mellor serie Dramática, Javier Rey e Antonio Durán Morris foron galardoados cos premios Mellor Actor Protagonista e Mellor Actor de Reparto de Televisión nos gala Premios Feroz polos seus papeis de Sito Miñanco e Manuel Charlín en 'Fariña'.

Galardoados nos Premios Feroz

14 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Os autónomos premian o labor de apoio da CRTVG ao tecido industrial galego

Os traballadores autónomos galardoaron á Corporación de Radio e Televisión de Galicia polo seu labor de apoio ao tecido industrial galego. Este recoñecemento concedeuse no transcurso do décimo Congreso de Traballadores Autonómos de Galicia, celebrado esta fin de semana pasada en Sanxenxo, co que este colectivo premia os seus profesionais. O galardón, que recolleu Rosa Vilas, adxunta á Dirección Xeral da CRTVG, é consecuencia, en palabras súas, de que ''a Corporación axuda a crear todo un tecido empresarial de pequenas empresas e produtoras que tamén axudan a ser o que somos. Son pequenos emprendedores, pequenas empresas e produtoras, que axudan a colocar os contidos da Televisión de Galicia ao nivel de grandes corporacións''.

15 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XANEIRO

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS


XANEIRO

GALICIA AUDIOVISUAL No transcurso do evento entregáronse estes galardóns a unha ducia de persoas distinguidas que destacan polo esforzo realizado na súa traxectoria profesional por sacar adiante ás súas empresas e o emprego creado por cada unha delas. O Congreso de Traballadores Autónomos de Galicia está organizado por APE Galicia, a asociación intersectorial e interterritorial de autónomos e pequenas empresas, que na actualidade agrupa 40.000 autónomos galegos. FORMACIÓN A Academia Galega do Audiovisual organiza un Cineclube pensado para novos Programadores de Cinema Galego A Academia Galega do Audiovisual organiza un obradoiro para descubrir e ver o mellor cinema feito en Galicia, aprendendo a diferenciar os seus aspectos máis destacados. Os rapaces e rapazas asistentes seleccionarán unha serie de curtametraxes para, ao final de curso, programar unha sesión pública de cine. Este curso está dirixido a alumnado infantil e xuvenil que desexe explorar a súa paixón polo cinema desde unha perspectiva persoal para despois compartila co público.

16 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL A Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co Concello da Coruña, súmase aos Premios Europeos de Cinema

O Young Audience Award é a categoría oficial dos Premios Europeos de Cinema adicada ao público xuvenil. A Academia Europea de Cinema (EFA) impulsa dende 2012 este galardón que recoñece as tres mellores películas europeas do ano para o público de entre 12 e 14 anos. A Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co Concello da Coruña, súmase a esta iniciativa europea para celebrar por primeira vez en Galicia estes galardóns. O vindeiro domingo 5 de maio, un xurado de rapazas e rapaces seleccionados entre o alumnado de colexios e institutos de toda Galicia, terán a oportunidade de elixir co seu voto cal é a mellor película europea xuvenil do ano.

17 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XANEIRO

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES



2

FEBREIRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


FEBREIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS PROXECTOS EN PRODUCIÓN Agallas Films levará ao cine a historia do Santa Isabel

Responsables do filme ‘O Santa Isabel’

A do naufraxio do Santa Isabel foi unha impactante historia que deixou unha pegada indeleble en Barbanza. Moi pronto, o suceso traspasará fronteiras, debido a que será levado ao cinema por unha produtora galega, Agallas Films, no marco dun proxecto de colaboración co País Vasco, Arxentina e Portugal. A película, que aínda non ten título, arrincará xusto despois do afundimento do vapor e virará ao redor das heroínas de Sálvora, tanto ao recoñecemento popular que recibiron pola súa fazaña como a algún que outro reproche do que foron vítimas. Para levar á gran pantalla aquela historia ocorrida en 1921, Agallas Films apostou por un casting de luxo. Nerea Barros será a gran protagonista e dará vida a unha das heroínas. Xunto a ela estarán, entre outros, Aitor Luna, que se converterá no fareiro da illa, e o actor arxentino Darío Grandinetti, que encarnará a un xornalista que sacará á luz diversas cuestións relacionadas coa traxedia, tanto positivas como negativas. E é que, aínda que o eixo da longametraxe será o 20 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

A rodaxe da película arrincará o 4 de marzo e nestes momentos están a elixirse as localizacións. Boa parte das escenas gravaranse na illa de Sálvora, pero a produtora tamén busca outros escenarios exteriores na comarca que poidan adaptarse á época na que tivo lugar o suceso. A idea é que o lanzamento da película teña lugar o ano próximo. Os barbanceses terán a oportunidade de participar nesta interesante iniciativa, posto que Agallas Films busca a 150 figurantes. Netflix gravará en Galicia unha serie que adapta a novela 'El desorden que dejas'

Emma Lustres, Diego Ávalos e Carlos Montero preparan en A Coruña a rodaxe da serie. Foto: Cris Andina

A localidade ficticia de Novariz, creada polo autor galego Carlos Montero na súa novela 'El desorden que dejas', trasladarase á pantalla nunha serie que a plataforma Netflix gravará en Galicia. Montero, gañador con esta obra do premio Primavera de Novela

21 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

naufraxio do Santa Isabel, desde a produtora explicaron que haberá unha boa dose de ficción.


FEBREIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS 2016, escribe actualmente os guións que adaptarán a historia en dous tempos de dúas profesoras dun instituto da Galicia interior. Unha está morta; a outra está viva, pero terá que levar a cabo unha trepidante investigación para poder salvarse neste thriller sen detective co que o seu autor quere saírse dos tópicos o xénero. ''Ten dúas protagonistas femininas cun carácter moi forte, moi especiais, que van dotar á serie dun punto de vista distinto'', explica. 'El desorden que dejas' recreará o seu universo ficticio en distintas ambientacións de Celanova, Allariz, Ribadavia e os canóns do Sil, entre outros lugares. ''Apetéceme moito que, de súpeto, haxa 140 millóns de espectadores potenciais que poidan descubrir as termas, os canóns do Sil, os bosques, os ríos, a pedra, o granito...'' explica Montero, natural de Celanova e creador e guionista de 'Elite', un dos últimos éxitos mundiais da plataforma de streaming norteamericana. A súa intención é ''que a serie respire galeguidade'', tanto na súa ambientación como no equipo de traballo. Esta ficción, que o seu autor escribe coa premisa de atrapar ao espectador e mantelo en albas en cada capítulo, ''empeza como un drama e aos poucos vaise penetrando nas augas turbias do thriller'', explica Montero. Contará en total con oito capítulos de corenta minutos de duración cada un e será unha trama pechada, como a novela. Prevese que a súa produción arrinque o próximo verán.

22 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Estrea mundial da 5ª CHANFAINALAB

Manolo González, impulsor do Chanfaina Lab

O sábado 9 de febreiro a partir das 17.00h. a Casa da Cultura de San Sadurniño converterase nun cine de sesión continua onde se fará a estrea mundial as 23 pezas realizadas durante a 5ª Chanfainalab na primeira fin de semana de setembro de 2018. O programa da tarde na Casa da Cultura comezará coa presentación de cada peza por parte dos seus autores e autoras e coa entrega das Lolas da Cascarilla (algo así como os Oscars ou Metre Mateo locais) a cada participante. O momento é aproveitado habitualmente para repasar a súa biografía creativa e para dar unhas pinceladas sobre a intencionalidade das pezas, unhas veces documental, outras veces ficticia, outras experimental. De feito, o Chanfaina Lab só pon como condición que os produtos se graven en espazos de San Sadurniño, xa sexa con historias que reflictan algún vencello co territorio ou no que este se poña ao servizo do argumento como

23 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

ESTREAS


FEBREIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS simple escenario. As olladas dos realizadores e realizadoras son sempre sorprendentes e engadan a curiosidade do público local propoñéndolle retratos de San Sadurniño trazados desde fóra, pero tamén desde dentro. E é que no Chanfaina conviven creacións de directoras e directores de referencia no audiovisual galego con outras feitas por xente nova e non tan nova do propio Concello, compartindo vivencias durante os tres días de gravación e despois impresións sobre o resultado no día da premiere. Nesta edición da Chanfainalab, o 60% dos participantes son cineastas locais dende os 13 anos ata os sesenta e moitos.

24 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Foto de equipo da serie ‘Hierro’

Con oito episodios dunha hora, 'Hierro' está protagonizada por Candela Pena e Darío Grandinetti e gravouse na illa canaria Hierro. Trátase dun thriller no que o personaxe protagonista feminino ten un gran peso. O proxecto foi impulsado por Alfonso Blanco da produtora galega Portocabo. Despois de gañar a sesión de pitching de series na Berlinale de 2015, 'Hierro' atopou aos seus socios en Movistar+ e máis tarde nas compañías francesas Atlantique Productions e ARTE. Desde MIPCOM 2018 Banijay Rights ocúpase das vendas internacionais deste thriller de 8 capítulos de 50 minutos. A boa experiencia que Movistar+ asegura ter co desenvolvemento e a produción de 'Hierro' animou á plataforma para seguir afondando na coprodución internacional. Movistar+ asinou recentemente acordos con AMC Networks e Telemundo Internacional para coproducir conxuntamente. 25 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

'Hierro' de Movistar+ terá a súa premiere mundial en Series Mania 2019


FEBREIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Sinopse de ‘Hierro’ Candela é unha xuíza que acaban de destinar ao Hierro, a illa máis remota do arquipélago canario. Non vai ser fácil para Candela adaptarse á vida nunha comunidade que, como ela mesma, ten un forte carácter. De feito, enviárona alí como castigo polo seu comportamento heterodoxo. Nada máis chegar á illa, Candela ten que instruír un caso complicado: aparece asasinado Fran, un mozo herreño, o mesmo día no que ía casar coa filla de Díaz, un escuro empresario que enseguida se converte no principal sospeitoso do crime. Candela e Díaz están en lados opostos da lei, pero teñen un obxectivo común: descubrir a verdade sobre o crime. Ambos se penetrarán nun camiño físico e emocional… un camiño ao inferno que comeza no paraíso. En Series Mania 2019, proxectaranse os dous primeiros capítulos de ‘Hierro’. Ademais na sección de series de formato curto atópase ‘Xente falando’, unha comedia de 6 capítulos independentes e autoconclusivos escrita e dirixida por Álvaro Carmona e producida por Flooxer en colaboración con Set Màgic Audiovisual.

26 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS O cinema das mulleres centra a Escolma de Sarria

Detalle do cartaz da cuarta edición da Escolma de Cinema Galego de Sarria

A longametraxe debut de Anxos Fazáns 'A estación violenta' conformará unha das pezas estrela da mostra. Baseada nunha novela de Manuel Jabois, ofrece un retrato de vellos amigos que, co tempo, se volven atopar. Ana Cebra achega 'Os fillos da vide', cinema do real coas cepas viñateiras como motivo. Diana Toucedo está a piques de estrear en salas 'Trinta Lumes', unha obra en absoluto convencional rodada durante seis anos no Courel que xa percorreu algúns dos festivais de maior relevancia de Europa. Será outro dos pases da Escolma. Como a tríada de curtas de Adrián Canoura, 'O porco e o seu espírito', 'Salitre nas veas' e 'Caerán lóstregos do ceo'. Esta última salientouna a teórica e crítica francesa Nicole Brenez entre o mellor do cinema de 2018. No apartado musical, Baiuca e o seu cruzamento de electrónica avanzada e músicas galegas tradicionais será un dos pratos fortes. Organizada polo Concello de Sarria e dirixida por Alberte Branco -el mesmo cineasta-, este ano será o venres 22 de febreiro e o sábado 23 na Casa da Cultura. As actividades serán de balde. 27 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

FESTIVAIS E CERTAMES


FEBREIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS A Xunta promove o audiovisual galego no European Film Market da Berlinale cunha delegación da Agadic e 17 empresas O noso audiovisual preséntase estes días no European Film Market (EFM) de Berlín cunha ampla delegación comercial, coordinada pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da que forman parte 17 empresas produtoras e distribuidoras. Os seus representantes traballan xa na procura de acordos de coprodución, vendas e distribución internacional dentro deste importante mercado, que se desenvolve ata o vindeiro día 15 en paralelo á 69ª edición da Berlinale. No marco do programa autonómico de internacionalización do audiovisual galego e baixo a marca Films from Galicia, atópanse na cidade alemá os representantes de Big Rights, Boneca Lareta, Esnatu Zinema, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Frida Films, Gaitafilmes, Matriuska Producciones, Numax Distribución, Noveolas Producciones, Ollovivo Producións, Portocabo, Vaca Films, Vía Láctea Filmes, Zeitun Films e Zenit TV, así como do Clúster Audiovisual Galego (Clag).

28 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS As empresas galegas participan na que é a 31ª edición deste mercado, un dos máis importantes do sector a nivel mundial, con cadansúa carteira de títulos tanto en proxecto como en fase de produción ou xa rematados. Así, Gaitafilmes está a centrarse prioritariamente na procura de pechar o financiamento e de potenciais coprodutores para 'Welcome to ma maison', a próxima longametraxe de Andrés Goteira, mentres que Matriuska acode con tres coproducións internacionais xa en marcha, para as que busca acordos de explotación e vendas no exterior: '¿Qué hicimos mal?', de Liliana Torres; 'A media voz', de Patricia Pérez e Heidi Hassan, e 'Mr Stevens', de César Souto. Pola súa banda, Ollovivo atópase en Berlín cun proxecto en postprodución ('Eroski Paraíso', longametraxe experimental de Jorge Coira e Xesús Ron, a partir da obra de teatro homónima de Chévere) e outro en desenvolvemento ('Corpo aberto', película de Ángeles Huerta que adapta un relato de terror de Xosé Luís Méndez Ferrín). No caso de Vaca Films, a pasada fin de semana tivo a oportunidade de ofrecerlles aos asistentes ao EFM varios pases do seu thriller 'Feedback', ópera prima de Pedro C. Alonso, que terá a súa estrea o 1 de marzo. Outras das propostas galegas arredor das que se traballa estes días en Berlín son 'Aura 1964', o novo e máis persoal proxecto de Ignacio Vilar con Vía Láctea Filmes, e 'Tempo vertical', de Lois Patiño e produción de Zeitun Films, produtora esta última que tamén mostrará a curta 'Tshweesh', de Feyrouz Serhal, na Robert Bosch Film Prixe Ceremony dentro da sección Berlinale Talents. No caso de Numax Distribución, o seu principal obxectivo en Berlín é incorporar novos filmes ao seu catálogo, ademais de contar na sección competitiva Forum da Berlinale cun dos seus filmes en circulación: 'A portuguesa', de Rita Azevedo Gomes.

29 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

Títulos galegos


FEBREIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Dúas produtoras ourensás participan no mercado audiovisual de Berlín Noveolas e Boneca Lareta viaxaron a Alemaña dentro da oferta audiovisual galega que promove a Xunta A Xunta de Galicia, a través de Agadic, participa ao longo do ano en varios mercados audiovisuais vencellados a festivais de cine internacionais. Hai uns días o expositor do 'Cinema from Spain Films From Galicia' da Consellería de Cultura estivo en Francia e na actualidade a representación galega participa no European Film Market da Berlinale, o festival de cine de Berlín. Entre as produtoras galegas que amosan os seus traballos na cidade alemá figuran dúas ourensás: Noveolas Producciones, de Simone Saibene, e Boneca Lareta, de Aitor Rei. Traballos xa coñecidos, como ‘9 ondas’ ou 'Pelerinaxes', e novos proxectos, como '10/7', dirixido por Xoel Méndez, son as obras que Noveolas presenta no mercado de Berlín. Aitor Rei, Boneca Lareta, leva as súas producións anteriores e centra de maneira especial a súa oferta no mercado europeo en 'Frankenstein-04 155', o seu traballo sobre o accidente de Angrois.

30 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

O festival Series Mania vén de anunciar recentemente a programación da súa sección Panorama Internacional, entre a que se atopa a serie 'Hierro', da produtora galega Portocabo. A ficción, primeira coprodución televisiva entre España (Portocabo) e Francia (Atlantique Productions), para Movistar+ e Arte, estreará durante o festival francés dous dos capítulos deste thriller ambientado na remota illa canaria de El Hierro. A serie estará presente na sección Panorama Internacional con outras ficcións como a británica 'Les Misérables', a arxentina 'Monzón', a alemá '8 Days' ou a coreana 'The Guest' O festival terá lugar entre os próximos 22 e 30 de marzo en Lille, Francia.

31 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

A serie 'Hierro' seleccionada na sección Panorama Internacional do prestixioso Festival Series Mania.


FEBREIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS 'Trote' opta a 15 candidaturas nos Premios Mestre Mateo

Cartaz do filme ‘Trote’

'Trote' película producida por Frida Films, opta a 15 candidaturas en 13 categorías diferentes nos Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Entre elas atópanse a de mellor longametraxe ou mellor dirección e mellor guión para Xacio Baño, que comparte esta última con Diego Ameixeiras. Alén disto, tamén dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, vestiario e 5 candidaturas nas interpretativas: reparto para Melania Cruz, Tamara Canosa e Celso Bugallo e protagonistas para María Vázquez e Fede Pérez. A gala de entrega dos premios terá lugar o sábado 2 de marzo na Coruña. 32 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

A Coruña acolle hoxe a IX edición do LaconNetwork, evento que reúne na Coruña emprendedores, aceleradoras de empresas, investidores, institucións e profesionais innovadores arredor do mundo das TIC e a contorna dixital. A CRTVG participou nesta xornada, na mesa de debate 'A transformación dixital e as corporacións', que estivo moderada por Javier Megías, emprendedor, investidor e CEO de StartupXplore, plataforma de investimento de start-ups. Nesta mesa de discusión, en que se falou dun tema relevante no mundo das TIC: a revolución e as vantaxes da transformación dixital nas empresas e corporacións, participaron, ademais de Xosé Pereira, a xerente de Abanca Innova, Rosa Seoane; Marcos Ros, especialista de Innovación en Acciona; e Raúl García, responsable de CorreosLab. Neste foro anual foron entregados os Premios TIC Galicia 2019 convocados polo Clúster TIC e LaconNetwork, co obxectivo de enxalzar o labor das empresas e institucións. O Premio á mellor iniciativa TIC recaeu na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) polo seu Plan de acción para o impulso dos contidos dixitais en Galicia, o proxecto Dico Mindset, que ten como

33 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

Dous proxectos participados pola CRTVG foron galardoados nos Premios TIC Galicia 2019 entregados no LaconNetwork


FEBREIRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS obxectivo impulsar a modernización e innovación tecnolóxica do sector dos contidos dixitais. O xurado valorou especialmente a colaboración coa CRTVG para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo. Por outra parte, o Premio á mellor empresa tractora foi para o programa de aceleración de Startup R DiCo Challenge, da empresa R, en que tamén participa a CRTVG. No programa do evento, que arrancou o xoves cun primeiro día dedicado aos programas de creación e desenvolvemento dun tecido empresarial innovador no panorama dixital, incluíanse o venres outros debates sobre a cultura da innovación e as estratexias nas corporacións e nos distintos ámbitos de negocio, entre eles, a Responsabilidade Social Corporativa.

34 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Nominacións aos Premios Mestre Mateo

Patio de butacas dos Premios Mestre Mateo

A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes 'A sombra da lei' e 'Trote' como as producións máis votadas entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie 'O sabor das margaridas' con 8, a longametraxe 'Contou Rosalía' con 7, e o programa 'Land Rober Tunai Show' e o documental 'Versogramas' con 4 cada unha. 'A sombra da lei' opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-. Tamén compiten Michelle Jenner e Luis Tosar pola mellor interpretación protagonista e Adriana Torrebejano e Ernesto Alterio polas de reparto.

35 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

ACTUALIDADE


FEBREIRO

GALICIA AUDIOVISUAL 'Trote' pola súa banda, opta a 15 candidaturas en 13 categorías diferentes. Entre elas atópanse a de mellor longametraxe ou mellor dirección e mellor guión para Xacio Baño, que comparte esta última con Diego Ameixeiras. Alén disto, tamén dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, vestiario e 5 candidaturas nas interpretativas: reparto para Melania Cruz, Tamara Canosa e Celso Bugallo e protagonistas para María Vázquez e Fede Pérez. A Academia Galega do Audiovisual anunciou esta mañá, nun acto conducido por Nieves Rodríguez e Adrián Díaz no Centro Ágora da Coruña, os nomes dos proxectos e profesionais finalistas en cada unha das 25 categorías da XVII edición dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, nunha gala dirixida pola guionista, actriz e directora Sonia Méndez. 'Buscadores de naufraxios', 'Land Rober Tunai Show', 'Malo será!' e 'Zig Zag Fin de semana' compiten polo premio ao mellor programa de TV, mentres que María Solar, Marta Doviro, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez fan o propio polo de mellor comunicador/a. 'Os Mariachi', 'Serramoura' e 'Viradeira' disputarán o de mellor serie coa xa mencionada 'O sabor das margaridas’. Entre os documentais presentados, as académicas e académicos elixiron como finalistas 'Idénticas', 'O caso Diana Quer 500 días', 'Tódalas mulleres que coñezo’ e 'Versogramas'. 'A nena azul', 'Beautiful boy', 'Limbo' e 'Mouras' son as finalistas na categoría de mellor curtametraxe de imaxe real; 'Fin de la cita', 'Luscofusco', 'Peixes' e 'Soy una tumba' na de mellor curtametraxe de animación; 'Comparte a maxia', 'Donde empieza tu piel', 'Larseiros' e 'Ti' na de mellor anuncio; e 'Ahora o nunca' (Pegatina feat Macaco), 'El astronauta que vio a Elvis' (Love of Lesbian), 'Eu non sei porqué' (Boyanka Kostova) e 'La gran ola' (Delafé) na de mellor videoclip. A actriz Rosa Álvarez ('Sea Bests') compite polo premio á mellor interpretación feminina protagonista coas xa mencionadas María Vázquez ('Trote'), Melania Cruz ('Contou Rosalía') e Michelle Jenner ('A sombra da lei'). 36 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

37 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

Pola súa banda, enfróntanse na categoría de mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán “Morris” ('Os Mariachi'), Luis Tosar ('A sombra da lei'), Toni Salgado ('O sabor das margaridas') e Xosé A. Touriñán ('Land Rober Tunai Show'). Optan ao premio á mellor interpretación feminina de reparto Adriana Torrebejano ('A sombra da lei'), Beatriz Serén ('Pazo de Familia'), Melania Cruz e Tamara Canosa (ambas por 'Trote'); mentres que na categoría de mellor interpretación masculina de reparto compiten Celso Bugallo ('Trote'), Denis Gómez ('O sabor das margaridas'), Ernesto Alterio ('A sombra da lei') e Fede Pérez ('Trote').


FEBREIRO

GALICIA AUDIOVISUAL Sarria volve erixirse nun dos focos culturais do comezo de ano co Esmorga Fest e a Escolma de Cinema Galego

''Eu non estaba moi convencido, pero menos mal que me convenceron''. Así lembra Pablo López, un dos responsables da organización do Esmorga Fest, o xerme deste festival da música indie, xunto coa Escolma de Cinema Galego, converte a vila lucense de Sarria nun dos focos da oferta cultural galega dos primeiros meses do ano. As dúas citas teñen orixes distintas, mais mostran, como tantos outros eventos culturais do país -e en especial os realizados fóra das principais cidades-, que o público existe, se se dá coas chaves para atopalo. O Esmorga Fest, que celebra os próximos 15 e 16 de marzo a súa quinta edición, naceu case por casualidade. De festas de aniversario que foron medrando. ''Eramos tres amigos que iamos xuntos a todos os festivais. Cando chegaba a data do cumpre, xuntabamos grupos para tocar. Eu daquela estaba en Igloo e, claro, tiña amigos en varias bandas. Un ano fixemos unha festa de dous días, en dúas salas, con seis grupos. Tivo tanta aceptación que comezamos a pensar: e por que non facemos un festival?'', conta Pablo López. 38 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

A Escolma do Cinema Galego en Sarria tivo a súa xénese, tamén, nunha confluencia de sensibilidades cara á cultura, aínda que o seu cerne fose máis institucional. Naceu, en concreto, da arela da concelleira de Cultura, Mónica López, por recuperar un espazo para o cinema nunha vila que, despois de chegar a ter seis cines, levaba desde os anos 90 sen ningún. ''Falamos da posibilidade de levar adiante este proxecto e a ela entusiasmouna a idea'', lembra Alberte Branco, director da Escolma. ''Metémonos con este proxecto''explica- ''nunha vila onde a programación cultural do goberno saínte é pobre, cunha veciñanza pouco ou nada afeita a ir ollar cine a unha sala. Só existía no 2014, e existe, o Cine Clube Unión - Leslie Nielsen, que integramos como parte dos colectivos que tiñan que estar na Escolma''. Alberte Branco tivo claro desde o principio que a aposta ía ser, partindo das propostas dos e das cineastas galegos de hoxe, tentar deixar de lado ''as linguaxes máis comerciais'', co obxectivo, ademais, de ''involucrar a colectivos, o asociacionismo e a veciñanza sarriá'', cunha fórmula, quizais -a da integración da comunidade- que tiña dado moi bos resultados noutros lugares do país, coma a parroquia de Cans, en Porriño, sede do moi coñecido Festival de Cans. A resposta foi, na opinión de Branco, xa desde os inicios, máis que satisfactoria. ''Contra todo prognóstico, as nosas dúas sedes actuais, a Casa da Cultura e a Asociación Cultural La Unión, estiveron ateigadas en todas as sesións, cun abano amplo de idades, entre os 18 e os 70 anos. Lembro que na primeira edición na Casa da Cultura, cun aforo de 124 persoas, a sesión con menos público tivo 45 persoas, e na que máis foi un case cheo. Había só seis cadeiras baleiras''.

39 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

O Esmorga Fest, cuxos cabezas de cartel son este ano Toundra, Lagartija Nick e Carolina Durante, conta cuns 1.000 asistentes por día, moitos deles chegados de fóra de Galicia, de distintos puntos do Estado.


FEBREIRO

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS A CRTVG amplía a oferta infantil con máis capítulos da serie 'Tutú', unha sección na web con xogos e unha APP específica A CRTVG acaba de ampliar a súa programación de animación con 52 novos capítulos dunha das series infantís máis seguidas, 'Tutú', un canguro motorizado que vive aventuras cos seus amigos, e que chegan complementados cunha App propia. Nesta nova tempada de 'Tutú', xa na tvG2, as aventuras seguen a ter un corte didáctico con temas como os bos hábitos de comida e hixiene, as emocións, a natureza ou nocións básicas de cálculo, adaptada á idade dos pequenos, nenos e nenas en etapa preescolar. En canto á App 'Tutú', dispoñible de balde tanto en IOS como Android, para smartphones e para tabletas, consta de sete xogos interactivos, de estética sinxela, alegre e colorista. Ademais, na sección infantil da web crtvg.gal atópanse xogos arredor do popular personaxe, toda unha colección de descargables para imprimir e colorear das figuras de Tupa, Nina, Linda, Rafa e Fante, os amigos do protagonista, así como recortables de xogos tan tradicionais e populares como o 3 en liña ou o dominó. Os xogos da nova App 'Tutú', acompañados de música moi rítmica e pegadiza, están baseados no respecto, a colaboración, a creatividade e o sentido común, e na aprendizaxe dos obxectivos de educación preescolar. 'Tutú' é un produto de Ficción Produciones, coa colaboración da TVG, que mesmo ten traxectoria noutras televisión españolas, cunha grande acollida polo público infantil. A App Xabarín e a música de Radio Picariña completan a oferta infantil Esta nova proposta arredor de 'Tutú' acaba de completar a oferta dixital da CRTVG para os máis pequenos, que xa contan tamén coa App 'Xabarín TVG', tamén dispoñible para móbiles e tabletas, coas series de animación en galego que se emiten pola tvG2 dentro do espazo 'Xabarín Club'. A sección infantil do portal da canle pública ofrece a posibilidade de ver os debuxos en streaming, tanto na súa 40 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

A CRTVG segue a adaptarse aos hábitos de consumo dunha xeración de nenos completamente dixital e a reforzar a súa presenza entre a audiencia máis nova, moi familiarizada coa tecnoloxía dixital. A CRTVG estende tamén con este proxecto o seu compromiso coa difusión e a normalización da lingua galega, achegándollela aos máis pequenos a través das novas tecnoloxías, as súas series de animación e tamén coa música de Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Esta canle, integrada na marca Xabarín, pon a disposición dos usuarios unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os máis pequenos.

41 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

canle 24 horas de debuxos, no seu servizo 'Á carta' ou a través da súa App infantil 'Xabarín TVG', dispoñible, de balde, no Google Play ou App Store.


FEBREIRO

GALICIA AUDIOVISUAL ASOCIACIÓNS E ENTIDADES Cangas inaugura o primeiro Museo do Videoxogo de Galicia O espazo de traballo Trebella, en Cangas, acolle desde o vindeiro sábado 2 de febreiro o Museo Experimental do Videoxogo (MUVI), primeiro centro dedicado a esta industria que existe no noso país. A colección dos irmáns Jacobo e Galo Martínez foi a base que deu na creación deste centro, que conta con 50 metros cadrados de exposición nos que se concentran exemplares de xogos, videoconsolas, mandos e todo tipo de material a repasar a historia deste tipo de entretemento. Material de oitenta sistemas electrónicos diferentes que percorren catro décadas de evolución compoñen uns fondos que convidan a experimentar, aprender e reflexionar sobre os videoxogos e o seu peso na cultura contemporánea. A xornada de inauguración contará, a partir das 12 horas, cun concerto de La casa de los ingleses e estará acompañada dunha mostra de arte contemporánea con obras Mauro Trastoy, Santi Jiménez e Begoña Pastoriza. Os responsables do centro anuncian a súa intención de continuar con novas actividades de dinamización deste espazo.

Museo do Videoxogo

42 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Santiago ocupa o posto número 12 no ranking de cidades do Estado do Observatorio da Cultura 2018, que realiza a Fundación Contemporánea. Deste xeito, Compostela mellora tres postos con respecto ao informe de 2017 e é a primeira cidade galega da lista, tres chanzos por riba da Coruña. O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea valora as cidades españolas pola calidade e innovación da súa oferta cultural. O ranking volve estar encabezado, nesta orde, por Madrid, Barcelona e Bilbao. Santiago é a primeira cidade da lista con menos de 100.000 habitantes e unha das tres urbes dese tamaño que figuran entre as primeiras 20 do ranking, xunto con Girona e Cáceres. Ranking por comunidades Galicia ocupa o sétimo posto no ranking de comunidades que inclúe tamén o Observatorio da Cultura. A Fundación Contemporánea tamén elabora unha lista co mellor do ano cultural en cada autonomía, baseada na opinión de expertos da propia autonomía que deben seleccionar ata dez institucións ou acontecementos culturais como os máis destacados do exercicio. O ranking de Galicia inclúe un total de trece propostas ou institucións culturais, das que cinco están vinculadas con Santiago. Son, en concreto, tres eventos prestixiados como o Festival Cineuropa, que se mantén no terceiro posto da lista; o WOS Festival, que ocupa o décimo posto; e Curtocircuíto, no número 13 do ranking. Ademais, aparecen a Cidade da Cultura, no oitavo lugar, e o Auditorio de Galicia, tamén no número 10 empatado en valoración co WOS Festival. Compostela é, ademais, a cidade que máis veces aparece no ranking galego, con cinco postos na lista. Por detrás está A Coruña, con catro eventos ou institucións. O ranking complétase con eventos localizados en Pontevedra, Viveiro, Redondela e Carballo.

43 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

Santiago sube tres postos no ranking do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea


FEBREIRO

GALICIA AUDIOVISUAL NOMES PROPIOS Sonia Méndez será a directora da gala dos XVII Premios Mestre Mateo

Sonia Méndez, directora da gala

Este xoves, 7 de febreiro, comeza a carreira polos galardóns máis desexados do audiovisual galego. A Academia Galega do Audiovisual anunciará nun acto conducido polos comunicadores Nieves Rodríguez e Adrián Díaz os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XVII edición dos Premios Mestre Mateo. Ao longo das últimas semanas, os académicos e académicas elixiron cos seus votos a 4 finalistas en cada unha das vinte cinco categorías entre as máis de 400 candidaturas presentadas. O xoves pola mañá coñeceremos os seus nomes, nunha lectura que se poderá seguir en directo a partir das 12h30 nas redes sociais da Academia e en streaming na web da Televisión de Galicia. A partir de aí comezará a loita polos galardóns, que se entregarán o sábado 2 de marzo no Palacio de la Ópera da Coruña, nunha gala que estará dirixida pola actriz, guionista e directora Sonia Méndez.

44 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Dirixe, guioniza e produce as curtametraxe: 'Perversa Lola', 'Leo y Mario (se dejan)', 'As Damas Negras', 'Conversa cunha muller morta', 'Café-Bar Santos Peluquería', 'Ei, Guapa' para a longametraxe colectiva 'Visións' e a serie web 'Angélica y Roberta'. Recentemente dirixe a serie dixital 'Antes de Perder'. Actúa en películas como 'Rafael' de Xavier Bermúdez, 'Una mujer invisible' de Gerardo Herrero o 'El sexo de los de los ángeles' de Xavier Villaverde e en series de televisión como 'Terras de Miranda', 'Os Atlánticos', 'Serramoura' na TVG ou 'Cuéntame' en TVE. Dende 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais do estado.

45 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

FEBREIRO

Sonia Méndez Alonso (Vigo, 1980) ten unha longa traxectoria no campo da interpretación, dirección e produción audiovisual. Formada en diversas escolas de interpretación, guión, dirección de intérpretes, construción dramática e realización: Espacio Aberto (Compostela), Centre de Estudis Cinematográfics (Barcelona), Interpretación e Arte Dramática (USC), Escuela Internacional de Cine y TV de CUBA (EICTV) e Escola de Imaxe e Son de A Coruña (EIS).



MARZO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

3

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


MARZO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Paula Cons: ''Mataría por coñecer ás heroínas de Sálvora, por velas en acción''

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o vapor Santa Isabel afundía fronte a Sálvora. Das 268 persoas que viaxaban naquel barco, 213 perdían a vida. Ata o de agora ninguén vira nesta historia, a traxedia marítima máis importante ocorrida en Galicia, o argumento perfecto para unha película. Ata que chegou Paula Cons Varela. Hai pouco que soubo deste suceso, pero ao instante decatouse de que podería ser o xerme dun guión de cine. O mes que vén iniciará a rodaxe dun filme que estará a disposición do público no 2020. Paula Cons é xornalista e guionista, e gústalle escribir historias inspiradas en feitos reais e, sobre todo, historias que están agochadas ou que non tiveron a repercusión que merecen. Unha amiga, tamén xornalista, foi a que lle propuxo inspirarse no naufraxio do Santa Isabel despois de ver unha exposición sobre o tema. Cando se mergullou na historia do naufraxio co libre de Xosé María Fernández Pazos viuse sorprendida pola actuación das heroínas. 48 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

PROXECTOS EN PRODUCIÓN Comeza en Muros a rodaxe do filme sobre o naufraxio do Santa Isabel

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o vapor de Santa Isabel afundiuse na costa de Ribeira, deixando un saldo de 213 mortos e 55 sobrevivintes. No rescate destes últimos, tres mulleres xogaron un papel fundamental, a destreza destas mozas fixo que pasasen á historia como as heroínas de Sálvora. O pasado luns, o equipo de rodaxe chegou a Muros, un dos enclaves escollidos para as gravacións. A pesares de que a película comeza con algunhas imaxes do naufraxio recreadas dixitalmente, centrarase no rescate, naquelas tres mulleres novas, María, Josefa e Cipriana, que se lanzaron á auga nunha pequena embarcación e lograron rescatar a medio centear de persoas. 49 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

A película que está por rodar é un thriller, con un punto trepidante no que as protagonistas son mulleres. Centrarase especialmente no trauma que deberon vivir aquelas mulleres dos anos 20 ante o drama que lles estaba pasando.


MARZO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS A partir desa heroica actuación, a guionista da historia, Paula Cons, tamén directora da película, deixa voar a imaxinación para mergullarse na vida daquelas mulleres e como lles influíu ese suceso. A cineasta asegura que, baseándose en feitos reais, a trama ten moita ficción. Álvaro Gago comezou a súa rodaxe coas mozas de Lavadores

Álvaro Gago, director

Comezou a rodaxe da curtametraxe '16 de decembro', baixo a dirección do vigués Álvaro Gago, autor tamén do guión. Cun equipo composto por máis de medio centenar de profesionais entre a sección técnica e artística, onte desembarcaron no pavillón de Coia, onde se tomaron as primeiras secuencias. As máis emocionadas foron as trece xogadoras do club de balonmán de Lavadores que se estrearon como figurantes. A película, que aborda os malos tratos, comeza cunha sesión de adestramento, xa que a protagonista, Lucía (Cris Iglesias) é xogadora de balonmán. As deportistas súmanse á achega viguesa cos quince integrantes locais do equipo. 50 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Miracle Tunes. O 'remake' europeo desta serie infantil xaponesa é de produción galega A empresa coruñesa Portocabo é unha das que coproducen para Europa o remake de 'Miracle Tunes', unha serie xaponesa dirixida por Takeshi Miike que inventou o que podemos chamar un novo xénero: un tokusaksu ao estilo Power Rangers, pero musical e pensado para nenas pequenas. A primeira temporada rodouse en Valencia, foi todo un éxito en Italia e en España empezouse a emitir en Boing. Comecemos pola orixe, 'Idol x Warrior Miracle Tunes', a serie que se estreou na primavera de 2017 en TV Tokyo. Miracle é un grupo musical de rapazas de colexio que se transforman nas Idol Warriors e combaten o mal cos seus poderes máxicos e, sobre todo, cos seus bailes e cancións. A serie europea está protagonizada por 5 pequenas actrices italianas e recolle e adapta as historias, espíritu e estética da xaponesa, da que cada vez gusta máis a rapazada occidental: empezando pola música, os bailes e as cores pastel. Mais tamén a estética futurista e o continuo apoderamento das súas protagonistas é o que está a cautivar a unha chea de pequenas espectadoras, que non só seguen 'Miracle Tunes' na tele senón tamén na súa canle de Youtube. A serie rodouse en inglés nuns estudios da Feria de Valencia, e nela traballaron máis de 150 técnicos españois, 30 técnicos italianos, 70 actores e actrices e más de 650 figurantes, nas 17 semanas 51 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

Está co-producida por Sombriza Films (Galicia) e Ringo Media (Cataluña), que xa colaboraron en 'Matria', a curtametraxe de Gago, gañador no festival de Sundance. A rodaxe, que se prolongará ata o domingo de madrugada, implicará cortes de tráfico nas zonas de Bouzas, Beiramar, Coia e Hispanidade. Toda a fita transcorre pola noite, polo que a maioría das sesións convócanse a partir das 22 horas. Conta cun orzamento de 60.000 euros, entre as achegas do Ministerio de Cultura e os premios ao proxecto recibidos nos festivais de Valencia e de Madrid. Para completar a contía acudiron ao microcreditos recibindo 17.940 euros (preto de 2.000 máis dos solicitado) con 190 achegas.


MARZO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS nas que se rodaron as dúas primeiras temporadas da serie. En total, 51 capítulos. Á fronte deste equipo está, pola parte galega, o produtor Alfonso Blanco e o director Toño López ('Mareas Vivas', 'Matalobos', 'Luci', 'Galegos no mundo'), xunto co guionista José Rubio ('Serramoura', 'Augasquentes', Matalobos'). En España Boing emite 'Miracle Tunes' desde o outono pasado, e a serie está vendida a varios países e cadeas para a súa próxima emisión, mentres se concreta a posibilidade de rodar novas temporadas a finais deste ano.

52 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Estrea do filme 'María e os demais', xoves 7 na TVG O xoves estrearase, na primeira canle, a película 'María e os demais', unha comedia dramática con Bárbara Lennie como protagonista. 'Hierro' estréase en Movistar+ o 7 de xuño, trala súa presentación en Series Manía A serie 'Hierro'; coproducida por Portocabo, Atlantique Productions e ARTE France para Movistar+; está composta por 8 episodios de 50 minutos de duración e ten prevista a súa estrea completa o vindeiro 7 de xuño en VOD en Movistar+ e nas canles Movistar de Latinoamérica. A serie iniciou o seu percorrido internacional o martes 26 de marzo coa súa presentación no festival Series Teima (Lille – Francia), onde foi a única serie española seleccionada para esta edición. Candela Peña e Darío Grandinetti protagonizan este drama criminal rodado na illa do Hierro. Xunto a eles, destaca un amplo número de actrices e actores canarios como Mónica López, Yaiza Guimaré, Kimberley Tell, Luifer Rodríguez, Mari Carmen Sánchez ou Antonia San Juan aos que se suma o actor catalán Juan Carlos Vellido.

Fotograma da serie 'Hierro'

53 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

ESTREAS


MARZO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES O Festival de Cans bate o seu récord de curtas rexistradas por terceiro ano consecutivo. O Festival de Cans volveu a bater por terceiro ano consecutivo o número de curtametraxes rexistradas para ao recibir 255 producións galegas, fronte ás 252 de 2018, informou a organización nun comunicado. As pezas recibidas proceden de directores galegos que traballan en Galicia pero tamén en Madrid, Barcelona, Valencia Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. Recibíronse 85 curtas de ficción, 49 de non ficción, 12 de animación e 87 vídeo clips, ademais doutras 22 obras de diferentes formatos. A organización realizará a partir agora un "exhaustivo e laborioso" proceso de visionado e selección que se prolongará durante varias semanas para elixir os finalistas de cada categoría.

Festival de Cans

54 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico terá lugar no Museo do Pobo Galego, do 25 ao 31 de marzo en Santiago de Compostela. A Sección Oficial da 14ª edición da MICE estará composta por dezaseis filmes de dez nacionalidades diferentes. Ademais da Sección Oficial, o festival contará con outras seccións como Impropias ou Trazas, que relaciona a música coa etnografía.

55 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

Comeza a Mostra de Cinema Etnográfico en Santiago (MICE)


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE A Agadic abre unha nova liña de axudas que sistematiza o apoio á presenza do audiovisual galego en mercados internacionais A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica dúas convocatorias de axudas encamiñadas a impulsar a proxección exterior do audiovisual galego, tanto a nivel empresarial como artístico. No primeiro dos casos, as subvencións para a asistencia a mercados e foros internacionais deste sector póñense en marcha por primeira vez este ano co obxectivo de sistematizar o apoio económico á presenza de produtoras e distribuidoras galegas en feiras estratéxicas para a industria do cinema e da televisión a nivel mundial. Dotadas con 50.000 euros, estas axudas resolveranse por procedemento de concorrencia non competitiva, de xeito que serán adxudicadas por orde de solicitude, sempre que se cumpran todos os requisitos das bases, ata o esgotamento do crédito ou, en todo caso, ata o 4 de novembro. A través delas, a Xunta sufragará parte dos gastos da asistencia dunha persoa por empresa solicitante (desprazamento, aloxamento e inscrición) a unha das feiras internacionais obxecto da convocatoria no período comprendido entre o 10 de decembro de 2018 e o 15 de novembro de 2019. Con tal fin, seleccionáronse oito dos principais mercados audiovisuais do circuíto internacional, tanto respecto ao número e procedencia dos seus asistentes como ao volume de negocio que propician: NATPE de Miami (Estados Unidos), Cinemart de Rotterdam (Holanda), European Film Market de Berlín (Alemaña), MIPTV, Marché du Filme e MIPCOM de Cannes (Francia), Sunny Side of the Doc de La Rochelle (Francia) e American Film Market de Santa Mónica (Estados Unidos). No caso das feiras francesas e do mercado da Berlinale, a Agadic adoita organizar, así mesmo, delegacións institucionais e empresarias agrupadas baixo a marca Films from Galicia dentro do seu programa xeral de internacionalización do audiovisual galego. 56. Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acaba de facer pública a licitación do servizo de deseño, desenvolvemento, implementación e demostración dunha plataforma de experiencias tecnolóxicas interactivas no ámbito formativo para nenas e nenos entre 6 e 16 anos, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (AMT-2019-0021). O prazo para a presentación de propostas remata o vindeiro 8 de abril. En xullo pasado, a CRTVG e AMTEGA asinaron un convenio para levar a cabo accións conxuntas de innovación tecnolóxica dirixidas aos centros de ensino galego. CRTVG e AMTEGA impulsarán a modernización e innovación tecnolóxica nos colexios de educación primaria e secundaria a través da creación dunha plataforma dixital para contidos interactivos.

José Pereira Fariña, Director da Área de innovación e negocio da CRTVG

57 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

Aberto o prazo ás empresas para a presentación de propostas de creación dunha plataforma dixital de contidos infantís


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL Con este fin, desenvolverase a teconoloxía necesaria para incorporar novidades como as segundas pantallas, creando contidos específicos baseados na realidade aumentada, realidade virtual para dispositivos móbiles, etc. As dúas institucións públicas levarán a cabo tamén un segundo proxecto de análise de datos, que procese os comportamentos e necesidades da audiencia para a posterior creación de canles multimedia audiovisuais que satisfagan as súas demandas, a través da análise de Big Data. Esta acción encádrase, na CRTVG, dentro da Área de Innovación e Negocio e enlaza co territorio de comunicación da Corporación con vistas ao novo contexto dixital, coa estratexia de ampliar canles de comunicación cos sectores de audiencia máis novos e os novos hábitos de consumo. Este acordo, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Feder Galicia 2014-20, terá unha vixencia de catro anos, prorrogables, en que as dúas institucións públicas, CRTVG e AMTEGA, desenvolverán tanto a plataforma tecnolóxica precisa para o seu funcionamento coma os contidos que se publiquen nela. O orzamento destinado será de 2.430.000 euros ata o 2020. A axencia pública autonómica achegará 1.780.000 de euros, cofinanciados nun 80 % con Fondos Feder, e CRTVG contribuirá con 650.000 euros ao acordo.

58 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

A Xunta está a iniciar a distribución dunha nova edición do seu catálogo Films from Galicia, que este ano recolle 43 producións e proxectos de cinema e televisión para a súa difusión entre os asistentes aos principais mercados do sector a nivel mundial. Publicada en inglés e acompañado dun vídeo promocional, esta recompilación ten como obxectivo dar conta da vitalidade do sector en Galicia, dirixíndose especialmente a axentes de vendas e empresas produtoras e distribuidoras de ámbito internacional. De feito, os 43 títulos dos que se ofrece información supoñen a meirande parte da recente produción audiovisual galega e dos proxectos de filmes cinematográficos e series televisivas que se atopan actualmente en fase de desenvolvemento. Para isto, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) obtivo os datos directamente das produtoras a partir dunha convocatoria aberta a todo o sector dentro do seu programa anual de internacionalización do audiovisual galego. O catálogo estrutúrase en catro grandes seccións, cada unha delas dividida entre producións rematadas e proxectos en desenvolvemento: Pics recolle 17 longametraxes de ficción; Docs, 11 documentais; Toons, seis títulos de animación; e TV, nove series televisivas. As fichas de cada un destes traballos ofrecen datos do equipo, das historias e os contactos internacionais, así como os 59 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

A nova edición do catálogo da Xunta 'Films from Galicia' recolle información sobre 43 títulos para a súa difusión internacional


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL principais apoios recibidos polos proxectos. Financiamento autonómico Da información aquí recollida, extráese tamén que máis dun 70% destes títulos contaron para a súa produción e/ou desenvolvemento con financiación da Xunta a través da convocatoria anual de subvencións da Agadic ao sector audiovisual galego. Films from Galicia 2019 vén constatar, así mesmo, a chegada a bo termo da maioría traballos que na anterior edición se atopaban aínda na categoría de proxectos e agora, xa finalizados, buscan xa compradores internacionais para a súa distribución. As coproducións internacionais e a chegada ou a consolidación no ámbito da realización de longametraxes de nomes como Xacio Baño ('Trote'), Pedro C. Alonso ('Feedback'), Jaoine Camborda ('Arima'), Paula Cons ('El Santa Isabel'), Dani de la Torre ('La sombra de la lei'), Eloy Enciso ('Longa noite'), Helena Girón ('Eles transportan a morte'), Alberto Gracia ('La estrella errante'), David Hernández ('La felicidad de los perros'), Oliver Laxe ('Aquilo que arde'), Lois Patiño ('Tempo vertical') ou Diana Toucedo ('Trinta Lumes') son outros dos elementos sobresaíntes do volume deste ano. O catálogo comezou a súa difusión na recente edición do European Film Market da Berlinale e será distribuído tamén entre os profesionais asistentes aos mercados internacionais para os que se organice misión comercial e institucional galega.

60 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Participantes da xornada

A CRTVG participou esta mañá no chamado ‘Pitch Day’, ou xornada de presentación de proxectos finalistas do programa da aceleradora startups R DiCo Challenge, proxecto de apoio ao emprendemento no sector TIC, que se desenvolveu na Cidade da Cultura, en Santiago. Nesta xornada de ‘pitching’ ou defensa de candidaturas, os 20 preseleccionados expuxeron as súas ideas para algún dos cinco retos lanzados pola aceleradora co fin de convencer, entre outras cousas, da súa utilidade e viabilidade. No acto participaron o director de Innovación e Negocio da CRTVG, Xosé Pereira; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o director de Innovación e Desenvolvemento de Produto de R e do Grupo Euskaltel, Javier Rodríguez Gil. A directora da AMTEGA, Mar Pereira, lembrou que startups R Dico

61 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

A CRTVG participa no 'Pitch Day' de Startups R Dico Challenge, proxecto de apoio ao emprendemento no sector TIC


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL Challenge se enmarca no Plan Dico Mindset para promover o sector dos contidos dixitais en Galicia, unha estratexia impulsada desde a Administración Autonómica en colaboración co Clúster TIC e do Audiovisual de Galicia para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina arredor de 900 empresas con preto de 5.400 empregados. Pola súa parte, Xosé Pereira, director de Innovación e Negocio da CRTVG, que patrocina un dos retos, incidiu na súa intervención en que ''a CRTVG aposta pola innovación e participa activamente na transformación dixital do sector audiovisual galego. Acordos coma este van nesta boa dirección e esperemos que haxa moitos máis''. Na xornada, os vinte participantes foron expoñendo as súas propostas nun máximo de cinco minutos, para defender e convencer das vantaxes da aplicación da súa idea e do modelo de negocio que teñen previsto para desenvolvela. As 20 candidaturas proceden de startups e emprendedores, pequenas e medianas empresas e mesmo dalgún centro tecnolóxico e universitario. Trala xuntanza do comité avaliador, coñeceranse en vindeiros días os cinco emprendedores e/ou empresas escollidos para pasar á fase de aceleración e completar ese último treito do programa de startups R DiCo Challenge para este ano. Os elixidos terán á súa disposición cadanseu mentor e a axuda económica da AMTEGA para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos, en que traballarán man a man co operador R, con acceso á súa infraestrutura e modelo de negocio. Os que desenvolvan o reto patrocinado pola CRTVG contarán, pola súa parte, cun mentor da entidade e cos seus medios e infraestruturas. A primeira edición de startups R Dico Challenge pecharase cunha xornada ‘Demo Day’ a finais deste verán, onde os cinco participantes mostrarán os avances acadados. O obxectivo desta iniciativa é rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan e axudalas a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado. Outras finalidades son a xeración de emprego, o fomento do emprendemento e o pulo á innovación tecnolóxica a través do apoio a emprendedores e empresas novas ou consolidadas, relacionadas co ámbito dos contidos dixitais, de dentro ou de fóra da comunidade. 62 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL A TVG ofrecerá a semana que vén, con motivo do Día da Muller, o ciclo de programas ‘Traballadoras por Galicia’

Fotograma do filme ‘María (y los demás)’

A Televisión de Galicia ofrecerá esta semana, en que se celebra o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, unha programación especial na súa segunda canle e en horario de prime time centrada na loita feminina pola igualdade na sociedade. Baixo o título 'Traballadoras por Galicia', emitirase un ciclo de programas desde o martes ata o sábado, que achegará historias, experiencias e testemuños de distintas pioneiras neste sentido. Así, o martes 5 de marzo ofreceranse as tv-movies 'Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde' e 'Xoana de Vega, a vizcondesa do arado', que se inscriben no proxecto da TVG e da produtora Zenit de adaptar á televisión as biografías de salientables mulleres galegas pioneiras na arte, a ciencia ou o pensamento. 'Emilia Pardo Bazán' glosa a figura dunha muller que denunciou a desigualdade educativa entre o home e a muller do seu tempo, acadando grandes logros para a poboación feminina; mentres que a produción 'Juana de Vega' 63 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL reivindica o labor social desta coruñesa, figura clave do século XIX e pioneira na defensa da xustiza e da igualdade. O mércores realizarase un maratón do programa 'Quero falar coa xefa', estreado na TVG hai uns anos, que presentaba historias de mulleres cheas de curiosidade, de entusiasmo e de talento e amosaba a súa relación co seu traballo. Deste xeito, os espectadores coñecerán o labor dunha redeira, unha violinista, unha hostaleira, unha vendedora ambulante, unha medallista olímpica, unha directora de orquestra, unha veterinaria rural e unha rosquilleira. O maratón televisivo do xoves estará centrado nas olladas reflexivas de galegas sobranceiras sobre a súa vida, a súa obra e o seu tempo, todas elas recollidas no programa 'Galegos'. A tvG2 recuperará os pensamentos da mestra e funcionaria de Extensión Agraria Pencha Santasmarinas, feminista e Medalla Castelao en 2010; da escritora Luz Pozo Garza, que, próxima aos cen anos, segue a escribir poesía; da mestra Antía Cal, que xa nos anos 60 puxo en práctica as teorías pedagóxicas máis avanzadas de Europa; da científica e investigadora Inmaculada Paz Andrade, unha referencia europea no estudo da calorimetría, e da química e doutora en Farmacia Tarsy Carballas, estudosa do impacto dos incendios nos solos. Ese mesmo día, neste caso a través da primeira canle, estrearase a película 'María e os demais', participada pola TVG, rodada en Galicia e con Bárbara Lennie como protagonista. Esta comedia dramática conta a complicada viaxe á madurez dunha muller de 35 anos. O propio 8 de marzo a oferta da tvG2 xirará arredor da figura de Rosalía de Castro, unha das iconas das nosas letras. En primeiro lugar, emitirase o documental 'Rosalía, a musa dun pobo', que fai un percorrido pola súa vida e traballo literario a través dos testemuños de estudosos como Carmen Blanco, Pilar García Negro, Xose Ramón Barreiro Fernández, Xesús Alonso Montero ou Anxo Angueira. O documental ofrece unha nova visión da Rosalía feminista, reivindicativa, valente e pioneira, a figura máis emblemática do Rexurdimento galego. A continuación, ofrecerase 64 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

A maiores desta oferta específica, os distintos espazos dos medios públicos galegos ofrecerán durante toda a semana distintos contidos e entrevistas relacionados co Día Internacional da Muller.

65 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

a película para televisión 'Contou Rosalía', a primeira ficción sobre a vida da ilustre escritora, coa que se pretende ofrecer unha nova ollada sobre quen segue a ser un mito, un dos símbolos de Galicia máis vivos no imaxinario colectivo. Ambientada no Madrid de mediados do século XIX, a propia Rosalía conta como foi a súa vida social, como viviu a súa paixón de escritora e o seu reencontro co historiador Manuel Murguía.


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL A Televisión de Galicia asiste este sábado á gala dos Premios Mestre Mateo cun total de 75 candidaturas

Televisión de Galicia acudirá este sábado aos Premios Mestre Mateo cun total de 75 candidaturas. Desde o Pazo da Ópera da Coruña, a Galega ofrecerá, a partir das 22.00 horas, en directo, este certame, en que a canle pública destaca con 16 producións finalistas. Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias, dirixidos por Sonia Méndez, presentarán esta gala, en que guiarán os espectadores a través dunha viaxe temporal polo audiovisual galego, cunha estética futurista. Nesta décimo sétima edición dos premios do audiovisual galego, dúas longametraxes participadas pola TVG, 'A sombra da lei' e 'Trote', parten como grandes favoritas con 15 candidaturas, respectivamente. A maiores, compiten polo Mestre Mateo á mellor película 'Memorias dun home en pixama' (3 candidaturas) e 'Contou Rosalía' (7), que tamén conta coa participación da canle pública. Ás dúas longametraxes máis votadas séguenas con maior número de candidaturas: 'O sabor das margaridas' (8), 'Contou Rosalía' (7), 'Land Rober Tunai Show' (4) e 'Versogramas' (4), 'Os Mariachi' (3), 66 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Os apartados de mellor programa ('Buscadores de naufraxios', 'Land Rober Tunai Show’, 'Malo será!' e 'Zigzag fin de semana') e mellor serie (‘O sabor das margaridas’, ‘Os Mariachi’, 'Serramoura' e 'Viradeira') son acaparados por espazos da Galega. Ao igual que a categoría de mellor comunicador/a de televisión, en que foron seleccionados catro profesionais da TVG: María Solar, Marta Doviro, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez. Entre as máis de 400 candidaturas presentadas en 25 categorías, cómpre salientar as candidatas ao mellor actor protagonista (Antonio Durán ‘Morris’, Luís Tosar, Toni Salgado e Xosé A. Touriñán), á mellor actriz de reparto (Adriana Torrebejano, Beatriz Serén, Melania Cruz e Tamara Canosa) e ao mellor actor de reparto (Celso Bugallo, Denis Gómez, Ernesto Alterio e Fede Pérez), xa que se corresponden tamén con producións da Televisión de Galicia. A maiores destes apartados, as finalistas da Galega copan tamén as categorías de mellor dirección, realización, son, dirección de arte, dirección de fotografía e dirección de produción. Tamén a Radio Galega ofrecerá, en directo, a gala dos Premios Mestre Mateo, cuxo minuto a minuto se poderá seguir, amais, a través das redes sociais da CRTVG no cancelo #MestreMateo19.

67 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

'Serramoura' (3), 'Malo será!' (2), 'Pazo de familia' (2) e 'Zigzag fin de semana' (2), todas elas participadas ou realizadas pola TVG, salvo 'Memorias dun home en pixama' (3).


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL A Xunta Xeral de Forta reúnese en Valladolid con motivo do X aniversario da televisión de Castela e León

Participantes no encontro da FORTA

A Xunta Xeral de Forta reuniuse esta mañá por primeira vez fóra do seu ámbito de competencia, en Valladolid, con motivo do X aniversario de CyLTV. Deste xeito, a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos trasladou a súa reunión xeral mensual ata a capital valisoletana para acompañar a televisión autonómica na súa celebración, un feito que destaca a excelente relación e os estreitos lazos de colaboración entre ambas as dúas entidades. O encontro, que tivo lugar no hotel Mosteiro de Valbuena, congregou a Alfonso Sánchez, director xeral de CRTVG; Joaquín Durán, subdirector xeral de RTVA; Nuria Llorach, vicepresidenta de CCMA; José Pablo López, director xeral de RTVM; Enrique Soriano, presidente de CVMC; Maite Iturbe, directora xeral de EITB; Carmen Amores, directora xeral de RTVCM; Juan Miguel Augado, director xeral de RTRM; Teresa Azcona, directora xeral de CARTV; Antonio Virgili, director xeral de RTPA; Andreu Manresa Monserrat, director xeral de EPRTVIB e presidente de Forta, e Enrique Laucirica, secretario xeral de Forta.

68 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Agapi colabora co Festival Carballo Interplay coa celebración dunha xornada formativa Agapi colabora co Festival Carballo Interplay na celebración dunha xornada o 4 de abril na que coñecer novas formas de creación, produción e xestión do talento audiovisual na rede desde a diversidade. Contará coa presenza, entre outros, de: Playz (RTVE dixital) Flooxer (Atresmedia), MediaproLabs, Portocabo, Ingenio Interactiva, Asubío Media, Comarea Cast. País convidado: Arxentina Cine.ar, INCAA, UN3, BAWebFest, Macaco Films.

69 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

FORMACIÓN


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

Programa do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes. Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios. A urxencia desa capacitación demanda a incorporación inmediata dos Estudos de Xénero aos plans educativos existentes en materia de comunicación. Neste contexto, o seminario CO(M)XÉNERO busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero. Baixo o título Muller nas Estremas a segunda sesión do seminario 70 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Desta volta, o seminario tece colaboración coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e serve de complemento teórico e formativo da sección #IMPROPIAS a través dunha Carta Branca co mesmo lema, ''Muller nas Estremas'', na que as docentes e investigadoras Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro seleccionan unha serie de proxeccións sobre a figura da muller como viaxeira, como migrante, como exiliada, con filmes que exploran as fronteiras como lindes á súa mobilidade física e simbólica. As sesións da Carta Branca, programadas do 26 ao 28 de marzo en diferentes espazos de Compostela abeiran pezas de estilos e estratexias singulares e diversas, nas que se entrecruzan o experimental, o ensaístico e o observacional, a través das creacións de Ursula Biemann, Keina Espiñeira, Bouchra Khalili, Xisela Franco e Anxela Caramés.

71 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

explora as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencelladas ao xénero e faino o dende cinema como medio para encaralas. Nesta andaina conta coa presenza de dúas investigadoras especializadas no tratamento da muller e o feminino na contorna cinematográfica: Ana Catarina Pereira, docente da Universidade da Beira Interior (Covilhã, Portugal), e Elena Oroz, profesora da Universidad Carlos III de Madrid e do Centro Universitario TAI, adscrito á Universidad Rey Juan Carlos.


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL SERIEGRAMA, obradoiro-residencia dedicado á creación de series de TV

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) organiza o I Obradoiro – residencia dedicado á creación de series de TV. SERIEGRAMA está dirixido a guionistas profesionais residentes en territorio español que estean desenvolvendo un proxecto de serie de ficción. Os proxectos poden presentarse tanto en galego, como en español. Cada guionista poderá presentar un máximo de 2 proxectos, aínda que só será seleccionado un proxecto por persoa. O obradoiroresidencia terá carácter presencial e será impartido polo recoñecido guionista Alberto Marini. O obradoiro-residencia terá lugar a fin de semana do 27 e 28 de abril de 2019. O Seriegrama de AGAG cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes, que se aloxarán nunha casa rural na contorna de Santiago de Compostela. Non se cubrirán os gastos de desprazamento.

72 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Culturgal renova directiva e arrinca a organización da Feira 2019

Arrincan os traballos para a organización de Culturgal 2019 despois da reunión da directiva da asociación o pasado xoves 7 de marzo en Santiago de Compostela. Víctor López, representante de EGANET (Empresas Galegas Adicación á Internet), presidirá a asociación os próximos dous anos tras facerse cargo o pasado ano de maneira interina. A décimo segunda edición de Culturgal celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A principios do verán a organización abrirá as convocatorias de stands e programación ademais de presentar a imaxe e anunciar as novidades 2019. Culturgal é unha asociación de asociacións. En concreto, reúne as asociacións máis representativas do sector cultural en Galicia: Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas da Música (AGEM) e Empresas Galegas dedicadas á Tecnoloxía (EGANET). A Feira conta cos patrocinios institucionais da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de 73 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


MARZO

GALICIA AUDIOVISUAL Pontevedra e Ministerio de Cultura. En 2018, ademais contou coa colaboración especial da Deputación da Coruña. Tres mulleres e dous homes compoñen a xunta directiva, que queda conformada do seguinte xeito: ademais de Víctor López como presidente son vogais: Mercedes Castro de Escena Galega, Henrique Alvarellos pola AGE, Uxía Caride de Agapi, e Beatriz Fernández, de AGEM. Da coordinación da Feira encargarase o editor e xestor Xosé Aldea e o seu equipo, que levan desenvolvendo esta tarefa desde hai seis anos. Agapi colabora na organización da III edición do Firma e Filme Os representantes dunha vintena de empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial participaron o mércores 27 na III edición do programa Firma e Filme, que se levou a cabo na Cidade da Cultura. A xornada acolleu máis de 40 reunións entre empresas dos sectores audiovisual e do libro a partir do estudo de guión de 32 títulos. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo volve organizar esta iniciativa en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editoras (AGE) co fin de promover a posta en marcha de novos proxectos.

74 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Fernando López Puig releva a Toni Sevilla en TVE como director de contidos TVE nomeou a Fernando López Puig como director de contidos, canles e produción de programas en substitución de Toni Sevilla, quen levaba no cargo desde finais de 2016. Sevilla regresa ao sector audiovisual privado, unha área que non lle é allea pois foi responsable dos programas de ficción en Mediaset.

Fernando López Puig, novo director de contidos de TVE

75 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MARZO

NOMES PROPIOS



ABRIL EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

4

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAIS

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN NOMES PROPIOS


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

ABRIL

NOVAS Portocabo e a alemana Nadcon suman forzas para desenvolvemento para a serie 'Weiss & Morales'

Portocabo e Nadcon Films pechan un acordo de desenvolvemento, no marco do MIPTV de Cannes, para a coprodución da serie 'Weiss & Morais'. Nadcon Films ('Modus', 'O Gardián Invisible') é unha produtora alemá, liderada por Peter Nadermann (Saga Millenium), con ampla experiencia en coprodución internacional. Liderada por Alfonso Branco, a galega Portocabo ('Hierro') será a encargada de levar a cabo o desenvolvemento deste proxecto de ficción 'Weiss & Morais', (4×90’), unha serie procedimental ambientada na illa de Gran Canaria. A serie virará ao redor da historia de dous policías, a alemá Ingrid Weiss e o español Rubén Morais. Ambos se verán obrigados a colaborar por mor dun caso de asasinato que involucra á comunidade alemá que vive nas Illas Canarias. As súas personalidades son opostas, ela é a razón, mentres que el móvese guiado polo seu instinto. Portocabo estivo presente neste mercado internacional con

78 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Ademais, a produtora tamén estivo traballando nos seus próximos proxectos ('Garbo'- coprodución entre España, Reino Unido e Francia- e 'O Camiño' – coprodución entre España, Italia e Francia-) e reforzando futuras alianzas para novas producións. Deste xeito, Portocabo segue avanzando con forza na súa estratexia como referente na creación e coprodución de contidos internacionais para televisión.

79 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

varias producións ('Hierro' -coprodución entre España e Francia-, 'Miracle Tunes' -coprodución entre Italia e España- e 'Auga Seca' -coprodución entre Galicia e Portugal que actualmente se atopa en preprodución).


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

ABRIL

PROXECTOS EN PRODUCIÓN Finalizada a rodaxe en Galicia do documental ‘A Media Voz’ dirixido por Heidi Hassan e Patricia Pérez

Fotograma do filme ‘A media voz’

Finalizou a rodaxe en Galicia, da película documental 'A Media Voz', un traballo para recuperar emocións de dous cineastas cubanas que chegaron a Galicia hai xa 16 anos. A produción corre a cargo de Matriuska Producións, firma pontevedresa que ten xa unha ampla experiencia no mundo cinematográfico. 'A Media Voz' conta a historia de Patricia Pérez Fernández e Heidi Hassan. Ambas abandonaron a capital cubana, percorreron Europa e chegaron ata a Costa da Morte, terra dos seus ascendentes. A primeira, ademais, viviu uns anos en Cabana, e agora está en Madrid. A segunda elixiu Suíza. Ademais deses planos de emocións sobre o mar visto desde ou Roncudo, ‘A Media Voz' inclúe gravacións no miradoiro de Monte Branco, A Barra, a Pedra Cuca e diversas paisaxes de Corme e Laxe. Lugares que marcaron ás dúas cineastas e emigrantes na súa viaxe cara a unha nova vida. E todo iso, baixo unha estética experimental que se afasta dos leitos habituais.

80 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

A produtora galega Portocabo sigue posicionándose no mercado internacional ao poñer en marcha a súa primeira coprodución entre Francia, Italia e España. A ficción, que levará por nome 'El Camino', será unha serie transmedia que xirará arredor das historias de tres mulleres moi diversas en culturas, idade e carácter e sen conexión entre si. A historia arrinca cando, por razóns do destino, acaban afectadas por un acontecemento dramático que as conectará xerando un vínculo moi profundo, do mesmo xeito que o Camiño de Santiago conecta cos seus camiñantes. Nesta miniserie de seis capítulos, a vida das tres iniciará un proceso transformador no que chegarán a cuestionar a súa propia identidade. Tralas reunións mantidas nos últimos meses en mercados internacionais coma o Mipcom de Cannes, o European Film Market - EFM da Berlinale e o francés Series Manía, finalmente, o grupo Banijay (Francia e Italia) será o encargado da distribución da serie. A serie, que se atopa actualmente entre os cinco seleccionados na convocatoria de axudas a proxectos audiovisuais da Xunta de 81 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

Portocabo pon en marcha a súa nova coprodución internacional, 'El Camino'


ABRIL

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Galicia que difundan o Camiño de Santiago a nivel internacional, rodarase en español, francés e italiano, e estará acompañada dunha campaña transmedia na que estarán incluídas narracións e accións en múltiples formatos fiando un discurso arredor dos valores do Camiño. Unha aposta pola coprodución internacional Portocabo, a produtora que dirixe Alfonso Blanco avanza así na súa estratexia de liderar coproducións internacionais para televisión que xa iniciou con 'Hierro', a nova serie que se estreará Movistar+ en xuño. 'Hierro' é un thriller policial ambientado na illa canaria de El Hierro, que foi desenvolto en Portocabo polo equipo creativo formado por Pepe Coira (creador), Araceli Gonda (guionista) e Jorge Coira (director). A serie é a primeira de Movistar+ que parte dunha coprodución internacional, da man de Portocabo xunto a Atlantique Productions (Francia) e canal ARTE (Francia-Alemaña). A semana pasada 'Hierro', protagonizada por Candela Peña e Dario Grandinetti, tivo a súa premiere mundial no festival Series Mania, en Lille, onde foi a única serie española na competición internacional. A estrea en Movistar+ está prevista para o 7 de xuño en España e Latinoamérica

82 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

A semana pasada finalizou en Portugal a rodaxe de 'O Santa Isabel'. A ópera prima de Paula Cons é un thriller sobre a fuxida da dor e sobre as sombras e, practicamente ningunha luz, do heroísmo. Estrearase nas pantallas a comezos do vindeiro ano da man de Filmax. Diferentes localizacións de Galicia e Portugal acolleron durante seis intensas semanas a rodaxe da película, inspirada na historia de tres mulleres que se converteron en heroínas pola súa fazaña tralo naufraxio, en 1921, do trasatlántico Santa Isabel fronte á illa de Sálvora, pero ás que a sociedade logo esquecería. Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna protagonizan este thriller, xunto a Victoria Teijeiro, Ana Oca e María Costas. Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Miguel Borines, Tatán, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal, Javier Tolosa e Leyre Berrocal, entre outros, completan o reparto. 'O Santa Isabel' é a primeira longametraxe de ficción de Paula Cons. A directora e guionista desta película, na que contou coa colaboración de Luis Marías no guión, tamén traballou como guionista e produtora executiva da longametraxe 'Lobos Sucios', e

83 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

Paula Cons finaliza a rodaxe do thriller 'O Santa Isabel'


ABRIL

EMPRESAS AUDIOVISUAIS como directora e guionista dos documentais 'A Batalla Descoñecida' e 'O caso de Diana Quer. 500 días'. Conta ademais cun equipo de profesionais de primeira liña como o director de fotografía Aitor Mantxola, o director de arte Antonio Pereira, a responsable de maquillaxe e perruquería Raquel Fidalgo, ou a encargada de deseño de vestiario Eva Camino. En palabras da súa directora: pretendemos achegarnos a un feito histórico, recuperar o recordo de tres mulleres fascinantes e facer unha reflexión sobre a fuxida da dor (da protagonista e da sociedade) a través dunha historia misteriosa e cun gran poder visual. O filme está coproducido pola galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis e a arxentina Aleph Cine. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio da AGADIC, do Goberno Vasco, do ICAA, do INCAA arxentino e do Programa Ibermedia. 'O Santa Isabel' chegará aos cines españois a comezos do 2020 da man de Filmax.

84 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS A CRTVG leva a lingua galega á oferta da plataforma Netflix coa serie 'O sabor das margaridas'

A lingua galega forma parte desde hoxe 29 de marzo da oferta de Netflix, coa estrea da primeira serie en galego nesta plataforma de contidos, 'O sabor das margaridas', ficción da Televisión de Galicia emitida na canle pública no outono de 2018. Na súa misión de servizo público, a CRTVG traballa para preservar e promover a lingua galega, que agora chega a unha plataforma de difusión global presente en máis de 180 países. 'O sabor das margaridas' é unha coprodución de éxito de TVG e CTV, un thiller policial de seis episodios con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra, Santiago e Teo, e que agora chega a todo o mundo a través de Netflix. Actualmente, TVG está reemitindo a serie, que foi recoñecida como mellor serie de televisión nos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, na primeira canle as noites dos luns (23.30 h).

85 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

ESTREAS


ABRIL

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Dirixida por Miguel Conde ('Serramoura', 'Seis irmás' e 'Baixo sospeita'), 'O sabor das margaridas' ten como protagonistas os actores Nerea Barros -gañadora do Goya á mellor actriz revelación por 'A illa mínima'-, María Mera, Ricardo de Barreiro e Tony Salgado. A serie desenvólvese en 2010, en vésperas da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, nunha illada vila do interior de Galicia, onde unha espesa atmosfera gris impregna as súas rúas dun incómodo silencio, outorgando un halo de sospeita a cada un dos seus habitantes. É un intenso thriller cheo de sorpresas, onde o secuestro de Marta Labrada dá pé a unha historia de vinganza en que misterio e suspense conducen o espectador por este pequeno lugar cheo de segredos.

86 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Catro producións da CRTVG, finalistas nos prestixiosos premios Celtic Media Festival

Fotograma do filme ‘A sombra da lei’

A CRTVG está de parabéns xa que acadou catro candidaturas aos prestixiosos premios Celtic Media Festival polas producións 'A sombra da lei', 'Diario Cultural', 'Caso Diana Quer: 500 días' e 'Historias mínimas'. En todas as candidaturas, os produtos da Televisión de Galicia compiten con televisións do renome da BBC de Escocia e Gales, da FR3 de Bretaña e da RTE de Irlanda. Este certame, co que se promove a cultura e linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, celebrarase entre o 4 e o 6 de xuño na localidade escocesa de Aviemore. O director da Área de Contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, representante de Galicia do Celtic Media en Aviemore, destacou ao ser coñecedor das catro candidaturas que ''é un privilexio que a Televisión de Galicia poida competir con medios tan prestixiosos como a BBC ou a RTE irlandesa grazas á calidade dos contidos que producimos en Galicia. Están nomeados fronte a programas que van chegar aos mercados internacionais máis competitivos e isto énchenos de orgullo. A aínda estamos máis satisfeitos porque o

87 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

FESTIVAIS E CERTAMES


ABRIL

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS ‘Diario Cultural’ na súa versión dominical recentemente creada nesta tempada elevou a Radio Galega ao seu máximo recoñecemento internacional, como mellor programa de música en vivo''. Pola súa parte, Tania Fernández Lombao, xefa de Programas da Radio Galega, dixo ''alégranos este recoñecemento á nova estratexia cultural da Radio Galega. O intenso traballo dos últimos meses, nos que se abriu ademais a vía dixital do ‘Diario Cultural’, tradúcese nesta primeira nominación internacional. Dános azos para seguir traballando con intensidade na busca de novos públicos a través de contidos culturais con fórmulas como a da edición dominical do Diario Cultural''. O festival de contidos dixitais Carballo Interplay celebra a súa sexta edición do 3 ao 6 de abril O Carballo Interplay é un festival de contidos dixitais, evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor máis transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.

88 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

O Festival de Cannes anunciaba que proxectará o vindeiro mes en competición un filme galego e en galego. Thiérry Frémaux, delegado xeral do Festival de Cannes e director do Instituto Lumière de Lyon, comparecía ante os medios para dar conta das películas elixidas para a sección oficial e para 'Un certain Regard' (a segunda en importancia) do evento galo. E na devandita presentación, sonaba o nome de Oliver Laxe ó que calificou de "formidable mozo cineasta" pertencente "a unha nova xeración do cinema español". Del, engadiu que presentaba a obra 'O que arde' que chegará ós cinemas a final de ano. "Estou contento de que sexa en galego. Por fin, unha peli na que se fala en galego en Cannes. É un orgullo, a verdade. É un traballo máis maduro, é un conto rural, galego, no que se evoca o desleixo a través dunha nai e dun fillo que coidan un doutro, como se queren, como resisten os dous nunha aldea perdida dos Ancares, que é de onde son orixinarios" coa sombra acesa dos lumes como fondo, apuntaba Oliver Laxe onte vía teléfono, un creador nado en París, fillo de emigrantes galegos que, precisamente, saíron dos Ancares, dunha casa de pedra.

Cartaz do filme ‘O que arde’

89 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: 'O que arde', de Oliver Laxe


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

ABRIL

PALMARÉS 'Defende a galega' gaña o premio José Couso A pasada semana, os traballadores e as traballadoras dos medios públicos galegos foron recoñecidos co Premio José Couso Liberdade de Prensa. A acta do galardón a Defende A Galega destaca a súa mobilización "sen precedentes nos medios públicos galegos" e o feito de que este colectivo de persoal da TVG e da Radio Galega se "convertese no símbolo dunha pelexa pacífica e tenaz que desborda os límites da televisión e da radio públicas e que debera involucrar non só a toda a profesión xornalística senón ao conxunto da sociedade galega".

90 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Foto de equipo da serie ‘La Unidad’

A loita contra o terrorismo yihadista que arrasa a todo o planeta e que ten en España uno dos seus puntos quentes centrará a trama de 'A Unidade', a nova serie que Movistar+ prepara para a primeira metade de 2020. A ficción foi anunciada oficialmente este martes en Melilla, onde acudiu FormulaTV, coa presenza do seu reparto e do director Dani De la Torre, o guionista Alberto Marini, Domingo Corral e Emma Lustres, responsable da produtora Vaca Films, que se fai cargo do proxecto. Tras a premiada 'O descoñecido' (2015), De la Torre e Marini volven traballar xuntos nesta serie policíaca que profunda na prevención de atentados e a desarticulación de ataques. A protagonista é Carla (Nathalie Poza), a xefa da Unidade de Investigación Policial contra o terrorismo yihadista que, tras a detención do fanático máis

91 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS Movistar+ anuncia 'A Unidade', un thriller sobre yihadismo con Nathalie Poza dirixido por Dani da Torre


ABRIL

GALICIA AUDIOVISUAL buscado do mundo, terá que lidar coa ira que os seus seguidores pretenden descargar sobre o noso país. Para esta misión traballará, entre outros, con Miriam (Marian Álvarez), Sergio (Luís Zahera), Roberto (Raúl Fernández) e Marcos (Michel Noher). No reparto tamén se atopan Carlos Blanco, Amina Leony e Fariba Sheikhan. Melilla acolle os primeiros días da produción e Movistar+ e Vaca Films gravarán nalgúns dos puntos máis conflitivos da cidade.

92 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Agapi colabora co Carballo Interplay na mesa: Como cambiou internet a forma de producir? Agapi colabora co Festival Carballo Interplay na celebración da mesa sobre COMO CAMBIOU INTERNET A FORMA DE PRODUCIR, que interveñen Alberto Fernández (Subdirector de Transmedia e Playz en RTVE), Mafalda González-Alegre (Flooxer), Carla Rogel (Mediapro Labs), Alfonso Branco (Portocabo). Moderador: José Antonio Velo, de Astrágalo Studio, en representación de AGAPI. Novas plataformas, series dixitais, producións globais, novos formatos, branded content… a produción audiovisual expándese por todo tipo de pantallas e ten un mercado global ao seu alcance. Que supón isto para as produtoras e os medios? Cales son as esixencias de produción da industria audiovisual na internet? Que novos factores hai que ter en conta á hora de afrontar un proxecto?.

Participantes na mesa ‘Como cambiou internet a forma de producir?’

93 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

FORMACIÓN


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

ABRIL

NOMES PROPIOS Manolo González, un dos grandes impulsores do audiovisual galego, recibirá a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine

O premio outorgaráselle pola súa incansable labor en favor do cinema e a historia audiovisual galega, polas súas labores didácticas sempre co fin de dar a coñecer o cine galego e polo apoio que ofrece ás novas xeracións. A gala de inauguración da oitava edición do Primavera do Cine será no barrio do Calvario e será un evento ao aire libre, de balde e onde se proxectará un filme da sección oficial. A mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine será para Manolo González, produtor, guionista, docente, investigador de cine e, sen dúbida, un dos principais impulsores do audiovisual galego. A entrega terá lugar o 1 de maio ás 21.00 na gala de inicio do certame, que este ano celebrarase no barrio do Calvario e ao aire libre co fin de promover un festival máis aberto e colaborativo. O Festival Primavera do Cine quere deste xeito recoñecer a súa ampla traxectoria e o seu compromiso no eido audiovisual. De 94 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

Por suposto, Manolo González estivo detrás dunha infinidade de proxectos. Así, foi responsable da Área de Cine e Vídeo da Dirección Xeral de Cultura, onde implementou as primeiras axudas públicas ao cine e vídeo galegos e entre 1984 e 1985 estivo ao fronte da Videoteca de Galicia, que despois se convertería no CGAI. Ademais, tamén traballou en VideoVoz TV, Dygra Filmes e realizou diversas labores de investigación. Así mesmo, hai que destacar os numerosos premios que recibiu, entre os que destacan en 2003 o premio dos Mestre Mateo José Sellier pola posta en marcha da Escola de Imaxe e Son, en 2014 o premio honorífico Fernando Rey, tamén dos Mestre Mateo, precisamente por esa incansable paixón que ten ao mundo do audiovisual galego ou en 2016 Premio de honra de CREA (Asociación de directores creadores audiovisuais de Galicia) polo seu compromiso cos directores e creadores audiovisuais galegos. En definitiva, a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine recae este ano nunha persoa comprometida co cinema galego, cunha traxectoria vinculada ao mundo audiovisual de máis de 30 anos e que ao que aínda lle queda moito por facer.

95 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ABRIL

feito, foi un dos creadores e directores da Escola de Imaxen e Son de A Coruña (1990-1998), dirixiu tamén a Academia Galega do Audiovisual (2006-2009) e foi un dos ideólogos de Chanfainalab, un certame cinematográfico creativo e participativo feito no concello de San Sadurniño (Ferrol) que naceu en 2014 e no que segue participando como coorganizador. Ademais, con esta mención honorífica tamén se quere premiar o apoio que ofrece ás novas xeracións e, por suposto, ao traballo didáctico que fai día a día co obxectivo de dar a coñecer o cinema e a historia da comunidade galega.



MAIO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN

5

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


MAIO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS 'O que arde' convértese no primeiro filme que se proxecta en galego no Festival de Cannes

Protagonistas e director do filme ‘O que arde’ na alfombra do Festival de Cannes

'O que arde', o terceiro filme de Oliver Laxe, presentouse este martes no Festival de Cannes dentro da sección competitiva 'Un certain regard'. A longametraxe convértese na primeira película que se proxecta en lingua galega no prestixioso festival francés. Amador Arias Mon e Benedicta Sanchez Vila, os dous protagonistas do filme, acompañaron a Laxe esta mañá na cidade francesa na presentación ante a prensa. Laxe convértese ademais no segundo director do Estado Español (xunto con Víctor Erice) en formar parte da selección en Cannes coas súas 3 primeiras longametraxes. O realizador galego gañou alí o Premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores por 'Todos vós sodes capitáns' no ano 2010. E no 2016 repetiu con 'Mimosas', que se fixo co Gran Premio da Semana da Crítica. 'O que arde' estrearase nas salas galegas a finais deste ano 2019, distribuída por Numax. Gravada nos Ancares lucenses -terra de

98 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

O filme conta a historia de Amador, o seu regreso á casa tras cumprir condena por un delito de incendio. Alí, nunha aldea perdida da Serra dos Ancares lucense, volve convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. O xogo entre a realidade e a ficción complétase coa escolla dos seus protagonistas, actor e actriz non profesionais que saíron dun casting de 300 persoas. PROXECTOS EN PRODUCIÓN O director Ignacio Vilar rodará a súa nova película 'María Solinha' en Redondela O director de cinema Ignacio Vilar, autor de películas como 'A Esmorga' ou 'Sicixia', rodará en Redondela o seu novo filme, que levará por título 'María Solinha', na que aborda a figura desta muller do século XVII trasladada aos tempos actuais, e na que as paisaxes da vila dos viadutos serán protagonistas, entre outras localizacións das Rías Baixas. Segundo explicou o propio cineasta, que acudiu onte a Redondela para presentar o seu novo proxecto, a idea da película "é dar resposta á pregunta de como sería agora María Soliña, unha muller loitadora e libre, se vivise no presente" e puntualizou que se trata dun filme moi actual "porque trata sobre a gran revolución da igualdade que estamos a vivir nestes tempos". A cinta, producida por Vía Láctea Films, rodarase integramente en galego e con actores tanto profesionais como afeccionados, que se seleccionarán a través dun casting que se realizará o próximo día 21 no Multiusos da Xunqueira, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Os asesores de casting, Ermel Morais e Esther Carrodeguas, animan a todos os veciños de Redondela a que acudan ao proceso de selección, ao insistir que non buscan profesionais. "Non temos un perfil determinado, todo o mundo pode ser válido, o único requisito 99 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

orixe da súa nai- a medio camiño entre a ficción e o documental, a película constitúe un achegamento ao traballo das brigadas de loita contra o lume e unha reflexións sobre os incendios e os seus efectos, a piromanía e as relacións veciñais.


MAIO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS será a naturalidade ante a cámara e dominar o idioma galego, debido a que se rodará neste idioma", puntualizan. En total, búscanse unha trintena de persoas para dar vida tanto aos personaxes principais, como aos secundarios e aos figurantes. Matriuska Producciones arrinca en Galicia a rodaxe do filme '¿Qué hicimos mal?' Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de '¿Qué hicimos mal?', a nova película de Liliana Torres ('Family Tour'), producida por Matriuska, Avalon e Miss Wasabi; co apoio de TVE, a Xunta de Galicia e TVG. A película está protagonizada pola propia directora e guionista Liliana Torres, Xulio Abonjo ('Fariña', 'María e os demais'), Héctor Carballo (Servir e protexer), Melania Cruz ('Dhogs', 'A Esmorga') e Jorge Roldán ('Diana'). '¿Qué hicimos mal?' é a historia dunha ficción construída sobre unha realidade que supón unha reflexión sobre os erros de guion da vida, cun tema central: a relación de parella e a crise da mesma. A rodaxe en Galicia terá lugar en Seoane do Courel, Ourense e Vigo durante 3 semanas, e en setembro retomarase en Italia e México.

100 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Aberto prazo de recepción de obras para o Festival Novos Cinemas Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 04 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 10 e o 15 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez. Novos Cinemas é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2019, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nen exhibidos en circuítos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscrición a concurso. O período de admisión de filmes estenderase dende o 30 de abril ata o 31 de xullo de 2019.

101 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

FESTIVAIS E CERTAMES


MAIO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Galicia ProFilme 2019: Festival Internacional de Cine de San Sebastián: encontro con José Luis Rebordinos

Director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, ofrecerá o vindeiro 7 de xuño, ás 10.00 horas, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), unha sesión informativa sobre os puntos de encontro e as oportunidades que lle ofrece o certame donostiarra ao audiovisual galego. Será no marco dunha nova entrega do programa Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Despois da súa intervención, José Luis Rebordinos desenvolverá reunións individuais con quen as concerte con anterioridade.

102 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

O Festival de Cans bateu na súa décimo sexta edición un novo e histórico récord de asistencia de público chegando ás 15.000 persoas durante os seus catro días de duración. Animado polo bo tempo que houbo na fin de semana, o público, diverso e interxeracional como en edicións anteriores, esgotou todas as sesións con entradas á venda, tanto das seccións a concurso como das actividades e das sesións paralelas. Seccións como FuraCans ou o Jalpón dos Oscar venderon todas as localidades días antes do comezo do festival. O sábado, o posto central da Asociación Arela vendera xa a primeira hora da tarde todas as entradas dispoñibles e esgotou ao final do día o merchandising propio do festival. Ademais de coroar a novas e novos curtametraxistas que viviron emocións fortes e nervios na entrega de premios, a XVI edición do Festival de Cans deixou numerosos momentos máxicos. Ao coloquio matinal no Espazo Estrella Galicia co director Rodrigo Sorogoyen sumáronse por sorpresa o actor Luis Zahera e Leonor Watling, congregando a preto de 400 persoas na Leira da señora Alicia. Outro dos instantes especiais foi a aparición no escenario de Iván Ferreiro para acompañar a Wyoming y Los Insolventes nun Torreiro desbordado polo público. Previamente, a colocación da estrela do Gran Wyoming no Torreiro fora xa un dos momentos estelares do festival. Máis de mil persoas aclamaron ao showman e actor ao berro de “Presidente, Presidente” mentres este facía un monólogo improvisado entre o numeroso público. Wyoming colocou a súa estrela xusto antes do concerto de Dakidarría, o máis multitudinario dos celebrados en sesión de tarde en toda a historia do festival. Ademais de membros do xurado, curtametraxistas, músicos e as persoas homenaxeadas deste ano, deixáronse ver por Cans un bo número de profesionais do audiovisual e actores e actrices moi populares que se mesturaron entre o público do festival como Tamar Novas, Marta Nieto, Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola ou Julia Juániz, montadora habitual das películas de Carlos Saura ou Víctor Erice.

103 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

O Festival de Cans marcou o seu record histórico de público con 15.000 asistentes


MAIO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Aínda que o festival acolleu o maior número de público o sábado, con cerca de 9.000 persoas ao longo de todo o día, tamén obtivo unha gran afluencia nos días previos na súa aposta por reforzar a súa programación entre semana. Os coloquios e as actividades matinais do mércores e o xoves estiveron cheas polas visitas de centros educativos e público xeral que se achegou a Cans. As actividades programadas no centro do Porriño o xoves pola tarde tamén atraeron a numerosas persoas, que gozaron do concurso de pintura rápida “Pintar o cine”, o showcooking Estrella Galicia de tapas de cine con Pablo Pizarro ou a nova sección de libros LendoCine, que tivo unha gran aceptación na súa primeira vez que se celebrou. O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño acolleu tamén o xoves a pre-estrea de 'Eroski Paraíso', cunha sala repleta de público que regalou ao equipo da película unha das maiores ovacións da historia do certame. Ademais, calcúlase que máis de 2.000 persoas -sobre todo rapazas e rapaces- pasaron polo Parque do Río entre venres e

Gran Wyoming, convidado ao Festival de Cans

104 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS No apartado musical, a actuación de Marlango na tarde do venres despachou en apenas uns minutos as 500 pulseiras previstas para acceder ao recinto. Outro dos grandes momentos foi a presenza en Cans de Paulo Furtado para a presentación do seu filme 'Fade Into Nothing' e o concerto posterior de The Legendary Tigerman no que fixo vibrar ao público co seu directo apoteósico. Do mesmo xeito, o Invernadoiro e o Cuberto de Mucha do Peso consagráronse este ano como un dos espazos máis celebrados polo público, que gozou coas actuacións de Budiño e co novo espectáculo de Antón Reixa, 'Melancoholemia', que levantou unha enorme expectación e non defraudou ao público presente. Entres os coloquios cómpre salientar os da Fundación AISGE, especialmente o dedicado aos vinte anos da serie 'Mareas Vivas', que contou coa presenza de Miguel de Lira, Camila Bossa, Isabel Blanco e Víctor Mosqueira. Un encontro no que, por primeira vez nun coloquio matinal, o numeroso público non puido acceder ao Baixo do Moncho por falta de espazo. En definitiva, a XVI edición do Festival de Cans converteuse na máis completa en contidos e na máis concorrida na historia do festival, superando os 13.000 espectadores do ano 2017, a cifra máis alta á que tiña chegado o festival ata o de agora.

105 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

sábado, consolidando definitivamente o espazo familiar Minicans.


MAIO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS Defende a Galega recollerá este venres o Premio José Couso A XV edición do Premio José Couso, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas e Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, terá lugar este venres ás 17.45 horas. A premiada deste ano é Defende a Galega, o movemento de mobilización do cadro de persoal da CRTVG. Os actos celebraranse no Concello de Ferrol. Intervirán Tati Moyano e Carlos Jiménez, en representación de Defende A Galega, nunha rolda de prensa no salón de recepcións do Concello a partir das 18:00 horas, onde estarán acompañados pola presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz Sixto; o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Francisco X. González Sarria; e o alcalde do Concello de Ferrol, Jorge Suárez Fernández. Ás 19:00 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral na estatua ‘Ás Ceibes’, do escultor Manuel Patinha, no Cantón de Molíns onde a xornalista Sabela Direito será a encargada de ler un texto en nome da organización. Ás 19:30 horas dará comezo no Teatro Jofre o acto de entrega, que será presentado por Patricia Hermida, onde Moyano e Jiménez, en representación de Defende A Galega, recollerán o galardón e terán unhas palabras para o público presente. Ao remate, como cada ano, vai celebrarse a partir das 20:00 o Concerto da Liberdade, nesta ocasión a cargo do grupo Petit Swing. Defende A Galega sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017) e Julia Otero (2018) foron ata agora as persoas galardoadas coa estatuiña das ‘Ás Ceibes’.

106 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Sánchez Izquierdo destaca o saneamento das contas anuais da CRTVG desde 2009 e o superávit de 2,2 millóns acadado en 2018

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, compareceu hoxe ante a Comisión de Control da CRTVG do Parlamento de Galicia para presentar as contas anuais da Corporación correspondentes a 2018, cumprindo coa obriga marcada pola Lei 9/2011, de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia. O director xeral salientou que a CRTVG pechou o ano pasado cun resultado orzamentario positivo, por valor de preto de 2,2 millóns de euros (2.180.961€), tendencia que se repite desde 2009 e que é froito dunha xestión desenvolvida ''cun profundo sentido empresarial que contribuíu a mellorar os resultados e a situación patrimonial e financeira da sociedade''. En 2018, en termos de audiencia, a CRTVG acadou a segunda posición tanto no conxunto do día coma no prime time. A canle pública

107 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS


MAIO

GALICIA AUDIOVISUAL galega preséntase como unha das máis dinámicas, xa que acadou no conxunto do día 2,1 puntos de cota máis que a media da FORTA (7,9%) e no prime time 2,8 puntos máis que a media da FORTA (8%). 2018 foi tamén o ano en que se levou a cabo a transformación máis importante desde a creación dos medios públicos galegos en 1985: a dixitalización do total dos seus sistemas e procesos de produción ''que vai colocar a audiencia no centro da estratexia da Corporación co fin de ofertar unha programación competitiva e de calidade''. Son tamén axeitados os indicadores no ámbito financeiro (tesourería, liquidez e solvencia) e mesmo na desaparición estrutural desde o ano 2013 da débeda bancaria e un resultado, tamén axeitado, en clave de endebedamento neto. Como explicou Sánchez Izquierdo, ''saneáronse neste período (2009-2018) un valor total de 33,2 millóns de euros, o cal representa unha porcentaxe do 65,1%''. Lográronse tamén resultados axeitados no ámbito patrimonial, cun patrimonio neto ao remate de 2018 de 42,6 millóns de euros, cun incremento do 12,7% respecto de 2017. No punto do gasto de persoal, Sánchez sinalou que ''acadou un valor de 48,8 millóns, semellante ao de 2017, comportamento que pon de manifesto unha tendencia de contención nos valores”, e que a xestión económica fixo posible que “o custo da Corporación por habitante baixase desde 2009 ata situarse actualmente nun valor de 35,8 euros/ano''. Nese eido laboral, en 2018 traballouse na finalización dun plan de saneamento da xestión laboral en relación cunha problemática con orixe retrospectiva en exercicios anteriores a 2009, financiado con recursos ordinarios, que tivo un custo total de 39,6 millóns de euros a 31 de decembro do ano pasado. En canto á débeda neta, a CRTVG presentaba ao remate de 2018 un importe de 6,6 millóns de euros, o que significa un saldo favorable á Corporación por este importe e confirma a mellora continuada desde 2009.

108 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, cualificou de “falacias” as acusacións de vetos a artistas na televisión e a radio públicas galegas e alertou das consecuencias para as propias traballadoras e traballadores e medios que difundan esas "falacias" sobre o ente público galego. Na comisión parlamentaria da CRTVG celebrada no Parlamento Galego, o deputado Julio Torrado, do PSdeG, preguntou polo motivo de que o DefendeAGalega fose o único galardoado dos Premios José Couso á Liberdade de Prensa do que non se informase no medio público. Izquierdo afirmou que se debeu a unha decisión corporativa que responde á lóxica ''dos que saben o que hai detrás dese ruído'', en referencia ao colectivo que reivindica desde hai un ano coa iniciativa Venres Negros unha CRTVG pública e de calidade, fronte á manipulación e á precariedade. 'O que arde', de Oliver Laxe e participado pola TVG, primeiro filme en galego en ser premiado no Festival de Cannes

Oliver Laxe, director do filme ‘O que arde’

109 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

A CRTVG advirte de "consecuencias" para as traballadoras e medios que difundan "mentiras"


MAIO

GALICIA AUDIOVISUAL A película 'O que arde', dirixida por Oliver Laxe e participada pola Televisión de Galicia, alzouse esta noite co premio do xurado na sección oficial 'Un certain regard' ('Unha certa mirada') no 72º Festival de Cannes, a cita cinematográfica máis prestixiosa e un dos eventos culturais máis mediáticos do mundo. 'O que arde', o primeiro filme rodado en galego que chega á meca gala do cinema, tamén logrou o 'Premio ao mellor concepto sonoro' outorgado pola 'Semaine du son', no marco do festival. A longametraxe, rodada nos montes dos Ancares, reflexiona sobre a problemática dos incendios forestais en Galicia e as relacións veciñais a partir da historia dun pirómano que volve á casa da súa nai despois de pasar polo cárcere. Amador Arias e Benedicta Sánchez son os protagonistas desta relación entre nai e fillo, en que a forza interpretativa está nos seus rostros. As dúas anteriores películas de Laxe xa foran galardoadas no certame francés. Con 'Todos vós sodes capitáns' gañou en 2010 o premio da crítica da Quincena de Realizadores e repetiu con 'Mimosas', participada pola TVG e gañadora en 2016 do gran premio da Semana da Crítica.

110 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Agapi participa nos IX Encontros Arraianos de Cinema O pasado 30 de abril tivo lugar a celebración dos IX Encontros Arraianos de Cinema organizados dentro do Festival Primavera de Cine. Por primeira vez, AGAPI acudiu a esta cita na que se teceron redes de colaboración e intercambio entre Cineclubes e Festivais de cine de Galicia e Norte de Portugal, España e Brasil. Promovidos polo Festival Internacional de Cine Rural de Galicia 'Carlos Velo', Arrianos Producións e Ao Norte, nos Encontros Arraianos de Cinema colaboran xa numerosos cineclubes e festivais, axentes públicos e privados, universidades, produtoras e outros colectivos de Galicia, Norte de Portugal e Brasil, que participaron na última xuntanza desta rede en Melgaço, dentro do Festival Filmes do Homem.

111 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


MAIO

GALICIA AUDIOVISUAL NOMES PROPIOS Oliver Laxe incendia o festival de Cannes coa súa película sobre un pirómano

Fotograma do filme ‘O que arde’

Tras 10 anos vivindo en Marrocos, Oliver Laxe volve a casa, a Galicia. "É a miña casa e á vez non o é, porque un cineasta sempre é estranxeiro, debe posuír unha distancia para filmar", conta en Cannes tras a estrea do seu terceira longametraxe, 'O que arde'. Laxe, por filosofía e por percorrido vital, reflexionou sobre iso: nacido en Francia, onde os seus pais emigraran, a familia retornou ao seu pequeno pobo de Lugo cando el cumpriu os cinco anos. E a súa última década —agora ten 37 anos— pasouna en Marrocos. Hoxe vive, de novo, en Lugo. Poida que Cannes si sexa a súa casa: coa súa primeira película, 'Todos vós sodes capitáns' (2010), gañou un dos premios Fipresci da crítica internacional. Coa segunda, 'Mimosas' (2016), obtivo o Gran Premio da Semana da Crítica. Agora presenta 'O que arde', a primeira película en galego no certame, na sección 'Un certain regard'. Na súa terceira longametraxe, Laxe mostra, 112 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

113 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

MAIO

con certa narrativa, a volta a casa, tras cumprir a súa condena, de Amador, un pirómano que, como din ao seu lado, "case queima medio Lugo". Na vila espérao Benedicta, a súa nai, tan maior como chea de enerxía. A inclusión de Amador é complexa e máis cando estala un novo incendio.



XUÑO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

6

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

XUÑO

NOVAS Clase maxistral do guionista Rafael Cobos

Rafael Cobos, guionista

Dentro do ciclo Escribir para plataformas, AGAG Asociación Sindical de Guionistas Galegos organiza, co apoio da Fundación SGAE, unha masterclass co recoñecido guionista Rafael Cobos. A clase maxistral abordará o proceso de escritura e documentación de 'La Peste', un ambicioso thriller ambientado na Sevilla do século XVI, a última ficción para televisión de Rafael Cobos. Terá lugar o venres 28 de xuño de 16.30h a 20h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para membros de AGAG, SGAE, FAGA e CREA. A tarifa xeral é de 20€ e a tarifa de estudante é de 15€. Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal.

116 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Comeza a rodaxe en Vigo da serie galego-portuguesa 'Auga Seca', producida por Portocabo

O Real Club Náutico de Vigo foi onte o escenario da presentación da serie galego-portuguesa 'Auga Seca', que está a iniciar na comarca viguesa unha rodaxe que se estenderá tamén a Lisboa. A produtora galega Portocabo encabeza esta coprodución xunto á empresa lusa SP-i, para a que conta co apoio económico da Xunta a través do programa de subvencións da Consellería de Cultura e Turismo ao sector audiovisual. 'Auga Seca' é unha coprodución entre Portocabo e a recoñecida produtora televisiva lusa SP-i, xunto coa integración da TVG e a RTP. A serie marca un modelo de traballo transfronteirizo que vén a dar continuidade ao exitoso proxecto anterior de Portocabo, 'Vidago Palace', no que atinxe ao avance das relacións audiovisuais entre Galicia e Portugal. Na presentación participaron os produtores Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo; José Amaral, responsable de SP-i; Jaco Sutil, director da Agadic; Ignacio López117 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

PROXECTOS EN PRODUCIÓN


XUÑO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo, representantes de TVG e a RTP portuguesa; a actriz portuguesa Victoria Guerra e os actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, trío protagonista deste thriller arredor do tráfico de armas e do crime organizado, fortemente conectado á realidade e á época actual. Neste contexto, a historia comeza cando Teresa regresa a Vigo desde Lisboa para pescudar a verdade sobre o suposto suicidio do seu irmán, ao tempo que a investigación policial terá que desentrañar unha rede delituosa acostumada a agocharse baixo unha legalidade aparentemente perfecta. Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e João Arrais tamén forman parte do elenco desta nova serie, que contará con seis episodios de 50 minutos cada un. Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de Alfonso Blanco, quen tamén asina o argumento xunto con Pepe Coira, Araceli Gonda, José Rubio, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez. No guión traballan Lidia Fraga, Carlota Dans, José Rubio e Eligio Montero, a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte, de Andrea Pozo, e a música, de Elba Fernández e Xavi Font. ESTREAS Estrea da serie 'Hierro' o 7 de xuño en Movistar+

118 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Candela, xuíza experta e de forte carácter, enfróntase a un caso de asasinato nada máis chegar ao seu novo e estraño destino: El Hierro, a illa canaria máis remota. Todos alí pensan que o culpable é Díaz, un turbio empresario, tan empeñado como a xuíza en atopar ao asasino. Ela, por facer o seu traballo. El, por demostrar a súa inocencia. FESTIVAIS E CERTAMES 'Auga seca', coproducción entre Portocabo e SPi presenta as primeiras imaxes no Conecta Fiction

119 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

A serie estréase o 7 de xuño en Movistar+. É unha coprodución entre Portocabo, Movistar+, a empresa francesa Atlantique Productions e ARTE France. 'Hierro' foi elixido coma o mellor proxecto polo CoPro Series da Berlinale.


XUÑO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS A colaboración deste proxecto entre a produtora galega Portocabo e SPi, unha das compañías de televisión máis importantes de Portugal, xestouse na primeira edición de Conecta Fiction, celebrada en 2017 en Santiago de Compostela, de modo que é unha das primeiras series que ve a luz resultado dos encontros de coprodución facilitados por este evento. A ficción, que ambas as produtoras están a preparar para Televisión de Galicia e RTP, reflicte o universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial coa actriz portuguesa Vitoria Guerra e os galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Eva Fernández, Pomba Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e João Arrais tamén forman parte do elenco da serie. Ademais, Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de Alfonso Blanco, que tamén asina o argumento xunto a José Rubio, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez. Recentemente veñen de presentar as primeiras imaxes da serie no Conecta Fiction.

ACTUALIDADE O CGAI pecha Cinema en Curso 2018-2019 coa estrea de catro filmes realizados por estudantes de Primaria, Secundaria e FP

120 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

A cinemateca da Consellería de Cultura e Turismo encárgase da xestión en Galicia desta iniciativa pedagóxica internacional, incluída á súa vez no Plan Proxecta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Así o explicou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na presentación destes traballos na sede coruñesa do CGAI, á que tamén asistiu Laia Colell, da asociación A Bao A Qu e codirectora do proxecto, que na actualidade se desenvolve en España, Arxentina, Chile e Alemaña. Sutil destacou os valores desta iniciativa, que integra o cine nas escolas como ''ferramenta privilexiada para coñecer e descubrir o mundo'' e, en concreto, como mecanismo para o crecemento persoal e académico e para o coñecemento da contorna. Destacou igualmente a boa coordinación entre todos os axentes que fan posible Cinema en Curso, desde os equipos do CGAI e A Bao A Qu ata os catro cineastas implicados nesta edición, pasando polo profesorado e o alumado dos centros adheridos. Cinema en Curso enmárcase, ademais, na liña de actividades arredor das artes visuais que a filmoteca galega desenvolve especificamente para a infancia e a xuventude, como CinED, Fotografía en Curso ou CGAI Júnior, ''todos eles proxectos abertos a experiencias reveladoras, capaces de abrir novos horizontes, de transformar a sensibilidade e de xerar preguntas'', indicou o director da Agadic.

121 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

Os preto de 70 alumnos dos catro centros educativos de Cangas, Cercedo-Cotobade, O Rosal e Fene que participaron na edición 2018-2019 do programa Cinema en Curso estrearon hoxe no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia os filmes que realizaron co acompañamento dos cineastas Ángel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño, respectivamente.


XUÑO

GALICIA AUDIOVISUAL Preséntase ‘Auga seca’, un trepidante thriller ambientado en Vigo e Lisboa

A serie de ficción 'Auga seca', un trepidante thriller de seis capítulos ambientado en Vigo e Lisboa, foi presentada este luns nunha conferencia de prensa en Vigo. 'Auga seca' conta co apoio da Agadic e do Europa Media Fund e está producida por Portocabo, responsable de series como 'Luci' e 'Vidago Palace', para TVG e a RTP, coa colaboración de SP-i, a produtora de televisión máis importante de Portugal. A serie será distribuída internacionalmente pola británica DCD Rights. A serie, que chegará á grella da TVG a finais deste ano, ten como protagonistas os actores galegos Monti Castiñeiras, que interpreta a Mauro, un empresario relacionado co tráfico de armas; Sergio Pazos, que fai de Viñas, xefe da unidade policial encargada de crimes violentos en Vigo, e a actriz portuguesa Victoria Guerra, que interpreta a Teresa, afillada de Mauro. Nada é o que semella en 'Auga seca', un thriller que conta a historia de Teresa, unha muller que toma a decisión máis arriscada da súa vida: infiltrarse nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán. Unha historia cargada de xiros e sorpresas que terá como escenarios as cidades de Vigo e Lisboa e que recollerá o universo do tráfico de armas e a súa conexión co mundo empresarial. Ao acto, que contou coa participación dos protagonistas da serie, asistiu Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; o

122 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

"Logo de varios anos rodando no estranxeiro, é un privilexio poder facer unha produción tan ambiciosa como esta en Galicia e seguir estreitando lazos cos nosos colaboradores portugueses", declarou Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo. Pola súa parte, José Amaral explicou que a colaboración da súa empresa con RTP e a TVG abre un "longo camiño a seguir" no mercado internacional. Polo de agora, ese camiño acaba de comezar coa entrada no proxecto da distribuidora británica DCD Rights e a venda dos dereitos de emisión da serie para Holanda, Finlandia e Europa do Leste (neste caso, á prestixiosa canle americana AMC). Isabel Correia destacou o carácter cada vez máis híbrido dos produtos televisivos e a vantaxe de aproveitar a conexión que existe entre Galicia e Portugal. Este vínculo tamén o sinalou Jacobo Sutil, que comentou a facilidade de "traballar co outro lado da raia" polos puntos en común na lingua e na historia. Ademais, puxo énfase na contribución do proxecto ao audiovisual galego, empregando máis de 150 persoas e abrindo vías para o sector a nivel internacional. A rodaxe de 'Auga seca' en Vigo prolongarase ata o 19 de xullo en localizacións que inclúen o Real Club Náutico, o porto de mercancías de Guixar ou o barrio do Castro. Esta é a segunda ficción coproducida pola RTP e a TVG tras o éxito en 2017 de 'Vidago Palace', unha serie de época ambientada no hotel Vidago, no norte de Portugal. A TVG tamén participa en 'Verão M', serie xuvenil da RTP que a Galega estreará a finais de xuño. A colaboración cos medios públicos portugueses atinxe tamén a programas en coprodución como 'Camiños de irmandade' ou a realización de especiais do 'Aquí Galicia' e do 'Aquí Portugal', entre as máis recentes. 123 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

director de Agadic, Jacobo Sutil; os produtores Alfonso Blanco, de Portocabo e José Amaral, de SP-i, e Isabel Correia, directora da RTP no Porto. Rosa Vilas sinalou que este proxecto "concita todos os elementos polos que apostou a CRTVG durante os últimos anos: a ficción de calidade, a internacionalización dos nosos produtos e o achegamento a Portugal, que foi sempre un reto". Amosouse tamén convencida de que "vai namorar a todo o mundo pola súa altísima calidade, apoiada nun equipo moi solvente tanto desde o punto de vista técnico coma actoral".


XUÑO

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS A CRTVG asiste desde hoxe ao Celtic Media Festival, con catro producións finalistas

A CRTVG asiste desde hoxe á celebración da 40 edición do Celtic Media Festival, certame que promove a cultura e linguas dos países celtas en cine, televisión, radio e novos medios de comunicación, con catro producións finalistas aos seus galardóns anuais. As candidaturas galegas compiten na localidade escocesa de Aviemore con televisións da talla da BBC de Escocia e Gales, da FR3 de Bretaña e da RTE de Irlanda. En representación dos medios públicos galegos, a xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, e a xefa de Programas da Radio Galega, Tania F. Lombao, participarán tamén en distintas charlas e encontros con representantes doutros medios europeos. Na presente xornada desvelarase o gañador da categoría Sucesos de actualidade (‘Current affairs’), en que é finalista a docuficción Caso Diana Quer: 500 días, producida por Agallas Films para a TVG, xunto con outras propostas da Bretaña francesa, Escocia, Gales e Irlanda. O xoves coñeceranse os restantes galardóns e os apartados en que son candidatos o ‘Diario Cultural’ (‘Radio music programme’), ‘Historias mínimas’ (‘Factual Series’) e ‘A sombra da lei’ (‘Single Drama’). 124 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

FORMACIÓN Encontro con Jose Luis Rebordinos o 7 de xuño na Coruña O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, volve a Galicia para explicar aos profesionais do audiovisual galego os principais puntos de encontro que lles ofrece este evento. A sesión informativa será no marco do programa #GaliciaProFilme da Agadic e terá lugar o vindeiro venres 7 de xuño no Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI, na Coruña, cun formato de intervención e reunións individuais con quen as solicite por email.

José Luis Rebordinos, director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián

125 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

Cómpre salientar que a Radio Galega estrea a primeira candidatura internacional co ‘Diario Cultural’ como mellor programa de música ao vivo, no ano en que se puxo en marcha o innovador proxecto #Cultura365 e o novo formato do espazo cultural. Neste apartado, amais, a competencia foi máxima ao presentarse máis de 600 horas de contidos radiofónicos. O programa da emisora pública é finalista xunto a outras seis propostas de radios con lingua propia, como a RTE de Irlanda, a radio Cymru da BBC Gales e a BBC nan Gaidheal de Escocia.


XUÑO

GALICIA AUDIOVISUAL O xornalismo a debate: Medios públicos, privados e concertados O vindeiro xoves 13 de xuño, ás 19.30h terá lugar un debate sobre os medios públicos no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Baixo o título 'Defende a galega. Para que? Para quen? Públicos, privados, concertados. O xornalismo a debate', terá lugar un encontro con diferentes expertos na materia. Está previsto que interveñan Luis Álvarez Pousa, Sonia Vizoso, Margarita Ledo e Virgilio Costas, baixo a moderación de Luis Villamor. A entrada é de balde ata completar aforo.

126 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL O VII Encontro Estatal de Asociacións de produción audiovisual españolas presenta a Federación 'MAPA'

22 Asociacións de produtores audiovisuais, de todo o territorio nacional, reuníronse en Valencia, o pasado venres día 28 de xuño no VII Encontro Estatal de Asociacións de Produtoras Audiovisuais. Ademais de continuar traballando pola mellora das condicións do sector da produción cinematográfica en España, presentáronse os obxectivos da nova federación de produtores audiovisuais MAPA. O evento foi inaugurado polo director xeral de IVC, Abel Guarinos, e contou coa participación da directora xeral de ICAA, Beatriz Navas e, a subdirectora xeral do ICAA Silvia Anoro. O VII encontro estivo estruturado en dous partes diferenciadas. Na sesión matinal tratouse a presentación desta nova Federación de Asociacións de Produtores, MAPA. MAPA, é creada por asociacións que viñan traballando desde hai dous anos no marco da Mesa de Produtores e que non formaban parte de ningunha Federación. O seu obxectivo principal será a defensa dos intereses da produción audiovisual en España de forma transversal desde as produtoras máis pequenas da España interior ata as grandes produtoras

127 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


XUÑO

GALICIA AUDIOVISUAL instaladas en Madrid, Cataluña, País Vasco, Galicia, Andalucía e Valencia. O obxectivo a medio prazo será a unión de todo o sector nunha posible confederación audiovisual a nivel nacional que permita que todas as produtoras audiovisuais españolas, independentemente da súa localización, tamaño ou campo no que realice a súa actividade poidan ter unha voz única capaz de influír nas políticas ou dinámicas que regulan o sector desde o ámbito nacional e europeo. Do mesmo xeito, abordáronse temas como o investimento por parte dos operadores de comunicación na produción audiovisual e as liñas de axuda do Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual (FASA). Proxecto que naceu destes encontros e creouse para dotar de mellores liñas de financiamento ao cinema, recuperar o apoio ao desenvolvemento e incluír xéneros que ata o momento non recibían ningunha achega e que son de vital importancia para o sector, como as series, telefilms e documentais televisivos, proxectos web ou videoxogos. A sesión da tarde foi constituída como unha mesa de traballo, que potenciase a interlocución directa entre as representantes do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, e os produtores audiovisuais. Nela abordáronse temas capitais para o sector: desde a incerteza sobre os prazos de publicación das axudas xerais á produción, paralizadas ata a constitución dun novo goberno; a necesidade de presentar máis proxectos educativos nos programas Eurimages, Media e Ibermedia ou os retos para mellorar os procedementos administrativos de solicitude de axudas por parte dos produtores. Beatriz Navas, Directora Xeral do ICAA, resaltou a importancia de ter un interlocutor como MAPA, que sexa un altofalante das melloras e compromisos que ambas as partes han de asumir para mellorar a efectividade no sector audiovisual. Gaizka Urresti, representante de APROAR (Asociación de Produtores Independentes Audioviales de Aragón) e actual presidente da xunta provisional de MAPA, poñía de manifesto o valor deste encontro xa

128 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

FORTA conmemora os seus 30 anos de servizo aos cidadáns A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas (FORTA) conmemorou hoxe o seu 30 aniversario en Chillida Leku, Hernani, no transcurso da celebración da súa xunta xeral, á que asistiron representantes das súas entidades membro e na que, ademais, se deu o visto bo a solicitar e iniciar o proceso de incorporación da Federación como socio de pleno dereito da Unión Europea de Radiodifusión (UER). Os directores xerais dos distintos servizos audiovisuais públicos autonómicos englobados en FORTA coincidiron en resaltar o importante papel asumido pola Federación durante os seus 30 anos de existencia como organismo vertebrador, que posibilitou acadar metas comúns e defender o modelo de servizo público, que desenvolven na sociedade. Para Alfonso Sánchez Izquiero, director xeral da CRTVG, presente no acto. ''A FORTA foi quen de evolucionar e aglutinar todas as diferentes sensibilidades das comunidades que conforman España, as súas linguas, as súas culturas, as súas tradicions e situalas todas baixo un teito común. Ese é o espírito reflectido na liña de comunicación da acción, que como slogan sostén: ''Compartimos diferenzas''. Non pode ser máis acertado este lema para describir o noso espírito de pervivencia e colaboración durante todos estes anos''. En opinión do director xeral do Ens Public de Radiotelevisió de les Illes Balears e actual presidente de FORTA, Andreu Manresa, ''FORTA é a historia dun éxito colectivo, unha federación de iguais que configura a pel audiovisual, social, deportiva, cultural e económica deste país, tan diverso e semellante''. Incidiu en que ''as industrias de produción cultural e información, os sistemas públicos audiovisuais, subsistirán pola súa necesidade como eixe 129 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO

que posibilitaba a presentación da federación como un ''interlocutor activo ante o ICAA, disposto a colaborar no deseño das políticas culturais de apoio á cinematografía''.


XANEIRO XUÑO

GALICIA AUDIOVISUAL do sistema democrático''. ''A demanda existe, a poboación –todareclama que alguén lle conte que pasa ou se inventa. Ninguén substituirá a mirada humana, o ollo persoal, a voz e o relato directo. Este é o noso rol ante todas as xeracións''. En definitiva, neste encontro púxose de manifesto que adaptarse, en maior medida, aos novos tempos e á dixitalización –apostando pola emisión interactiva e transmedia-, satisfacer as demandas da poboación máis nova, tecer sinerxías na diversidade, competir con outros operadores e seguir unidos baixo un modelo colaborativo, así como aproveitar máis oportunidades para ter presenza e escalar a colaboración entre televisións a nivel europeo, son os principais retos de futuro. ''A unión permítenos dar un discurso común en defensa das radios e televisións públicas'', concluíron os directores xerais dos organismos que forman parte de FORTA. O evento contou tamén coa participación de Joaquín Durán, director de Canal Sur Radio e Televisión; Nuria Llorach, vicepresidenta e presidenta en funcións da Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals; José Pablo López, director xeral de Telemadrid; Enrique Soriano, presidente da Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació; Maite Iturbe, directora xeral de Euskal Irrati Telebista; Carmen Amores, directora xeral de Castela-A Mancha Media; José Carlos Naranjo, administrador único de Radio Televisión Canaria; Juan Miguel Aguado, director xeral da Radiotelevisión da Rexión de Murcia; Teresa Azcona, directora xeral da Corporación Aragonesa de Radio e Televisión, e Francisco González Orejas, director xeral da Radiotelevisión do Principado de Asturias.

130 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Emma Lustres, produtora

De entre as 14 finalistas territoriais un xurado formado polo comité de Diversidade de CaixaBank escollerá á gañadora nacional do galardón, que será unha das representantes españolas nos premios IWEC 2019 no marco da 12ª Conferencia International Women' s Entrepreneurial Challenge (IWEC), que este ano acollerá a cidade de Nova Deli entre os próximos 10 e 13 de novembro. Para Emilio Barreiro, director territorial de CaixaBank en Galicia, ''o modelo de banca socialmente responsable de CaixaBank coloca entre as súas prioridades o compromiso coa igualdade de xénero. Por este motivo, impulsamos numerosas iniciativas entre as que destaco leste Premio Muller Empresaria CaixaBank, que ten como obxectivo aumentar a visibilidade, a credibilidade, a aceptación, o recoñecemento social e o respecto á muller empresaria, axudando a crear consenso social sobre o seu importante papel no mundo económico e social''.

131 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XUÑO XANEIRO

Emma Lustres gaña a fase territorial do Premio Muller Empresaria CaixaBank 2019


XANEIRO XUÑO

GALICIA ESPACIOAUDIOVISUAL DESTINADO PARA TÍTULOS Pola súa banda, Emma Lustres, que desde a creación en 2003 da produtora Vaca Films produciu películas de éxito como 'Celda 211', 'El niño', 'La sombra de la ley' ou 'El Desconocido', destacou que ''ser elixida gañadora territorial do Premio Muller Empresaria CaixaBank 2019 é toda unha honra''. ''Son xa máis de 15 anos dedicada ao cinema'', engadiu, ''dirixindo Vaca Films, e supón un orgullo persoal recibir este recoñecemento entre tantas compañeiras''. Para Emma, ''este é só o primeiro paso dun longo camiño que temos por diante, cara a unha visión máis feminina do mundo empresarial, tecendo redes de mulleres de extraordinaria valía profesional e persoal. Só podo agradecer a CaixaBank e ao xurado este premio que é, á súa vez, unha oportunidade para seguir traballando'', concluíu.

132 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL NOMES PROPIOS Conversamos con Aser Álvarez, autor do documental 'O silencio dos eólicos'

Aser Álvarez, xornalista e produtor

Aser Álvarez, xornalista e autor de documentais, entre eles o que nos presentou no informativo Bos días, ‘O silencio dos eólicos’. Son sete minutos en que se recolle a vida na facenda da familia ArnosoAnca, que vive na serra de Forgoselo, no concello de San Sadurniño.

133. Anuario de información do Sector Audiovisual Galego



XULLO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

7

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


XULLO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Fiestra, plataforma online de contidos audiovisuais galegos Desde o ano 2018 a Academia Galega do Audiovisual ven desenvolvendo unha serie de iniciativas que comparten o obxectivo defavorecero diálogo entre o audiovisual e a educación,para promover a posta en marcha de iniciativas transformadoras. Este compromiso coa difusión do audiovisual galego e a formación das espectadoras e espectadores do futuro terá un punto de inflexión a finais deste ano co lanzamento de Fiestra, unha plataforma online dirixida a centros educativos de primaria e secundaria e que promove a educación en valores do alumnado a través de contidos audiovisuais galegos. Con esta ferramenta a Academia Galega do Audiovisual quere: empregar obras audiovisuais para educar en valores e tratar eixos transversais do currículum educativo, favorecer o traballo creativo e colaborativo, formar espectadores críticos, promocionar o talento audiovisual galego entre mozas e mozos e proporcionar acceso legal a contidos audiovisuais para seren proxectados no entorno educativo. Nesta fase inicial do proxecto, Fiestra proporcionará un catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas para traballar a educación en valores, dando acceso a un buscador que permitirá atopar as pezas que máis se axeiten aos criterios seleccionados (idade, temática, xénero, etc) así como a fichas de cada traballo e diverso material didáctico.

136 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Acordo entre o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Consello Directivo do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal, Luís Chaby Vaz

Galicia e Portugal estreitan lazos no eido audiovisual. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Consello Directivo do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal, Luís Chaby Vaz, asinaron esta mañá un memorando de entendemento para desenvolver proxectos conxuntos neste ámbito e para avanzar no impulso das súas respectivas industrias audiovisuais e cinematográficas. No acto tamén estiveron presentes o director da Portugal Film Commissión, Manoel Claro, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e director da Agadic, Jacobo Sutil. Mediante este acordo, a Xunta e o Instituto do Cinema e do Audiovisual comprométense a colaborar na produción e desenvolvemento de longametraxes cinematográficas e series de televisión realizadas conxuntamente por produtores independentes de Portugal e Galicia. O obxectivo é poñer en marcha producións que reúnan elementos culturais dos dous territorios e que, asemade, favorezan o intercambio de talento técnico e artístico. 137 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

Galicia e Portugal selan un acordo para desenvolver proxectos conxuntos no eido audiovisual


XULLO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS PROXECTOS EN PRODUCIÓN Comeza a rodaxe de 'A estiba', o novo thriller policial da TVG, que se estreará despois do verán Televisión de Galicia atópase inmersa no proceso de produción dun novo thriller para o seu horario de máxima audiencia. Precedido polo éxito recente deste xénero con 'O sabor das margaridas', esta semana comezou a rodaxe das primeiras secuencias de 'A estiba' no porto da Coruña. Con moitas localizacións en exteriores, é a primeira ficción da TVG inspirada no traballo da Policía Nacional, capitaneada por unha muller, a actriz Melania Cruz. A súa estrea chegará á grella da canle pública a próxima temporada de outono-inverno. Dirixida por Miguel Conde ('O sabor das margaridas'), cómpre salientar que na realización deste thriller, formado por 15 capítulos, teñen moita presenza as localizacións de interiores naturais e en exteriores de Sada, Culleredo, Bergondo, A Coruña e Ferrol, amais tamén da rodaxe de secuencias de noite e no amencer. Un misterio é o punto de partida de 'A estiba', que comeza co atraque dun barco no porto da localidade ficticia de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Cando os seus mellores policías van investigar o acontecido, descobren que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha cidade próspera, de tamaño medio, en que os seus habitantes viven da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que como contraprestación conta cos índices de criminalidade máis elevados do país. Voz Audiovisual, creadora de series de éxito da Galega como 'Matalobos' e 'Serramoura', é a produtora que dá vida a este proxecto, para o que conta con actores galegos destacados como Luis Iglesia, que pasa do papel de Carmelo Matalobos como narcotraficante ao de comisario de policía a piques de se retirar; Ana Santos, moi coñecida polo seu traballo recente en 'Padre Casares' como a tenra Elsa; Adrián Castiñeiras, protagonista de 'Viradeira', ou o ourensán Fernando Dacosta, membro da compañía Sarabela Teatro. Unha serie en que haberá un elenco dunha vintena de artistas con peso nas tramas.

138 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS 'O que arde', de Oliver Laxe, premiada en París no certame Dífferent! L' autre cinéma espagnol

A película 'O que arde', do director lucense Oliver Laxe, resultou premiada este martes na duodécima edición do certame Dífferent! L' autre cinéma espagnol, organizado na Universidade Sorbona de París. ''O xurado decidiu atribuír de maneira unánime o premio a unha película cuxas imaxes, estamos seguros, van marcar o imaxinario dos espectadores como marcaron o noso'', indicou o xurado do premio CRIMIC/ Sorbona nun comunicado. O galardón, que brinda unha invitación para dar unha clase mestra na prestixiosa universidade parisiense da Sorbona, recaeu o pasado ano na cinta. 'A man invisible', do director murciano David Macián, e en 2017 en Carla Simón pola súa película 'Verano 93'. 'O que arde' recibiu o Premio do Xurado na última edición do Festival de Cannes onde competía na categoría 'Una certa mirada', e será distribuída en Francia a partir do próximo 4 de setembro. Na súa cerimonia, o festival da Sorbona homenaxeou tamén este martes ao actor Sergi López pola súa traxectoria, e os seus destacados papeis en películas como 'O Labirinto do Fauno', de Guillermo del Toro, ou 'Un dia perfecte per voar', de Marc Recha. 139 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

ESTREAS


XULLO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS FESTIVAIS E CERTAMES O xurado nacional do FIC Bueu visiona as 12 obras a concurso O xurado nacional do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FIC Bueu) estivo onte na localidade do Morrazo para visionar as 12 obras que participarán nesta edición do certame nas Seccións Galicia R e España. O director Andrés Goteira e os intérpretes María Vázquez e Xulio Abonjo tiveron a oportunidade de ver no Centro Social do Mar os seis curtos galegos e os outros seis que competirán polo mellor filme español (catro da Sección España, un integrado na Sección Internacional e outro na Experimental). O festival celebrará o seu decimosegunda edición entre o 6 e o 14 do mes de setembro.

O director Andrés Goteira, parte do xurado do FicBueu

140 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Alumnos de infantil e primaria de Arteixo, Ferrol e Meira, gañadores dos Premios 'Nós tamén creamos!' de 2019 O certame 'Nós tamén creamos!', que fomenta a creatividade e o uso da lingua galega mediante a realización de curtas de animación, xa ten gañadores na súa oitava edición. Nesta ocasión, foron alumnos de Arteixo, Ferrol e Meira os que se fixeron cos galardóns dun concurso convocado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a CRTVG e que conta coa colaboración de OQOeditora. Na modalidade de educación infantil, o xurado concedeulle o premio ao CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña), polo filme 'Cantas pingas na cidade'. Na categoría de 1º e 2º de Primaria resultaron galardoados o profesorado e o alumnado do Centro de Educación Especial Terra, de Ferrol (A Coruña), polo traballo 'Andrés cabeza abaixo'. Finalmente, a curta 'Maruxa', do CEIP Poeta Avelino Díaz, de Meira (Lugo), fíxose co premio na modalidade de 3º e 4º de Primaria.

141 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

PALMARÉS


XULLO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. As curtametraxes seleccionadas, tanto as gañadoras coma as participantes, poden verse no Portal da lingua galega, así coma na sección infantil da web da Corporación de Radio e Televisión de Galicia. Mediante a elaboración de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion, 'Nós tamén creamos!' busca favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas; conseguir unha relación positiva dos rapaces co idioma propio de Galicia, ao relacionalo co audiovisual e coas TIC; abrir unha nova oportunidade para que a mocidade se achegue á lectura; fomentar a creatividade en lingua galega e difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a TVG.

142 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Os cineastas que axitan o panorama creativo Durante unha escena do filme 'Os días afogados', unha anciá tenta expresar con palabras a situación dá súa cuñada, convencida en manter ou seu bar aberto porque llo prometera ao marido recentemente finado, a pesar de que a aldea está a piques de desaparecer. Cando por fin atopa as verbas, pronuncia cun ton melancólico e unha ollada tristeira dirixida cara ó chan: «Bo... ou amor fai todo...», ao que a súa irmá política contesta: «Claro!». Un amor natural, comprometido e franco. Unha querenza que combate e salva calquera atranco, semellante á que profesan cara á creación e cara á súa terra un conxunto de cineastas contemporáneos galegos, inseridos nun marco global coñecido como ou Novo Cinema Galego. Non 2010, algúns dous seus representantes iniciaron un camiño caracterizado pola autoprodución, pola experimentación e por unha mirada singular e persoal. Esta circunstancia resultou posible, en gran parte, grazas ás bolsas destinadas á creación, concedidas pola Axencia Audiovisual Galega, actualmente extinta, e continuadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Agora, tras case unha década, cineastas como Oliver Laxe ou Eloy Enciso coinciden en que ou cinema galego se atopa nunha etapa de «maduración» ou «consolidación». ‘3Camiños’, nova serie de Ficción Producións sobre o Camiño de Santiago adquirida por Amazon Prime Vídeo Cinco persoas de diferentes países coinciden grazas ao Camiño de Santiago e comezan unha historia en común de descubrimento persoal que terminará por reencontrarlles en tres momentos das súas vidas: 1996, 2006 e 2021. Momentos nos que os cinco protagonistas volven unir para peregrinar. A audiencia asistirá ao desenvolvemento, o crecemento e os cambios das súas vidas a través de flashbacks e flashforwards.

143 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

ACTUALIDADE


XULLO

GALICIA AUDIOVISUAL ''Pretendemos narrar que o Camiño de Santiago é unha evolución, un modo de vida que engrandece ao viaxeiro interiormente e úneo para sempre a algo sobrenatural, bondadoso e enriquecedor'', afirma Mamen Quintas desde Ficción Producións, compañía que leva máis de 15 anos en pé. A rodaxe de ‘3Camiños’ realizarase en seis idiomas, inglés, alemán, koreano, italiano, español e galego, e en todos os países de orixe dos protagonistas, aínda que a maior parte da serie centrarase en Galicia e o Camiño, desde San Pied de Port ata Santiago de Compostela, chegando a Muros. A serie nace con clara vocación internacional, pois así era a intención da Xunta de Galicia, e estará dispoñible en exclusiva en Amazon Prime Vídeo en case todo o mundo. ‘3Camiños’ será distribuída por Beta Film e poderá verse en canles de televisión unha vez pasase pola plataforma de streaming. Durante a rolda de prensa déronse a coñecer os primeiros nomes do equipo que dará forma á serie, como Norberto López Amado e Gregor Schmitzler, que serán os directores da serie. A banda sonora irá da man dos galegos Iván Ferreiro e Manu Riveiro. O equipo técnico será maioritariamente galego e pronto se anunciará o elenco de actores.

Responsables do proxecto `3Camiños`

144 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Agallas Films, a produtora que filma o que a historia esqueceu Falar de Agallas Films é falar de Galicia, mulleres e proxectos comprometidos coa historia. Fai dez anos que Paula Cons e Juan de Dios Serrano, entraron no panorama audiovisual galego apostando por un equipo pequeno implicado en facer proxectos propios e realizando un traballo artesanal. Paula Cons, é a directora de contidos de Agallas Films e acaba de terminar a rodaxe de 'O Santa Isabel', a súa nova longametraxe que asina tamén como guionista. Unha coprodución entre Galicia, País Vasco e Arxentina rodada na Illa de Sálvora e protagonizada por Aitor Luna, Nerea Barros e Darío Grandinetti. 2 de xaneiro de 1921 o buque transatlántico Santa Isabel afundiuse a 200 metros da Illa de Sálvora (A Coruña), perderon a vida máis de duascentas persoas. Aquela noite tres mulleres de tan só 14, 16 e 24 anos convertéronse en heroínas ao conseguir salvar a vida de varios pasaxeiros. María, Josefa e Cipriana son as verdadeiras protagonistas desta historia, tres mulleres ás que historia esqueceu como a moitas outras.

Paula Cons, directora

145 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

ACTUALIDADE


XULLO

GALICIA AUDIOVISUAL Cando preguntamos a Paula pola rodaxe dinos que ''as rodaxes son pequenos milagres, aínda que leves ben atado, o máis fácil é que todo se complique. Con todo, o vento e o mar comportáronse e todo saíu como esperabamos, grazas en gran parte ao equipo que había detrás da película que se implicou desde o primeiro momento coa historia''. A produtora que comezou a súa andaina en 2009, foi crecendo paso a paso e desde as súas oficinas cóntannos que senten orgullosos de todos os seus proxectos, pero quizais 'A batalla Descoñecida' é o que máis alegrías lles deu. O documental narra a batalla do wolframio que libraron os Aliados contra España durante a II Guerra Mundial, e tivo unha gran acollida tanto a nivel nacional como internacional. Son moitos os que afirman que o audiovisual galego pasa por un momento creativo único e Agallas Films súmase a esta afirmación: ''Isto non flor dun día nin unha casualidade, Galicia ten un sector audiovisual moi forte, hai moito motivos pero en parte é por ter unha televisión autonómica propia como é a TVG, ao final é como a escola e o gran cliente, e polo apoio imprescindible de Agadic, isto axuda a crear unha industria sólida ao redor. Contamos ademais con actores e profesionais incribles que poden formarse aquí, e sobra dicir que a nosa terra é un lugar incrible para rodar''. Outro dos puntos que valoran desde a produtora é a colaboración que existe entre o resto de profesionais do sector, dalgunha maneira os acertos duns salpícannos e benefician todos. ''Cando unha serie como Fariña alcanza a repercusión mediática ou Vaca Films lanza proxectos como 'Celda 211' a xente ve que en Galicia contamos cunhas localizacións incribles e cun equipo profesional para rodar proxectos de altísima calidade''. 'O Santa Isabel' estrearase en 2020 e en Agallas Films traballan xa en varios proxectos, entre eles dous documentais, como di Paula Cons ''traballar no que amas e facelo dignamente é unha satisfacción persoal enorme''.

146 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL A TVG estrea este martes a serie documental ‘O pórtico da gloria, polos séculos dos séculos’

A Televisión de Galicia estrea hoxe, martes, 'O pórtico da Gloria, polos séculos dous séculos', unha serie de catro documentais que afondan na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela que rematou ou ano pasado cunha ambiciosa intervención de recuperación integral. Os documentais revelan o longo proceso, desde os estudos previos, a urxencia da actuación, os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo. Esta serie documental é unha produción propia da TVG gravada coas novas cámaras de alta definición por un equipo da canle pública que acompañou de xeito intensivo durante catro meses os traballos de restauración do Pórtico, e que foi posible grazas a un convenio asinado pola CRTVG, a Fundación Barrié e a Fundación Catedral, promotoras da recuperación do monumento.

147 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS


XULLO

GALICIA AUDIOVISUAL Ao longo de máis de 40 entrevistas, os xornalistas tiveron a oportunidade de falar cos equipos técnicos así como con expertos en patrimonio, arquitectura ou historia para coñecer de primeira man todo o proceso, que se levou a cabo durante 10 anos. O primeiro documental, 'Pedra e auga', trata sobre a situación de humidade e as condicións climáticas que afectaron á obra e como foi recuperada a pedra, e emitirase o martes ás 22.45 h pola TVG2. A serie continúa coa emisión de 'Policromía', peza na que a audiencia descubrirá todo ou relacionado co proceso de recuperación das cores do pórtico e dos traballos de investigación que se fixeron sobre as capas de policromía existentes. A TVG, líder de audiencia en Galicia e número 1 tamén entre as televisións autonómicas A TVG lidera as audiencias en Galicia, cunha cota de pantalla do 16,9% de luns a domingo. Isto supón un incremento do 22,5% (3,1 puntos) respecto á medición anterior, segundo a onda do Estudo Xeral de Medios feita pública este mércores. A CRTVG álzase co primeiro posto como a canle máis vista na nosa comunidade, seguida por Antena 3 TV e TVE, e colócase tamén á cabeza das autonómicas por diante de canles como EiTB, TV3 ou Canal Sur. No conxunto da semana, a TVG foi a canle que máis medrou en Galicia, tanto en comparación coa onda anterior como coa mesma onda de hai un ano, e confirma a tendencia á alza dos últimos tres estudos. Por días da semana, cómpre salientar as audiencias do luns cunha cota do 17,9% e especialmente dos domingos cun 22,5%, onde se reflicte o traballo da cobertura das dúas noites electorais, especialmente na do 26 de maio, en que os galegos elixiron maioritariamente a TVG para seguir a actualidade.

148 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Sesión Informativa: Política audiovisual comunitaria O martes 9 de xullo ás 17.00 horas, terá lugar na Cidade da Cultura (Sala Eisnman) un encontro informativo sobre Política Audiovisual Comunitaria a cargo de Peter Andermatt. Dirixida ao talento e ás empresas produtoras, durante a sesión analizarase o presente e o futuro da política audiovisual comunitaria. A continuación definiranse claves e recomendacións de cara á presentación de proxectos ás axudas europeas ao Desenvolvemento e á Distribución Televisiva. Tamén se dará conta das últimas noticias relacionadas coa formación contínua, especialmente no ámbito do desenvolvemento e a coprodución europea.

Peter Andermatt, relator da xornada

149 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

FORMACIÓN


XULLO

GALICIA AUDIOVISUAL ASOCIACIÓNS E ENTIDADES O VII Encontro Estatal de Asociacións de produción audiovisual españolas presenta a Federación MAPA 22 Asociacións de produtores audiovisuais, de todo o territorio nacional, reuníronse en Valencia, o pasado venres día 28 de xuño no VII Encontro Estatal de Asociacións de Produtoras Audiovisuais. Ademais de continuar traballando pola mellora das condicións do sector da produción cinematográfica en España, presentáronse os obxectivos da nova federación de produtores audiovisuais MAPA. O evento foi inaugurado polo director xeral de IVC, Abel Guarinos, e contou coa participación da directora xeral de ICAA, Beatriz Navas e, a subdirectora xeral do ICAA Silvia Anoro. O VII encontro estivo estruturado en dous partes diferenciadas. Na sesión matinal tratouse a presentación desta nova Federación de Asociacións de Produtores, MAPA. O seu obxectivo principal será a defensa dos intereses da produción audiovisual en España de forma transversal desde as produtoras máis pequenas da España interior ata as grandes produtoras instaladas en Madrid, Cataluña, País Vasco, Galicia, Andalucía e Valencia. Do mesmo xeito, abordáronse temas como o investimento por parte dos operadores de comunicación na produción audiovisual e as liñas de axuda do Fondo Nacional Público de Apoio ao Sector Audiovisual (FASA). A sesión da tarde foi constituída como unha mesa de traballo, que potenciase a interlocución directa entre as representantes do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, e os produtores audiovisuais. Nela abordáronse temas capitais para o sector: desde a incerteza sobre os prazos de publicación das axudas xerais á produción, paralizadas ata a constitución dun novo goberno; a necesidade de presentar máis proxectos educativos nos programas Eurimages, Media e Ibermedia ou os retos para mellorar os procedementos administrativos de solicitude de axudas por parte dos produtores.

150 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Sergio Moure: "En España chegamos un pouco tarde a recoñecer o valor da banda sonora" Desde que puxo música a 'Inconscientes', e o nomearon aos Goya, Sergio Moure consagrouse na composición audiovisual, asinando un bo puñado dos thrillers que se produciron en España durante a última década. 'El cuerpo', 'Lobos sucios', e a recente 'Feedback', de Pedro C. Alonso, levan o selo deste creador coruñés, que imparte desde hoxe e ata o venres un Curso de Bandas Sonoras en Presto Vivace. Sergio Moure declara que no seu caso ''o tema da música foi sempre vocacional''. Recorda que aos 8 anos xa estaba preocupado polo seu futuro, nunca pensou en dedicarse a outra cousa. Seus pais eran grandes afeccionados ao cinema, afacían ver películas italianas e francesas. Cando chegou o momento de ser compositor, viu que o que lle gustaría sería unir as dúas cousas: música e cinema.

Sergio Moure

151 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

XULLO

NOMES PROPIOS



AGOSTO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

8

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE NOMES PROPIOS


AGOSTO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Aberto prazo de inscrición para o Pitching do Clúster Audiovisual Galego 'I+P Ideas para producir' O Clúster Audiovisual Galego abre ata o próximo 4 de outubro o prazo para inscribir proxectos audiovisuais na 13ª edición do pitching 'I+P Ideas para producir', que se celebrará os días 19 e 20 de novembro en Pontevedra co apoio da Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), entre outras entidades. O 'I+P Ideas para Producir' ten como obxectivo reunir produtores, guionistas e directores que presenten un proxecto de cine ou televisión, e que busquen alianzas empresariais de cara á súa coprodución, venda ou distribución, con directivos de canles de televisión, produtores executivos, distribuidores e responsables de vendas internacionais. Un comité de expertos seleccionará de entre todos os traballos recibidos 15 para realizar un pitch diante de destacados axentes do sector audiovisual do noso país. Posteriormente celebraranse os encontros one to one entre os responsables dos proxectos e produtores, responsables de antena, distribuidores e axentes de vendas. A xornada de pitching terá lugar o día 20 de novembro. Nesta edición, o 'I+P Ideas para Producir' conta tamén co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e do Concello de Pontevedra, ademais de co patrocinio de Gadisa e Music Library &SFX e da colaboración da asociación CREA, a plataforma Filmarket Hub, Galicia Calidade e a Pontevedra Film Commission.

154 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Comeza a rodaxe de 'María Solinha', novo filme de Ignacio Vilar, participado pola TVG O novo filme do director Ignacio Vilar, 'María Solinha', comezará a súa rodaxe o luns 19 de agosto en localizacións de Redondela, Cangas e da Illa de Toralla. A rodaxe desta película, que aborda a figura desta muller do século XVII pero trasladada á actualidade, estenderase ao venres 20 de setembro. Así foi anunciado hoxe nunha rolda de prensa celebrada na Lonxa de Cesantes (Redondela), en que interviñeron Ignacio Vilar, director do filme; Grial Montes e Laura Míguez, actrices protagonistas; Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; Jacobo Sutil, director da AGADIC, en representación da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela; e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. A película está producida por Vía Láctea Films, con Televisión de Galicia como produtor asociado. Conta tamén co apoio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela e o Concello de Cangas. 'María Solinha' é a nova longametraxe de Ignacio Vilar, director de 'A Esmorga' ou 'Sicixia'. Trátase dun dos proxectos cinematográficos promovidos pola CRTVG no marco do seu apoio ao sector audiovisual galego e dentro do coñecido como o cumprimento do 6%.

Na foto, de esquerda a dereita: Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; Grial Montes, actriz protagonista; Ignacio Vilar, director; Laura Míguez, actriz protagonista, e Jacobo Sutil, director da AGADIC, en representación da Xunta de Galicia.

155 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

PROXECTOS EN PRODUCIÓN


AGOSTO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ‘Néboa’, a nova serie de TVE, grávase en Galicia

A TVE comezou as gravacións de 'Néboa', a súa nova ficción producida en colaboración con Voz Audiovisual. O thriller grávase localizacións naturais do norte de Galicia, como cabo Ortegal, Estaca de Bares, O Barqueiro, Ortigueira ou Cariño. Ambientada no entroido ou entroido na illa de Néboa, a ficción está creada por Xosé Morais, Alberto Guntín e Víctor Sierra O casting desta serie, dirixida por Gonzalo López-Gallego, Jorge Saavedra e Manu Gómez, está encabezado por Emma Suárez (Mónica) e Isabel Naveira (Carmela) e complétase con intérpretes como Nancho Novo (Tenente Ferro), Antonio Durán “Morris” (Antón), Alba Galocha (Vega), Denisse Pena (Ana), María Vázquez (Rosa), Xabier Deive (Gonzalo), Denís Gómez (Roque), Santi Prego (Alejandro) ou Eva Fernández (Mara), entre outros. A historia: É a primeira noite de entroido ou entroido na illa de Néboa, cando aparece o cadáver dunha adolescente en Ou Burato do Inferno, un lugar rodeado de lendas: nesa mesma cova xa apareceran corpos asasinados da mesma forma, en 1919 e en 1989. 156 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

ESTREAS Estrea nos cines o 30 de agosto a ‘Quen a ferro mata’

Paco Plaza, director do filme ‘Quen a ferro mata’

‘Quen a ferro mata’ é unha produción de Vaca Films, Atresmedia Cinema e Quen a ferro mata, AIE, en coprodución con Playtime Production, coa participación de Atresmedia, Movistar+, Televisión de Galicia e Netflix, e co apoio de ICAA, Agadic e Programa MEDIA. Paco Praza, director de ‘Quen a ferro mata’, descríbeo así: ''A viaxe ao interior de si mesmo de Mario, o noso protagonista -encarnado (nesta ocasión é moi acertado utilizar esta palabra) en Luís Tosaré unha invitación a todos os espectadores para que se pregunten que fariamos nós no seu lugar. Dentro de cada persoa hai luz e escuridade: alimentar a unha delas, en detrimento da outra, é unha 157 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

En ambas as ocasións, estes crimes iniciaron unha serie de cinco asasinatos durante os oito días de entroido. Asasinatos que nunca se chegaron a resolver. A crenza popular é que o asasino é o 'Urco', un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar aos vivos e que, ao mesmo tempo, é unha das figuras representativas do entroido de Néboa.


AGOSTO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS decisión que nos corresponde a cada un e con cuxas consecuencias teremos que lidar o resto das nosas vidas''. ''O bonito do personaxe'', continúa Praza, ''é que te podes identificar con el, porque non é bo nin malo: é humano, como todos nós, cunhas circunstancias concretas. Para min era importante entender a dor de Mario, o que lle empuxa a actuar de certa forma: leva dentro un misterio que ata o último momento non acabas de entender. É como un heroe dun filme de Hitchcock: un home corrente, inmerso en situacións extraordinarias. Está a tentar saír a respirar á superficie, pero leva consigo un lastre que lle empuxa cara abaixo de novo''. Nunha vila da costa galega vive Mario, un home exemplar. Na residencia onde traballa como enfermeiro todos os aprecian. Cando o coñecido narco Antonio Padín ingresa no centro, Mario trata de que o ancián senta como na casa. Agora, os fillos de Padín - Kike e Toño- están ao mando do negocio familiar, pero unha errada operación de contrabando levará a Kike ao cárcere e xeraralles unha perigosa e cuantiosa débeda cun provedor colombiano. Toño recorrerá ao enfermeiro para que persuada ao pai de que a salde a débeda pero Mario ten os seus propios plans.

158 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS Éxito de participación na sección oficial do OUFF A organización do Ourense Film Festival ( OUFF) recibiu 500 películas para competir na sección oficial do certame, das que escollerá un total de 12 títulos. Polo momento xa se coñecen algúns dos títulos que se proxectarán nesta sección, que competirán pola Calpurnia a mellor película. Entre outras longametraxes, o público gozará de 'O que arde', de Oliver Laxe –a primeira película en galego presentada e premiada en Cannes–; 'The bra', de Veit Helmer, unha película muda protagonizada pola española Paz Vega; 'La odisea de los giles', de Sebastian Borensztein –último éxito do cinema arxentino que conta coa participación de Ricardo Darín–, ou 'Parasitos', de Bong Joonho, gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes. As catro películas xa confirmadas contan con recoñecemento nacional e internacional de público e crítica.

Na foto, de esquerda a dereita: Mateo Alonso, representante institucional de Abanca, Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Manuel Baltar, presidente de la Diputación de Ourense e Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico do OUFF.

159 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

FESTIVAIS E CERTAMES


AGOSTO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES Coa crónica dunha peregrinaxe, comeza o terceiro Ciclo de Cinema Galego en Bos Aires Coa proxección da longametraxe 'Perelinaxes', que rinde tributo á obra do escritor Ramón otero Pedrayo, arrincará a terceira edición do Ciclo de Cinema Gallego, que coordina Jorge Gil Morabes co auspicio da Cátedra Galicia-América da Universidade Nacional de San Martín. A inauguración terá lugar o 6 de setembro ás 19:30 no Centro Galicia de Buenos Aires. Outros catro films completan o programa desta nova entrega que comparte coas súas predecesoras a entrada gratuíta, o lugar de proxección e a preferencia polos venres. Trátase das longametraxes 'Encallados' de Alfonso Zarauza, 'Tralas luces' de Sandra Sánchez, 'Memorias rotas – A balada do Comandante Moreno' de Manane Rodríguez e a curtametraxe 'Matria' de Álvaro Gago. 'Pelerinaxes' é a segunda longametraxe de Saibene; a primeira – unha ficción ambientada na mencionada Ourense– titúlase '9 ondas'.

Simone Saibene, director de ‘Pelerinaxes’

160 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Vaca Films, Calpurnia de Honra do Festival de Cinema de Ourense

O Festival de Cinema de Ourense concederalle este ano o seu máximo galardón, a Calpurnia de Honra, á produtora Vaca Films. O certame quere recoñecer a súa achega ao panorama audiovisual galego, responsable de películas que foron éxito de crítica e público, como 'Celda 211', 'El niño' ou 'Cien años de perdón'. O galardón incide en que a empresa non só ten en Galicia a súa base de operacións, senón que a comunidade tamén é o escenario da maioría das súas rodaxes. Ademais, o festival, que se celebrará do 27 de setembro ao 5 de outubro, dedicará un ciclo aos títulos máis destacados da produtora fundada no 2003 por Borja Pena e Emma Lustres, entre os que se conta 'Quen a ferro mata', un traballo de Paco Praza con Luís Tosar como protagonista e que se estreará en cinemas o 30 de agosto. Entre os cineastas que foron galardoados en edicións anteriores cóntanse Berlanga, Armendariz, Imanol Arias ou Xabier Bermúdez.

161 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

PALMARÉS


AGOSTO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS A película 'Longa noite', premiada no Festival de Locarno O cineasta galego Eloy Enciso recibiu o Boccalino D’Oro ao Mellor Director na 72 edición do Festival de Locarno polo filme 'Longa noite'. A Asociación de Crítica de Cine Independente, que outorga dito galardón, considerou que ‘Longa noite’ é un filme ''indispensable, que afonda nas dobras da memoria e da historia''. A produción conta a historia de Anxo, un home que nos tempos da posguerra volve á súa casa no interior de Galicia e descobre como o conflito bélico mudou as relacións entre as persoas. É unha viaxe ao pasado na cal Eloy Enciso explora os fundamentos do fascismo e dá unha imaxe da sociedade galega da época. Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Celsa Araújo ou Manuel Pumares son algunhas das persoas que dan vida ás personaxes desta longametraxe, que foi rodada nas provincias de Lugo e Pontevedra e que está inspirada en textos de Max Aub e Luís Soane, entre outros. Tras este recoñecemento no Festival de Locarno, ‘Longa noite’ vai participar tamén na 44 edición do Festival de Toronto dentro da sección Wavenlenghts e na 57 edición do Festival de Nova York dentro da sección 'Projections'. Ambientada na Galicia da posguerra, a película está producida por Fílmika Galaika e contou co apoio da Universidade de Harvard, Agadic, a Deputación de Pontevedra, a Deputación da Coruña e o Concello de Pontevedra, ademais do da Televisión de Galicia.

Fotograma do filme ‘Longa noite’

162 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Desígnase o xurado do Premio Nacional de Cinematografía 2019 O Boletín Oficial do Estado do 27 de agosto inclúe a Orde CUD/900/2019, do 23 de agosto, pola que se designa o xurado para a concesión do Premio Nacional de Cinematografía correspondente ao ano 2019. O fallo do Premio corresponderá a un Xurado integrado por un número de membros non inferior a cinco nin superior a dezasete que serán designados pola persoa titular do Ministerio de Cultura e Deporte, mediante Orde ministerial, a proposta da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Así mesmo, establece que se velará por manter unha presenza equilibrada de homes e mulleres, sendo solicitadas, para o efecto, as propostas das distintas asociacións da convocatoria. O equipo de Un rural de cine II visitou a CRTVG e participou en 'A revista'

As rapazas e rapaces do campo de traballo audiovisual Un rural de cine II visitaron o venres as instalacións dos medios públicos galegos como parte deste programa no que van realizar, baixo a dirección de Xabi López, unha curtametraxe sobre as mulleres 163 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

ACTUALIDADE


AGOSTO

GALICIA AUDIOVISUAL rurais galegas. No marco da súa visita á CRTVG, membros do equipo foron entrevistados en ‘A revista’ para falar desta iniciativa que quere pór en valor o rural galego. ‘Un rural de cine: a muller é vida’ é o nome da peza audiovisual que xa están a realizar no municipio de Cercedo-Cotobade (Pontevedra). Como explicaron o director Xabi López e o realizador Miguel Grandío, o proxecto trata sobre igualdade de xénero, apoderamento e a muller no rural galego. O obxectivo é, segundo destacaron, dar voz a estas mulleres e visibilizar como é a vida no agro. NOMES PROPIOS Oliver Laxe, o cineasta que foi buscar a orixe do lume No verán de 2017, o cineasta Oliver Laxe percorreu co seu equipo de rodaxe os incendios de Galicia. Acompañaban aos bombeiros, vestían como eles e sufrían a calor da primeira liña. Adestraron e escoitaron as súas leccións. Superaron as súas probas de pulsacións –cantas menos mellor, porque no fume hai que respirar pouco e ben– e convenceron a estes profesionais de que podían sobrevivir en condicións extremas co peso do aparataxe necesario para filmar esas traxedias naturais. Todo polo cinema.

Oliver Laxe, director

164 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

A comezos da década dos setenta o Equipo Lupa foi o primeiro grupo que, de xeito continuado, emprendeu un proxecto organizado destinado á produción cinematográfica en Galicia e en galego. Formado por Euloxio R. Ruibal, Félix Casado, Ana Antón, Roberto Vidal Bolaño, Clemente Crespo, Xosé Ramón Pousa, Miguel Pérez Romero, Lucrecia Carril, Pablo Crespo, Jesús Velasco, etc, tiña entre os seus obxectivos principais o de soster a valoración do cine como forma de expresión e como medio de comunicación entre a cidadanía, partindo dunha atención preferente á cultura tradicional. En palabras de Euloxio R. Ruibal, director da maioría das súas pezas, ''interesábanos a temática etnográfica, eramos conscientes da urxencia de recoller certas manifestacións que non tardarían moito en perderse ou evoluír cara a espectáculos para turistas ou cidadáns galegos transculturizados''. Aser Álvarez gaña o premio Johán Carballeira de Xornalismo O xornalista recibiu o galardón polo seu texto 'Ferrín na poesía do circo', unha mestura de xéneros xornalísticos que profunda en como Quico Cadaval adaptou 'Arnoia Arnoia', de Méndez Ferrín.

Aser Álvarez, xornalista

Aser Álvarez

165 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

AGOSTO

Homenaxe a Euloxio R. Ruibal e ao Equipo Lupa, pioneiros no cinema amateur en Galicia



9

SETEMBRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Confírmase a segunda temporada de 'Hierro' 'Hierro' cumpriu as expectativas de Movistar+ e terá unha segunda tempada. A serie regresará con novos episodios que volverán contar con Candela Pena e Darío Grandinetti como protagonistas, tal e como confirmou este martes a plataforma de pago nunha nota de prensa. A actriz volverá poñerse na pel de Candela, que se enfrontará a un novo caso xudicial que trastornará a tranquila vida da illa. O arxentino, pola súa banda, repetirá no papel de Díaz, un empresario cun escuro pasado. Jorge Coira será o encargado de dirixir a segunda tempada de 'Hierro', creada por Pepe Coira e coproducida por Portocabo, ARTE France e Atlantique Productions.

Candela Peña, actriz da serie ‘Hierro’

168 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


NUMAX asume o reto de relanzar o cine Dúplex de Esteiro En ano 2015, Ramiro Ledo obrou un pequeno milagre en Santiago. Xunto a outros amantes da sétima arte, este lucense puxo en marcha a sala de cinema independente Numax, un espazo cultural que catro anos máis tarde non só segue vivito e coleando, senón que conseguiu converterse en todo un referente para os seareiros do cinema de autor en Compostela. Ledo, responsable tamén da distribuidora que leva o mesmo nome que a sala santiaguesa, enfróntase agora ao reto de conseguir o mesmo en Ferrol, onde acaba de asumir a xestión dos cinemas Dúplex de Esteiro. O propietario do local e ata o de agora responsable das súas dúas salas, Juan Antonio Álvarez, xa non podía seguir compaxinando esta tarefa coa súa actual ocupación laboral lonxe de Ferrol, e ante a posibilidade de que o cinema tivese que botar o peche para sempre, Ledo decidiu lanzarse á aventura. ''Penso que Ferrol non merece quedar sen ou último cinema que lle queda e, por outra banda, faime moita ilusión dar continuidade ás súas salas coa aposta polo cinema independente que xa se fixo nestes últimos

169 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS anos e con novas liñas de programación para tentar captar novos públicos'', explica Ledo, quen planea impulsar as proxeccións en versión orixinal subtitulada e as reestreas de clásicos en novas copias dixitais, ademais de deseñar propostas específicas para mozas e alumnos de instituto. O sexto Chanfaina Lab encherá as redes de audiovisual galego O Concello de San Sadurniño achegounos este setembro máis novidades sobre o encontro audiovisual Chanfaina Lab, que está na súa sexta edición e que a fin de semana pasada culminou un intenso planning de gravacións. O resultado destas e outras xeiras creativas poderase ver en febreiro: unha manchea de contribucións que terán o nexo común de empregar as máis avanzadas técnicas de rexistro para reconstruír o pasado do concello e das súas xentes. ''Os detalles saltarán á pantalla grande dentro de cinco meses nunha estrea tan agardada polo público como polas propias realizadoras e realizadores'', informa o Concello, engadindo que a partir de aí os audiovisuais irán subíndose ao YouTube ''semana a semana'' e, ademais, participando en festivais da nosa terra e de alén dela. Entre os participantes na quedada creativa desta finde atopábanse algúns vellos coñecidos do Chanfaina Lab, como Abel Vega, Bieito Beceiro, The Sungirls, Pablo Martínez & Cía., As Youtubeiras da Horta, Fran da Lobeira ou Ana Lamas. Tamén participaron o director noiés Luís Avilés (que chegou o venres a San Sadurniño coa areal de facer unha peza que reflectise a creativa mocidade de San Sadurniño), María Yáñez, Ana Moreiras ou Susana Diz. A listaxe de nomes non remata aí, xa que cómpre engadir os de Brais e Iago Varela, Ton Fraga, Geray Arnosa, Óscar Torrente, Brianda García, Verónica Castrillón e Ricardo Noval -agrupados en Naraiomedia Estudos-, que se estrean no encontro audiovisual retomando o fío de 'O roubo da droja', curta filmada hai 25 anos en VHS por un grupo de rapaces de Naraío. A idea é achegar un desenlace a esta importante contribución audiovisual, e presentalo nas redes en febreiro.

170 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Outro dos participantes foi Anxo Santomil, experto en fotografía, audiovisual e tratamento dixital da imaxe. Anxo, compostelán afincado no Carballiño, exhibirá unha peza innovadora en materia de formato e de contido: a reconstrución pormenorizada do Pazo da Marquesa empregando as máis avanzadas técnicas dixitais de posprodución en vídeo. En termos máis concretos, apostará polas linguaxes de animación combinando imaxes antigas do pazo con imaxes máis actuais. Segundo engade o Concello, esta edición da Chanfaina Lab (a sexta) conta coa presenza activa (e creativa) de 41 chanfaineiros e chanfaineiras.

171 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS PROXECTOS EN PRODUCIÓN A serie ‘3Camiños’ inicia a súa preprodución en Roncesvalles

Presentación da serie ‘Tres Caminos’

A compañía galega Ficción Producións inicia a preprodución da súa nova serie co equipo técnico en Navarra. ‘3Camiños’, ficción que se estreará en Amazon Prime Vídeo a finais de 2020, explorará as vivencias de varios mozos que conectan no Camiño de Santiago e cuxas historias se desenvolven á vez. Tito López Amado (director), Mamen Quintas (produtora executiva), Alberto Macías (guionista), Juanra Ruiz (guionista), Tommie Ferreras (DOP), Alex Pérez (primeiro axudante de dirección), Toni Veiga (director de produción) e Mamen Casal (coordinadora de produción) realizarán a primeira etapa do Camiño De Santiago a pé para buscar localizacións e vivir a experiencia. Desde Roncesvalles, pasarán a Zuzubiri, Pamplona, Nájera, Santo Domingo da Calzada, León, Astorga, ou Ponferrada, de maneira que visitarán as comunidades de Navarra, A Rioxa e Castela e León. O obxectivo da serie é facer do Camiño de Santiago o verdadeiro protagonista, xa que se estreará pensando no ano Xacobeo 2021 e foi impulsado pola Xunta de Galicia para dar a coñecer aínda máis o roteiro a nivel internacional. 172 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


’3Camiños’ narra a historia de cinco persoas de diferentes países que coinciden grazas ao Camiño e comezan unha historia en común de descubrimento persoal que terminará por reencontrarlles en tres momentos da súa vida: 1996, 2006 e 2021. Eses anos os cinco protagonistas peregrinan xuntos. Os espectadores poderán ver o desenvolvemento, o crecemento e os cambios das súas vidas a través de flashbacks e flashforwards en diversas localizacións do Camiño de Santiago. ''Estamos felices de arrincar a preprodución deste gran reto e poder mostrar a todo o mundo os marabillosos escenarios do Camiño de Santiago'' afirma Mamen Quintas desde Ficción Producións. ‘3Camiños’ é unha coprodución de Ficción Producións e Beta Film, compañía alemá que se encarga tamén das vendas internacionais.

173 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


SETEMBRO XANEIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS ESTREAS A primeira proxección de ‘O que arde’ en Galicia será en Navia de Suarna

Fotograma do filme ‘O que arde’

'O que arde' volverá ás súas orixes. Navia de Suarna, nos Ancares, acollerá a súa primeira proxección pública na Galicia o vindeiro 29 de setembro, domingo. Participará o director do filme, Oliver Laxe, e o equipo técnico e artístico, incluídos os intérpretes protagonistas Amador Arias e Benedicta Sánchez En Navia de Suarna naceu a celebrada obra de Laxe, premio do Xurado Un Certain Regard no último festival de Cannes, agora na sección Perlas do de Donosti e que viaxou ou viaxará a máis de 40 certames por todo o mundo. “Regresa ao corazón da Serra dos Ancares, onde se orixinou”, sinala Numax, a empresa de Compostela encargada da súa distribución para Galicia e o Estado español. A implicación da veciñanza como extras de rodaxe ou colaboradores na loxística certifica esa relación. Pero é que o casting de actores que descubriu a Arias e a Sánchez tamén se fixo en Navia de Suarna, de onde procede a familia do propio Oliver Laxe (Paris, 1982). O concello dos Ancares achegou parte das paisaxes da fita, que se completou en zonas 174 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


de Cervantes e Becerreá. A proxección do 29 de setembro será na praza da vila. Estrea en salas o 11 de outubro Despois da premiere de Navia de Suarna, 'O que arde' pasará polo Festival de Ourense e polo Curtocircuíto de Compostela. O 11 de setembro chegará ás salas comerciais da Galicia e do Estado, con estreas xa confirmadas en múltiples cinemas. A Televisión de Galicia estrea este domingo o thriller policial ‘A estiba’ Tras varios meses de rodaxe, a TVG presenta 'A estiba', un trepidante thriller policial que será emitido pola Galega no prime time dos domingos, a partir do 22 de setembro. Esta nova ficción é a primeira dos medios públicos galegos que se inspira no traballo da Policía Nacional e foi gravada este verán en exteriores de Sada, Culleredo, Bergondo, A Coruña e Ferrol. Antes da súa chegada á pantalla da primeira canle da TVG, este mércores haberá unha preestrea na Coruña, nun acto en que se proxectará o episodio inicial desta serie producida por Voz Audiovisual, creadora de produtos de éxito como 'Matalobos' ou 'Serramoura', e ao que asistirá o equipo da serie, actores, actrices e caras coñecidas da programación da Galega. Un misterio é o punto de partida de 'A estiba', que comeza co atraque dun barco no porto da localidade ficticia de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Cando os axentes de policía van investigar o acontecido, descobren que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha vila próspera, onde se vive da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que conta cos índices de criminalidade máis elevados do país. A produción, de 15 episodios e dirixida por Miguel Conde, Juan Galiñanes e Giselle Llanio, ten como protagonistas tres actrices: Melania Cruz, Desiré Pillado e Antea Rodríguez, que se meten na pel das irmás Fortes, as fillas do comisario da vila. 175 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO XANEIRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


SETEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS A serie coproducida por Portocabo, ‘Auga seca’ debutará a nivel internacional en MIPCOM 2019 A distribuidora británica DCD Rights organiza en MIPCOM 2019 a estrea mundial de ‘Auga seca’, nova serie coproducida pola española Portocabo e a portuguesa SP-i. Este novo thriller de seis episodios de 50 minutos proxectarase o mércores 16 de outubro ás 12.00 horas no Auditorium K do Palais deas Festivals, en Cannes. A televisión autonómica galega TVG e a televisión pública portuguesa, RTP, estrearán proximamente a ficción, que contou con axudas públicas da Xunta de Galicia a través de Agadic. ‘Auga seca’ é un drama policial ambientado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, onde Teresa (interpretada pola actriz portuguesa Vitoria Guerra) verase envolvida nunha trama na que nada é o que parece. Guerra traballa á beira dos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Por parte de España tamén participan os intérpretes Eva Fernández, Pomba Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos, mentres que desde Portugal figuran Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João.

Alfonso Blanco ‘Fosco’, produtor de ‘Auga Seca’

176 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


FESTIVAIS E CERTAMES Dúas películas participadas pola TVG, 'O que arde' e 'Longa noite', chegan ao Festival de Toronto

Fotograma do filme ‘Longa noite’

Os filmes galegos 'O que arde' e 'Longa noite', participados pola Televisión de Galicia, compiten estes días na 44ª edición do prestixioso Festival de Cine de Toronto, que recolle o mellor do ano e a onde tamén chegan outras producións galegas. Trátase da primeira vez que dúas películas rodadas en galego están presentes no certame canadense. Ambas as dúas comezan así un intenso periplo internacional, que durante as vindeiras semanas os levará a outras relevantes citas do panorama mundial. Tras a estrea de 'Longa noite' o mes pasado no festival suízo de Locarno, onde Eloy Enciso obtivo o Boccalino D’Oro á mellor dirección pola Asociación da Crítica do Cine Independente, esta semana a produtora Filmika Galaika pon rumbo ao Toronto International Film Festival con este traballo e con ‘Those that, at a distance, resemble another’, de Jessica Sarah Rinland. En Toronto tamén está presente 'Carne', unha curtametraxe de Abano Producións, dirixida por Camila Kater, que reflexiona sobre o corpo da muller.

177 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS A continuación, o equipo de 'Longa noite', película que narra con actores non profesionais a historia dun home que regresa á súa terra natal anos despois da Guerra Civil, viaxará ata Nova York, onde conseguiu outra importante selección dentro do apartado ‘Projections’ deste importante festival, que terá lugar do 27 de setembro ao 13 de outubro. As dúas longametraxes de Filmika Galaica competirán na sección ‘Wavelenghts’ de Toronto, para a que tamén foi elixida ‘O que arde’, de Oliver Laxe. Esta produción de Miramedia, que xa obtivo o premio do xurado na sección ‘Un certain regard’ da pasada edición do Festival de Cannes e que acaba de ser seleccionada para os European Film Awards, desenvolverá un intenso percorrido por festivais antes da súa chegada aos cines españois o 11 de outubro. Ademais, desde onte pode verse no circuíto comercial francés, onde a súa proxección en 55 salas -cinco delas en París- supón todo un fito para o cinema galego. San Sebastián e Nova York serán os seguintes destinos de 'O que arde', a epopea vital no Courel da anciá Benedicta e do seu fillo Amador, ex-convicto e pirómano, que foi seleccionada en máis de 40 festivais de todo o mundo, entre os que tamén se atopan os de Tokio ou Busan. Nas súas dúas vindeiras citas, o filme de Oliver Laxe, terceira película coa que gañou premio en Cannes, exhibirase dentro das seccións dedicadas a recompilar as producións internacionais máis destacadas do ano: 'Perlas', no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que se celebra do 20 ao 28 de setembro, e ‘Main Slate’, no New York Film Festival.

178 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


A 16ª edición do Festival Curtocircuíto xuntará grandes nomes do cinema con novas figuras

Pela del Álamo, director do Festival Curtocircuito

O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto detallou hoxe a programación coa que celebrará o seu décimo sexto aniversario do 28 de setembro ao 6 de outubro en Santiago e reforzará a súa aposta polo cinema de Galicia. A Xunta volve apoiar este certame promovido polo Concello compostelán, neste caso a través da convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura e Turismo a festivais audiovisuais. Durante a presentación do festival, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, explicou que o Curtocircuíto resultou adxudicatario de máis de 26.000 euros e forma parte da listaxe dos 10 eventos audiovisuais subvencionados en 2019 mediante esta liña de axudas autonómicas. Máis de 15 anos despois da súa primeira edición, Curtocircuíto continúa a renovarse e a medrar como unha das citas indispensables do panorama cultural galego. Cunha exemplar traxectoria como plataforma para a difusión da produción audiovisual no ámbito das curtas, o festival está a demostrar a súa capacidade para ser 179 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS un evento no que teñen cabida disciplinas distintas ás audiovisuais e tamén diferentes públicos. Ademais, aposta por traer a Galicia grandes nomes ao lado de novas figuras do cinema e postúlase como un espazo para o encontro e o intercambio entre creadores e demais profesionais do sector. Programación 2019 O festival contará con presenzas destacadas como as de Peter Tsherakassky, unha das grandes figuras do cinema de vangarda; con Joan Fontcuberta, fotógrafo que ademais ofrecerá unha masterclass; Laura Huertas, dentro da sección Púlsar, e Nacho Alonso na sección Terra. A xa habitual sección competitiva GZ, volverá reflectir a riqueza e variedade do cinema galego actual, neste caso da man de Álvaro Gago, Adrián Canoura, Anxos Fazáns, Lucía Estévez, Álvaro F. Pulpeiro, Carlos Martínez-Peñalver, Borja Santomé, Brandán Cerviño, Dani Viqueira Santos Díaz e Judith Adataberna. GZ é un dos catro apartados competitivos do festival, que se suma a Radar, do que destaca a súa heteroxeneidade de filmes; Explora, que ofrece unha variada selección de títulos que apostan pola creación de novas realidades visuais, e Penínsulas, con filmes españois da temporada. O evento tamén contará con seccións paralelas como Supernova, que acolle o traballo de cineastas cunha traxectoria incipiente; e Curmaos, que reforza o compromiso co cinema e a cultura portuguesa. Ademais, haberá sesións especiais como a preestrea do filme 'O que arde'xs, de Oliver Laxe, unha homenaxe a Euloxio R. Ruibal e o Equipo Lupa e a Kevin B. Lee, así como a Carole Roussopoulos. O festival continúa afondando no carácter interdisciplinar do cinema e contará con performances, concertos e live A/V do compositor e produtor inglés Vessel xunto ao cineasta portugués Pedro Maia.

180 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


O reto que lanza o OUFF: crear unha peza audiovisual en 48 horas Tralo éxito da convocatoria do ano pasado, ‘Fas Muvis. Límite 48 horas’ regresa á edición número 24 do festival de cinema de Ourense. Trátase dun concurso destinado a crear unha peza audiovisual nun tempo limitado cun equipo formado por cinco membros. O obxectivo principal, indican desde o OUFF, é promover a produción audiovisual entre mozas de 16 a 22 anos. Os equipos que sexan seleccionados -pódense enviar propostas ata o 17 de setembroterán un prazo de 48 horas para realizar a rodaxe.

O OUFF mostrará vos escenarios de varias películas rodadas durante a historia en Ourense O Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) incorpora unha nova proposta turística pola provincia ligada aos escenarios de varias películas. Baixo o título de 'Viaxes de Cinema por Ourense' desenvólvese unha actividade diaria durante o certame cinematográfico con inicio e final na cidade de As Burgas. Os organizadores pretenden dar a coñecer os escenarios que serviron de set de rodaxe para un gran número de películas. É o caso de 'Cotolay' (1965) de José Antonio Nieves Conde, 'O bosque do lobo' (1970) de Pedro Olea, 'A lei da fronteira' (1995) de Adolfo Aristarain, 'A lingua das bolboretas' (1998) e 'Os xirasois cegos' (2007) de José Luis Corda, 'A Esmorga' (2014) de Ignacio Vilar e 'Elisa e Marcela' de Isabel Coixet. 181 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


SETEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS ‘O que arde’ suma un novo premio en San Sebastián Aínda que non obtivo o premio do público polo que competía no 67 Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o filme 'O que arde' de Oliver Laxe, non volta de baleiro do evento que fechou as súas portas esta fin de semana. A produción do director galego foi recoñecida co IX Premio San Sebastián-Gipuzkoa film Commission, no que competía con outras 18 producións e que se entrega no marco do festival. O galardón recoñece os filmes que mellor representan a contorna na que se rodaron, neste caso Tapia de Casariego, en Asturias. A produción levou un premio de 10.000 euros que se reparte entre a produtora (7.000) e a Asturias Paraíso Natural Film Comission (3.000).

Cartaz do filme ‘O que arde’

182 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


ACTUALIDADE A Coruña, plató de cine A produtora Vaca Films está a piques de estrear o filme 'Quen a ferro mata’ rodado na cidade da Coruña. Logo de rodar tamén aquí títulos como ‘A sombra da lei’ ou ‘O Descoñecido’, as rúas da Coruña convértense unha vez máis en plató de cine. 'Quen a ferro mata', dirixida por Paco Praza e protagonizada por Luís Tosar, está rodada na súa maior parte na Coruña, a pesares de que a trama está situada nas Rías Baixas. Das oito semanas nas que se prolongou a rodaxe, sete desenvolvéronse na Coruña, Oleiros, Bergondo e Sada. ''Para todo o equipo é máis cómodo traballar en casa'', explica Martín Ramudo, responsable de localizacións do novo filme da produtora coruñesa. ''O único hándicap é o tempo. Aínda que hai máis horas de luz que noutros lugares, aquí temos as catro estacións nun mesmo día: chove e deixa de chover, logo fai sol...'', indica sobre as vantaxes e inconvenientes de rodar en Galicia. O clima é a única variable que pode supoñer un obstáculo.O equipo técnico destaca a acollida dos veciños, así como as facilidades e comodidades que ofrece a cidade, en comparación con outras urbes como Santiago de Compostela, nas que si pode resultar complicado producir unha película.

183 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE Unha ducia de fitos do cinema galego dos últimos 30 anos. De 'Sempre Xonxa' a 'O que arde' En novembro de 1989 tiña lugar a estrea, conxunta, de 'Sempre Xonxa', 'Urxa' e 'Continental', as tres primeiras longametraxes de ficción en galego. Dende entón pasaron tres décadas e un gran número de filmes e fenómenos coma a explosión da animación feita no país ou a irrupción do novo cinema galego. Velaquí unha ducia dos filmes estreados nos últimos 30 anos, rematando con 'O que arde', que compite estes días no Festival de Cine de Donostia e que chegará ás salas comerciais nunhas semanas.

Cartaz de ‘Sempre Xonxa’

184 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS A CRTVG participou nunha xornada sobre os retos do 5G en Galicia organizada por Amtega e Retegal Os medios públicos galegos participaron este mércores na xornada ‘Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso’, un encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Retegal que tiña como obxectivo afondar nas posibilidades que ofrece o 5G. No evento, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, déronse a coñecer 17 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. Entre outros moitos temas, falouse de cultura e o sector audiovisual, asunto sobre o que interviu o director de Innovación e Negocio da CRTVG, Xosé Pereira. Coma el, outros responsables de empresas e sectores como a industria, o turismo, a automoción ou a sanidade deron a súa visión sobre o obxecto da xornada.

185 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL FORMACIÓN Xavier Bermúdez, Oliver Laxe e Alberte Pagán impartirán talleres sobre cinema

Xavier Bermúdez, relator nun dos talleres do OUFF

Os talleres do Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF) arrincan este xoves, 5 de setembro, coa formación que o cineasta Xavier Bermúdez impartirá a reclusos do Centro Penal Pereiro de Aguiar. Durante as datas do certame, do 27 de setembro ao 5 de outubro, serán os realizadores Oliver Laxe e Alberte Pagán quen comparta os seus coñecementos sobre cinema e creación audiovisual en varias xornadas. A deste xoves será a segunda vez que Bermúdez visite o centro penal ourensán no marco do OUFF. Na última edición do festival, o cineasta, que foi galardoado coa Calpurnia de Honra pola súa traxectoria artística, asistiu á proxección no cárcere dunha das súas películas máis memorables, 'Leon e Olvido' (2004). Pola súa banda, o realizador de orixe galega Oliver Laxe impartirá un taller no que desvelará como foi o proceso creativo e de produción de 'O que arde' longametraxe coa que compite na Sección Oficial 186 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


do festival. A cita terá lugar o 30 de setembro e 1 de outubro. 'O que arde', rodada nas montañas lucenses, chega a Ourense despois de lograr un dobre fito en Cannes: ser o primeiro filme en galego que se proxecta neste certame e gañar o premio do xurado da sección 'Un certain regard'. Por último, o director ourensán Alberte Pagán tomará como basee a súa propia experiencia como cineasta para tentar explicar que é o cinema. Será os días 28 e 29 de setembro. Obradoiro con Fernando Franco O Festival CURTOCIRCUÍTO 2019 organiza no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) un obradoiro con, Fernando Franco, gañador do Premio Goya no 2014 como director novel pola película ‘La Herida’, que exporá a súa forma de navegar ese periplo. O obradoiro terá lugar os días 5 e 6 de outubro en horario de mañá e tarde con un total de 12 horas.

Fernando Franco, director

187 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL Foro Internacional sobre a Cultura e a Economía Rural (FICRURAL). Este domingo, 22 de setembro, comeza en Compostela o primeiro Foro Internacional sobre a Cultura e a Economía Rural (FICRURAL). Faino cunha andaina para que reivindica a loita contra o quecemento global e cun repenique das campás das igrexas e capelas da vila urbana e rural. O evento celébrase durante toda a semana na Fundación Laboral da Construción, na rúa Pontepedriña de Arriba. O FICRURAL nace co apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, e pretende ser un foro multidisciplinar de divulgación de experiencias e casos de éxito que dean impulso a un modelo innovador para o rural.

Masterclass con Peter Tscherkassky Durante máis de dúas décadas, levo facendo todas as miñas películas na sala escura, sen usar xamais unha cámara. Coloco a metraxe atopada directamente sobre celuloide en bruto e é exposto fotograma a fotograma, a man, empregando varias fontes de luz, como lanternas ou punteiros láser. De forma natural, este proceso manual deixa a súa marca sobre o material da película e queda inscrito nas propias imaxes: nótase que as películas resultantes son feitas a man. O encanto característico destas películas resulta da combinación dunha composición extremadamente precisa 188 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


(respecto á metraxe escollida e á súa reorganización) co aspecto obviamente aleatorio do método de produción manual. Traballar cun punteiro láser ou con lanternas non permite nin uns tempos de exposición precisos nin unha dimensión exacta da forma das imaxes. O resultado é unha flutuación constante da imaxe durante a proxección, un recordatorio sempre presente da natureza manual do proceso de produción. A estas flutuacións visuais úneselles a inevitable presenza de lixo, pelo, rabuñaduras, etc., os cales pasan a formar parte da textura xeral da película. En poucas palabras: O proceso de produción está gravado en todas as imaxes das miñas películas de sala escura; este proceso preséntase a si mesmo en débeda cunha labor manual que emprega material analóxico que nunca podería ser intercambiado con ningún outro medio. Esta é a miña reacción persoal á desaparición gradual do cine analóxico, á inminente perda da película, que está sendo reemplazada por imaxes en movemento xeradas dixitalmente, creadas por un ordenador. A masterclass estará baseada nunha análise detallada da miña película ‘Instructions for a Light and Sound Machine’.

Peter Tscherkassky, relator da Masterclass

189 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL ASOCIACIÓNS E ENTIDADES A sala Numax cumpre catro anos de intensa actividade Cando a sala Numax abriu as súas portas, os seus promotores contiveron o alento e asumiron que terían que traballar duro para que a iniciativa cultural chegase a bo porto. Agora que cumpriron catro anos, Ramiro Ledo bota a vista atrás e recoñece que ''abrir xa foi un éxito, porque é moi complicado manter a actividade e seguir crecendo''. Ramiro lembra que Numax é, desde o seu nacemento, unha cooperativa sen ánimo de lucro, na que ''imos mantendo ou tipo e cubrimos expediente dende ou punto de vista económico''. Desde logo, salienta, non é un ''negocio para facerse rico'', pero ''emocionalmente estamos moi contentos e satisfeitos'' cos logros destes catro anos. Numax ''é un proxecto común que xurde da diversidade dás persoas'', e que se nutre do esforzo e dedicación de todos os que forman a sala e tamén da fidelidade de 800 abonados. Un dos fitos máis importantes destes catro anos foi a incorporación de Numax á rede Europa Cinema, creada non 1992, na que son a primeira sala de Galicia que forma parte dela, e que permite dar visibilidade ao cinema europeo. Esta rede está presente en 50 países con 3.000 salas. ''Formar parte dá rede é unha axuda importante para ou proxecto interdisciplinar de Numax'', apunta Ledo.

Promotores da Sala Númax

190 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


NOMES PROPIOS Suso López: “Recibimos moita xenerosidade e axuda por parte do audiovisual galego” Gaitafilmes é unha produtora galega con sede en Meira (Lugo) que conta con catro socios: Suso López, Andrés Goteira, Laura Doval e Adrián Folgueira. Suso López e Andrés Goteira empezaron a rodar curtametraxes no 2005 por diversión, unha maneira de explorar e dar vida ás súas inquedanzas. Goteira terminara os seus estudos de son pero pronto se deu conta de que o guión e a realización eran o seu lugar. En 2013 empezan a escribir 'Dhogs', proxecto que chegou ás salas catro anos despois, en 2017. Esta primeira longametraxe foi a gran sorpresa do audiovisual galego, arrasou nos premios Mestre con 13 galardóns, incluído o de mellor película e leva pasado por festivais como o de Londres, Sitges ou o Bafici, agora mesmo está dispoñible para ver en Filmin. 'Dhogs' permitiulles consolidar Gaitafilmes, non só polas boas críticas recibidas por parte da industria, senón tamén porque conseguiron chegar ao gran público. Asegúrannos que todo o proceso da película foi durísimo porque partían sen ter un coñecemento previo do que é facer unha longametraxe, con todo non estiveron sós nesa viaxe. ''Recibimos moita xenerosidade e axuda por parte do audiovisual galego, moita xente estaba disposta a colaborar e aconsellarnos en moitos temas nos que ao principio estabamos algo perdidos''. Afirman que Galicia vive un momento creativo moi potente desde a narrativa, a música e por suposto o cinema, o potencial é enorme por iso esperan que as institucións se dean conta da oportunidade que isto supón a nivel económico e sigan apoiando ao sector. Agora mesmo teñen dous proxectos en desenvolvemento 'Welcome to Ma Maison', un documental que teñen previsto estrear no outono do 2020 e unha nova longametraxe 'Starmuck (A pequena variación)' que se atopa aínda en fase de guión e que esperan poder desenvolver nos próximos dous anos. 'Welcome to Ma Maison' é un documental que se desenvolve no presente, segue os pasos dun 191 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL novo estudante de arte dramática e cinema que investiga na súa tese doutoral o movemento da mans no cinema do director danés Nicolas W. Refn. Esta procura é tamén a exploración do que tenta atopar o seu oco no mundo rodeado dos medos e inseguridades que nos axexan a todos. En Gaitafilmes desenvolven os seus propios proxectos e aínda que entre os seus obxectivos está explorar a coprodución doutros proxectos. Cando lles preguntamos que lles move á hora de empezar películas como 'Dhogs', 'Welcome to Ma Maison' ou 'Starmucks' respóndennos que as ganas de explorar o que lles emociona, non se guían por se gustará ou non ao público, senón polo que verdadeiramente lles gusta a eles. ''Quizáis o secreto para sorprender á crítica e ao público resida precisamente niso, en non esquecernos do que nos levou a empezar este camiño''.

192 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Felipe Lage:''Cada proxecto é unha nova aventura indeterminada''

DESTINAREMOS ESTE ESPACIO PARA SUBTITULOS Felipe Lage, produtor

'Todos vos sodes capitáns’ de Oliver Laxe foi a película que impulsou ao director e ao seu irmán Felipe Lage a crear Zeitun Films en 2009. Cando empezaron a traballar de maneira non profesional sen produtora, pronto se deron conta de que necesitaban dar o salto á produción e á distribución. Foi precisamente esta primeira película coa que conseguiron o premio FIPRESCI do Festival Internacional de Cinema de Cannes, algo que lles permitiu ter unha visibilidade a nivel internacional, en palabras de Felipe ''foi pasar de cero a cen''. Definen o seu traballo como cinema de autor de vangarda, e en cada proxecto traballan co autor no desenvolvemento e a nivel creativo, e ademais encárganse do financiamento do proxecto, que adoita ser unha das partes máis complexas. Agora mesmo están a piques de estrear a próxima película de Lois Patiño, que leva por título 'Lúa Vermella'. Ademais, están a desenvolver dúas longametraxes, a primeira 'Montaña ou 193 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL Morte' dirixida por Pela del Álamo, e, a segunda é unha película da directora libanesa Feyrouz Serhal titulada 'I am here but you can´t see me'. E por último, están a traballar no desenvolvemento dunha curtametraxe do galego Eloy Dominguez Seren, de título 'Rompente'. Desde Zeitun Films ven claro que Galicia pasa por un momento creativo único, non hai máis que ver os resultados e a acollida que están a ter as producións galegas a nivel internacional. Preguntámoslle a Felipe sobre os retos dunha produtora como a súa, a resposta é clara ''a subsistencia e o financiamento dos proxectos son os dous grandes retos''. Respecto ás causas de por que é tan complicado o financiamento dos proxectos, ''hai moitos factores, ademais de estar nunha fase de cambios o apoio institucional non é tan decidido e sólido como en países veciños como Francia, Italia ou Portugal''. Ao repasar o catálogo de Zeitun Films ('Todos vos sodes capitáns', 'Mimosas', 'Costa da Morte'...) dámonos conta de que en Galicia o cinema de autor de vangarda colleu forza e solidez, e a súa proxección internacional é imparable. Aser Álvarez: ''O reto é buscar sempre a excelencia''

Aser Álvarez, produtor

194 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Arraianos Produccións conta cun equipo multidisciplinar que dirixe Aser Álvarez, a variedade de perfís profesionais dentro da produtora permítelles abordar os proxectos dunha maneira transversal, por isto traballan en ámbitos como o audiovisual, a publicidade e a xestión cultural. Comezaron a súa andaina en 2012 coa produción do documental '100% Celso Emilio Ferreiro', proxecto que repasa a vida do poeta e a quen dá vida o actor Luís Tosar, o filme recibiu en 2013 o Premio Mestre Mateo ao mellor documental. Desde entón en Arraianos Produccións apostan por contar historias cunha mirada ampla, buscando sempre a singularidade e autenticidade en todos os seus traballos, xa sexan no ámbito documental, publicitario ou cultural. En palabras de Aser ''moitos dos nosos proxectos están traballados e pensados desde a paixón e ilusión, máis que a rendibilidade económica''. Achéganse aos proxectos entendendo a cultura desde un punto de vista antropolóxico, por iso a liña editorial da produtora pon os seus esforzos na recuperación e divulgación do patrimonio material e inmaterial de Galicia, centrándose moito en poñer en valor a cultura, o mundo rural e as artes. Así atopámonos con documentais como 'O purgatorio de Francisco Leiro' que vira en torno ao proxecto expositivo 'Purgatorio' do escultor galego Francisco Leiro, un filme no que Leiro dialoga co escultor vasco Txomin Badiola sobre as obras, as técnicas, o oficio e a natureza da escultura. Na actualidade están a traballar en varios proxectos documentais que de momento non teñen data de estrea xa que están en fase de desenvolvemento. Este ano volverán coa 5º edición do FICRural, o festival de cinema rural que tomará a cidade de Santiago de Compostela a última semana de setembro. Ademais este ano o festival contará cunha gran feira e diferentes actividades que queren fomentar unha reflexión sobre o pasado, presente e futuro do mundo rural. Outro dos proxectos que teñen entre mans, esta vez da man do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, é a recuperación do patrimonio fotográfico e audiovisual de Galicia desde os anos 195 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL 30 ata os anos 90 sobre Galicia. Falando con Aser confírmanos o que moitos nos comentaron xa, e é que agora mesmo en Galicia ''hai un momento creativo extraordinariamente interesante, están a verse os froitos do gran talento e potencial do audiovisual galego. Agora quizáis o que nos falta dar o salto do individual ao colectivo''. Para seguir crecendo en Arraianos Produccións ven fundamental a colaboración con outras produtoras de Galicia, pero tamén con xente de fóra ''a internacionalización é clave para crecer, para ir tecendo redes''. Ven na colaboración transfronteiriza co norte de Portugal unha gran oportunidade que desde Galicia debemos explotar e coidar. Oliver Laxe: ''Están zombificando ao espectador, todo o día vendo series'' Recentemente chegado do Festival de Toronto, un Madrid outonal e chuvioso recibe a Oliver Laxe. Gallego nacido en París en 1982, Laxe é unha feliz anomalía dentro do cinema español: cada un dos tres longametraxes que rodou non só foi seleccionado no Festival de Cannes, senón que todos cultivaron premio no palmarés: 'Todos vos sodes capitáns' (2010) gañou o Fipresci da Semana da crítica; 'Mimosas' (2016), o gran premio da Semana da crítica, e 'O que arde' (2019), o premio do xurado da sección Una certa mirada. Esta última, precisamente, estrearase o 11 de outubro, despois de pasar pola sección de Perlas do Festival de San Sebastián. Para Laxe, a quen sitúan dentro da corrente do Novo cinema galego -xunto a Lois Patiño, Eloy Enciso e Alberto Gracia-, a súa última longametraxe é o máis accesible e menos abstracto do seu filmografía. A narrativa, máis concreta e lineal, acompaña ao poder metafísico das imaxes coas que Laxe retrata o mundo en bruto que o rodea. Nesta historia sobre ''o amor dunha nai polo seu fillo e un fillo que coida da súa nai'', nas súas propias palabras, Laxe volveu á terra dos seus antepasados, a unha aldeíña galega para imaxinar a volta dun pirómano (Amador Arias) á casa da súa anciá nai (Benedicta Sánchez, a gran revelación actoral do filme).

196 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


NOMES PROPIOS

Anxos Fazáns, directora

Anxos Fazáns: ''É importante facer contido erótico que fale da realidade diversa que vivimos'' Podemos por fin dicir que a primeira película porno en galego xa existe, e é un porno diferente, alonxado das coordenadas machistas tan habituais nesta industria. Falamos con Anxos Fazáns (Pontevedra, 1992) para que nos conte máis sobre 'Analóxica', dispoñible desde hai unhas semanas para quen se subscriba a esta plataforma. A curta poderase ver ademais no festival Curtocircuíto de Compostela o vindeiro 30 de setembro.

197 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL Xosé Lois Ledo: ‘‘Somos como as follas dunha serra, con momentos altos e baixos pero sempre coa forza para sacar os proxectos adiante’’ A historia de Nós, produtora cinematográfica galega, remóntase ao ano 1975, momento no que un grupo de mozos únense para impulsar desde Galicia diferentes eventos relacionados co mundo do cinema e producir películas como 'A Esmorga' ou 'Retorno a Tagen Ata' de Eloy Lozano Coello. Pero coa morte duns dos fundadores principais, Carlos Varela, a produtora perde forza ata interromper a súa actividade en 1980. Vinte anos despois e coas mesmas ganas que nos seus inicios nace no ano 2000, Nós, Produtora Galega Audiovisual. Falamos con Xosé Lois Ledo, un dos fundadores orixinais da produtora que aínda hoxe segue á fronte da mesma. Para Ledo, o propósito dos proxectos de Nós segue sendo o mesmo, contar as historias propias de Galicia e dar voz ao pobo galego ''pertencemos a unha nación e a “galeguidade” está por encima de todo, por iso sempre escribimos e rodamos en galego todos os nosos proxectos''. Actualmente Nós conta con 8 socios que teñen relación con diferentes campos do audiovisual e do xornalismo. Traballan con diferentes colaboradores segundo o proxecto e achéganse a diferentes formatos, desde o documental como con 'Bestas' e 'Santa Liberdade', ata series de televisión como 'Familia de Oficio', serie documental para a Televisión de Galicia que xa leva tres tempadas. Nestes momentos están a traballar noutra serie para a TVG que leva por título 'Desertores do asfalto' e un documental ficcionado, 'Nación' que conta cunha subvención de Agadic e que aborda o empoderamento das mulleres no último século. A falta de terminar a rodaxe en xaneiro do próximo ano, 'Nación' verá a luz en probablemente no terceiro trimestre do 2020. Ademais, en Nós traballan tamén como asesores da Fundación Bautista Álvarez para un proxecto sobre a vida de Moncho Reboiras, político nacionalista asasinado pola ditadura franquista.

198 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Con tantos anos traballando dentro do audiovisual galego, preguntámoslle a Xosé Lois Ledo sobre a saúde do sector na o actualidade, ''estamos un pouco peor que fai dez anos, en número de producións galegas a nivel estatal caeu, as causas son diversas''. Nós, produtora cinematográfica galega, leva máis de 20 anos traballando polo audiovisual galego e Ledo afirma que o seguirán facendo, ''somos como as follas dunha serra, con momentos altos e baixos pero sempre coa forza para sacar os proxectos adiante''. Grial Montes: ''Para facer María Soliña baseeime nas mulleres que fan parte da miña vida desde pequena'' A historia de María Soliña segundo o cineasta Ignacio Vilar subtitúlase 'A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo dragón'. O salvaxe animal do patriarcado é, no guión da sexta longametraxe do director de 'A Esmorga' (2014), o que lle permite trazar a versión 2.0 dunha muller condenada pola Inquisición acusada de bruxa. É a actriz Grial Montes (22 anos) a que encarna a protagonista do relato no seu primeiro traballo cinematográfico.

Grial Montes, actriz

199 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL NOMES PROPIOS O xornalista da Radio Galega Anxo Quintela, galardoado co Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2019

Anxo Quintela, xornalista

O xornalista da Radio Galega Anxo Quintela foi galardoado co Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2019 pola súa ''continuada implicación no coñecemento e difusión da cultura rural, ás veces desatendida, contribuíndo á súa lexitimación''. Así mesmo, o xurado recoñeceu a súa traxectoria en múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega, na Radio Galega, onde presentou o programa 'Diario Cultural', e na TVG, onde foi durante moitos anos o rostro de 'O Agro'. Concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte e dotado con 20.000 euros, o galardón recoñece a traxectoria xornalística no ámbito da cultura desenvolvida por un cidadán español cuxa actividade estea dedicada á información cultural, sexa cal for a lingua ou linguas do Estado utilizadas no desenvolvemento do seu labor. É a segunda vez consecutiva que un profesional da CRTVG recibe este recoñecemento, xa que o ano pasado foi premiada a xornalista Ana Romaní. 200 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Nado en Vigo en 1960, Anxo Quintela é un xornalista cunha extensa traxectoria na radio e a televisión galegas, en que participou en programas sobre un amplo rango de manifestacións culturais, entre elas a cultura agraria galega. É tamén poeta, tradutor e actor e levou a cabo distintos proxectos culturais de difusión de poesía, música e lingua galega. Ademais,foi guionista, director e realizador de distintos documentais e programas de televisión, redactor xefe da revista 'Agrocultura' e, entre 1988 e 1990, membro do consello de redacción de 'Grial', a máis importante e máis antiga revista cultural de Galicia. Entre 2003 e 2008 foi director de 'Vieiros', o primeiro xornal electrónico de Galicia, en que incluíu unha ampla oferta de contidos culturais. Na súa faceta como escritor, destacan os libros de poesía 'Á sombra dos pavillóns' e 'O asasino estrábico'. Tamén traduciu 'A casa da madriña', de Lygia Bojunga Nunes, e ‘Afinidades culturais GaliciaIrlanda', de Elisabeth Frances Keating. Este non é o único premio recibido por Anxo Quintela ao longo da súa carreira, xa que en 1982 foi galardoado co Premio Esquío por 'Á sombra dos pavillóns' e en 2005 co Premio Leixaprén pola súa promoción e defensa da lingua galega.

201 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

SETEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL



10

OUTUBRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS PROXECTOS EN PRODUCIÓN ESTREAS

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN NOMES PROPIOS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Cinemar Films, estudo de referencia en postprodución audiovisual

Cinemar Films abriu as súas portas o 2006 para dar ao audiovisual galego a sala de son que necesitaba e ofrecer así un servizo integral de postprodución e mestura de son para cinema aquí, na ‘casa’, e evitar así que os proxectos galegos tivesen que irse a Madrid ou Barcelona; desde o estudo cren firmemente ''que para considerarnos unha industria audiovisual, é moi importante que os nosos creadores poidan pechar todos os procesos en Galicia''. Desde Santiago de Compostela, Cinemar Films é o único estudo de Galicia que posúe, entre outras, unha sala de mesturas Dolby Dixital con proxector de cinema de 35mm cunhas dimensións que superan os 100 metros cadrados. Falamos con Jacobo Pena, CMO da empresa, sobre a importancia do son e da existencia dunha sala como esta para o audiovisual galego, ''sen o son non chegariamos a sentir o medo, a angustia e a excitación, o son aumenta a visión do espectador e amplíaa''.

204 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Recentemente veñen de rematar o foley da exitosa serie producida para Movistar+ 'O corredor da morte' e actualmente traballan na postprodución da serie producida por Portocabo, 'Auga Seca', que celebrará a súa estrea mundial en outubro no marco do Mipcom 2019. Cinemar é un estudo que goza de prestixio e que en varias ocasións recibiu recoñecementos ao traballo de son, destacando a mención especial ao mellor son no Festival de Sevilla por 'Mimosas' de Oliver Laxe. Nestes anos, son moitos os traballos que pasaron polas súas instalacións, títulos como 'A Esmorga', 'O Faro', 'Fontealba', 'Cocorico', 'A media voz' ou 'Miracle Tunes' son só algúns exemplos. Preguntámoslle a Jacobo pola saúde do sector audiovisual galego e comparte opinión con outros compañeiros de profesión: ''consideramos que hai, houbo e esperamos que haxa moito talento, temos grandes profesionais, é un bo momento para Galicia, non polo momento no que estamos senón porque hai xente con talento''. Por estes motivos defenden unha e outra que vez que ''en Cinemar estamos aquí para apoiar a esa xente, somos unha ferramenta, cos nosos técnicos e a nosa sala''. Miran ao futuro con ganas de que se incrementen as producións non só en Galicia e coa intención de poder alcanzar novos mercados a nivel global.

205 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

Aínda que naceron coa intención de dar servizo ao audiovisual galego, a realidade é que traballan a nivel nacional e internacional, desde Cinemar Films téñeno claro ''o son que consegues no estudo non se consegue doutra forma, nun mercado tan competitivo, a calidade marca sempre a diferenza''.


OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Portocabo, dez anos traballando na ficción cunha mirada sempre internacional

Tras once exitosos anos como produtor executivo en Voz Audiovisual, Alfonso Blanco decide en 2009 poñer en marcha a súa propia produtora, Portocabo, da que hoxe é director xeral e que conta cun equipo de dez persoas. Falamos con eles sobre a súa traxectoria nestes anos e a súa evolución, que desembocou nunha clara aposta pola coprodución internacional de ficción para poder chegar a un público máis amplo. Un dos seus éxitos máis recentes é a serie 'Hierro', que foi coproducida con ARTE France, Atlantique Productions e Movistar +, e que se estreou o pasado mes de xuño nesta canle. Protagonizada por Candela Pena e Darío Grandinetti, a serie de ficción está rodada integramente na illa do Hierro e, tras o rotundo éxito da primeira, xa confirmaron para facer unha segunda tempada. Agora mesmo atópanse inmersos no desenvolvemento de dúas ficcións: unha para Netflix e outra para Alemaña. Ademais, terminaron de rodar recentemente entre Vigo e Lisboa 'Auga Seca', unha coprodución con SP-i para TVG e RTP que conta co apoio 206 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


de Agadic. 'Auga seca' é a segunda serie que Portocabo produce con Portugal tras 'Vidago Palace', un drama histórico emitido en 2017 por Televisión de Galicia e RTP. Deste xeito, Portocabo segue avanzando con forza na súa estratexia como referente na creación e coprodución de contidos internacionais para televisión. Entre os proxectos que levaron a cabo desde o seu nacemento atópanse a película 'Os Fillos do Sol' coproducida por TVG e TV3, producida por Portocabo e Diagonal TV; o documental 'A viaxe de Leslie'. E na súa liña teen- kids, 'The Avatars', unha serie musical coproducida con Italia que foi rodada en Madrid con actores americanos destinada a un público adolescente. E a adaptación da mini serie xaponesa 'Miracle Tunes', unha coprodución entre España, Italia e Suíza que xa foi emitida e coa que queren achegarse ao público infantil. Afirman desde a produtora que en Galicia hai un bo tecido industrial dentro do sector audiovisual grazas ao apoio das institucións públicas, TVG e Agadic – Xunta de Galicia. Pero quizais, ''a clave está en que as producións galegas saben moverse dentro do mercado internacional e isto é fundamental para o crecemento do sector''. J. Antonio Velo (Astrágalo Studio): ''O contido é o rei, en función diso traballamos, creamos e innovamos para chegar á disrupción''

Jose Antonio Velo, CEO de Astrágalo Studio

207 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS A historia de Astrágalo Studio, como a do clásico de Kubrick 'Odisea no Espazo', comeza cun óso; e concretamente cun moi particular, o astrágalo. Este pequeno óso do nocello obrigou Jose Antonio Velo a collerse unha baixa de 6 meses. Foron estes meses de quietude e un pouco de morriña os que lle deron o impulso para regresar de Madrid a Ourense e fundar Astrágalo Studio fai case xa dez anos. Hoxe son un equipo de 5 persoas e traballan en diversos proxectos desde o deseño, a animación 2D e 3D, motion graphics, branded content, transmedia e tamén desenvolvemento web, pero o alicerce de todas estas canles é a creatividade. En palabras de Velo: ''O contido é o rei, en función diso traballamos, creamos e innovamos para chegar á disrupción''. Os comezos non foron fáciles e o escaso sector audiovisual de Ourense non axudaba, pero o certo é que levan xa case unha década en activo. Desde Astrágalo Studio afirman que por unha banda están os orzamentos e por outro as horas que acabas dedicando a cada proxecto, ''ao final todos os proxectos levan moito agarimo''. Actualmente contan con clientes moi diversos, desde o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co que levan traballando xa 7 anos, empresas como Banco Santander, BBVA, Tele 5, TVG, Finsa, a Deputación de Ourense, Everis ou proxectos de branding para startups galegas como Meraki, a Kombucha galega. Recoñecen que a produción propia cústalles pola falta de recursos, pero son mentes inquietas e por iso contan cun proxecto de animación que esperan sacar adiante nos próximos dous anos. Preguntámoslle a José Antonio pola situación actual do sector audiovisual galego, e na súa opinión ''está moi mal, as axudas son escasas, a TVG non cumpre co seu compromiso do 6% e a xestión é moi opaca. Sendo galego se te metes nunha coprodución con outras autonomías como País Vasco, quedas en minoría, é moi difícil producir aquí de maneira autónoma. Só nos queda esperar que mellore''. Aínda que contan cunha ampla carteira de clientes teñen claro que o reto superar ao día seguinte, sobrevivir. ''Vivimos nunha época

208 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


en que a demanda de produción audiovisual é enorme, polo que a creación de contido de calidade é clave, pero hai moitas empresas, e as grandes acábanse comendo ás pequenas''. PROXECTOS EN PRODUCIÓN Comeza a rodaxe de 'Ons', a nova película de Alfonso Zarauza, producida por Maruxiña Film Company

Alfonso Zarauza, director de 'Ons'

A gravación de Ons reunirá durante cinco semanas neste enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas actores e actrices da altura de Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Miguel de Lira, María Vázquez, Xulio Abonjo e Marta Lago, entre outros. A longametraxe conta a historia dun matrimonio en crise e a aparición dunha misteriosa muller que naufraga nunha illa deshabitada. O novo proxecto audiovisual de Zarauza ('Os fenómenos', 'Encallados', 'A noite que deixou de chover'), foi presentado en Bueu, coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; do produtor executivo da película, Xavi Font; da deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso; do concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, e de varios dos actores protagonistas. 209 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL O director destacou que se trata ''dun filme de misterio, cun verniz autoral, que trata o amor desde a propia necesidade del e todo en estreita combinación co espazo paradisíaco da Illa de Ons''. Apuntou tamén que o traballo ten unha clara visión feminista, tanto na historia que conta coma na cantidade de mulleres que participan nel. PROXECTOS EN PRODUCIÓN ‘O sabor das margaridas’, serie original de CTV, tendrá segunda tempada A nova entrega deste thriller policial contará con seis capítulos, duns 70 minutos de duración cada un, dirixidos por Alex Sampaio, con guion orixinal de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. CTV, produtora audiovisual galega,anunciou o comezo da gravación da segunda tempada de 'O sabor das margaridas', coproducida por CTV, TVG e Comarex. A ficción emitiuse en Televisión de Galicia o pasado ano e en Netflix neste 2019, converténdose na primeira serie en galego que emitiu a plataforma. A segunda tempada está en fase de preprodución co desenvolvemento dos castings, aínda que se prevé que se inicie a gravación a principios do mes de novembro e a súa estrea na televisión galega para marzo do próximo ano. A nova entrega contará con seis capítulos, duns 70 minutos de duración cada un, dirixidos por Alex Sampaio, con guion orixinal de Ghaleb Jaber Martínez (director de proxectos de CTV), Eligio Montero e Raquel Arias. Nesta ocasión, a repartición estará composto por María Mera, Santi Prego –uno dos actores revelación deste ano tras a súa participación na película Mentres dure a guerra de Alejandro Amenábar–, a actriz arxentina Noelia Castaño, ademais de Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo, un elenco xa confirmado que lle outorga ao proxecto un marcado carácter internacional.

210 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


A segunda tempada de 'O sabor das margaridas' terá un matiz máis urbano. Retratará o dinamismo e os escenarios dunha urbe galega sendo sempre fiel ao seu recoñecible estilo ‘Galician Noir’, apreciable no ámbito narrativo polo seu marcado carácter policíaco e misterioso e, no estético, polos ambientes nocturnos e sombríos creados para exaltar a psicoloxía dos personaxes. ''Na segunda tempada enfrontámonos a un gran reto: crear unha serie en galego para un público internacional e tentar repetir a fazaña que logrou a primeira tempada, tras converterse na serie en galego máis vista da historia'', asegura Ghaleb Jaber Martínez. A serie recibiu o premio a Mellor serie de Televisión nos XVII Premios Mestre Mateo de Academia Galega do Audiovisual e foi a sétima obra máis vista en Netflix en Reino Unido e Irlanda en abril deste ano en lingua non inglesa, segundo o Top 10 de popularidade oficial da plataforma.

211 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS ESTREAS Colas en Lugo para ver ‘O que arde’, a nova película de Oliver Laxe Oliver Laxe está a superar barreiras. O director lucense está a conseguir coa súa última película, 'O que arde', que unha película que noutras circunstancias sería cualificada de minoritaria se converta nun fenómenos de masas. Os Cinemas Codex colgaron este mércores o cartel completo nun pase que contou coa presenza do director, que en persoa presentou a súa película, de novo premiada en Cannes. As colas para acceder ás sesións (seis, oito e media e dez da noite) foron constantes. Laxe explicou algunhas das cuestións que lle levaron a realizar 'O que arde' e mostrouse agradecido polo respaldo que tivo desde a súa estrea, o pasado venres.

212 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


Eloy Enciso: ‘‘A película reflicte feitos pasados que ainda teñen eco no presente’’ O cineasta meirego recibiu o galardón Boccalino d’Oro como mellor director na 72ª edición do Festival de Cinema de Locarno (Suíza), outorgado pola Asociación da Crítica do Cinema Independente. A súa película 'Longa noite' reflicte a volta ao seu fogar en Lugo dun home en plena posguerra. 'Longa noite' é unha película coral na que un conxunto de personaxes e voces conforman unha imaxe da Galicia dos anos de posguerra. A través delas e de situacións cotiás quedan reflectidos os mecanismos de poder ocultos das sociedades totalitarias. En canto á súa orixe, o filme está inspirado en textos de Max Aub, Luís Seoane e Ramón de Valenzuela. A súa estrea nas salas cinematográficas está previsto para o próximo 5 de decembro. A sala compostelá Numax será a encargada de organizar a premiere e despois proxectarase a nivel nacional, incluído Lugo.

Eloy Enciso, director

213 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS


OUTUBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Estrea de 'Anacos de vida', historias a través de fotos antigas O sábado ás 19.15h a TVG estrea 'Anacos de vida', un programa dirixido por Aser Álvarez. 'Anacos de vida' procura pequenas e grandes historias que están detrás de fotos antigas. Son historias que son parte das nosas raíces, en cada capítulo interactúan nenos e maiores animados por dous presentadores que chegan desde o pasado nunha máquina do tempo. Cada programa é unha emocionante viaxe no tempo a través de fotos antigas que se entrelazan coa historia presente.

Aser Álvarez e Alba Prol, presentadores de ‘Anacos de vida’

214 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


FESTIVAIS E CERTAMES Unha ducia de empresas e institucións integran a representación audiovisual galega no MIPCOM de Cannes Unha ducia de empresas e institucións representarán o audiovisual galego a semana que vén en Cannes durante a celebración da trixésima edición do mercado MIPCOM, a meirande feira mundial para a compra-venda de contidos audiovisuais de entretemento, que terá lugar do 14 ao 17 de outubro no Palais de Festivals desta cidade francesa. Como en anos anteriores, a Xunta disporá alí dun espazo para a difusión da marca Films from Galicia e que funcionará tamén como punto de encontro da delegación comercial e institucional galega. Este é un dos vinte expositores do pavillón español, organizado polo ICEX España Exportación e Inversiones, onde na tarde do martes 15 terá lugar un evento de promoción do noso audiovisual, para o que se conta coa colaboración de Galicia Calidade. Filmes, series e programas de entretemento para televisión conforman o eixo central da oferta galega no MIPCOM, ao que se desprazarán representantes das empresas Belle Films, Big Rights, Cinema Ibero Lusa, CTV, Ficción Producciones, Pequerrecho Subtitulacións, Portocabo, Tamboura Films e Zenit TV, así como da

MIPCOM de Cannes

215 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


OUTUBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, do Clúster Audiovisual Galego (Clag) e da CRTVG. A meirande parte destas compañías viaxan a Cannes para ampliar as oportunidades de financiamento e procurar socios internacionais para a coprodución dos seus proxectos en carteira, así como para a distribución dos produtos xa finalizados, entre outras prioridades.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo chega á súa cuarta edición apostando por facer visibles outras realidades O Festival de Cine Inclusivo de Vigo presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se celebrará no Auditorio Municipal e nos Cines Salesianos do 22 ao 26 de outubro e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Unha trintena de títulos, entre longametraxes, curtas, series e webseries, conforman esta programación, de entrada gratuíta, que continúa apostando por lles dar visibilidade a outras realidades ocultas ou descoñecidas a través do audiovisual, así como por que o cine sexa unha arte feita por e para todas as persoas. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou na presentación en representación do Goberno galego. Para Sutil, trátase dun encontro único e pioneiro que ten no seu valor social o seu principal elemento distintivo dentro do panorama cinematográfico galego, tanto pola temática dos filmes como polos xeitos de proxección, con soportes de audiodescrición e subtítulos. Tamén participaron na presentación representantes das distintas institucións implicadas no proxecto e Gonzalo Suárez, director do festival. A cita, que este ano se incorpora por primeira vez á listaxe de festivais audiovisuais subvencionados pola Consellería de Cultura e Turismo a través da convocatoria anual da Agadic, conta así mesmo cunha importante

216 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


presenza do cinema galego nas súas diferentes seccións. A través delas, o público terá a oportunidade de ver os últimos traballos de Álvaro Gago, Pedro Sancho, Pablo Fontela, Noemí Chantada e Óscar Pardo, Olga Osorio, Luis Avilés Baquero ou Khris Cembe, que comparten carteleira con outros destacados nomes do panorama estatal e internacional. A sesión inaugural do día 22 incluirá a estrea da longametraxe documental 'A nosotros tu reino', na que o realizador mexicano Horacio Alcalá aborda a historia de superación do deportista galego Simón González, quen foi campión mundial de full contact tres veces consecutivas e ao que un accidente doméstico lle cambiou a vida hai cinco anos.

217 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


OUTUBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS A serie 'Hierro' producida por Portocabo galardoada con dous Premios Ondas

O equipo de ‘Hierro’ nos Premios Ondas

A edición de 2019 dos Premios Ondas, que entrega a cadea SER e que recoñecen todo o máis destacado en televisión e radio no último ano, acaba de dar a coñecer os gañadores. A serie 'Hierro', coprodución entre Portocabo, Movistar+, Atlantique Productions e ARTE France acada dous Premios Ondas, nas categorías de Mellor ficción (Ex Aequo) con 'Arde Madrid' e Mellor Interpretación Feminina para Candela Peña. A gala de entrega dos galardóns terá lugar o xoves 14 de novembro no Gran Teatre do Liceu de Barcelona. Os Premios Ondas recibiron un récord de inscricións este ano con máis de 450 candidaturas de 25 países, a segunda ocasión na historia que estes superan as 400 inscricións a nivel xeral.

218 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


ACTUALIDADE Presentación de 'Ons', o filme de Alfonso Zarauza que se rodará no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Alfonso Zarauza, director

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, puxo en valor o potencial da paisaxe galega como escenario para producións audiovisuais durante a presentación de 'Ons', a película do director Alfonso Zarauza que comezará a rodarse mañá neste enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A longametraxe, beneficiaria das subvencións da Xunta, filmarase en galego e castelán e contará cun elenco conformado por algúns dos intérpretes galegos máis destacados, como Antonio Durán Morris, María Vázquez, Xulio Abonjo e Melania Cruz. Precisamente, o titular de Cultura e Turismo puxo en valor o talento do sector audiovisual da Comunidade e subliñou a súa capacidade para proxectar a imaxe de Galicia tanto en España como no estranxeiro. Entre outros valores cos que contará este filme, Román Rodríguez 219 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS


OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL destacou o papel protagonista que xogará a Illa de Ons, ''un emprazamento de excepción que destaca pola súa beleza e a súa riqueza paisaxística que agardamos que proximamente sexa recoñecida coa distinción de Patrimonio da Humanidade''. Neste sentido, destacou o potencial do sector audiovisual para dinamizar e poñer en valor distintas zonas do territorio galego. O conselleiro de Cultura e Turismo amosouse confiado de que este novo filme de Alfonso Zarauza ''será un novo éxito do noso audiovisual'' e puxo como exemplo do bo facer deste sector os éxitos acadados polo cineasta Óliver Laxe con 'O que arde', premiado no recoñecido festival de Cannes. En paralelo, salientou a necesidade de apoiar o sector ''durante toda a cadea de produción'', fomentando o talento propio, o desenvolvemento de proxectos, a súa produción ou a celebración de eventos e festivais de cinema. ACTUALIDADE O público réndese ante 'O que arde', que se sitúa no Top 10 de películas máis vistas

220 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


'O que arde', o filme que trunfou na pasada edición en Cannes, segue forte na taquilla. Uns 22.000 espectadores en España viron a película de Oliver Laxe, Amador e Benedicta na súa primeira semana de estrea nos cinemas comerciais españois, segundo datos da distribuidora Numax. Para facerse a unha idea, o anterior traballo de Laxe, 'Mimosas', tamén premiada en Cannes, conseguira en toda a súa andaina 12.000 espectadores en España. Para Numax, ''a película está por riba das mellores expectativas que tiñamos''. De feito, o xoves, foi a sétima película en billeteira no Estado Español, cando normalmente ''estes postos están copados polas grandes producións norteamericanas'', indicaron dende Numax. Pero ‘O que arde’ fixo historia no encontro do xoves á noite nos Multicines Norte de Vigo co seu director, o actor Amador Arias e a produtora do filme, Andrea Vázquez. Coa sala ateigada pola audiencia, Laxe deixou claro que ''as películas tocan teclas misteriosas''. Para Laxe, estaba claro que o que quería era ‘conectar’ coa súa ‘esencia’, coa vida dos seus avós na Fonsagrada (Lugo) para tratar temas locais de carácter universal xa que público mesmo de Rusia ou Alemaña lle ten confesado que a protagonista feminina, Benedicta, unha muller de máis de 80 anos, lle lembraba á súa avoa. ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS A proposta da CRTVG para o debate electoral afástao dos horarios de máxima audiencia A CRTVG vén de achegar ao Parlamento a súa proposta de cobertura das eleccións estatais do10 de novembro. Nela, o debate electoral ocupa o espazo das 10.00 horas o venres 8 de novembro, unha franxa afastada do prime time, cunha repetición na TVG2, de menor audiencia que a canle principal. O ente público porá o foco nos partidos políticos que obtiveron representación na convocatoria de abril polas circunscricións galegas. Entón o PSdeG obtivo 10 escanos, o PP 9, En Común-Unidas Podemos 2 e Ciudadanos tamén 2. A maiores, incluirase na cobertura ao BNG pola súa condición de 'forza política significativa', atendendo os seus resultados nos comicios locais, cando obtivo 12,47% dos votos. 221 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL FORMACIÓN O V Encontro de Coprodución Portugal-Galicia abre a convocatoria para reunir empresas audiovisuais de ambos países en Arnoia O Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia abre hoxe o proceso inscrición para as empresas audiovisuais de ambas as beiras do Miño interesadas en participar na súa quinta edición, que terá lugar os días 14 e 15 de novembro no Balneario de Arnoia (Ourense). Como en anos anteriores, este foro bilateral está convocado conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Instituto do Cinema e do Audiovisual (ICA) de Portugal. Esta iniciativa, para a que se conta tamén coa colaboración da Unión Europea mediante o subprograma MEDIA-Europa Creativa, busca facilitar o contacto directo entre produtoras galegas e portuguesas na procura de socios estratéxicos para a coprodución dos seus proxectos audiovisuais de cinema e televisión, tanto no ámbito da ficción como no da animación ou documental. O obxectivo é ampliar as súas oportunidades de financiamento, ao tempo que se favorece o intercambio de profesionais técnicos e artísticos e se abren novas canles de distribución e difusión. Seguindo a súa estrutura habitual, o encontro articúlase arredor de reunións bilaterais, cunha axenda previamente definida pola organización para aquelas compañías que acudan con proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento. Estas xuntanzas están programadas para a tarde do venres 15 de novembro. Este ano, ademais, inclúense tres sesións específicas impartidas por profesorado do EAVE, Eurodoc e APostLab, tres prestixiosos programa formativos europeos do ámbito audiovisual, que estarán orientadas a aspectos relacionados coa coprodución internacional.

222 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


NOMES PROPIOS Ramiro Ledo: ''O noso obxectivo é que no Dúplex convivan todas as franxas de idade''

Ramiro Ledo, xornalista

Ramiro Ledo (Lugo, 1981) estudou Xornalismo en Santiago, pero a súa paixón polo cine fixo que os fotogramas se impuxeran finalmente á letra impresa na súa vida laboral. Tras facer os seus pinitos como guionista e realizador, hai case cinco anos tivo a valentía de poñer en marcha no centro de Compostela a sala Numax -hoxe convertida en todo un referente para os amantes da sétima arte-, e agora volveu poñer a capa de heroe para levar a bo porto outra difícil misión. Nada máis e nada menos que relanzar o Dúplex de Ferrol cun proxecto que aposta polo cine independente, as versións orixinais subtituladas e as películas comerciais ‘de calidade’. Tras tres meses en obras, as salas de Esteiro retomarán mañá xoves as proxeccións. O obxectivo é que no Dúplex convivan todas as franxas de idade e para iso teñen que contar cunha proposta que atraia tanto ao público infantil e xuvenil como a espectadores adultos. Para iso 223 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL


OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL manteñen a aposta polo cine independente que sempre se fixo no Dúplex, impulsarán as proxeccións en versión orixinal e ofrecerán películas comerciais de calidade. Tamén proxectarán óperas e concertos, organizarán encontros con directores e invitarán aos realizadores da zona a amosar as súas pezas nas súas pantallas. Queren que o Dúplex se convirta nun escaparate para dar a coñecer o seu traballo.

224 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SGAE abre a convocatoria dos Laboratorios de Creación de Series de TV e Escritura de Guion de Cine A Fundación SGAE abriu a convocatoria dos Laboratorios de Creación e Series de Televisión e Escritura de Guion Cinematográfico , na súa edición 2019-2020. Dirixido aos socios da sociedade de xestión, o obxectivo desta iniciativa é fomentar a escritura, promover a creación e brindar apoio aos autores e as autoras. No VIII Laboratorio de Escritura de Guion de Cinema, os socios interesados poderán presentar un único proxecto de escritura de guion de longametraxe para cinema, de autoría única ou en colaboración con outros autores.

225 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

OUTUBRO

GALICIA AUDIOVISUAL



11

NOVEMBRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS ROXECTOS EN PRODUCIÓN

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


NOVEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Felipe Lage é o novo presidente da Asociación de Produtoras Independentes (Agapi)

Felipe Lage Coro, presidente de AGAPI

Felipe Lage Coro resultou elixido como presidente de Agapi para os vindeiros dous anos (2019-2021). A Asociación reunida en Asamblea acordou por unanimidade apoiar ao produtor de Zeitun Films como cabeza visible dos produtores independentes. Con unha interesante experiencia no eido internacional, Felipe Lage vén de rematar a produción do novo filme de Lois Patiño 'Lúa Vermella', que ten prevista a súa estrea comercial no vindeiro ano. Traballa ademais no desenvolvemento de varios proxectos de curtametraxe e longametraxe.

228 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Parte dos membros da nova Xunta Directiva de AGAPI

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acorda por unanimidade renovar a súa Xunta Directiva por un período de dous anos, tal e como establecen os Estatutos. Felipe Lage Coro, de Zeitun Films, será o novo presidente da Asociación neste período, ao que acompañará como vicepresidente, X.Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega. O cargo de secretaria seguirá en mans de Luisa Romeo de Frida Films e a tesourería pasa a incorporar a Andrea Vázquez de Miramemira. Continúan como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes, J.Antonio Velo de Ástrágalo Studio e Manolo López de Tex45. Incorpóranse ao equipo Dolores Ben de Cinemar Films e Daniel Froiz de Matriuska. A nova Xunta Directiva asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse a este proxecto común.

229 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

Agapi renova a súa Xunta Directiva para os vindeiros dous anos


NOVEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Unhas xornadas de debate e unha gran festa para conmemorar os 25 anos da Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais (Agapi)

NOVAS

Juan de Dios e Felipe Lage, produtores executivos e membros de AGAPI

A Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais (Agapi) conmemora esta semana o seu 25 aniversario cunha xornada formativa e de debate e cunha gran festa dedicada aos profesionais do sector, que se celebrarán este xoves. 'A produción audiovisual a debate' será o lema co que se presentan esta xornada, no Museo dás Peregrinacións de Compostela, durante a que se abordarán cuestións como o financiamento do sector, as políticas culturais, o papel das administracións públicas nas axudas á produción ou os retos da distribución independente. Neste evento participarán representantes das administracións provinciais, autonómica e estatal, ademais de asociacións, empresas e profesionais do sector en Galicia como no resto de España. O acceso ás xornadas require inscrición previa e o prazo finaliza o martes. O día culminará cunha gran festa na sala Capitol para socios e invitados do sector, que contará coa actuación do grupo 'Broken Peach'. 230 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Dezaseis novas películas e series galegas inician a súa preprodución con subvención da Xunta A Xunta publica hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a adxudicación da convocatoria anual de subvenciónspara o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través da que achega 260.000 euros aos traballos de preprodución de 16 futuras películas e series para cinema e televisión. As propostas beneficiarias de 2019 son sete novas longametraxes de ficción, tres series e miniseries televisivas, catro documentais e dous traballos de animación. Entre os títulos beneficiarios, atópanse os filmes 'Océano titánico', de Frida Films; 'As escravas da Casa Salvañach', de Xamalú Filmes; 'Sinais', de Vizuals Lab; 'A parra', de Filmika Galaika; 'As neves', de Cósmica Producións; 'Starmucks', de Gaitafilmes, e 'O corno do centeo', de Esnatu Zinema, así como as series 'Sofía Casanova, obreira do pensamento', de Zenit Televisión; 'Dante', de CTV, e 'Tagdemonium', de Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, na modalidade A para proxectos de ficción cinematográficos e televisivos. 231 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

PROXECTOS EN PRODUCIÓN


NOVEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS Na categoría B para animación, recibirán axuda a serie ‘Súper Valentina’, de Abano Producións, e a longametraxe ‘O labirinto de pedra, unha aventura en Santiago de Compostela’, de Producións A Fonsagrada. Por último, na modalidade C para documentais obtiveron apoio ‘Dúas vellas, sete gatos, tres máquinas de coser’ e ‘María Casares: a muller que viviu mil vidas’, de Agallas Films; ‘O tempo do lume’, de Madre Films, e ‘A muller borrada’, de Cósmica Producións. A través desta liña de subvencións, acompáñase as produtoras na preprodución dos devanditos títulos, cos que nos anos seguintes poderán optar ás convocatorias da Xunta tanto para produción e coprodución audiovisual como para a súa difusión en feiras e mostras, ademais de a outros fondos estatais e europeos. Promoción do talento Algúns dos proxectos seleccionados para desenvolvemento dispuxeron tamén dun apoio previo á escrita do seu guión mediante a liña de axudas para a promoción do talento audiovisual galego. É o caso do documental ‘Dúas vellas, sete gatos, tres máquinas de coser’, de Marta Pérez Pereiro, e do filme de ficción ‘Stramucks’, de Andrés Goteira. Destaca, así mesmo, a importante presenza feminina nos proxectos beneficiarios, tanto na creación e idea orixinal, como na realización e produción, entre outras tarefas. Así, xunto a Marta Pérez Pereiro, figuran nesta relación propostas de directoras e guionistas como Manane Rodríguez, Sonia Méndez ou Jaione Camborda, entre outras.

232 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS Agallas Films consegue con ‘Ouro negro’ entrar na selección do International Drama Summit do Content London

Agallas Films, produtora fundada en 2009 con sede na Coruña e socia de AGAPI, conseguiu o que parece imposible: que o seu proxecto de serie ‘Oro negro’ entre na selección de International Drama Summit de Content London. A xornada Drama Series Pitch recibiu este ano preto de 100 propostas de proxectos de ficción en busca de financiamento. De entre todas elas, seleccionáronse 15 para presentarse en formato pitch o próximo 3 de decembro en Londres, e outras 15 foron tamén elixidas para completar a lista de 30 proxectos internacionais destacados polo foro que organiza C21 Media. ‘Ouro negro’, titulada ‘Black Gold’ en inglés, forma parte dese segundo grupo de selección. Paula Cons, directora de contidos de Agallas Films, xa está a preparar a súa axenda de reunións para Content London 2019. “Ao principio non nos criamos que ‘Ouro negro’ estivese seleccionada xunto a tantos proxectos de Reino Unido, Dinamarca ou Nova Zelanda” comenta Cons. E é que o feito de que un evento tan británico como Content London se fixe nunha serie española é un fito. “Enseguida me din conta de que ten todo o sentido porque 233 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

FESTIVAIS E CERTAMES


NOVEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS 'Ouro negro' presenta unha historia que implica a moitos países, sucede en España pero hai personaxes de Alemaña, Portugal… É unha historia aberta e internacional, ademais fala de algo que sucedeu durante a Segunda Guerra Mundial e que case ninguén coñece”. 'Ouro negro' conta como durante a Segunda Guerra Mundial os nazis desembarcaron en Galicia para extraer volframio, un mineral necesario para fabricar armas que nese momento soamente podíase atopar en Galicia e no norte de Portugal. “Isto provocou que moitas vilas pequenas que estaban a saír da posguerra española renacesen dalgunha maneira e enchésense de diñeiro, é unha situación que se pode comparar á febre do ouro de California con todos os personaxes que implica: prostitutas, aventureiros, espías dun bando e doutro e por suposto tiros a calquera hora do día” comenta Paula Cons.

234 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL O V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia reúne en Arnoia 51 empresas na procura de novos proxectos conxuntos Máis de 70 profesionais de 51 empresas de ambas as beiras do Miño participan no V Encontro de Coprodución Audiovisual PortugalGalicia, que se desenvolve hoxe e mañá no balneario da localidade ourensá de Arnoia. A Xunta e o Goberno luso organizan este foro bilateral, que continúa aumentando progresivamente tanto en nivel de participación como en acordos de colaboración e coprodución acadados ao seu abeiro. Así o destacou na apertura desta quinta edición Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que xestiona esta iniciativa xunto co Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e coa colaboración da Unión Europea a través do Subprograma MEDIA-Europa Creativa. Acompañárono neste acto Anxo M. Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; e Manoel Claro, representante da Portugal Film Commission.

Promotores do V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia

235 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

ACTUALIDADE


NOVEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL Sutil explicou que se xa na primeira edición de 2015 o foro conseguira reunir 27 produtoras, desta volta son 51 as que se dan cita en Arnoia para estudar posibles acordos de coprodución internacional arredor de 80 proxectos de cine e de televisión presentados. Farano, como en anos anteriores, nas reunións one to one que a organización lles concertou para a xornada de mañá. Acordos xa materializados O director da Agadic subliñou, así mesmo, a materialización de moitos dos contactos iniciados en anteriores edicións desta cita, orientada a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso. Entre eles, mencionou a serie 'Auga Seca' de Portocabo e SP-i, que vén de conseguir a primeira axuda do programa MEDIA á difusión televisiva para unha produtora galega. Tamén comezaron a xestarse neste foro a longametraxe 'Ons', que Maruxiña Film Company e Bando Aparte están a rodar nestes momentos; 'A illa das mentiras', de Agallas Films e Take 2000; 'A espía', de Ukbar Films e Ficción Producciones; 'O futuro da mente', de Agallas Films e Take 2000 co apoio do programa MEDIA a desenvolvemento; 'Camiños da irmandade', de M International Audiovisual con TVG e RTP, e 'Vidago Palace', de Hop! Films e Portocabo. Nesta quinta edición, desprazáronse ata Arnoia os representantes de 20 compañías galegas (Agallas Films, Belle Films, Control Z, Cósmica Producións, CTV, Esnatu Zinema, Ficción Producciones, Filmax, Frida Films, Gaita Films, La Región, M International, Maruxiña Film Company, Mondotropo, Noire et Blanche, Ollo Vivo, Portocabo, Producións Fenda, Q+Ver e Somadrome), mentres que pola banda portuguesa están acreditadas 31 empresas. Así mesmo, cóntase coa participación das televisións públicas de Galicia e Portugal (TVG e RTP) e coa implicación doutros colectivos profesionais de ambos os territorios, como a Minho Film Commission, o Clúster Audiovisual Galego (Clag) ou a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

236 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Fotograma do filme ‘O que arde’

Esta obra, distribuída por Númax, logrou facerse co premio do xurado na sección 'Un certain regard' do Festival Internacional de Cinema de Cannes, con boas sensacións e unha boa acollida por parte do público tras a súa estrea. 'O que arde' conta a historia de Amador (Amador Arias), un home que regresa ao fogar familiar, nunha aldea perdida nas montañas de Galicia, tras cumprir condena por unha acusación de piromanía. De volta a casa, Amador convive coa súa nai, Benedicta (Benedicta Sánchez), con quen mantén un vínculo férreo e silente, e así durante a historia nai e fillo intercambian apenas unas poucas frases, pero todas elas con mensaxes esenciais. 'O que arde' é un melodrama sobre o lume e emocións intensas, e busca ser un retrato extremo dun rural español en vías de desaparición, do seu carácter rudo e tenro á vez, excesivo e sereno por igual; un retrato da súa desmesurada e paradoxal beleza, unha beleza que non sabe de equilibrios. A vida de nai e fillo transcorre pausadamente ao ritmo bucólico do campo, ata que unha noite un incendio arrasa a comarca e prende nos seus habitantes, que se ceban sobre un indefenso Amador, acusado de telo perpetrado. 237 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

'O que arde' supera xa os 50.000 espectadores


NOVEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL FORMACIÓN A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) reafirma o seu compromiso de traballo para seguir sendo unha peza clave na unidade, consolidación e estabilización dun sector estratéxico como é o do audiovisual galego A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) cumpre 25 anos. Con tal motivo ao longo desta semana vanse celebrar en Santiago unha serie de actividades, de carácter social, formativo e divulgativo, nas que participarán destacados representantes do sector a nivel estatal. O xoves pola mañá terá lugar unha xornada de formación e debate en torno á producción audiovisual na que participarán representantes das administracións provinciais, autonómica e estatal (entre eles Beatriz Navas, directora xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais, ICAA), xunto a asociacións, empresas e profesionais do sector, tanto de Galicia como do esto de España. O xoves pola noite terá lugar unha gran festa na sala Capitol para socios e convidados do sector que contará coa actuación do grupo Broken Peach. O presidente de Agapi, Felipe Lage explica que “esta festa procura dous obxectivos. Por unha parte celebrar como cómpre estos 25 anos nos que a asociación foi unha peza clave para o desenvolvemento e fortalecemento do sector audiovisual galego. E, por outra, propiciar un espazo de encontro informal e distendido no que coincidamos por un día todos os actores do sector e no que poder establecer contactos, alianzas e incluso do que poidan xurdir ideas”. Felipe Lage subliña a importancia que ten o feito de contar en Galicia cunha asociación forte como Agapi nun momento trascendental para o sector audiovisual como é o actual. “Nestes 25 anos Agapi foi unha peza fundamental para xerar interrelación entre todos os axentes do sector, incluidas as Administracións e as televisións. Hoxe estamos nun momento trascendental, cunha enorme calidade creativa, con importantes cambios no mercado e con novas oportunidades. Agapi reafirma o seu compromiso de traballo de cara a conquerir as ferramentas que posibiliten a necesaria consolidación e estabilidade do audiovisual galego ante este novo escenario e os retos que se nos plantexan”.

238 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Xornada formativa ‘A produción audiovisual a debate’ 10.15 h.: Inauguración e benvida a cargo dun representante de Cultura da Deputación da Coruña e do presidente de AGAPI. 10.30 h.-11.30 h.- “O financiamento audiovisual a debate”: · Felipe Lage, presidente de AGAPI. · Raimon Masllorens, presidente de PROA · Carlos Juárez, presidente da Asociación de Produtores Vascos EPE-APV · Jesús Prieto, avogado e conselleiro de CREA SGR 12h-12.30h: “A política cultural da Deputación da Coruña no apoio ao audiovisual galego” a cargo dun representante da Deputación. 12.30h.-13.30h: “O papel das administracións públicas nas Axudas á produción audiovisual”: · Dolores Meijomín. Coordinadora de política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) · Beatriz Navas, Directora Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) · Silvia Anoro, Sociedade de Xestión de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) 13.30h-14.30h: “Retos da distribución independente” · Ramiro Ledo, Númax. · Lara Camiña, Bteam. · Silvia Lobo, Elamedia. · Enrique Costa, Avalon. 20.30 h: Festa ‘25 anos de AGAPI’, na sala Capitol (con invitación)

239 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

Programa do xoves, 21 de novembro


NOVEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL AuGAL Master Class Audiovisual Galego 2019-2020: inscricións e programa A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo organizan a novena edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego correspondente ao curso 2019-2020. Esta convocatoria desenvolverase na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra do 12 de novembro ao 12 de decembro co seu programa habitual dedicado a producións galegas explicadas polos seus protagonistas e complementado con varios obradoiros prácticos.

240 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Un ano máis, AGAPI coordina a programación audiovisual do Culturgal Culturgal, Feira da actividade cultural en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 29 de novembro, 30 de novembro e 1 de decembro. Un ano máis, poderán verse na Feira as mellores propostas Culturais nos ámbitos do audiovisual, música, arte, editorial, artesaría e teatro. Agapi coordina a programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Este ano na programación poderán verse títulos como: Sábado 30 novembro · 17h- 19h: 'Gallo', documental producido por Frida Films. Presenta: Sara Horta, axudante de produción. 82 min. · 19h- 21h: 'Eroski Paraiso', filme producido por Ollovivo. Presentan: Jorge Coira, director e Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, actriz e actor protagonistas. 76 min. Domingo 1 decembro · 17h- 18h: 'Atopando o Camiño', curtametraxe. Presentan: María Fanjul e Andrés Castro, codirectores e Óscar Ibáñez. · 18h-20h: 'O que arde', filme producido por Miramemira. Presentan: Oliver Laxe, director e Valentín García, responsable de Política Lingúística.

241 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

NOVEMBRO

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES



12

DECEMBRO EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS ESTREAS

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES PALMARÉS

GALICIA AUDIOVISUAL ACTUALIDADE ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS FORMACIÓN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES NOMES PROPIOS


DECEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS NOVAS Recrea Films, experiencia e talento baixo un mesmo teito Recrea Films son Amalia Mato e Chema Gagino, dous profesionais con moitos anos de experiencia ás costas dentro da produción, dirección e guión. En 2017 unen forzas para voar sós e crear a súa propia produtora baixo o nome Recrea Films, unha produtora independente con sede na Coruña que traballa cunha liña editorial clara, ''proxectos de ficción ou documental comprometidos socialmente que poñan en valor o talento galego, conectados coa realidade e baseándose no emprego da mellor materia prima: a xente e as súas vidas''. Actualmente traballan en dous proxectos que esperan ver a luz pronto, o primeiro é un documental dirixido por Marcos Nine titulado 'A virxe Roxa', que narra a vida e morte de Hildegart Rodríguez, a muller que durante a II República se converteu nunha nena prodixio grazas ao metódico plan da súa nai Aurora. O proxecto afonda na vida destas dúas mulleres que viviron durante a II República e, sobre todo, na relación que as uniu e as destruiu. O documental que agora se atopa fase de produción espera chegar ás pantallas a mediados do próximo ano. O segundo proxecto que teñen entre mans é, 'Caso Couso' en fase de desenvolvemento e para o que actualmente se atopan buscando financiamento. Con esta longametraxe Recrea Films quere profundizar na loita persoal por superar a perda e tamén a batalla xudicial da familia de José Couso, o cámara que perdeu a vida na invasión de Iraq en 2003. Ademais, traballan sobre outros proxectos para cinema e televisión dos que aínda non nos poden dar máis datos aínda que esperan facelo pronto. Falamos con Chema Gagino e o certo é que ter moita experiencia permite ver as cousas desde a distancia e observar os cambios ao longo do tempo, por iso asegura que ''o sector audiovisual galego vive un momento único, e iso débese ao enorme talento dos equipos técnicos e artísticos que temos aquí, Galicia converteuse xa nun referente a nivel estatal e internacional''.

244 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

Amalia Mato e Chema Gagino, produtores en Recrea Films

245 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

O reto para Recrea Films como para todas as produtoras independentes é buscar o financiamento e apoios necesarios para sacar os proxectos adiante, pero tamén afianzar así a súa posición dentro do sector en Galicia e tamén a nivel nacional.


DECEMBRO

EMPRESAS AUDIOVISUAIS ESTREAS ‘Eroski Paraíso’ chega este venres aos cines galegos e estrea o seu tráiler

Cartaz do filme ‘Erpski Paraíso’

Despois do seu éxito como obra teatral, 'Eroski Paraíso' dá o salto á gran pantalla da man dos directores Jorge Coira e Xesús Ron. O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a partir desa data serán salas como NUMAX (Santiago de Compostela), Duplex (Ferrol), os Multicines Norte (Vigo), CODEX (Lugo), o Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), os Cines Viveiro (Viveiro) e os Cines Seixo (Marín). Nas semanas seguintes 'Eroski Paraíso' tamén poderá verse en Caldas de Reis, A Coruña, Cee, A Rúa, As Pontes, Verín, Leiro, A Estrada ou Ribadeo. Na película nárrase a historia de Álex (Cris Iglesias), unha nova cineasta, que decide facer un filme sobre a historia dos seus pais. Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira) coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989, casaron e tiveron unha filla. Agora están divorciados, levan anos sen verse e a antiga discoteca onde

246 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


EMPRESAS AUDIOVISUAIS

'Eroski Paraíso' naceu como unha obra de teatro creada pola compañía Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) que, despois dunha xira de varios anos por España e de máis de 30.000 espectadores, os directores Jorge Coira e Xesús Ron deciden converter en longametraxe. O filme é unha comedia que explora a memoria colectiva, as voltas que dá a vida e a transformación das relacións nunha comunidade pequena. Baséase en historias reais que sucederon no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros que pechou en 1990 e que, ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os homes, se repetiu en infinidade de lugares de España onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización se volveron espazos de consumo. Esta é tamén unha historia de desarraigo: a historia de alguén que non parou en ningún sitio para volver ao mesmo punto de partida, coma se tivese estado parada no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu redor.

247 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

se coñeceron é un supermercado Eroski. O filme é o retrato dunha xeración que o tivo todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se recorrese o corredor dun supermercado, unha metáfora viva da transformación social que tivo lugar nos últimos 35 anos en España.


DECEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS FESTIVAIS E CERTAMES Agallas Films consegue con ‘Ouro negro’ entrar na selección do International Drama Summit do Content London

Paula Cons, directora de contidos de Agallas Films

Agallas Films, produtora fundada en 2009 con sede na Coruña e socia de AGAPI, conseguiu o que parece imposible: que o seu proxecto de serie 'Ouro negro' entre na selección de International Drama Summit de Content London. A xornada Drama Series Pitch recibiu este ano preto de 100 propostas de proxectos de ficción en busca de financiamento. De entre todas elas, seleccionáronse 15 para presentarse en formato pitch o próximo 3 de decembro en Londres, e outras 15 foron tamén elixidas para completar a lista de 30 proxectos internacionais destacados polo foro que organiza C21 Media. 'Ouro negro', titulada 'Black Gold' en inglés, forma parte dese segundo grupo de selección. Paula Cons, directora de contidos de Agallas Films, xa está a preparar a súa axenda de reunións para Content London 2019. ''Ao principio non nos criamos que ‘Ouro negro’ estivese seleccionada xunto a tantos proxectos de Reino

248 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

Fotogra


MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS

'Ouro negro' conta como durante a Segunda Guerra Mundial os nazis desembarcaron en Galicia para extraer volframio, un mineral necesario para fabricar armas que nese momento soamente podíase atopar en Galicia e no norte de Portugal. ''Isto provocou que moitas vilas pequenas que estaban a saír da posguerra española renacesen dalgunha maneira e enchésense de diñeiro, é unha situación que se pode comparar á febre do ouro de California con todos os personaxes que implica: prostitutas, aventureiros, espías dun bando e doutro e por suposto tiros a calquera hora do día'' comenta Paula Cons.

249 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

ama do filme ‘O que arde’

DECEMBRO

Unido, Dinamarca ou Nova Zelanda''. comenta Cons. E é que o feito de que un evento tan británico como Content London se fixe nunha serie española é un fito. ''Enseguida me din conta de que ten todo o sentido porque ‘Ouro negro’ presenta unha historia que implica a moitos países, sucede en España pero hai personaxes de Alemaña, Portugal… É unha historia aberta e internacional, ademais fala de algo que sucedeu durante a Segunda Guerra Mundial e que case ninguén coñece''.


DECEMBRO

MERCADOS AUDIOVISUAIS E ENCONTROS PALMARÉS

'O que arde' acada catro nominacións aos Premios Goya, 'O que arde' acada catro nominacións aos Premios Goya, entre elas mellor película, mellor director (Oliver Laxe) e mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez). Os profesionais galegos optan ademais a outros galardóns, coma o premio á mellor interpretación masculina (Luís Tosar) ou o premio ao mellor actor revelación (Santi Prego).

250 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

O 2019 está sendo un ano extraordinario no que se refire ao recoñecemento do noso audiovisual galego. Os premios e nominacións non deixan de chegar e títulos como 'O que arde' ou 'Hierro' consolídanse como os fenómenos do ano. A serie 'Hierro' producida pola empresa coruñesa Portocabo, que vén de recoller dous Premios Ondas nas categorías de Mellor serie de TV e mellor intérprete feminina por Candela Peña; así como un Premio Iris ao Mellor guión para Jorge Coira, Araceli Gonda, Coral Cruz, Fran Araújo e Carlos Portela. E o recoñecemento continúa coas recentes tres nominacións nos Premios Feroz, nas categorías de: Mellor Serie Dramática; Mellor Actriz Protagonista por Candela Peña e Mellor Actor Protagonista por Dario Grandinetti e as catro nominacións nos Premios MIMSeries nas categorías de Mellor Serie, Mellor Actriz Protagonista por Candela Peña, Mellor guión e Mellor Dirección. O filme 'O que arde' producido pola empresa Miramemira é xa o filme rodado en galego máis visto da historia, tas conseguir fitos como chegar ao Festival de Cannes con un filme en VO galega e gañar o Premio do Xurado, está superando con creces todas as expectativas. Leva 8 semanas nos cines e nos últimos días non paran de chegar boas noticias. Tras o recente premio no Festival de Cine de Mar del Plata, conta con cinco nominacións nos Premios Feroz a Mellor Drama, Mellor Dirección, Mellor guión, Mellor Cartaz e Mellor tráiler. Está tamén nominada nos Premios Forqué na categoría de mellor longametraxe de ficción e recentemente acaban de coñecerse as catro nominacións nos Premios Goya, nas categorías de Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Actriz revelación e Mellor Dirección de Fotografía. A estes dous títulos, hai que sumar o éxito de filmes como 'Arima', producido por Esnatu Zinema que vén de gañar o Premio á Mellor Película da Sección Escáner no Festival de Cine Indendente de Madrid, Márgenes; ou o último filme producido pola empresa galega Filmika Galaika 'Longa Noite' de Eloy Enciso que está colleitando 251 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

ACTUALIDADE 2019, ano de premios e recoñecementos para o noso audiovisual


DECEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL moita expectación e recoñecemento antes da súa próxima estrea comercial, prevista para o 5 de decembro, como a recente Mención Especial do xurado novo na Mostra de cine de Lanzarote. Tamén está sendo un gran ano para ‘Quien a hierro mata’ producido por Vaca Films que opta aos Premios Goya en tres candidaturas (Mellor actor protagonista, Mellor Actor de reparto e Mellor Son) e aos Premios Feroz noutras tres categorias (Mellor Drama, Mellor Actor Protagonista e Mellor Actor de reparto).

252 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Fernando R. Ojea, secretario xeral de Circom e director de contidos da CRTVG: "Galicia ten boa imaxe en Europa. Somos pequenos, pero moi fortes" Estamos a falar de que en Europa hai 250 centros de produción, uns 10.000 xornalistas de canles públicas. Aproximadamente, emítense cada semana 90 programas ou canles completas en linguas que non son a dominante do país. O fenómeno da televisión rexional en Europa é moito máis grande do que pensamos, é un fenómeno superestendido. A asociación Circom está presente en 31 países. É certo que hai territorios moi pequenos, que non teñen rexións no sentido que entendemos nós, pero si teñen unha división rexional das noticias ou da actividade. No contexto europeo, tendo en conta que Galicia é un territorio pequeño -somos 2,7 millóns de persoas- estamos moi fortes. Incluso empezamos a vender formatos de televisión como 'Escapárate', que o comprou Endemol, ou 'Historias mínimas', ambos da mesma produtora.

Fernando R. Ojea, secretario xeral de Circom e director de contidos da CRTVG

253 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

ACTUALIDADE DAS TELEVISIÓNS


DECEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL FORMACIÓN Mesa redonda: 'Guionistas na TV'

A Fundación SGAE convoca, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia e coa colaboración da USC, a mesa redonda 'Guionistas na TV'. O século XXI marcou un cambio de tendencia na produción audiovisual: as novas plataformas e dispositivos provocaron unha evolución da creatividade e do propio negocio cara á televisión, tanto na súa concepción clásica como nos seus diversos formatos para consumo en liña. Nesta mesa, tres profesionais do sector explicarán as claves do seu oficio e debaterán sobre as súas circunstancias, ofrecendo un achegamento necesario ao presente inmediato da creación audiovisual. O encontro 'Guionistas na TV ' celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Aula de Visionado 1) o martes 10 de decembro (16:00 a 18:00 horas) con acceso libre de balde ata completar aforo. Participarán tres importantes guionistas: · Xosé Cermeño é escritor, realizador e guionista. Creador de Pratos combinados e director de Larpeiros, entre moitos outros espazos. Estrea este mes de decembro unha nova serie na TVG: Do dereito e do revés. · Andrés Mahía traballou como guionista, argumentista ou director para series como Mareas vivas ou Terras de Miranda. Como socio 254 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL

Entre todos abordarán cuestións coma os cambios creativos no proceso de produción; a evolución dunha historia dende a escrita ata a pantalla; a relación do autor co resto do equipo; ou a adaptación ás emerxentes plataformas de contidos e ás tendencias e estilos de consumo. Masterclass: Formación en Pitching O vindeiro xoves, 12 de decembro, terá lugar unha masterclass sobre Pitching na cidade da Cultura ás 16h. Estará impartida por Peter Andermatt.

255 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

·

da produtora Zopilote, creou Era visto! ou Malo será!, que segue a emitirse con éxito na TVG. Alberto Guntín foi creador, guionista ou director de series como Padre Casares ou Mareas vivas, e ademais produtor executivo de Matalobos ou Serramoura. Tamén é Director de Desenvolvemento de Voz Audiovisual.


DECEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL Simposio internacional 'As Linguas e o Cinema' O Simposio Internacional As Linguas e o Cinema II. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas serve de continuación ao foro homónimo desenvolvido en maio de 2018 e encádrase nas actividades de difusión do proxecto EUVOS (CSO2016-76014-R). Liderado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, o proxecto conta con persoal investigador procedente de diversas universidades estatais e europeas: Margarita Ledo Andión (I.P.) (USC), Enrique Castelló Mayo (Co-I.P.) (USC), José Luis Castro de Paz (USC), Antía López Gómez (USC), Fernando Redondo Neira (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Marta Pérez Pereiro (USC), María Soliña Barreiro González (USC), Pablo Romero Fresco (UVigo), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPVEHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Miren Manias Muñoz (UPV-EHU), María José Deogracias Horrillo (UPV-EHU), Silvia Roca Baamonde (USC), Claudia Neira Expósito (USC), Andrés Fraga Pérez (USC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of StirlingUniversity of Warwick).

256 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA AUDIOVISUAL Nuns días abre as súas portas no centro Ágora a nova tempada do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación, cunha programación adicada ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia. A meirande parte das propostas desenvolveranse nos primeiros meses de 2020, pero neste mes de decembro temos xa un adianto de luxo: unha sesión dobre adicada aos universos transmedia con Roger Casas-Alatriste, fundador da produtora de contidos dixitais El Cañonazo, coñecida polo desenvolvemento transmedia de La Zona ou La Peste, entre outros traballos, e polos numerosos premios acadados, non só no desenvolvemento transmedia de producións audiovisuais, senón en campañas de marketing innovadoras, especialmente de branded content e específicas para producións audiovisuais. · ·

Así, o 17 de decembro de 19h a 20h45 temos unha charla na que coñecer as posibilidades e tendencias do transmedia no audiovisual. O 18 de decembro, aínda que xa coas prazas cubertas, temos aberta a inscrición en lista de agarda para unha 2ª sesión cun enfoque máis práctico e próximo, orientada a coñecer como encaixar as pezas dun proxecto transmedia.

257 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación


DECEMBRO

GALICIA ESPACIOAUDIOVISUAL DESTINADO PARA TÍTULOS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES Presentación de GaliciaLe no Culturgal O pasado sábado 30 de novembro, tivo lugar a presentación da plataforma de préstamo audiovisual das bibliotecas públicas galegas, GaliciaLe dentro do marco da Feira das Industrias Culturais, Culturgal. Esta presentación contou coa participación do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; a xerente de AGAPI, Uxía Caride e o director de Edicións Xerais de Galicia, Fran Alonso. GaliciaLe (galiciale.gal) é a plataforma de préstamo de libro dixital e de audiovisuais galegos a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia desde 2014. A gran novidade é que dispón de 300 títulos de longametraxes, curtas e documentais feitos en Galicia e para todos os públicos, que se poden ver de balde só con rexistrarse tendo o carné dunha biblioteca pública de Galicia.

Na foto, de esquerda a dereita: Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia e Uxía Caride, xerente de Agapi.

258 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA ESPACIOAUDIOVISUAL DESTINADO PARA TÍTULOS A sala de cinema preparada no Salón de Actos da Feira Culturgal encheu ata a bandeira varios dos seus pases. O sábado 30 arrincou con un documental infantíl pola mañá para seguir pola tarde co filme 'Gallo' producido por Frida Films e coa película de ficción baseada na obra de teatro dos Chévere 'Eroski Paraiso'. Esta preestrea era moi agardada e foi moi ben acollida polo público. O domingo 1 de decembro, foi a quenda da cultametraxe 'Atopando o Camiño' para seguir ás 18h co alabado filme 'O que arde' que contou coa participación no coloquio do seu director, Oliver Laxe que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. 'O que arde' consolídase como o fenómeno cinematográfico do país acadando nas últimas horas catro nominacións aos premios Goya.

259 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

O cinema no Culturgal acada unha grande afluencia de público


DECEMBRO

GALICIA AUDIOVISUAL ESPACIO DESTINADO PARA TÍTULOS NOMES PROPIOS Actores alertan do "desmantelamento" do CDG e CCG ante a reforma estatutaria da Agadic A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e a Academia Galega de Teatro (AGT) alertaron este xoves do proxecto de modificación do estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que, alertan, conlevará, entre outras cousas, a "privatización" da actividade do Centro Dramático Galego (CDG) e do Centro Coreográfico Galego (CCG). O recorte da autonomía e a redución de competencias de ambas as entidades preocupan tamén aos profesionais do sector, que reclaman transparencia e diálogo á Consellería de Cultura ao criticar que non lles foi comunicada en ningún momento o proxecto de modificación do estatuto da Agadic e que se decataron por unha comparecencia parlamentaria do conselleiro Román Rodríguez. Así o trasladaron esta mañá en rolda de prensa Xosé Barato e Inma Antonio, representantes da AAAG e da AGT, quen esixe a retirada do devandito proxecto de decreto ao entender que se está levando a cabo "de costas ao sector" que acentuará, sosteñen, o "desmantelamento sistemático" por parte da Xunta dos centros de produción institucionais. O colectivo Músicas ao Vivo tamén se suma ás demandas expresadas polos representantes do CDG e CCG, segundo expuxo Xosé Barato. Á espera dunha reunión que solicitaron co director da Agadic, Jacobo Sutil, os actores e actrices mostran a súa preocupación tendo en conta que mañá, venres, finaliza o prazo para a presentación de alegacións ao devandito proxecto de reforma. Xosé Barato, en representación do CDG, denunciou que o obxectivo do Goberno galego é "laminar a xa escasa autonomía" desta institución, reducir as funcións da súa dirección e eliminar a súa representatividade, e "abrir as portas á completa externalización e privatización" das súas montaxes escénicas. En palabras de Barato, trátase de "un dos momentos máis críticos do Centro Dramático Galego" desde a súa creación. A representante do Centro Coreográfico Galego, Inma Antonio, denunciou igualmente "o desmantelamento absoluto 260 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego


GALICIA ESPACIOAUDIOVISUAL DESTINADO PARA TÍTULOS

"Desde a Academia Galega do Teatro entendemos o teatro como un servizo público, e este novo cambio de lexislación e de ordenación obedece a algo moi sinxelo que vemos desde hai tempo e que é o abandono de responsabilidades, por parte do noso Goberno, de atender aos servizos públicos aos que a cidadanía ten dereito", afirmou Inma António.

Na foto, de esquerda a dereita: Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Xosé Barato, en representación da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e Inma António en representación da Academia Galega de Teatro (AGT)

261 . Anuario de información do Sector Audiovisual Galego

DECEMBRO

de todas as institucións que fortalecen a nosa cultura e a nosa identidade", e considerou a reforma do estatuto da Agadic como "un proxecto de destrución e aniquilación" de institucións como o CDG.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.