Programa electoral

Page 74

(*) Creación dunha única oficina de acompañamento ao Emprendedor. (*) Programa Novos Emprendedores: promover o deseño de proxectos empresariais dentro dun proceso controlado e acompañado por un grupo de asesores especializados. (*) Programa de axudas á contratación indefinida dos tres primeiros traballadores contratados por unha persoa autónoma ou emprendedora. (*) Establecer, durante un ano, unha axuda ao pagamento da cotas a Seguridade Social dos novos autónomos. (*) Fomento do emprendemento mediante a potenciación das diferentes fórmulas economía social: cooperativas, sociedades laborais, etc. (*) Posta en marcha dun plan estratéxico do cooperativismo galego para 2013-2017. (*) Programa cooperativas.

de

internacionalización

das

empresas

(*) Formación e creación dunha rede de axentes intermedios cooperativos como órgano de interlocución e fomento do cooperativismo. (*) Creación dun fondo de capital-risco destinado a emprendedores que desexen formar a súa cooperativa. (*) Programa de incentivos á contratación, dirixido ás empresas colaboradoras do Servizo Público de Emprego que contraten de xeito indefinido aos desempregados participantes nas accións de formación ocupacional. (*) Crear incentivos ás empresas para a contratación a través do teletraballo co fin de axudar a conciliación da vida familiar e laboral. (*) Impulsar e potenciar as oficinas de apoio ao empregador. (*) Crearanse programas de incentivos á contratación para mulleres que previamente obtiveran un certificado de profesionalidade relacionado con temas de asistencia sociosanitaria. Establecer un procedemento de formación, cualificación, acreditación e inserción laboral a través de fomento emprego autónomo e cooperativas no eido sociosanitario. 74


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.