Boletín Agosto 2012

Page 1

Agosto de 2012. Número 18. Ano II

Galicia cumprirá co déficit tamén en 2012 Galicia será posiblemente a primeira comunidade en remitir a Madrid o seu teito de gasto para 2013, unha vez transcurrido o último Consello de Política Fiscal e Financeira

O PPdeG pide un Parlamento máis barato e reducido A proposta do PPdeG de reducir o número de deputados do Parlamento supoñerá un aforro por Lexislatura de ata 6 millóns de euros, diñeiro que os populares se comprometen a destinar á política social do Goberno galego Os populares galegos veñen de propoñer que o Parlamento galego, ao igual que toda a cidadanía e ao igual que a Xunta, tamén aprete o cinto e apostan pola redución do número de deputados, que pasarían de 75 a 61. Isto supoñería un aforro por Lexislatura de ata 6 millóns de euros, diñeiro que os populares se comprometen a destinar á política social da Xunta. Cabe destacar que o propio Estatuto de Autonomía establece que a Cá-

mara debe constar de entre 60 a 80 deputados e estamos no momento de movernos na cifra máis baixa dese tramo, xa que as arcas públicas non poden permitirse os mesmos gastos en políticos en tempos de bonanza que en tempos de crise. Ademais, a proposta dos populares de abaratar o funcionamento do Parlamento tamén contempla baixarlles o soldo aos deputados a través dunha merma salarial equivalente á que sufriron os

funcionarios neste 2012. O PPdeG está iniciando os trámites para negociar a proposta co PSOE e co BNG, a quen piden que sexan coherentes co que asinaron no Estatuto. En ningún caso estamos ante un recorte da democracia, como di a oposición, posto que os 61 deputados terían que facerse cargo do traballo dos 14 que se suprimirían. Por tanto, traballarían máis polo mesmo diñeiro, como se lles está esixindo a moitos cidadáns.

Galicia cumprirá o déficit público durante todo o presente ano, tal e como fixo en toda a lexislatura, non superando o 1,5% establecido polo Estado para as comunidades. Unha vez analizada, por tanto, a situación das contas públicas de Galicia, pechado o primeiro semestre do ano 2012, pódese dicir un ano máis, que Galicia volve a facer os deberes e volverá a cumprir co Estado e cos cidadáns. Cos datos coñecidos a metade de ano, Galicia constata os froitos dunha política económica rigorosa que o Goberno de Feijóo leva mantendo durante toda a lexislatura e que lle permite prescindir de medidas drásticas que se están utilizando na maioría das comunidades. Así, mentres outras autonomías están estes días véndose abocadas a pedir unha axuda extraordinaria, Galicia pode garantir que no ano 2012 volverá pechar o seu exercicio cun cumprimento estrito dos compromisos co resto de España e con Europa Ademais, Galicia será posiblemente a primeira comunidade autónoma en remitir a Madrid o seu teito de gasto para 2013, unha vez transcurrido o último Consello de Política Fiscal e Financeira. Este límite ao gasto da Administración responde á intención de cumprir co tope de déficit e serve para manter a solvencia da comunidade, mantendo o gasto social e buscando políticas de crecemento económico.


Agosto de 2012. Número 18. Ano II - Páxina II / IV

O PPdeG sinala polo Día de Galicia que o autogoberno fai posible que a nosa comunidade sexa a menos endebedada de toda España

O Parlamento reduce os custes do Valedor

No seu Manifesto do 25 de xullo, o PPdeG recordou especialmente a Fraga como artífice da “Galicia moderna e aberta que hoxe coñecemos” e indicaron que, “sen o seu legado, hoxe estaríamos celebrando o día dunha Galicia ben distinta”

Apróbase unha lei para facilitar o voto aos deputados en situación de paternidade, maternidade ou embarazo

O PPdeG aproveitou a festividade do 25 de xullo, Día de Galicia, para redoblar o seu compromiso no autogoberno da Comunidade, xa que hoxe máis que nunca representa unha realidade con consecuencias palpables. De feito, os populares apuntan que o autogoberno é o que permite a Galicia ser a comunidade menos endebedada de España, ordenando responsablemente a súa economía e garantindo os servizos básicos de calidade. Así mesmo, os populares tamén expresaron nun manifesto a súa aposta por un galeguismo integrador, reformista, responsable e tamén aberto á pluralidade social, esencia do seu partido desde o día da súa fundación. Ademais, o PPdeG quixo aproveitar o simbolismo deste día para lembrar con cariño a Manuel Fraga, artífice da “Galicia moderna e aberta que hoxe coñecemos” e indicaron que, “sen o seu legado, hoxe estaríamos celebran-

do o día dunha Galicia ben distinta.” Por outra banda, respecto ás manifestacións do 25 de xullo, aos populares sorpréndelles que o BNG centrase o seu discurso na súa fortaleza orgánica cando está máis roto que

Actos oficiais do 25 de xullo nunca, como se puido evidenciar: tres manifestacións e tres discursos distintos. Por iso, o Bloque Nacionalista non está lexitimado para dar leccións sobre goberno cando non é capaz nin de manterse ordenado a si mesmo.

Feijóo suprime de facto a retribución de dous anos a ex presidentes A decisión do Goberno de Feijóo de non permitir que os futuros ex presidentes compatibilicen a súa compensación salarial con outras retribucións é unha nova medida de responsabilidade e de austeridade para as contas públicas. Por respecto a quen ocuparon no pasado a Presidencia da Xunta, a medida non terá

carácter retroactivo. Por tanto, o primeiro afectado será o presidente Feijóo, que unha vez máis demostra que é un gobernante que non só toma medidas que afectan á cidadanía, senón tamén para o seu Goberno e para si mesmo. O PPdeG comprende que presidir Galicia é unha honra para calquera político e máis aló

dos seus erros ou acertos, a súa dedicación a Galicia merece ser recoñecida unha vez que finaliza a súa etapa. Non obstante, nun momento de crise, compatibilizar soldos con cargo ao erario público non teñen xustificación cando á cidadanía se lles está esixindo esforzos para encauzar a España pola senda da recuperación.

O Parlamento galego vén de aprobar os ditames das proposicións de lei presentadas polo Grupo Popular para a modificación da estrutura do Valedor do Pobo e para facilitar voto aos deputados e deputadas en situación de embarazo, maternidade ou paternidade a través da delegación ou por vía telemática. Con respecto á primeira proposta, acadouse o resultado de ganar eficiencia e reducir o custo do Valedor, sen afectar ao seu rendemento. Así, cos votos favorables do PP e do PSOE, aprobouse pasar dunha estrutura actual de Valedor, tres vicevaledores e un secretario xeral á de un Valedor e un só adxunto ao Valedor. Así mesmo, o cadro de asesores redúcese de oito a catro. No que atinxe á segunda proposta, quedou aprobado que todos os deputados ou deputadas en situación de embarazo, maternidade ou paternidade, poidan exercer o seu dereito ao voto a través da delegación ou por vía telemática. É de sinalar a disposición máxima ao consenso amosada polo PPdeG, que se traduciu na aceptación ou transacción de todas as emendas presentadas pola oposiciónao texto inicial da proposta para a reforma do regulamento ou das 11 emendas aprobadas ou transaccionadas na modificación do Valedor.


Agosto de 2012. Número 18. Ano II - Páxina III / IV

O déficit herdado do Goberno socialista obriga a Rajoy a acometer os axustes que ningún gobernante desexa Estamos nunha situación na que España necesita pedir diñeiro ata para pagar nóminas, paro e pensións e, ademais, no ano 2011 o Goberno socialista gastou 90.000 millóns máis do que ingresou

B

R

E

Os axustes anunciados este mes polo presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, non foron impostos nin pola Unión Europea nin polos mercados, senón polo déficit do 8,9% herdado do anterior Executivo socialista. Dito déficit obriga ao noso país a endebedarse cun interese insoportable do 7%.De feito, se España cumprise co 6% que os socialistas prometeron, hoxe o PP non se vería obrigado a tomar medidas que a ningún gobernante lle gusta acometer e que, de feito, non

están no ADN dos populares.Estamos nunha situación na que España necesita pedir diñeiro ata para pagar nóminas, paro e pensións e,

O esforzo traerá consigo a recuperación ademais, no ano 2011 o Goberno socialista gastou 90.000 millóns de euros máis dos cartos que ingresou. O PP é consciente de que os axustes son duros e de que xa se leva pedido moitos esforzos á sociedade espa-

ñola pero ten a convicción de que valerá a pena e de que haberá unha recompensa a medio prazo en forma de recuperación económica, de creación de emprego e de retorno a unha mellor situación social. Sacar a España deste pozo non é unha tarefa doada e esixe, por tanto,un esforzo colectivo que precisa do apoio de todos os cidadáns e de todas as forzas políticas e sociais. Con respecto a isto, os populares engaden que serán os primeiros en arrimar o ombreiro para saír da crise canto antes.

E

S

O Códice Calixtino volve á Catedral de Santiago de Compostela en mans do presidente do Goberno

Un ano despois da súa desaparición, o Códice Calixtino regresou á Catedral de Santiago en mans de Mariano Rajoy que, como galego e como máximo representante do Goberno, quixo asistir ao acto de

Mariano Rajoy na súa comparecencia para explicar os axustes

V

entrega e agradecer en primeira persoa aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado o seu excelento traballo nas tarefas do libro que Alberto Núñez Feijóo definiu como a “partida de nacemento de Europa”.

Os populares de Muxía celebran con Feijóo o seu tradicional acto na Praia Area Maior

Os populares do concello coruñés de Muxía celebraron con Alberto Núñez Feijóo o seu tradicional acto na Praia Area Maior, ao que tamén acudiron Diego Calvo, Pilar Farjas, Juan de Dios Ruano, Gema Freire,

e varios alcaldes e representantes do PP da Costa da Morte e membros de Novas Xeracións. Os populares aproveitaron a xuntanza para poñer en común ideas e reflexións acerca da actualidade.


Agosto de 2012. Número 18. Ano II - Páxina IV / IV

OS TITULARES QUE NOS DEIXA XULLO...

Novas Xeracións rinde homenaxe a Miguel Ángel Blanco Garrido Para os membros desta guran que o terrorismo

organización, Miguel non poderá matar

Novas Xeracións rindeu homenaxe a Miguel Ángel Blanco Garrido con varios actos organizados nas capitais das catro provincias galegas, baseados en ofrendas florais e lectura de comunicados para honrar a memoria do concelleiro de Ermua con ascendencia galega. Os membros da organización xuvenil

Ángel nunca

é un exemplo a seguir e aseos principios de Novas Xeracións

non esquecen, ao igual que ningún español, un secuestro que conmocionou a todo o país e que nos uneu a todos nun grito unánime contra o terrorismo. A formación reivindica o espíritu de Miguel Ángel, as súas inquedanzas e as súas ganas de cambiar a realidade que o levaron a afiliarse en Novas Xeracións.

Os membros da organización da que formou parte Miguel Ángel enorgullécense de telo como exemplo e aseguran que o terrorismo non poderá matar nunca os seus principios nin as súas liberdades.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.