Programa electoral

Page 309

7. Estímulo para o desenvolvemento de programas nos centros educativos que se dirixan á identificación e prevención da violencia de xénero. 8. Atención especial ás persoas maiores ou con discapacidade vítimas de violencia de xénero. 9. Promover a participación das persoas con responsabilidades políticas en campañas e actividades contra a violencia de xénero, nas que se visibilice publicamente e a súa implicación e compromiso. - Reforzar a protección e a atención integral das mulleres vítimas de violencia de xénero e das persoas ao seu cargo a través dunha rede de recursos especializados capaz de xerar unha reposta adecuada ás súas necesidades. 1. Implantación dun plan personalizado para a atención integral das mulleres vítimas da violencia de xénero e das súas fillas e fillos, en colaboración con todas as administracións implicadas. 2. Reforzamento do papel dos centros de información ás mulleres na prestación de servizos de orientación e asesoramento para as vítimas de violencia de xénero. 3. Divulgación da adaptación do teléfono de Información ás Mulleres para facilitar o acceso ás vítimas de violencia de xénero con dificultades auditivas ou persoas inmigrantes no seu propio idioma. 4. Reforzo do servizo de asesoramento xurídico virtual para as mulleres que sofren violencia de xénero. 5. Garantía no acceso das vítimas de violencia de xénero ás quendas de oficio especializadas para a asistencia letrada inmediata en dilixencias policiais e a tramitación da orde de protección e outros procedementos administrativos relacionados. 6. Reforzamento dos procedementos de actuación dos Puntos de Coordinación das Ordes de Protección para asegurar unha atención integral ás mulleres solicitantes. 7. Mellora das directrices de organización e funcionamento dos centros de acollida e estímulo de novos programas especializados 309


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.