Programa electoral

Page 268

NO ÁMBITO DOS RECURSOS HUMANOS Plan de Ordenación de Recursos Humanos Para a consecución da eficacia na prestación da asistencia sanitaria no ámbito do Servizo Galego de Saúde, así como a eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles, é necesario que o organismo estea dotado dun instrumento básico que permita a planificación das necesidades de recursos humanos, a súa dimensión axeitada e a mellor distribución en función das necesidades asistenciais. De acordo con iso, a orde do 8 de maio de 2012 aprobou o Plan de Ordenación de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, instrumento básico de planificación global, que especifica os obxectivos que se pretenden conseguir en materia de persoal, así como as medidas necesarias para acadar tales obxectivos. Aprobado e publicado este Plan é necesario proceder ao seu desenvolvemento. O Plan aprobado remata no 2013, polo que será necesaria a súa prórroga ou a aprobación dun novo plan.

Desenvolvemento de procesos en Recursos Humanos Ø Desenvolver concursos oposicións para o persoal do Servizo Galego de Saúde. Ø Favorecer a mobilidade do persoal. Ø Renovar anualmente as listas de contratación temporal.

Deseño e desenvolvemento do Sistema galego de avaliación da excelencia profesional Para conseguir profesionais motivados e identificados coas liñas estratéxicas dos servizos de saúde, deseñaremos e desenvolveremos un Sistema de Excelencia profesional, que valore o mérito, a capacidade e a excelencia. 268


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.