Programa electoral

Page 211

con persoas con discapacidade, maiores ou dependentes ao seu cargo, na concesión de subvencións ou axudas para a mellora da conciliación laboral e familiar. - Impulso de medidas de racionalización de horarios que permitan mellorar a conciliación. - Garantir que as disposicións sobre prestacións ou beneficios teñan en conta o número de membros das unidades familiares. - Constituír un Consello Galego de Política Familiar: Este Consello integrará aos representantes das asociacións familiares e os axentes sociais, para que en colaboración coa unidade organizativa que asuma as políticas de apoio á familia avalíe urxentemente a situación actual das políticas familiares.

Ø Reforzo da rede de atención temperá para nenos con discapacidade. - Ampliación das unidades de detección temperá en coordinación con sanidade. - Desenvolvemento do decreto de atención temperá.

Ø Plan Galego contra a pobreza infantil, en colaboración con UNICEF. UNICEF ven realizando diversas análises e accións de sensibilización sobre a situación dos dereitos dos nenos a nivel estatal e colaborou co Comité dos Dereitos do Neno na recente avaliación sobre a situación destes dereitos en España en setembro de 2010. A pesar de que a taxa de pobreza infantil en Galicia é menor que noutras comunidades autónomas, as cifras estimadas son preocupantes porque afectan directamente á poboación infantil. Neste contexto, o PPdeG considera máis necesario que nunca apostar por un modelo social de apoio ás familias e aos nenos e nenas, para garantir o seu benestar e o seu desenvolvemento futuro. Seguindo a liña de traballo común que comezamos coa sinatura do Pacto Galego pola Infancia e no que se sentaron as bases dun compromiso estable das institucións para situar á infancia en primeira liña da axenda política, o Partido Popular de Galicia acordou con UNICEF Galicia incluír no 211


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.