Programa electoral

Page 141

CONSTRUCCIÓN NAVAL Na pasada lexislatura, o PPdeG fixo importantes esforzos para a preservación do sector naval en Galicia, dada a crise pola que está a atravesar. Como fitos máis salientables compre lembrar: 1º. A Xunta de Galicia destinou máis de 80 millóns de euros na pasada lexislatura en garantías a estaleiros e a industria auxiliar. 2º. Grazas aos préstamos directos e os avais da Xunta de Galicia á construción 533 de Factorías Vulcano, S.A., conseguiuse a entrega deste buque ao seu armador. Tamén se avalou a Construcións Freire para que puidera cumprir as súas entregas, e grazas aos avais e créditos participativos concedidos a Factoría Naval de Marín esta foi quen de entregar as súas. 3º. Grazas a que se demandou ante os xulgados do mercantil de Madrid o acordo do Consello de Administración de PYMAR, polo que se estableceu a liquidación ordenada do Fondo Patrimonial de Garantía, nestes intres existe no seo de PYMAR un novo Fondo de Garantías Navais. Grazas a elo, foi aceptado o convenio concursal de Factorías Vulcano evitando a liquidación da empresa. 4º. Logrouse un convenio con Aclunaga e Asime ao efecto de conseguir que a industria auxiliar obtivera o maior número de certificacións acreditativas da excelencia empresarial, co obxecto de garantir a calidade dos seus traballos, con resultados altamente satisfactorios para o sector. 5º. Negociouse un convenio entre a Gerencia do Sector Naval, Xunta de Galicia, Asime e Aclunaga, por importe de 2 millóns de euros, para implantar circuítos formativos destinados ao traballadores do sector que se atoparan en situación de ERE suspensivo e extintivo. Asimesmo asinouse outro Convenio entre a Gerencia do Sector Naval e a Xunta de Galicia para o recoñecemento da experiencia profesional, e de ser o caso co correspondente complemento formativo, para a obtención de 10 titulacións profesionais navais. 6º. Desde que a Comisión Europea iniciou o procedemento de investigación ao sistema tax lease, deixándoo en suspenso, desde a Xunta de Galicia se defendeu ante a Administración do Estado e a Unión Europea a defensa da legalidade do tax lease, a xustificación da presenza dos principios da boa fe e da confianza lexítima en tódalas operacións 141


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.