Programa electoral

Page 124

ACUICULTURA Galicia debe consolidar a produción acuícola actual e potenciar nas súas rías novos sistemas e produtos, a partir da experiencia e coñecemento acumulado nos sistemas tradicionais. Neste sentido, a Estratexia Galega da Acuicultura (ESGA) constitúese como o documento de articulación e organización que rexerá a planificación e xestión da actividade acuícola en Galicia cara ao horizonte de 2030. O seu obxectivo fundamental é o relanzamento da acuicultura, de forma que esta xere emprego e riqueza dunha forma equilibrada co respecto e a integración ambiental. A ESGA contempla un amplo abano de accións, que comprenden varias áreas de traballo, entre as que se atopa a modificación e complementación do marco normativo para acadar un elevado afianzamento da seguridade xurídica, polo que: (*) Procederase á aprobación da Lei Galega de Acuicultura para dispor dos instrumentos adecuados para a toma de decisións administrativas e defender a garantía sanitaria das explotacións. (*) Formularemos unha reforma da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia. Para actualizar a normativa e establecer un marco de garantías que axude e afirme a planificación dos aspectos produtivos e organizativos na procura de maior xeración de riqueza e emprego no ámbito marisqueiro. (*) No marco organizativo, promoveremos unha maior axilidade e coherencia na xestión, definición clara de competencias e potenciación da gobernanza, contemplando para tal fin a creación dun órgano centralizado de tramitación para axilizar e priorizar a tramitación de proxectos de instalacións de produción acuícola, e que deberán ser desenvolvidos normativamente, así como o establecemento de órganos de consulta de forma que xeren marcos de debate en favor do desenvolvemento da actividade dos cultivos mariños. En canto á planificación integral da actividade, esta debe desenvolverse a través de distintas ferramentas:

(*) Plan Director de Acuicultura Litoral: para coordinar o

desenvolvemento acuícola na zona litoral co modelo territorial proposto nas 124


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.