Tiñamos unha débeda. Como xa sabedes, quedamos en ofrecer dous comodíns do “Calendario do Nadal” COMODÍN 1: Na procura dunha data. “Nese día, o alumnado de 3º e 4º realizou unha performance no patio coa que pretendía denunciar e concienciar.” COMODÍN 2: Na procura dunha romaría. “Celébrase o luns de Pentecostés: 50 días despois do Domingo de Resurrección.”
E estas foron as propostas finalistas no concurso “Decora a porta da biblioteca”. A primeira pertence a Christopher Costa Marín e a segunda á profesora e alumnado da aula PT.
E, coma sempre, recordámosvos:
O blog da biblioteca: http://biblogcaniza.blogspot.com.es/
O blog do club de lectura: http://muchachadalectora.blogspot.com.es/
CPI da Cañiza Nadal 2016 - Secundaria
Guía de lectura, BIBLIOTECA ESCOLAR
Pero aínda hai máis: arte, música, xogo, lecer...
Rubén e Lily de 2º A, Alejandra e Ignacio de 2º B e Brian, Paula e Jéssica de 2º C son os responsables do deseño gañador no concurso “Decora a porta da biblioteca”
Felices Festas