(Lérez, Pontevedra, 1898 – Vigo, 1987) Currículo: Estuda Dereito en Santiago e, ao rematar, dirixe o diario 'Galicia' no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Villar Ponte. En 1924 é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e á Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.
Obra: publicou numerosos artigos e como xurista mostrou tamén a súa preocupación pola realidade socioeconómica de Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia… A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978).
En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galecidade na obra de Guimaraes Rosa.
Paz Andrade mostra tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978).
Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc).
Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).
En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.
CPI da Cañiza (Secundaria)
Guía de lectura, BIBLIOTECA ESCOLAR
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Letras Galegas 2012
Valentín Paz Andrade