Issuu on Google+

INVESTIGANDO NOS DOCUMENTOS IMPRESOS Curso 2013 - 2014

C.E.I.P. Frian - Teis Biblioteca Escolar


Nas vindeiras semanas, os teus compaĂąeiros e mĂĄis ti teredes que elaborar un traballo sobre o noso Proxecto Documental Integrado deste curso: A lingua sabe a mar.


Un traballo é algo moi serio, e debe estar ben documentado. Non vale empregar calquera páxina da Internet. Temos que buscar información de persoas realmente expertas. Por iso cómpre utilizar algúns documentos informativos en formato impreso que existen na nosa Biblioteca.


Se estás moi atento, aprenderás a utilizar algunhas ferramentas que te axudarán a descubrir se un libro informativo pode ser útil ou non para o teu traballo.


Autores

Título A CUBERTA dun libro danos unha primeira información útil: o título, o autor e a editorial.

Editorial


Na CONTRACUBERTA ad贸itase exp贸r un breve resumo sobre o contido da obra ou sobre o seu autor.


Portada

No Interior, a PORTADA pode engadir algunha informaci贸n distinta 谩 atopada na CUBERTA.


O ÍNDICE, SUMARIO ou TABLA DE MATERIAS é unha lista dos títulos dos capítulos nos que se divide un libro. Danos unha visión xeral dos temas que aborda este.


A INTRODUCIÓN ou PRÓLOGO adoita ser un comentario breve sobre o contido e os obxectivos do libro. Pode complementar ó ÍNDICE.


A CONCLUSIÓN ofrece unha síntese ou resumo das ideas principais expostas no libro.


O GLOSARIO ou VOCABULARIO é un listado especializado de vocabulario que vai acompañado da súa explicación.


A BIBLIOGRAFÍA é unha relación da documentación que o autor ten empregado para redactar o seu libro.


E AGORA...


PRIMEIRO PASO Coñece o tema do teu traballo

• O teu titor coñece o tema asignado para a túa aula. • É importante saber de que tema se trata para localizar correctamente a información.


SEGUNDO PASO Selecciona os documentos que che interesan

• Entre o listado de documentos relacionados co Mar, elixe aqueles títulos que, dalgún xeito, poidan ter que ver co teu tema.

• Fíxate na súa signatura e localízaos no seu andel.


TERCEIRO PASO Emprega as ferramentas do libro que aportan información

• Consulta o ÍNDICE dos libros que tes seleccionado. • Follea os capítulos que che parezan relevantes. • Anota os aspectos que sexan de interese para o tema que tes que traballar.


CUARTO PASO Elabora un guión

• Este aspecto é fundamental para que o teu traballo sexa coherente. • Deberás elixir unha orde lóxica no tratamento dos temas.


QUINTO PASO Redacta o teu traballo

• Non copies. • Utiliza as túas palabras. • Non escribas o que non entendas.


DOCUMENTACIÓN ALONSO, Néstor. Cómo hacer un trabajo de investigación. Consejos útiles para no naufragar en el intento. C.E.I.P. San Félix (Candás - Asturias). <http:// dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/estudiar.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013] CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño). Cómo facer un traballo monográfico. <http:// www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/pasosparauntraballo_ceipdeleirado.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013] ILLESCAS, Mª Jesús. Estudiar e investigar en la biblioteca escolar. Formación de usuarios. Gobierno de Navarra. <http://dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/ estudiar.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013]


Buscando información nos documentos impresos