Charla primaria3º- 6º. Proxecto Enerxía

Page 1

A ENERXĂ?A

CEIP San Salvador 23 de xaneiro de 2015


¿ QUÉ É A ENERXÍA? A enerxía é a capacidade que posúen os corpos de producir un traballo útil Os gregos foron os que lle puxeron o nome de ENERXÍA:  EN: significa “dentro”  ERGON: “acción” ou “traballo”

2


LEI DE CONSERVACIÓN DA ENERXÍA A enerxía existiu sempre. Nin se crea, nin se destrúe, só se transforma.

3


HISTORIA DA ENERXÍA Dous momentos claves na evolución do uso da enerxía polo home:

Descubrimento do lume: O home servíase del para protexerse, cociñar ou conseguir luz e calor. É a primeira combustión controlada (o inicio da queima de combustibles).

Aparición da máquina de vapor: Inicio da Primeira Revolución Industrial. A máquina de vapor obtén a enerxía para funcionar da combustión do carbón e da madeira. Os traballos levados a cabo manualmente pasaron a ser realizados por máquinas Redúcese o tempo de execución e aumenta enormemente a produción. 4


FONTES DE ENERXÍA Son aqueles elementos da natureza que poden subministrar enerxía

Renovables Aquelas que produce a natureza de forma inesgotable

SOLAR

EÓLICA

MARIÑA

BIOMASA

HIDRÁULICA XEOTÉRMICA

Non renovables ou convencionais

Aquelas con reservas limitadas e que diminúen a medida que as consumimos (esgotables)

GAS NATURAL

NUCLEAR

CARBÓN

PETRÓLEO 5


FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES Solar: É a que procede directamente do sol para obter electricidade e calor (empregando un panel ou colector solar). Eólica: Correspóndese coa enerxía producida pola forza do vento (empregando aeroxeradores), para a produción de enerxía eléctrica Biomasa: É todo tipo de materia orgánica, tanto de orixe animal como vexetal (residuos forestais, agrícolas e cultivos enerxéticos) para obter electricidade ou calor Hidráulica: Aproveita o continuo paso e salto da auga dun río para a produción de enerxía eléctrica. Mariña: Producida polas mareas, as ondas do mar e as correntes mariñas. Para a produción de enerxía eléctrica Xeotérmica: Consiste na captación de calor do interior da Terra para producir electricidade e cubrir as necesidades de calefacción. 6


FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES Carbón: Fórmase pola descomposición de vexetais, follas, madeiras… que quedan enterrados en zonas acuosas. Petróleo: Son restos de animais e plantas, sobre todo plancto mariño, que quedaron enterrados e cubertos por arxila. Gas natural: É unha mestura de gases que podemos encontrar en depósitos de restos fósiles, só ou xunto ao petróleo. Uranio e plutonio: Mediante unha reacción de fisión nuclear nun reactor, dan lugar á enerxía nuclear

7


USO DA ENERXÍA A nosa sociedade actual depende da enerxía

Desenvolvemento tecnolóxico Do descubrimento do lume pasamos agora a teléfonos móbiles, robots, ou naves espaciais.

Todo isto supuxo un uso indiscriminado de fontes de enerxía contaminantes como o carbón, o petróleo, o gas natural ou incluso a enerxía nuclear. 8


CONSECUENCIAS DA ENERXÍA  Estas enerxías estanse usando moi rápido e en poucos anos acabaranse  Problemas co medio ambiente

9


CONSECUENCIAS DA ENERXÍA Uso combustibles fósiles

Contaminación medioambiental Efecto invernadoiro

CAMBIO CLIMÁTICO Consecuencias

Desxeo zonas polares, inundacións, ciclóns, elevación nivel medio mares e océanos

Medidas  Protocolo de Kyoto  Aforro de enerxía e Consumo enerxético sostible  Enerxías renovables 10


AFORRO ENERXÉTICO Aforrar enerxía é reducir o seu consumo e non facer un uso innecesario dela.

Menor impacto ambiental

Introdución de fontes de enerxías renovables

Menor utilización de recursos enerxéticos (Renovables e non renovables)

O aforro enerxético supón:  un comportamento respectuoso co medio ambiente  a posibilidade de reducir facturas enerxéticas e de mellorar a economía tanto en fogares como en escolas, comercios, industrias… 11


AFORRO ENERXÉTICO CAMPOS DE ACTUACIÓN MÁIS IMPORTANTES  Medidas tecnolóxicas  Cambios de comportamento no uso da enerxía

NENOS E FAMILIA FOGAR

ESCOLA

12


E AGORA, ¿QUÉ PODO FACER? Cada un de nós dende a nosa escola e o noso fogar podemos loitar pola Terra

Para actuar de forma ecolóxica temos que cambiar os nosos hábitos cotiáns. Un só xesto pode significar moito na conservación e protección do medio  Iluminación  Calefacción  Auga  Equipos eléctricos  Transporte  Residuos

13


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA ILUMINACIÓN  Aproveita a luz natural sempre que sexa posible ( nos

días fríos, descorre as cortinas da aula para que a luz entre en toda a clase).

 Acende a luz só se é necesario.  Non deixes acendidas as luces nos espazos que non se estean utilizando.

A luz do sol é gratis e non contamina

14


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA CALEFACCIÓN  Coa calefacción acendida, comproba que as portas e ventás estean pechadas Estas perdas de calor supoñen entre o 25 % e o 30 % das necesidades de calefacción.

 É aconsellable non tapar nin obstruír os radiadores para aproveitar ao máximo a calor que emiten Calquera obxecto situado sobre eles supón un impedimento para a difusión da calor.

 Regular ben a temperatura dos distintos espacios para adaptala as nosas necesidades reais e non gastar enerxía inútilmente 21 º – 23 º según RITE 15


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA AUGA  Non deixes as billas abertas mentras te lavas as mans ou os dentes. Unha billa aberta pode consumir ata 6 litros de auga ao minuto

 Avisa se observas que hai algunha perda de auga ou se detectas que algunha billa gotea ou a cisterna perde Perdas de 30 litros de auga ao día en billas ou cisternas

 Se o inodoro ten dobre pulsador, non descargues a cisterna completa a non ser que sexa imprescindible. Aforro de 3 litros de auga por descarga 16


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA EQUIPOS ELÉCTRICOS Xestiona adecuadamente o consumo de enerxía nos ordenadores: ●

Configura escuro

o ordenador cun salvapantallas

Modo de reposo aforrador de enerxía cando pasen algúns minutos sen usarse. Emprega fondos de escritorio escuros. Apaga o ordenador unha vez rematada a clase ou cando non o vaias a empregar en máis de media hora e non esquezas apagar tamén o monitor. 17


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA EQUIPOS ELÉCTRICOS

 Evita o consumo oculto Desenchufa os equipos eléctricos cando non se utilicen (ó final da xornada, fins de semana, vacacións…). Nos os deixes en stand-by (apaga os equipos no interruptor principal e non co mando a distancia). Empregar regretas cando existan varios equipos, para maior comodidade.  Empregade pilas recargables.  Cando fagades fotocopias, empregade as dúas caras do papel. 18


BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA TRANSPORTE Usade o transporte escolar, poñédevos de acordo para poder compartir o coche, empregade modos verdes (andar, bicicleta…).

RESIDUOS Aproveitade todos os servicios de recollida selectiva de lixo. Separar selectivamente os distintos tipos de lixo para permitir o seu reciclado custa moi pouco, aforra enerxía e materias primas.

19


BOAS PRÁCTICAS NA CASA  Aproveita a luz do sol. Se non fai falta, non acendas as lámpadas.  Apaga as luces da túa habitación se non vas a estar nela. 

Non abras as ventás cando estea funcionando a calefacción ou o aire acondicionado, deixarás escapar o frío ou a calor.

 Coidar os aparatos eléctricos e mantelos en bo estado permítenos aforrar enerxía  Apaga a tele de todo, non só co mando a distancia 20


BOAS PRÁCTICAS NA CASA

¡¡NON!!

 Na casa debes estar coa ropa adecuada, nin manga curta no inverno nin bufanda no verán. Gastarás máis calefacción ou máis aire acondicionado.  Non deixes aberta a porta do frigorífico moito tempo, isto fai que aumente o consumo de enerxía.  Non introduzas alimentos quentes no frigorífico.  Se te duchas, en vez de bañarte, gastarás menos auga quente, e, polo tanto, gastarás menos enerxía. Necesítase moita enerxía para quentar a auga.

Unha ducha consome catro veces menos auga e enerxía que un baño. 21


DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS 10 consellos sinxelos para aforrar enerxía no colexio 1. Mentres a calefacción estea acendida mantén pechadas portas e fiestras 2. Non coloques obxectos diante ou enriba dos radiadores 3. Mantén a temperatura das estancias entre 21 e 23 ºC 4. Pecha persianas e cortinas ao rematar a xornada 5. Aproveita a luz natural, acende a luz só se é necesario 6. Apaga a luz en espazos que non estean a utilizarse 7. Apaga os equipos eléctricos cando non se empreguen 8. Evita o consumo oculto : Desconecta todos os equipos eléctricos cando non se empreguen (ao remate da xornada, fins de semana, vacacións). Non stand-by 9. Non deixes a billa aberta mentres lavas as mans ou os dentes

10. Por favor, avisa se ves perdas de auga


Grazas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.