Asertividade

Page 1

[DRAGÓNS, RATÓNS E SERES HUMANOS AUTÉNTICOS] ESO ASERTIVO: é un adxectivo que usamos para referirnos ás persoas que saben enfrentarse ás situación complicadas con SERENIDADE pero con CONTUNDENCIA. Non se enfadan e gritan como un dragón. Tampouco se esconden ou quedan calados como faría o ratón. A persona asertiva fala claramente, sen dar rodeos, pero con educación. Toma as súas propias decisión e dirixe a súa vida, pero sendo responsable das decisión que toma. EXERCICIO 1 Escribe aquí outras palabras que poderíamos emplear para describir un comportamento ratón. Describe agora algunha situación que recordes na que te sentiches ou actuaches como ratón. (se non é suficiente este espacio, escribe detrás da folla)

EXERCICIO2 As persoas dragón normalmente actúan desta maneira: - gritan para que os escoiten - empuxan ou dan manotazos - rompen as cousas - son caprichosas - abusan dos máis débiles - non saben dirixir a súa propia vida porque non reflexionan sobre o que realmente queren. 2.1. Escribe agora algunha situación na que te comportaras como dragón. 2.2. como cres que se sentiron os demáis nese momento? 2.3. que cres ti que puideron pensar aqueles aos que trataches así: (tacha o que non sirva) Que es: forte, amable, simpático, tímido, responsable, antipáticos, vergonzoso, agresivo… Que tes: unha personalidade forte, medo, mal carácter, algunha enfermidade… (segue por detrás se non te chega este espacio)

Non sempre nos comportamos como dragones o como ratones. En moitas ocasións as personas somos: sinceiras, honradas, amables, simpáticas, afectuosas, responsables…

TODAS AS PERSOAS temos unha gran FORZA e PODER. O noso poder consiste en DECIDIR como queremos dirixir a nosa propia vida.

SERES HUMANOS AUTÉNTICOS 1


[DRAGÓNS, RATÓNS E SERES HUMANOS AUTÉNTICOS] ESO Algunhas veces escoitarías dicir que os seres humanos somos libres e sen embargo … … tes que ir ao colexio ainda que non te apeteza … tes que comer a comida que che fan en casa ainda que non te guste… … non podes sair á rúa cado che apetece…. Escribe aquí cousas que tes que facer porque te obrigan e non te gustan:

Escribe agora outras cousas que che gustaría facer e non te deixan:

OBSERVA que os teus pais: -

Teñen que ir a traballar ainda que non lles apeteza…

-

teñen que falar con xente que ó mellor non queren ver…

-

Non poden vivir na casa que lles gustaría ou ter un coche que lles fai moita ilusión…

APRENDENDO A TOMAR DECISIÓNS: -

Algunhas veces fas o que a ti te apetece

-

Moitas veces é difícil decidir que facer: o que queres ti ou o que os demáis queren que fagamos: Cando teñas unha dúbida o mellor é decirse a un mesmo: 

-

- Outras veces fas o que queren os demáis

UN MOMENTO, VOUNO PENSAR.

Pecha os ollos, olvídate do que ocurre ao teu redor e respira profundamente. Cálmate. Entón poderás decidir moito mellor.

POR EXEMPLO: os teus amigos poderían decirte: Terías que deixarme copiar os deberes, deberías comprarte un pantalón como este, terías que empezar a beber cervexa, ainda non tes o último disco de…? Pregunta a algún familiares: pídelles que te digan algunhas das túas boas cualidades e algunhas das malas. Anotaas nun papel e comproba cantas persoas viron as mesmas boas e malas cualidades.

Como te ven os teus familiares? como ratón, como dragón ou como unha persoa segura e con carácter forte para saber decidir o que quere con responsabilidade?

2


[DRAGÓNS, RATÓNS E SERES HUMANOS AUTÉNTICOS] ESO ACTIVIDADE: DRAMATIZACIÓN Dous voluntarios para dramatizar a seguinte situación: Exemplo: “Os teus vecinos teñen un can grande nun canil preto do teu xardín. A eles gústalles deixar correr ao can durante unha hora todos os días. Ultimamente entrou no teu xardín e estragou varias plantas. Chamas aos teus vecinños para explicarlles a situación”. Resposta agresiva: “O parvo do voso can estragou o meu xardín! Xa sabía eu que erades uns irresponsables e non o iades controlar. Se volve entrar na miña propiedade chamarei para que o leven os do Concello. Outros dous voluntarios poden exemplicar a resposta asertiva: Resposta asertiva: Decateime de que ás veces deixades correr ao voso can libremente. Ultimamente anda a escavar no meu xardín e estragou algunhas plantas. Poderiamos buscar unha solución para que o can non poida entrar no meu xardín?

OUTRAS SITUACIÓNS POSIBLES PARA DRAMATIZAR 1. Vives preto da Universidade. Un grupo de estudantes vai pola túa casa de camiño para as clases todos os días. Dáselles por atallar pola esquina do teu xardín, e fixeron un camiño polo que comezou a morrer a herba. Un día atopas o grupo de camiño para casa e diríxeste a el. Resposta Asertiva

Resposta Agresiva

2. Estiveches esperando na cola da tenda un bo pedazo. Unha persoa chega e sen respectar a cola pónseche diante. E dislle: Resposta Asertiva

Resposta Agresiva

3. Deixácheslle os apuntes de sociais a unha amiga. Pasa o tempo e non chos devolve. Pola túa insistencia entrégache unha copia en lugar dos orixinais que lle emprestaches. Di que perdeu o orixinal. Ti dislle: Resposta Asertiva

Resposta Agresiva

4. Levas o teu móbil a reparar. Necesítalo con urxencia e no establecemento dinche que tardarán polo menos un día. Despois de esperares unha semana, aínda non comezaron a reparalo. Ti dislle á persoa engargada da reparación: Resposta Asertiva

Resposta Agresiva

3


RESOLVENDO CONFLITOS NA AULA

“Agresivo ou asertivo?” OBXECTIVOS:  

Mellorar a capacidade de comunicación Comprender as características dunha resposta comunicativa de tipo asertivo ou agresivo.

IDADE: Idade mínima 14 anos

DURACIÓN: Unha hora

MATERIAL: Folla da actividade para cada participante

Comportamento agresivo: Unha persoa mantén os seus dereitos vulnerando os dos demais. É un ataque, máis que contra o comportamento do outro, contra a súa propia persoa Adoita ser unha reacción esaxerada ou unha arroutada.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:  

Explicar con algún exemplo a diferenza entre un comportamento agresivo e outro asertivo (pode recorrerse á dramatización coa axuda do alumnado). Exemplo: “Os teus vecinos teñen un can grande nun canil preto do teu xardín. A eles gústalles deixar correr ao can durante unha hora todos os días. Ultimamente entrou no teu xardín e estragou varias plantas. Chamas aos teus vecinños para explicarlles a situación”.

Resposta agresiva: “O parvo do voso can estragou o meu xardín! Xa sabía eu que erades uns irresponsables e non o iades controlar. Se volve entrar na miña propiedade chamarei para que o leven os do Concello. Resposta asertiva: Decateime de que ás veces deixades correr ao voso can libremente. Ultimamente anda a escavar no meu xardín e estragou algunhas plantas. Poderiamos buscar unha solución para que o can non poida entrar no meu xardín? -Entregar a FOLLA DA ACTIVIDADE para cumprimentar. -Puesta en común da folla da actividade.

Comportamento asertivo: Unha persoa mantén os seus dereitos lexítimos sen vulnerar s dereitos dos demais. É unha expresión axeitada, directa e honesta dos sentimentos. Manifesta respecto cara a outra persoa.

AVALIACIÓN COAS ALUMNAS E OS ALUMNOS: -

En que momentos adoitamos utilizar respostas agresivas? Con que persoas? A túas reaccións habituais, son de agresividade ou de asertividade? Cal das dúas respostas che resultou máis fácil de cumprimentar na Folla de Actividades?


FOLLA DA ACTIVIDADE Completa con respostas asertivas e agresivas as seguintes situación: 1. Vives preto da Universidade. Un grupo de estudantes vai pola túa casa de camiño para as clases todos os días. Dáselles por atallar pola esquina do teu xardín, e fixeron un camiño polo que comezou a morrer a herba. Un día atopas o grupo de camiño para casa e diríxeste a el. Resposta Asertiva Resposta Agresiva

2. Estiveches esperando na cola da tenda un bo pedazo. Unha persoa chega e sen respectar a cola pónseche diante. E dislle: Resposta Asertiva Resposta Agresiva

3. Deixácheslle un programa de ordenador a unha amiga. Pasa o tempo e non cho devolve. Pola túa insistencia entrégache unha copia en lugar do programa orixinal que lle emprestaches. Di que perdeu o orixinal. Ti dislle: Resposta Asertiva Resposta Agresiva

4. Levas o teu aparello de radio a reparar. Necesítalo con urxencia e no establecemento dinche que tardarán polo menos un día. Despois de esperares unha semana, aínda non comezaron a reparalo. Ti dislle á persoa engargada da reparación: Resposta Asertiva Resposta Agresiva


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.