Nota de imprensa

Page 5

Xurxo Mariño Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de S antiago de Compostela (1998) e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de A ndalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e ministra materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago. Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas españolas e internacionais. Publicou traballos de investigación en prestixiadas revistas especializadas e mantén unha colaboración co Massachusetts Institute of Tec hnology (MIT). Coordina o bolet ín da Sociedad Española de Neurociencia e é asesor científico da Consellaría de Educ ación e Ordenación Universitaria no Servizo de Formación do Profesorado. Acti vidades de divulgación científica Comunicador no programa de TV “Conexións ” da produtora Adivina Producciones, para a TVG, 2010. Colaborador de ciencia do Consello da Cultura Galega (2002 - actualidade). Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Organizador dos “Cafés -Teatro-Científicos” por distintos bares de Galicia, desde o ano 2006 - actualidade. Colaborador científico na Radio Galega, dentro do magazine “O Tren do Serán” (2009), e co espazo semanal “Coñecer” dentro do magazine “As Quimbambas” (2006 – 2007). Colaborador de ciencia: na revista de cultura e pensamento “Guía dos Libros Novos”; na revista “B úsola”; no

www.discurshow.com

portal web “Tendencias 21”; na revista da organización cultural “Tarandeira”, no xornal “Xornal de Galicia”, etc. Asesor científico da Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de I+ D+i): organización da mostra “O Mundo na túa Cabeza” durante novembro de 2006 – abril de 2007 (comisario da ex posición e organización-participación nos chamados “Cafés -Científicos” que percorreron diversas vilas de Galicia). Asesor científico / colaborador coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (S ervizo de Formación do Profesorado): xornadas “A Ciencia Hoxe. Bicentenario de Darwin e A no Internacional da Astronomía”, 2009; edición do libro “Unha Ollada desde a Ciencia”; xornadas “A ciencia e o Mundo Contemporáneo”, 2008; e xornadas. “A ciencia e os Libros”, 2006. Libros de divulgación “Po de Estrelas”, E ditorial: Consello da Cultura Galega, 2008. “Os Dados do Reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”, Editorial: Consello da Cultura Galega, 2005. Outra s actividades de divulgación - educación Coordinador de Educación Ambiental da Fed eración Ecoloxista Galega (antes AGENG), 1992-94. Na Facultade de Bioloxía: membro fundador da revista “Hallucigenia” (1992) e membro fundador do “Obradoiro de Educación Ambiental - Oureol” (1989).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.