Nota de imprensa

Page 1


Discurshow “Matarratos Darwin” AS ANÉCDOTAS QUE NON SE CONTAN DA VIAXE DUN GRAN NATURALISTA Todos temos algunha idea sobre quen foi Darwin, algúns teñen nocións sobre os seus traballos e teorías, que foran desenvolvidas logo de viax ar polo mundo utilizando para as etapas máis longas un barco de nome B eagle. Mais mui pouca xente coñece os motivos reais desa viaxe, as anécdotas que aconteceran e as aventuras e des venturas que viviu o mozo Darwin entre 1831 e 1836. Na súa xénese non foi unha viax e de investigación científica: había un motivo muito máis estraño. Tivo isto algunha relación co suicidio de dous dos capitáns do Beagle ? A imaxe idílica dun naturalista paseando pola selva e apañando plantas e bolboretas tén pouco a ver coa realidade á que se enfrontaba un científico inexperiente no medio das florestas brasileiras, nas pampas arxentinas ou entre os habitantes indíxenas da Terra do Fogo. Nos seus longos roteiros, case sempre a cabalo, Charles Darwin recolleu todo tipo de animais: armadillos, guanacos, cóndores, raposas, tartarugas, ratas e ratos. Muitos deles tamén os comeu. Ademais, sufriu enfermidades, temporais, terremotos, escalou montañas e pasou frío, medo e, tamén, momentos de felicidade extrema ao

www.discurshow.com

contemplar o planeta Terra cun ollar aberto, intelixente e cheo de curiosidade. “MATARRATOS DARWIN”, unha entretida visita ás aventuras, anéc dotas e interesantes circunstancias que rodearon a viaxe que o xoven naturalista Charles Darwin iniciou en 1831 a bordo do H. M.S. Beagle, barco británico de investigacións cartográficas. “MATARRATOS DARWIN” é un espectáculo didáctico apto para todos os públicos, mesmo para aqueles que acreditan que xa saben todo sobre Darwin. “MATARRATOS DARWIN” é o primeiro DISCURSHOW dunha serie que promete ser longa DIS CURSHOW unha especie de c harla teatralizada DISCURSHOW unha ludiconferencia dramática DISCURS HOW un xeito novo e atractivo de divulgar a ciencia DISCURS HOW comprenderás brincando!

UNHA CHARLA, UN SHOW, UN ESPECTÁCULO!


O que é isto? Non é unha conferencia, non é unha montaxe teatral, é un DISCURS HOW. Este é o título acuñado por Xurxo Mariño e Vicente de Souza para referirse a este novo xeito de divulgar a ciencia. Constatamos que pretender facer divulgación científica a través de unha conferencia topa de frente coa concepción xeral que asocia conferencia a unha es pecie de sermón críptico e absolutament e aborrecido, circunstancia que se acaba evidenciando ao descubrir o auditorio vacío. O que fac er, entón, s e sabemos que o profesor Xurxo Mariño ten muitas cousas interesantes que comunicar? P ois a nosa proposta consistiu simplement e en rec oller a amena exposición confeccionada por el en torno á viaxe do Beagle e incorporar o director e actor profesional Vicente de S ouza na súa adaptación para a escena. O resultado é o Di scurshow “Matarratos Darwin”, un espectáculo que combina o rigor científico e as habilidades comunicadoras de Xurxo cos coñecimentos da escena e a interpret ación actoral de Vicente que, usando das técnicas do clown e da pantomima, ilustra o relato introducindo diversos pers onaxes e presentando ademais números de maxia, un monólogo stand up e out ras intervencións. Seguindo as etapas da viaxe vanse integrando trans versalmente temas diversos como a Tectónica de Placas,

www.discurshow.com

a Cart ografía, os valores da Biodiversidade ou, como non, a Teoría da S elección Natural. Os recursos audiovisuais – proxección de vídeos, imaxes e textos –, a iluminación teatral, o vestuario e at rezzos dos diversos personax es e o diálogo co público enriquecen un guión cuidado e deseñado para manter o interese e a complicidade do auditorio durante a hora e cuarto que dura a representación. O espírit o emprendedor do xoven Charles Darwin xunto coa súa paixón por ampliar o coñecimento científico son referentes constantes na nosa creación. Despois de termos percorrido boa parte da xeografía galega en mais dunha trintena de representacións desd e a súa estrea en setembro de 2009, entendemos que dispomos de dados suficientes para confiar na eficacia do DIS CURS HOW. As presentacións na Domus – sala Leonardo da Vinci – na Coruña (outubro de 2009), e no Auditorio Municipal de Vilagarc ía (febreiro de 2010), abertas ao público xeral, permítennos catalogar o DSW “Matarrat os Darwin” como apto e recomendábel para todos os públicos. Ademais, a boa acollida por parte do profesorado de E nsino Secundario e de Bacharelato manifestouse na intensa distribución do espectáculo, practicament e efectuada a través do boca a boca entre colegas.


Quen somos? Xurxo Mariño e Vicente de Souza levan varios anos colaborando en proxectos de divulgación cient ífica. A gora, déronlle nome ao equipo: naceu Peripeciência.

Faro de Vigo, El Correo Gallego, Xornal de Galicia…), radios (Radio Galega, Cadena SER…), así como en diversos portais dixitais (galiciadigital.com, culturagalega.org…).

Xurxo Mariño é científico e profesor da UDC, e ávido divulgador. Realiza investigacións sobre a actividade do sistema nervioso.

Como mostra, esta s elección de enlaces a noticias publicadas en rede sobre o DIS CURS HOW – basta introducir |di scurshow | nos buscadores:

Vicente de Souz a é director de escena e actor profesional. Temos experiencia como divulgadores de ciencia a t ravés de divers os proxectos, entre eles: o o o o o

cafés-teatro-cient ífic os charlas colaboracións na TV, radio e media impresa publicacións online edición de libros

O grupo Peripeciência preséntase en setembro de 2009 coa estrea do Di scurshow “Matarratos Darwin”, espectáculo que conta xa coa bagaxe de máis de trinta represent acións realizadas no seu primeiro ano en xira, e que promete unha distribución ainda mais vigorosa no próximo ano 2011. A súa proxección fóra de Galicia comez ou a dar fruitos e participamos na III Jornada de Divulgación Científica que organiza a Universidad de Zaragoza, o 24 de novembro de 2010; e entramos na programación de CosmoCaixa Madrid, da Fundación La Caixa, en abril de 2011. Desde a súa present ación o DISCURSHOW foi noticia en boa parte dos xornais publicados en Galicia (La V oz de Galicia,

www.discurshow.com

lavoz degalicia. es

lavoz degalicia. com

farodevigo. es

xornal. com

galiciadigital. com

acorunacultura. org

culturagalega. org

ivilagarcia. com

cronica3. com

elperiodic odearagon. com

heraldo. es

O último fruito da colaboración entre Xurxo e Vicente son os Monólogos para o programa “Conexións” da TVG, seleccionados para a final no certame Ciencia en Acción 2010. Está en emisión a segunda temporada do programa, sábados ás 19:30h na TVG1 e ás 15:00h na TVG2.


Xurxo Mariño Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de S antiago de Compostela (1998) e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de A ndalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e ministra materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago. Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas españolas e internacionais. Publicou traballos de investigación en prestixiadas revistas especializadas e mantén unha colaboración co Massachusetts Institute of Tec hnology (MIT). Coordina o bolet ín da Sociedad Española de Neurociencia e é asesor científico da Consellaría de Educ ación e Ordenación Universitaria no Servizo de Formación do Profesorado. Acti vidades de divulgación científica Comunicador no programa de TV “Conexións ” da produtora Adivina Producciones, para a TVG, 2010. Colaborador de ciencia do Consello da Cultura Galega (2002 - actualidade). Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Organizador dos “Cafés -Teatro-Científicos” por distintos bares de Galicia, desde o ano 2006 - actualidade. Colaborador científico na Radio Galega, dentro do magazine “O Tren do Serán” (2009), e co espazo semanal “Coñecer” dentro do magazine “As Quimbambas” (2006 – 2007). Colaborador de ciencia: na revista de cultura e pensamento “Guía dos Libros Novos”; na revista “B úsola”; no

www.discurshow.com

portal web “Tendencias 21”; na revista da organización cultural “Tarandeira”, no xornal “Xornal de Galicia”, etc. Asesor científico da Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de I+ D+i): organización da mostra “O Mundo na túa Cabeza” durante novembro de 2006 – abril de 2007 (comisario da ex posición e organización-participación nos chamados “Cafés -Científicos” que percorreron diversas vilas de Galicia). Asesor científico / colaborador coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (S ervizo de Formación do Profesorado): xornadas “A Ciencia Hoxe. Bicentenario de Darwin e A no Internacional da Astronomía”, 2009; edición do libro “Unha Ollada desde a Ciencia”; xornadas “A ciencia e o Mundo Contemporáneo”, 2008; e xornadas. “A ciencia e os Libros”, 2006. Libros de divulgación “Po de Estrelas”, E ditorial: Consello da Cultura Galega, 2008. “Os Dados do Reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”, Editorial: Consello da Cultura Galega, 2005. Outra s actividades de divulgación - educación Coordinador de Educación Ambiental da Fed eración Ecoloxista Galega (antes AGENG), 1992-94. Na Facultade de Bioloxía: membro fundador da revista “Hallucigenia” (1992) e membro fundador do “Obradoiro de Educación Ambiental - Oureol” (1989).


Vicente de Souza Vicente de Souz a é director de escena e actor profesional. Intérprete con papel protagonista en teleseries como “Rías Baixas” (Damián) ou “A venida de América” (Simón Toubes) e con unha extensa relación de t raballos episódicos: “Matalobos”, “Os Atlánticos”, “Los Hombres de Paco”, “Hospital Central”, “A Vida por Diante”, “Cuéntame como Pasó”, “El Comisario”, etc. Protagoniza producións de longa metraxe como “E ra Outra Vez” ou “La Rosa de Piedra”, e curtas como “Estereoscopia” (2010), “O Show de...” (2010), “Cores”, “Sen Chumbo”, “Campás ” ou “¿Quieres S er Director de Cine?” (Mellor Actor no VI Festival de Cans 09). Participa en TV-movies como “Fútbol de Alterne” (2010) ou “Chapapote… o no”. En teatro, foi socio fundador do grupo CHÉVERE con quen participou en espectáculos como Rio B ravo (1990). Continúa despois como mercenario integrando o elenco de c ompañías como SARABELA TEA TRO (2010), CE NTRO DRAMÁ TICO GALEGO, ANCORA TEA TRO, TEA TRO DO AQUÍ, UVEGÁ TEA TRO, TEA TRO BRUTO ou a madrileña GUIRIGAY.

Acti vidades de divulgación científica Heriberto Peripécio en “Conexións”, programa de TV de emisión semanal na TVG1 dirixido por Jorge Algora. ADIV INA PRODUCCIONES, 2010. “Innúmeros Números”, espectáculo para o encontro “MA TCampus 2010” organizado pola Facultade de Matemáticas da Universidade de S antiago de Compostela (USC), o Departament o de Mat emáticas e Aplicações da Universidade do Minho e o Centro Internacional de Matemáticas (CIM) en Portugal, 2010. “Catetos en Acción”, espectáculo deseñado para o programa “Unha Andaina polas Matemáticas”, materia de libre configuración que oferta o Departamento de Xeometría e Topoloxía da Facult ade de Matemáticas da US C, 2009. Actor nos CAFÉS-TEATRO-CIE NTÍFICOS, patrocinados pola Dirección Xeral de I+ D+I da Xunta de Galicia, FECY T, e Universidade da Coruña, 2009 + 2008 + 2007. Participa no I Obradoiro de Teatro Científico, organizado pola Consellaría de Innovación e Industria, 2007.

www.discurshow.com


FOTOS E MÁIS INFORMACIÓNS EN

www.discurshow.com

www.discurshow.com



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.