Presentación da Fundación Galicia Sustentable

Page 9

Innovar con sustentabilidade Programa deseñado para sensibilizar e mobilizar as as pemes acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática da mesma cara a sustentabilidade. A través das actuacións previstas pretendemos fomentar o desenvolvemento dunha cultura empresarial galega orientada cara a sustentabilidade dende a innovación.

Formación continua en sustentabilidade O programa de formación continua en sustentabilidade desenvolve unha serie de contidos a través de actividades de sensibilización, formación, capacitación e entrenamento de habilidades que favorecen a eficiencia e a competitividade de empresas, traballadoras e traballadores, sempre desde unha perspectiva holística de contribución cara a sustentabilidade global.

Entre as temáticas previstas para o próximo curso destacan: -

FORMACIÓN EN VALORES E ACTITUDES: Intelixencia emocional; Intelixencia ecolóxica.

-

DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES: Liderado para a sustentabilidade; Técnicas de comunicación social; Prevención, xestión e resolución de

-

conflictos. FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES: Creación e revisión de identidade corporativa; Dirección estratéxica para a sustentabilidade; RSC; Xestión do cambio cara a sustentabildiade empresarial

Identificación de proxectos de cooperación internacional No entanto a Fundación Galicia Sustentable remata cos trámites administrativos para se inscribir como axente de cooperación para o desenvolvemento, temos iniciado os contactos internacionais para o futuro desenvolvemento de proxectos de desenvolvemento baseados na posta en valor dos recursos autóctonos de maneira sustentable.

A Fundación Galicia Sustentable enorgullecese de ter conseguido a licenza para a organización do TEDxGalicia que terá lugar a finais de 2010.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.