Issuu on Google+

fundaci贸n galicia sustentable unha

ferramenta de transformaci贸n social


Fundación Galicia Sustentable

Este documento foi elaborado pola Fundación Galicia Sustentable e non pode ser copiado na súa totalidade nin en parte sen o seu consentimento escrito. Nel se presentan informacións, imaxes e conceptors que a Fundación Galicia Sustentable pode utilizar en virtude de acordos de distribución e/ou representación con diferentes organizacións. A información contida neste documento pode conter inexactitudes por causas tipográficas e/ou de actualización dos contidos. Para acceder a información actualizada consulte coa Fundación Galicia Sustentable ou no sitio web www.galiciasustentable.org ou póñase en contacto a través do enderezo electrónico publicacions@galiciasustentable.org Polo que se refire á difusión dos conidos desta publicación infórmase que están suxeitos a unha licenza de Creative Commons salvo que se indique o contrario. Máis información en http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl ou poñéndose en contacto con publicacions@galiciasustentable.org


CARTA DO PRESIDENTE O desenvolvemento da capacidade humana para a transformación do medio ten modificado e continúa a alterar as normas de funcionamento do ecosistema Terra, ate o punto que os cambios que se están a producir poñen en entredito a propia capacidade de supervivencia da sociedade tal e como a coñecemos na actualidade. Para afrontar esta realidade son precisos importantes cambios na forma de afrontar case que todos os aspectos da vida cotiá. Dende o consumo de enerxía, á forma en que nos desprazamos, as alternativas de ocio, os alimentos que consumimos,... Todos eles cambios grandes e profundos. É desta análise que xurde a idea da Fundación Galicia

na e provocar a acción para reorientar esta sociedade de consumo cara a sociedade da sustentabilidade. Das ideas aos feitos, no ano 2008 constitúese a Fundación Galicia Sustentable. Unha iniciativa 100% privada que demostra que en Galicia tamén temos xente coa intención e a capacidade para asumir a responsabilidade que a xeración actual temos de cara as futuras. Gracias a todas e todos os que tendes colaborado e seguides traballando para acometer os ambiciosos proxectos da fundación. Agardamos que pronto poidamos ser moitos máis remando na mesma dirección, rumbo á sustentabilidade.

Sustentable. Unha organización sen ánimo de lucro, de natureza fundacional co obxectivo último de promover ese cambio necesario, tanto en actitudes como en capacidades, en individuos e nas organizacións colectivas nas que socializan. En definitiva, difundir a necesidade dun cambio Juan Marcos Pérez Gulín Presidente Fundador da Fundación Galicia Sustentable


Un mesmo horizonte... ...infinidade de rumbos posibles


Acerca da Fundación Galicia Sustentable Galicia Sustentable é unha organización

información e de compartir

privada, sen ánimo de lucro, de natureza fundacional que se constitúe para

coñecementos e ideas, as xentes que traballamos e colaboramos coa Fundación

introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor os recursos estratéxicos

Galicia Sustentable pretendemos favorecer que cada quen poida crear os

de Galicia cunha orientación ineludible cara a competitividade global e a eficiencia.

seus propios criterios para a toma de decisións sustentables.

A existencia desta fundación ten como

A Fundación Galicia Sustentable é a plataforma ideal para implicar á tua

finalidade xeral, o aproveitamento do potencial de Galicia e as súas xentes cara

empresa ou organización como axente activo na transformación cara a

a sustentabilidade a través do desenvolvemento das capacidades dos

sociedade da sustentabilidade.

individuos e colectivos a través das súas accións, actividades e proxectos.

Rumbo á sustentabilidade

Fora de calquera dogma ou liña de pensamento estblecida, a través da

Declarada Fundación de Interese Galego por orde do 8 de maio de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Declarada Fundación de Interese Ambiental po orde do 18 de febreiro de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas


Actua de forma sustentable. Actuamos de forma sustentable para a nosa organización e o mundo no que se integra.

Vive o liderado.

Crea e innova.

Lideramos có exemplo a través das nosas accións. Somos conscientes do papel que xogamos no desenvolvemento de outras persoas e asumimos a nosa responsabilidade por elo.

Buscamos mellorar constantemente aproveitando e mellorando as opcións e oportunidades xa existentes ou creando novas alternativas e/ou escenarios dende os que afrontar antigos e novos problemas.

Se esforza pola excelencia. Poñemos o mellor de nos en cada actividade para conseguir á máxima calidade en todo o que facemos.

Procura o desenvolvemento persoal. Buscamos en cada acción, por cotiá que sexa, a aprendizaxe que nos pode ofrecer para un constante desenvolvemento persoal.

Disfruta participando. Vivimos e tentamos transmitir un ambiente de entusiasmo en todo o que facemos.

VALORES As nosas decisións e accións teñen en conta as necesidades futuras.


Ordenación do territorio e urbanismo Planeamento estratéxico Planificamos a posta en valor do potencial do noso medio débese facer compatible o impulso da actividade económica, coa mellora da calidade de vida.

Sustentabilidade empresarial En tanto que a sustentabildiade procura a máxima eficiencia no consumo de recursos, se configura como un dos elementos clave para a competitividade empresarial nunha economía globalizada.

Xestionamos o territorio como elemento clave do desenvolvemento das rexións, xa que nel é onde se plasman e implementan as decisións estratéxicas.

Mobilidade Os importantes efectos das alternativas para o transporte e os desprazamentos fan da mobilidade unha variable paradigmática da sustentabilidade. Facemos traballos tanto da xestión da oferta como da demanda.

Traballamos en... Sustentabilidade e TIC Innovamos na capacidade de entender e implementar a sustentabilidade aproveitando os avances e últimas posibilidades das TIC e a sociedade do coñecemento.

Cooperación internacional Como problemática global, a sustentabildiade require solucións colaborativas que transcenden as fronteiras

Implicación coa sustentabilidade Deseñamos procesos para acadar compromisos compartidos coa sustentabilidade plasmados a través dunha participación real e efectiva na toma de decisións.

Capacitación e formación A formación e a capacitacion son aspectos fundamentais para contribuir de cara á posibilidade de mellorar o coñecemento incorporado á hora de tomar decisións.


PROGRAMAS Programa de redefinición e actualización do concepto de Axenda 21 en termos de aplicabilidade nos concellos de Galicia En colaboración coa empresa SIGNO e a Xunta de Galicia, traballamos no deseño dun proceso de implementación da Axenda 21 Local adaptado para os concellos galegos. Este proceso retoma os obxectivos primixenios do Cumio de Río para seguidamente incorporarlles o coñecemento e os avances nos eidos da información, da xestión municipal e da planificación e seguimento da sustentabilidade. Deste xeito aspiramos a establecer un marco de referencia para o desenvolvemento local que realice unha contribución responsable cara a sustentabilidade global.

Centro de estudos da sustentabilidade no medio rural e no litoral Un dos programas destacados de cara ao periodo 2010-2012 é o establecemento de dous centros de estudos e investigación. Un deles, o máis avanzado, se instalará nun concello do interior de Galicia para a realización de traballos relacionados coa revitalización do medio rural. O outro localizarase preferentemente na costa da morte e se centrará no estudo e desenvolvemento de estratexias de posta en valor dos recursos propios do medio litoral.

Iniciativas emprendedoras sustentables Programa de apoio, asesoramento e axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais emprendedoras con base nos recursos endóxenos propios das zonas de implantación.


Innovar con sustentabilidade Programa deseñado para sensibilizar e mobilizar as as pemes acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática da mesma cara a sustentabilidade. A través das actuacións previstas pretendemos fomentar o desenvolvemento dunha cultura empresarial galega orientada cara a sustentabilidade dende a innovación.

Formación continua en sustentabilidade O programa de formación continua en sustentabilidade desenvolve unha serie de contidos a través de actividades de sensibilización, formación, capacitación e entrenamento de habilidades que favorecen a eficiencia e a competitividade de empresas, traballadoras e traballadores, sempre desde unha perspectiva holística de contribución cara a sustentabilidade global.

Entre as temáticas previstas para o próximo curso destacan: -

FORMACIÓN EN VALORES E ACTITUDES: Intelixencia emocional; Intelixencia ecolóxica.

-

DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES: Liderado para a sustentabilidade; Técnicas de comunicación social; Prevención, xestión e resolución de

-

conflictos. FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES: Creación e revisión de identidade corporativa; Dirección estratéxica para a sustentabilidade; RSC; Xestión do cambio cara a sustentabildiade empresarial

Identificación de proxectos de cooperación internacional No entanto a Fundación Galicia Sustentable remata cos trámites administrativos para se inscribir como axente de cooperación para o desenvolvemento, temos iniciado os contactos internacionais para o futuro desenvolvemento de proxectos de desenvolvemento baseados na posta en valor dos recursos autóctonos de maneira sustentable.

A Fundación Galicia Sustentable enorgullecese de ter conseguido a licenza para a organización do TEDxGalicia que terá lugar a finais de 2010.


PODES

FACER MOITO MÁIS QUE SENTARTE E MIRAR A Fundación Galicia Sustentable é a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación cara a sociedade da sustentabilidade. Podes optar por facerte partner corporativo ou sponsorizar ou colaborar nunha determinada área de traballo ou un proxecto ou actividade concreta. Conscientes de que todo esforzo é necesario, caso por caso, en función dos intereses estratéxicos da Fundación Galicia Sustentable e das posibilidades da túa organización, seguro que podemos chegar a un acordo de colaboración. Non dubides en nos contactar: Fundación Galicia Sustentable Centro de Negocios Santiago Rosalía de Castro 1 15706 Santiago de Compostela  info@galiciasustentable.org  (+34) 981 569 844 Para máis información visita a nosa web www.galiciasustentable.org ou en facebook www.facebook.com/fgsustentable


TRABALLAMOS CON...

CONCELLO DE CERDEDO CONCELLO DE CUNTIS

CONCELLO DE FENE CONCELLO DE A ESTRADA

CONCELLO DE LALÍN CONCELLO DE MIÑO

CONCELLO DE O CARBALLIÑO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

CONCELLO DE RIBADEO

COLABORAMOS CON...


Fundación Galicia Sustentable Centro de Negocios Santiago. Rosalía de Castro 1. 15706 Santiago de Compostela.  (+34) 981 56 98 44  www.galiciasustentable.org  info@galiciasustentable.org Descargo de responsabilidade Este documento foi elaborado pola Fundación Galicia Sustentable e non pode ser copiado na súa totalidade nin en parte sen o seu consentimento escrito. Nel se presentan informacións que a Fundación Galicia Sustentable pode utilizar en virtud de acordos de distribución e/ou representación con diferentes organizacións. A información contida neste documento puede conter inexactitudes por causas tipográficas e/ou de actualización dos contidos. Para acceder a información actualizada consulte coa Fundación Galicia Sustentable ou no sitio web www.galiciasustentable.org


Presentación da Fundación Galicia Sustentable