LETRAS GALEGAS 2017 CARLOS CASARES CEIP Ana María Diéguez
FaRRaPiÑoS
nº23
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
0
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
SUMARIO Limiar……………………………………3
Os máis pequenos………………………4-25 Poemas…………………………………26-34 Contos………………………………….35-50 Fotos……………………………………51-56 Celebracións……………………………57-86 Saídas…………………………………..87-93 Visitas ao cole……………………………94-96 Varios…………………………………….97-105
1
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
limiar Un ano máis, aquí temos a nosa revista Farrapiños. Agardamos que vos guste. Nas seguintes páxinas atoparedes moitas das experiencias vividas polo alumnado no noso cole durante este curso escolar: as actuacións musicais, festivais, teatro, obradoiros, Escola Aberta,… Sen dúbida este curso 2016/2017 foi marabilloso, no que todos e todas tivemos tempo de traballar e pásalo ben, de estudar e aprender cousas novas. Por iso, esta revista chega hoxe para que eses momentos nos que tivemos a oportunidade de pasalo ben non caian no esquecemento, para que eses amigos que estiveron compartindo as horas connosco, non desaparezan na memoria cando pasen os anos. Cada curso pasa o mesmo: uns cantos de nós marchan para outra parte, a estudar noutro sitio, a traballar nalgunha outra parte... Pero as horas que pasamos con eles no colexio, lembrámolas sempre. A revista ten dúas funcións: dar a coñecer os demáis os nosos traballos e esforzos ó longo do curso e gardar para nós as fotos dos mellores momentos deste. Aproveitamos este recuncho para desexarlles todo o mellor ós nenos e nenas de sexto de primaria, pois rematan esta etapa no noso centro para comezar unha nova aventura no instituto. Moita sorte! Por último, agradecervos a vós, familias, a vosa colaboración ao longo de todo o curso escolar, sin a cal este centro perdería parte da súa esencia.
Bo verán a tod@s. 2
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
3
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
4
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
5
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
6
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
7
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
8
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
9
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
10
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
11
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
12
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
13
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
14
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
15
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
16
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
17
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
18
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
19
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
20
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
21
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
22
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
23
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
24
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
25
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
26
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
27
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Descubrimos este ano, este ano descubrimos, a existencia dunha galiña: azul ela era, moi rara esa galiña! con cinco plumas vermellas que na á dereita tiña. Ovos de cores poñía: marelos, rosa e verdemar. Dicía cocorocó, en vez de cacaracá e por iso o alcalde a quería sacrificar.
Os veciños e veciñas, unha idea tiveron para axudar a Lorenzo e máis á súa galiña.
28
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Para que o alcalde non a diferenciara e así non puidera matala, os veciños e veciñas, as galiñas todas de azul pintaron. O señor alcalde despreocupado esperaría a que chovera para que o tinte lles caera e deste xeito tan sinxelo deixará o problema solucionado. Os cidadáns tranquilos estaban porque en tempo de verán, as chuvias unha tregua farán e, mentres tanto Lorenzo, á galiña azul adestraba para que, polo menos en público, en vez de cocorocó dixera cacaracá . Alumnas e alumnos de 4º curso 29
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Unha mañá tormentosa, os nenos e nenas de cuarto inventamos uns poemas para solucionar os nosos problemas.
Unha abella mala inventou unha flor que baila aínda que é moi xovenciña baila unha alegre rumbiña.
Un Sol brillante inventou unha nube que asubía e tirou a un elefante que ía moi elegante.
30
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Unha raposa moi astuta inventou unha árbore que saúda un día tanto se inclinou que unha póla lle rompeu.
Un porquiño moi traveso inventou unha pedra que canta para que lle alegrara os sete días da semana.
Tanto lle gustaron os nosos poemas ao Sol que ao final da mañá moi contento apareceu.
Alumnos e alumnas de 4º curso 31
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
32
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
FUTBOLÍN O inventor do futbolín foi un galego chamado Alexandre de Fisterra. Inventouse durante a guerra civil española cando Alexandre de Fisterra foi ferido durante un dos bombardeos de Madrid. Foi ingresado no hospital de Montserrat, onde coñeceu a moitos nenos feridos coma él. Inspirándose no tenis de mesa e vendo que os rapaces non podían xogar ao fútbol, deu ca idea de inventar o futbolín. O futbolín é un xogo de mesa moi divertido e entretido ao que pode xogar toda a familia. O futbolín foi patentado en 1937, pero Alexandre tivo que ser exiliado a Francia por motivos franquistas.
Alexandre de Fisterra
Hospital de Montserrat
O primeiro futbolín
Guerra Civil española ALUMNOS/AS DE 5º E.P. 33
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
34
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
35
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
36
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
37
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
38
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
39
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
40
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Había unha vez unha nena chamada Candela que era moi boa, alegre e creativa. Vivía nun pobiño mariñeiro da Ría de Arousa, chamado Rianxo. Unha mañá, como outra calquera, espertou, saltou da cama e ... sentiuse algo diferente; rara, moi rara! Tiña ás de bolboreta, rabo de tigre, boca dde golfiño, un brazo de mono e o outro de rata !!!
- Aaaaaaggg!!-dixo- son un monstro!! Ninguén me vai querer ... Quedarei soa, soíña neste mundo! 41
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Súa nai non estaba na casa; tivera que saír por asuntos de traballo así que, ela soíña decidiu non ir ó colexio ... como ía ir ó colexio con esas pintas!!
O director chamou á casa de Candela para preguntar por que non fora á escola e, Candela, poñendo a voz da súa mamá, explicoulle que a súa “filla” non ía porque estaba enferma. Á mañá seguinte, comprobou que xa non era un monstro pero si que lle quedaban as ás de bolboreta; unhas ás brillantes e vistosas, de cores rechamantes. Buscou roupa ampla no seu ropero para cubrir as súas fermosísimas ás. Mirouse no espello e dixo: - Así si que vou ben porque non se me ven as ás! Vou indo que falta pouco para que toque o timbre. Cando chegou ó colexio non sacou a chaqueta aínda que facía calor. No patio, á hora do recreo, non se movía moito... non fora a ser que se descolocaran as ás! 42
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Todos lle preguntaban: que che pasa , Candela? Por que non xogas? Ela dicíalles que... aínda non estaba recuperada de todo.
Esa tarde aínda non pudo ir á piscina, como tiña por costume, pensaba... <<como vou ir a
piscina con estas ás? Non podo agachalas no bikini!>>
Decidiu, entón, quedar na casa xogando coas súas bonecas. Pola noite non era capaz de durmir; dou voltas, miles de voltas na cama e decidiu ir a dar un voo nocturno. Cando se decatou de que xa ía amencer, voltou ó seu fogar cansa, moi cansa e quedou dormida en seguida.
43
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Ao espertar xa non tiña as ás!! Foi ao colexio e os seus amigos preguntáronlle: - Queres vir con nós á piscina esta tarde? Candela contestoulles: - Claro que si! Que fai moi bo tempo! Ao rematar a escola, comeu rápido. Preparou as cousas para marchar á piscina cando, de repente, súa nai gritoulle: - Esperta, Candela!!! Que vas chegar tarde ó colexio! Candela levantouse coma un lóstrego e ... todo fora un soño! Un mal soño!
E ... colorín, colorado, este conto ... marchou VOANDO!! Alumnos e alumnas de 4º curso 44
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Contan, e non paran de contar, que xa fai anos atrás, os paxaros deixaran de cantar. Foi no tempo do verán. Un merliño chamado Merlín estaba a cantar nun loureiro pero, de repente unha nube negra, moi negra; fea, moi fea e grande, moi grande, comezou a tapar ao Sol. Merlín correu a refuxiarse. Cando volveu a saír o Sol, Merlín foi á casa da súa amiga, a bubela Lúa: - Ola, Lúa! Viches a nube que houbo fai un pouco? Lúa tentaba falar mais non era capaz.Lúa? Que che ocorre? Que che pasa?preguntou Merlín que sempre se preocupaba por ela.
45
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Lúa, como non era capaz de falar, comezou a escribir o que pretendía dicir: “Si que vin a nube, Merlín, mais aos paxaros todos a voz lles roubou”. O merliño Merlín preocupouse. Non sabía que facer! “Tés que ir onda o moucho máis vello e sabio do bosque. El sabe onde atopar a solución”. Merlín colleu a súa mochila, saíu da casa de Lúa e encamiñouse á casa do moucho máis vello do bosque. Antes de entrar ó bosque viu un cartel que poñía: COIDADO COS LUMES FATUOS. PODEN LEVARCHE POLO CAMIÑO EQUIVOCADO
Merlín non fixo caso e adentrouse no bosque sen preocuparse. Seguiu o camiño e encontrouse cos Lumes Fatuos. Seguiunos. Estes, cada vez que alguén se acercaba, desaparecían. Por sorte, guiárono á choza do moucho. Petou á porta: “Toc, toc, toc” - Pasa, pasa, non teñas medo!- contestou unha voz dende o interior. Merlín entrou e dixo: - Ola , señor, señor moucho! Viña aquí porque unha nube “rouboulle” as voces a todos os paxaros. Non tería vostede unha pequena cura, verdade?- preguntou con vergoña. - Fai anos ocorrera o mesmo; era eu un mozo coma ti. Toma, esta é unha pomada; hai que botala na gorxa pola noite.
46
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
- Moitas grazas!- dixo Merlín. Cando chegou á casa, repartiu a pomada en cincocentos frascos e, pouco a pouco, foinos entregando en todas as casas dos paxaros daquela zona. Unhas semanas despois, os paxaros volvían a cantar e alegraban o día dos habitantes daquel lugar. Celebrárono cunha gran festa á que convidaron ao vello moucho e, colorín colorado este conto está …CANTADO!!
Alumnos e alumnas de 4º curso 47
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
GODOFREDO 2.0
Había un científico chamado Steven. Tiña 25 anos e un porco como mascota ao que lle chamaba Godofredo. Un día mentres inventaba unha máquina para fusionar e converter a dúas especies diferentes nunha. Algo terrible ocorre. A súa mascota por erro entrou na máquina e fíxose unha fusión cas aves que xa estaban dentro. Steven estaba moi desgustado. Pobre Godofredo! Alí metido cas aves...seguro que o falcón o come. Pensaba Steven. Sabedes que saíu de alí? Un porco voador. Imaxinabádelo verdade? Un porco mais aves...solo pode dar lugar a un porco voador. Godofredo estaba moi nervioso, non entendía ben que é o que acababa de suceder. Cando viu a cara de Steven aínda se puxo mais nervioso. Godofredo non era capaz de controlar as ás e empezou a voar sen control. Steven quixo cerrar a ventá pero, non lle dou tempo. Godofredo saíu voando. Steven e o seu axudante saíron a coller o coche para perseguir a Godofredo. Polo camiño encontraron a unha rapaza moi guapa chamada Estefania. Preguntáronlle:- “Vistes por aquí un porco voador”? Estefania respondeulles: -“ AHHH siii xusto por alí, acaba de pasar agora mesmo por riba miña. Xa me parecía que non estaba volvéndome tola ”!
48
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Steven explicoulle o sucedido. Estefania escoitábao atentamente. -“ Quizais vaia de volta para o laboratorio, os porcos son moi intelixentes e seguro que xa ten controlado as súas ás.” - “Tes razón” díxolle Steven. – “Deamos volta” Estefania preguntoulles si os podía acompañar. Subiuse o coche con eles e deron volta para o laboratorio, a espera de que Godofredo volvese. Mentres ían cara o laboratorio escoitaron un gruñido moi semellante o de Godofredo. Godofredo estaba atrapado nunhas polas dunha árbore e arredor da árbore varios lobos esperando para comelo. -”Teño unha idea!” dixo Steven. -” Imos ata o laboratorio que alí teño unha máquina nova que espanta os animais. Aínda non a probei... Imos ver si funciona de verdade!” -”Eu fico aquí vixiando” di Estefania. Os lobos cada vez achegábanse máis a Godofredo. E a póla da árbore parecía que ía romperse en calquera momento. -“Apurade” dicía Estefania en baixo. De contado, apareceron Steven e mais o seu axudante ca máquina de espantar animais. Steven acendeuna. A máquina non funcionaba. Algo lle faltaba. Ca rabia doulle un golpe contra o chan e de súpeto a máquina soltou un estrondo son. 49
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Xusto nese momento rompeu a póla do árbore, Godofredo caeu o chan pero os lobos parecían mais interesados noutra cousa... Déronse conta que en vez dun porco voador podían ter a tres humanos para comer. Steven o seu axudante e Estefania quedaron rodeados polos lobos,cada vez achegábanse mais. Godofredo o ver os seus amigos en perigo,levantouse de súpeto, colleu forzas, abriu as súas ás e voou por riba dos lobos. Cas súas pezoñas colleu os tres e sacounos do perigo. Foron voando ata o laboratorio. Godofredo estaba moi canso. -”Godofredo,estas ben?” preguntoulle Steven. Godofredo non respondía. Steven decidiu deixalo descansar. Tapouno cunha manta e saíron da habitación. A mañá seguinte viron o falcón pousado na árbore. Steven quedou sorprendido. Foi correndo a habitación onde deixaran a Godofredo e alí todo tranquilo estaba Godofredo cun sorriso na cara de orella a orella. As súas ás desapareceran. Era o Godofredo de sempre! Steven pensou:-”Teño que perfeccionar a máquina de fusionar” e botou a rir.
Esperemos que para cando a perfeccione Godofredo este lonxe de alí! NEN@s DE 6º CURSO 50
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
51
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
52
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
53
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
54
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
55
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
56
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
OS CABALOS
Había unha vez cinco rapaces chamados Lorena, Lía, Manuel, Iria e Zoe. Os rapaces tiñan tres cabalos nun establo abandonado, preto do río. O cabalo máis maior chamábase Mora e era un cabalo moi tranquilo, xa que tiña unha certa idade. O cabalo mediano chamábase Pepi. Pepi era unha egua moi xoguetona e de cor branca, en cambio os seus irmáns son de cor castaña. O cabalo máis pequeño chamábase Christian e era moi traste e moi deportivo. Coidar cabalos precisa traballar moito, xa que hai que peinalos, asealoe e tamén darlle paseos.
Un día de verán, catro gamberros foron bañarse ao río. Nun momento dado os gamberros saíron da auga e foron ao establo onde descansaban os cabalos. O rapaz máis maior colleu un pau e pegoulle a Christian. Pepi escapou para avisar aos cinco rapaces. Lorena foi á nevera coller xeados porque no establo facía moita calor. Os rapaces correron e a Lía caeulle o xeado no río. Cando viron aos nenos pegándolle a Christian, Iria dixo: - Fóra de aquí!! Gamberros!! Os gamberros marcharon e Manuel levou a Christian ao veterinario. O cabalo rompera unha pata !! mentras Zoe e Lorena facían a cea, Manu, Iria e Lía limpaban aos cabalos.
-A cear! – dixo Lorena. 57
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Para cear había spaguettis. Manu ten alerxia ao gluten e entón tivo que cear unha tortilla que fixeron especialmente para el. Ao rematar de cear, todos os rapaces marcharon para a cama. Todos estaban moi preocupados polo estado do cabalo lesionado e dábanlle moitos aloumiños. Á semana seguinte os cinco irmáns foron á beira do río a xogar outra vez para disfrutar do fresco da auga e da sombra . Estaban moi nerviosos porque á última hora da tarde irían visitar ao veterinario outra vez para que lles dixese como estaba a para de Christian. Lía e Lorena eran as encargadas de lévalo ata a clínica. O veterinario díxolles que xa estaba recuperado!. Ao día seguinte decidiron celebrar a recuperación do seu cabalo cun pic-nic a carón do establo. Comeron moita froita e zumes naturais xa que eles queren ter unha vida saudable. Completaron o día de festa indo a tomar un baño no río e ademáis construíron unha tirolina coa que xogaron toda a tarde. Quinto curso
58
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Achégase o Samaín e, na escola lemos uns textos sobre os celtas e o Samaín. Descubrimos que Samaín era un deus celta e que, na súa honra, facían unha festa que era a máis perigosa do ano porque as portas do Outromundo se abrían e as ánimas podían levar ós mortais con eles. Para protexerse poñían as caveiras dos seus inimigos, cunha candea dentro, diante das portas das súas casas. Máis tarde substituiron as caveiras por cabazas, melóns, ... e nós seguimos a súa tradición; por iso, nas nosas aulas e nas nosas casas tallamos e decoramos cabazas e poñémolas nas portas e ventás. Aproveitando o bo tempo, fomos a ver unha leira de cabazas, acompañados dos nenos e nenas de terceiro curso. Era grande e estaba chea de cabazas de distintas cores, formas e tamaños. Tocamos os seus talos e follas e notamos que están cubertos duns peliños ríxidos. Tamén vimos que as flores eran distintas porque unhas eran femias e outras eran machos. Ó cabo duns días, o colexio apareceu moi bonito; estaba decorado para a festa do Samaín. Había ratos polas escaleiras, un esqueleto e moitas cabazas colgando. Por unha tubería ó lado da biblioteca, saía unha bruxa aínda que só lle viamos as pernas. 59
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Na porta da entrada había unha bruxa e un gato negro moi enfadado que nos recibía todas as mañás. E, nas cristaleiras había escenas terroríficas. Nas gradas interiores fomos colocando colocando as cabazas que cada neno e nena ía traendo talladas e decoradas das súas casas. Había bruxas, ratiños, Pokemóns e moitas, moitísimas con caras terroríficas. Conseguimos facer unha exposición enorme e moi bonita.
E por fin chegou o día do Samaín cunha morea de actividades ! Empezamos a mañá con obradoiros. 60
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Primeiro fomos ó de estampación e fixemos debuxos estampando follas de plantas sobre un papel; logo estivemos no de música e alí bailamos ao ritmo de Cazafantasmas; despois pasamos ó de maquillaxe do que saímos monstruosamente guapos e, acabamos no de inglés donde preparamos un caldo con ratos, rás, gatos e morcegos.
61
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Logo cantamos e tocamos a canción “AniKuni”. Saíunos fenomenal. Uns compañeiros tocaron o fagot, a trompeta, os xilófonos, as frautas e outros, os nosos paus da chuvia.
Como xa íamos moi cansos, repuxemos forzas na degustación de doces que as nosas familias elaboraron nas casas. Estaban todos boísimos e algúns parecían obras de arte do ben decorados que estaban. Rematamos a mañá, como xa é costume, ca busca de cabazas polo patio de abaixo. Pola tarde asistimos á actuación dun mago e ao encendido das cabazas que puxemos no peche do colexio para que nos protexeran das ánimas do Outromundo que puideran vir polo colexio.
Así rematamos unha das mellores festas do Samaín !!
Alumnos e alumnas de 4º curso 62
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
63
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Fai pouco que pasou o Nadal. Na escola chegou cargado de actividades. O primeiro en aparecer foi a nosa árbore; é unha árbore moi alta, altísima, para que quepan os adornos de todos os nenos e nenas do colexio. Está feita de porespán e pintada de cor verde. Cando remata o Nadal gardámola ata o próximo ano. Cada ano enchémola con adornos diferentes que facemos na casa coas nosas familias. Este ano os profesores déronnos un depresor para que o convertíramos nun adorno. Ós poucos días empezaron a chegar renos, Papá Noel, árbores de Nadal, campás, elfos, bólas, bonecos de neve, ... e con todos eles fomos cubrindo a árbore. Quedou moi bonita e colorida! Tamén fixemos unhas postais moi bonitas, na hora de art and craft. A portada era unha árbore feita con tiras de papel de moitas cores. No interior escribimos algún dos poemas inventamos na hora de lingua para felicitar o Nadal as nosas familias. Logo metémolas nuns sobres coas nosas direccións e fixemos un sorteo segredo para mandarlla a un compañeiro ou compañeira. Ninguén sabía quen lle ía mandar a postal. Nos primeiros días das vacacións empezaron a chegar ós buzóns das nosas casas as postais e, por fin, descubríamos o segredo. Foi emocionante e divertido!
64
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Máis tarde escribimos as cartas para entregarllas ás súas Maxestades de Oriente. Pedimos regalos para toda a familia pero poucas cousas para que ningún neno quedara sen agasallo. O día do festival viñeron os Reis Magos e coma sempre pronunciaron un discurso. Preguntáronnos se nos portáramos ben, se axudamos na casa, se estudiamos moito, ... todos contestábamos que si. Tamén preguntaron se os que iamos ir ó comedor, iamos comer as verduras e, todos dixeron que non!
Logo comezaron as actuacións. Os pequenos e pequenas de tres e catro anos cantaron e bailaron “Mamasita donde está Santa Clause”. Levaban uns tutús e estaban moi guapos.
65
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Os nenos e nenas de cinco anos cantaron “Metido nun ovo”. Calzaban uns zocos bonitísimos e con eles marcaban o ritmo do estribillo da cantiga.
Despois subiron ó escenario os alumnos e alumnas de primeiro e segundo curso; tocaron e cantaron a canción “Estreliña onde estás”.
Deixaron o escenario ben limpiño porque, ademais de tambores, utilizaron uns cepillos de fregar. 66
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Logo, os nenos e nenas de quinto e sexto cantaron unha canción en inglés titulada “All want for christmas is you”. Julián, un compañeiro de sexto, fixo de solista; que ben cantou! A última actuación foi a nosa. Actuamos con terceiro, quinto e sexto. Cantamos e tocamos con flautas e xilófonos, “Aleluia”. Era unha canción de Leonard Cohen á que os nosos compañeiros de terceiro e sexto cambiaron a letra.
Entre o público estaban os nosos familiares. A todos lles gustaron as nosas actuacións. Aos Reis Magos, tamén. Ó final do festival entregámoslle as nosas cartas ós Reis e eles déronnos chucherías. Xa para acabar, saímos ó patio e sentámonos nas gradas preparados para tomar “os doce gusanitos” coas campanadas que ían tocar os compañeiros de sexto. Algúns adiantáronse e empezaron a comelos cando tocaron os cuartos. 67
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Ao rematar, fixémonos fotos cos Reis Magos e marchamos felices e contentos para a casa.
Alumnos e alumnas de 4º curso 68
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
69
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
70
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
71
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
A PAZ A paz é un día moi bonito e con moita tranquilidade. Neste curso, o día da paz vimos unha película que se chama "Del revés". Del revés, é unha película que trata sobre unha nena que se mudou , e tivo que deixar a todos os seus amigos de hockey sobre xeo e todo o que a ela lle gustaba. Pasábao mal na nova cidade. Del revés non consiste só sobre a vida desa nena que se mudou; se non que tamén fala de que os sentimentos dos seres vivos cobran vida nas súas mentes. Os sentimentos dos seres vivos son: Alegría , Tristeza, Medo, Ira e o Noxo.
Para non facervos spoiller non vos contamos máis. Non sempre vemos películas, facemos outras cousas divertidas como: xogos,cantar... Esta non é a única festa que celebramos no colexio, tamén celebramos O samaín, o nadal, as portas abertas... Significado da Paz: definida en sentido positivo, é un estado a nivel social ou persoal, no cal se atopan en equilibrio e estabilidade as partes dunha unidade. Tamén se refire á tranquilidade mental dunha persoa ou sociedade; definida en sentido negativo, é a ausencia de inquietude, violencia ou guerra. Alumnos/as de 5º E.P. 72
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
73
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
74
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
75
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
76
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Discurso do Meco Bosa días a todos, Un ano mais aquí estamos. Hoxe toca tomar unha decisión moi importante, imos condenar o meco, e vos ides a ser o xurado. Como castigo, aparte da fogueira decidimos amputarche as orellas. Meco ímosche condenar, polas goteiras de sexto que non paran de pingar. Querendo ou sen querer a desaparición de Diana Quer aínda esta sen resolver. Por facer que o corpo de Marta do Castillo, non apareza no río. Pola morte de Iván Durán, A ti che culparán. Por todas esas persoas desaparecidas, maltratadas e desahuciadas, Por subir a luz,o IVA e poñernos as revalidas... Por axudar a Rajoy a facer estas trasnadas. Por culpa túa O teacher silverio caeu, E aínda por riba o brazo rompeu. 77
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
AYYYYY o noso teacher...CÁNTO CHORAMOS POR ÉL!!!
Os nenos de sexto para o ano non estamos, o insti nos marchamos. E como di a profe Raquel : a ver si alí maduramos! por facer que Donald trump fose elixido, para ser presidente de estados Unidos. Por Rafa Nadal empezar a súa temporada perdendo no open de Australia. Por renovar o parque da Sta Lucía pero aínda falta o do CEIP Ana María. A profe Raquel moito nos berra pero dime meco: Qué fariamos sen ela?! Si do meco nos queremos vingar, a fogueira o terás que botar. Para hoxe condenar ao meco, Aquí estamos, Se é culpable ou inocente Aquí o xulgamos. Decídeme vos? CULPABLE OU INOCENTE????
CULPABLEEEEEE!!!! NEN@S DE 6º CURSO 78
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
79
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
80
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Carlos Casares. A principios de curso participou todo cole na elaboración dun calendario. Elixíronse varios libros de Carlos Casares como lectura de aula. Deses libros traballados nas aulas, eliximos uns parágrafos e despois elaboramos unha ilustración a partir dese texto. O calendario foi un agasallo para as familias. Quedounos moi chulo!
81
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Nas aulas traballamos a biografía de Carlos Casares e tamén fixemos actividades relacionados co seus libros. Decoramos as nosas gradas cunha exposición da súa vida e máis dos seus libros.
NEN@S DE SEXTO CURSO 82
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
ESCOLA ABERTA O sábado 3 de Xuño, celebramos no cole o día da ESCOLA ABERTA. Comenzou as 11 da mañá cos obradoiros:
Arts and Crafts: Onde se facían figuras de barro cas mestras Raquel, Lindsay e Ilduara. Trompo Spinner: Alí facíase un spinner ou trompo de papel cas mestras Zaida e Pili. Asubío: Alí limábamos unha abelá ata que quedara cun oco arriba e así o soprar soaba. Neste obradoiro estaban as mestras Irene e Paula. O coche aeroprop: Aquí elaborábase un coche propulsado por un globo cos mestres Santi e Rosa. Papel reciclado: Facíamos como o seu nome indica, papel reciclado cas mestras Aurora (Infantil) e máis Berta. Máquina voadora: Elaborábase unha avioneta cunha pinza da roupa e paus de xeados. As mestras Silvia ( de segundo ) e Silvia (de infantil).
83
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Sobre a unha, ensináronse os inventos que cada neno fixo na súa casa cas familias.
84
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
O rematar os obradoiros o coro do noso cole fixo unha actuación no patio de abaixo. Cantaron as cancións: “O caracol mi fa sol” , “Shalom chaverín” con canon, “Sakura”, “Samba le le” , “Stho mi e milo”, “Caranguexo “e “Quen te ensinou a nadar?” Por último e a petición do público, cantamos “Heiche de contar un conto”.O finalizar fíxose o sorte das rifas. Sorteábanse dous patinetes un uns cascos. Os afortunados foron Carla (de segundo) e mais Sofía ( de primeiro).
Despois celebrouse o xantar popular onde participou a ANPA en colaboración con Restaurante Chicolino, o Bar Atalaia e O Furancho.
85
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Pola tarde houbo xogos populares como minigolf, dardos, xogos de mesa, zancos etc Tamén había unha tirolina e un rocódromo. Para rematar estas xornadas de portas abertas fíxose unha XINCANA onde participaban por parellas as familia e nenos/as. Por participar agasallábanche cunha mochila que poñía ESCOLA ABERTA 2017.
Foi un sábado inolviable onde os nenos de 6º recordaremos coma a nosa última escola aberta sendo alumnos do cole. NEN@S 6º CURSO 86
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
ROTEIRO POR RIANXO O día 9 de Febreiro os nen@s de 5º e 6º fixemos un roteiro por Rianxo, organizado polo IES FELIX MURIEL. O roteiro foi guiado por dous alumn@s do noso cole: Lara e Katia, e tamén por un neno chamado Marco. Antes de empezar déronnos un cuestionario que tiñamos que cubrir mentres faciamos o roteiro. Tiñamos que estar atentos xa que as reposta nolas darían os guías. Saímos do instituto camiño o paseo marítimo. Alí fixemos varias paradas mentres nos explicaban un pouco a historia de Rianxo chegamos ata o Castelo da lúa. Unha vez rematada a historia do castelo da lúa demos volta hacia a ribeira. Paramos na Capela da Guadalupe, fomos pola rúa de abaixo onde está o museo de Manuel Antonio e mais a casa onde vivía Castelao. Seguimos ata A Manuela e despois a Capela de Bartolomé. Lara, Katia e Marco durante todo roteiro ían dándonos información e íamos parando para corrixir o cuestionario. A volta paramos nos xardíns da ribeira para cantar A Rianxeira o lado do busto de Castelao. CONCERTO SEIS NA MALETA O rematar o roteiro fomos o auditorio para ver o concerto SEIS NA MALETA. O concerto gustounos moito, era divertido. Falaba da emigración. Explicaba dunha maneira divertida como moitos tiveron que emigrar a outros países en busca dunha vida mellor.
87
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
NEN@S DE 6º CURSO 88
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
SAÍDA CLUB DE REMO No mes de Febreiro fomos visitar o Club de Remo de Rianxo. Os nen@s de 5º e 6º pasamos a mañá nas súas instalacións. O chegar agardaba por nos o presidente do club: Ramón. El explicounos un pouco da historia do club e como empezara todo. Ensinounos as traineras, bateles, traiñeiras etc. Puidemos tocar os remos e ver o moito que pesan. Ramón contounos que os remos de antes eran moito mais pesados que os de agora. Unha vez rematados na zona baixa do club subimos para o ximnasio. Alí dividímonos en dous grupos:uns foron o ximnasio e outros a adestrar. Na zona de adestro había un foso cunha trainera para poder remar. Alí ensinounos como debiamos remar pero resulta ser mais difícil do que parecía. No ximnasio había cintas de andar, bicicletas estáticas e tamén unhas maquinas chamadas remeiros. Estas máquinas axudan a fortalecer os brazos. Unha vez rematado na zona de adestrar e no ximnasio fomos ver as oficinas. Vimos os trofeos que habían gañado e tamén a súa bandeira. Alí Ramón sorteou unhas medallas e dúas camisetas. Despois repartiu bolígrafos e unhas bufandas para todos.
NEN@S DE 6º CURSO. 89
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
SAÍDA AUDITORIO DE RIANXO “ROBIN HOOD” O día 7 de Febreiro os nen@s de primaria do noso cole ,fixemos unha saída o auditorio de Rianxo ,organizada pola empresa do teatro inglés: FACE TO FACE. Todos os anos organizan unha obra para os nen@s do noso cole. Este ano fomos ver ROBIN HOOD. Robin Hood defendía os pobres xa que o Sheriff do pobo quería roubarlles os cartos e as súas riquezas. Senón llo daban o Sheriff abusaba da súa autoridade e metíaos na cárcere. Robin hood meteulle unha trampa o Sheriff e así poder devolverlle os cartos e as riquezas os pobres. Como sempre, elixiron a nen@s do público para participar na obra. Do noso cole saíron Ainara de 4º curso e Anxo de 3º curso. Os outro nen@s non eran do noso cole. Todos o fixeron moi ben. O final da obra todos cantamos unha canción chamada: GO ROBIN GO! e bailamos todos xuntos. A obra gustounos pero non tanto como noutras ocasións. O rematar fomos merendar o parque da Ribeira e voltamos para o colexio.
6º CURSO
90
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
A SAÍDA A PISCINA Os alumnos de 5º e 6º o día 9 de maio fomos á piscina municipal de Rianxo. O primeiro que fixemos foi facer grupos, logo fixemos actividades cos monitores. Ao acabar fomos á piscina pequena e fixemos relevos. A actividade consistía no seguinte: nos grupos das actividades anteriores facer filas, nadar ata a canastra, tirar cun balón e cando conseguías encestar, nadar ata darlle ao balón ao teu compañeiro; así ata chegar ata o primeiro. Cando remataron as actividades da piscina duchámonos e fomos ao ximnasio. Xa no ximnasio fixemos "ioga" con posturas de animais (can,gato,grulla,pato...). Cando xa rematara a sesión de "ioga" fixemos “zumba" con cancións como ( Despacito, Animal...). Quedamos moi cansados de tanto bailar!!. Cando rematamos fixemos grupos para unha busqueda de números. Para conseguir gañar o xogo debaixo dos números escondidos polos arredores de fóra da piscina había símbolos. Cando atopabas un número tiñas que escribir os símbolos nun papel e levarllo ao monitor. Eeles dicíanlle unha pequena proba que tiñan que facer. Os gañadores do xogo foron os que todo o mundo pensaban que ían a perder, ZASCA!. Logo fomos ao autobús para volver ao colexio. QUE SAíDA TAN DIVERTIDA!
Quinto curso 91
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
92
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
93
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
.
FARRAPIÑOS Nº 23
VISITA JACOBO FERNÁNDEZ
94
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
VISITA DE GUADI GALEGO
O xoves 8 de xuño Guadi Galego viu facer unha visita ao noso colexio e nós tiñamos moita ilusión por coñecela en persoa. Levabamos moito tempo preparando unhas cancións para cantar con ela por iso estábamos todos moi nerviosos e impacientes. Chegou durante o recreo e puxémonos moi contentos ao vela e escoitala por fin. Guadi é unha das artistas máis relevantes da música galega. Foi gaiteira, pianistas e vocalista do grupo Berrogüeto ata xaneiro do 2008. Tamén formou parte do dúo Espido e Nordestin@s. A súa carreira en solitario iniciouse co albúm “Benzón” que se publicou no 2009. Os nenos e nenas de quinto axudamos a profe Irene a preparar o espacio ( aula de música) onde íamos cantar. Limpamos a clase, colgamos paraugas como fai ela habitualmente nos concertos da súa última xira, colocamos palabras de benvida e escribimos textos da súas cantigas. Antes de comezar a cantar falamos un anaco con ela e fixemoslle moitas preguntas sobre a súa carreira. Pareceunos moi importante todo o que nos contou. Cantamos as cancións “Chea de vida” e “ Aromas de terra”. Nesta última os noso compañeiros de sexto participaron tocando os instrumentos de láminas. Guadi viña acompañada de Carlos, que é guitarrista e con el interpretou unha das súas cancións máis coñecidas: “Matriarcas”. Quixemos agradecer a súa visita con algún agasallos: un exemplar de “Soños na Gaiola”, un cd de “Unha noite de amor con Lela”, unhas camisetas e un calendario de Carlos Casares. Ao rematar firmounos autógrafos e dedicatorias. Tivo moita unha paciencia porque somos moitos!! A mensaxe das súas letras pareceunos moi bonita e positiva. A visita de Guadi ensinounos o importante que é valorar a nosa música.
95
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Estarei subindo a unha montaña
Son de amores, son de cores
Estarei buscando a sombra dunha parra
son do que queiras que veña
Estarei… chea de vida
son do vento que asemella semella aromas de terra
Quinto curso 96
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
97
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
98
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
99
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
100
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
101
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
XORNADAS DO TEATRO Como todos os anos, os nenos e nenas do noso cole, participamos nas xornadas de teatro. Este ano os nenos e nenas de Infantil ( 3 anos e 4 anos) foron os primeiros en actuar. Os nenos de 3 anos, estreáronse. A pesar de ser a súa primeira vez parecían uns profesionais! As obras foron as seguintes: Infantil 3-4 anos: “A mellor sopa do mundo. ”
Primeiro e segundo de primaria: “A máscara do león.
102
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
Terceiro de primaria: “A clase de toqueme Roque.”
Cuarto de primaria: “Os antollos da margarida.” Quinto de primaria: Teatro de sombras. Sexto de primaria: “Ir a escola non amola.”
Como sempre os nen@s participaron con moita ilusión e entusiasmo. Todas as obras foron moi divertidas e sempre estamos esperando ansiosamente as obras. Todos o fixemos moi ben! Que pena! Este foi o noso último ano no que participamos os nen@s de sexto. Nen@s de 6º curso 103
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
104
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
105
CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
FARRAPIÑOS Nº 23
106
Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó.