Entre o pasado e o futuro

Page 1

Programación | 212 |

mai.  xuñ.  |  2011  | Guy Maddin O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers François Truffaut / Antoine Doinel A herdanza de François Truffaut Vidas extremas: as películas de Kazuo Hara Fóra de serie Off Galicia / Premios Mestre Mateo CGAI Júnior Master Class José Luis Guerin

GUY MADDIN: En colaboración con: Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Catalunya. "Entre o pasado e o futuro Hai unha definición moi bonita, por insuperable, que non pode ser máis apropiada para comprender a obra de Guy Maddin (Canadá, 1956). Nunha reseña de Anthony Lane sobre The Saddest Music in the World (2003) para “The New Yorker”, o crítico falaba do cine de Maddin como un cine da “derrière-garde”, un neoloxismo que encerra un grande paradoxo e, ao tempo, evidencia esa suma de vontade vangardista e procura no pretérito de todo tipo de material creativo, sexa ou non cinematográfico, do canadense. Estamos ante unha vangarda que mira cara atrás, entre o pasado e o futuro e que non necesariamente se atopa no presente. Maddin é un viaxeiro no tempo. Nas súas mans, a filmoteca universal resucita e toma un corpo novo, aprópiase do contemporáneo, como se as imaxes de Murnau, Wiene, Jean Vigo, Busby Berkeley, Feuillade, Georges Franju ou Lotte Reiniger recuperaran o alento cada vez que o canadense empuña a súa Bolex de 16 mm. A operación, porén, non ten tanto de pastiche posmoderno como de nova vida fílmica deses fotogramas que forman parte das materias de historia do cine. A mirada de Maddin foxe do catálogo enciclopédico; máis ben amosase como algo moi distinto: do que se trata é de invocar un pasado que moitos dan por morto para proxectalo cara ao porvir. Se como apuntaba Raymound Bellour, “a morte do cine non sería nada máis que iso, un recordar inmenso”, ao longo da filmografía do canadense nos atopamos ante a visualización esplendorosa desa idea. A resistencia ante o esquecemento emerxe, pois, como poética no seu cine. “Para Guy Maddin toda narración contemporánea que sexa honesta é finalmente un relato sobre a amnesia”, subliña o seu compañeiro de batallas fílmicas, George Toles. Non tanto sobre senón contra a amnesia. Non estraña que entre as capas de imaxes que se amontoan violentamente en cada un dos seus planos desfilen desde lembranzas persoais a fantasías ucrónicas e reformulacións de varios xéneros cinematográficos: calquera elemento ou vivencia é susceptible de ser metamorfoseado, como se constatara a natureza mutante das cousas e do mesmo cine. A transformación deses materiais pon en escena certa idea de movemento, como tamén o seu uso dunha narrativa torrencial. A montaxe sobresaltada, cumio dos postulados de Kuleshov, aparece como outra das marcas da casa. O cine de Maddin ten que verse, así, como un tratado de bricolaxe cinematográfica. Todo o seu traballo é, en última instancia, o retrato de varias tensións, de certa idea do convulso. E nese sentido, é moi físico. Hai espectros, vampiros e outros tantos monstros nas súas imaxes, pero sobre todo hai unha morea de corpos. Feridos, mutilados, namorados ou en fricción, sobre todos eles esperta o corpo do seu cine: en celuloide, en 16mm, Súper 8, branco e negro, ás veces en cor, en ocasións vídeo e píxeles, un corpo onde escribir o relato das súas obsesións. Son abundantes e recorrentes, polo que enumeralas nestas liñas sería estragar a sorpresa. E unha mágoa, xa que pouco cine existe hoxe que sorprenda tanto como o de Guy Maddin. Sorpresa e emoción. Eu non pido máis” (Paula Arantzazu Ruiz). Agradecementos: Guy Maddin, Paula Arantzazu Ruiz.

O CEO NA TERRA. NATHANIEL DORSKY, PHIL SOLOMON, ROBERT BEAVERS:

En colaboración con:

y

Comisariado por Garbiñe Ortega, “O Ceo na Terra. A multidimensionalidade no cine de vangarda norteamericano” é un ambicioso e revelador ciclo que propón un achegamento a catro dos autores estadounidenses experimentais –a colaboración co certame (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico en A Coruña permite que a cidade acolla noutro espazo a obra de Zoe Beloff en similares datas– onde a sensación de iconoclastia, beleza e emoción domina, construíndo unha auténtica fita, unha experiencia para o espectador máis avezado. Coproducido por La Casa Encendida, contamos coa presenza dun autor de magnetismo e recoñecemento crecentes, Nathaniel Dorsky que, logo da súa presenza no último Festival de Rotterdam, presentará tres das catro sesións dedicadas a el. “Segundo anuncian, pronto chegará a expansión dunha nova conciencia e seremos capaces de viaxar por novas dimensións. Este ciclo nos achega a catro realizadores norteamericanos que queren experimentalo antes a través do cine: Zoe Beloff actúa como médium entre o real e o imaxinario, e o seu universo único e ás veces estereoscópico, define a relación entre os distintos planos invisibles nos que vivimos; Phil Solomon, colaborador durante anos de Stan Brakhage, representa, mediante numerosas técnicas, a abstracción reflexiva e a emoción do que está na procura constante; Robert Beavers combina elegantemente a estética do mundo natural e da arte; e Nathaniel Dorsky, consegue revelar o pulso interno dos elementos e a cadencia da luz californiana, amosando que o experimental non está rifado coa beleza. A súa obra, que se presentará case íntegra, permitenos entrar nun estado hipnótico descoñecido ata agora no cine” (Garbiñe Ortega, comisaria). Distribución programas: Nathaniel Dorsky: Cancións cinemáticas (Triste, 1978-

1996; Alaya, 1976-1987; Arbor Vitae, 1999-2000), Luz sacra (Song of Solitude, 2005-2006; Pastourelle, 2010; Threnody, 2003-2004; The Visitation, 2002), Musica cíclica: Tres variacións e un tema (Sarabande, 2008; Compline, 2009; Aubade, 2010; Winter, 2007) e Meditación (Variations, 2002; Pneuma, 1977-1983; Love’s Refrain, 2000-2001). Phil Solomon: Revelacións nocturnas (Nocturne, 1980; The Exquisite Hour, 1989; Psalm li: Walking distance, 1999; Yes, I Said Yes, I Will, Yes, 1999; Seasons..., 2002, realizada xunto a Stan Brakhage) e O que queda por ver (What’s out Tonight is Lost, 1983; The secret garden, 1988; Remains to be seen, 1989; The Snowman, 1995; Last days in a lonely place, 2008). Robert Beavers: A aura de todas as cousas (Ruskin, 1975-1997; Pitcher of Colored Light, 2007; The Suppliant, 2010) e Na procura (From the Notebook of..., 1971-1998; The Stoas, 1991-1997). Agradecementos: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers, Light Cone (Francia).

FRANÇOIS TRUFFAUT / ANTOINE DOINEL: Logo dunha indómita traxectoria como crítico e da dirección de tres curtametraxes, o cineasta francés François Truffaut (1932-1984) realiza a súa exitosa ópera prima Los cuatrocientos golpes (1959). O filme, moi persoal, amargo e con abundantes compoñentes autobiográficos, aproximábase á complexa infancia dun cativo con problemas de adaptación ao seu contorno chamado Antoine Doinel, papel interpretado polo adolescente Jean-Pierre Léaud, logo actor emblemático do seu cine e, por extensión, de relatos de autor esixentes e laboriosos. Truffaut, nunha singular operación, decide volver a radiografar a personaxe percorrendo épocas e itinerarios da súa xuventude: o episodio Antoine et Colette (1962) –onde lanza o personaxe de Colette, interpretado pola recén falecida Marie-France Pissier- do filme El amor a los veinte años; Besos robados (1968) e Domicilio conyugal (1970). Vinte anos de Antoine Doinel (e da sociedade francesa) desenvólvense entre a primeira incursión e a quinta e última, a recapitulación ou mosaico que extrae fragmentos das anteriores El amor en fuga (1979). No prólogo ao seu libro Les aventures de Antoine Doinel (1970), volume que acolle os guións e notas de traballo dos por entón catro achegamentos a Doinel, Truffaut relata unha anécdota clarividente. Logo dun pase televisivo de Besos robados, entra á mañá seguinte nunha taberna descoñecida. O camareiro, como acontecerá outras veces, mestura no seu maxín cineasta e actor e lle espeta: “Esa película fíxoa hai tempo, non? Era vostede máis novo...”. Ambos os dous autodidactas sensibles, individualistas e impulsivos, bordeando a delincuencia e o naufraxio vital na súa mocidade, a fantasía sen límite e certo carácter entrañable van redimir o seu tránsito á madurez –lugar de chegada finalmente imposible para Léaud-, un conxunto de circunstancias que lle serven a Truffaut nesta serie de títulos para formular unha moi particular relación co ser humano e o seu tempo, mentres exercita un delicioso e agridoce xogo de espellos.

MASTER CLASS: JOSÉ LUIS GUERIN / GUEST: En setembro de 2007 José Luis Guerin presenta En la ciudad de Sylvia no Festival de Venecia. A partires dese momento embárcase nunha xira por todo o mundo presentando a película en festivais e filmotecas. “Desafieime a min mesmo aceptando sen exclusión todas aquelas citas de certames e festivais que me requiriran como convidado”, afirma o propio Guerin, explicando a razón pola que no curso dun ano viaxou a 48 cidades, entre as que se contaron, por exemplo, A Coruña e Santiago de Compostela. Froito desa viaxe é a película Guest, estreada de novo en Venecia en 2010: “Chego a unha cidade descoñecida e vagabundeo cámara en man, sen outro rumbo nin idea preconcibida, máis que a dunha predisposición aberta ao encontro, á revelación latente no fortuíto”. A Master Class de José Luis Guerin aborda precisamente a rodaxe de Guest, así como a súa laboriosa posprodución, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. É a oportunidade, ademais, para recuperar Unas fotos en la ciudad de Sylvia, a película paralela a En la ciudad de Sylvia que, en certo sentido, anticipa os modos de produción de Guest. E representa, sobre todo, a oportunidade de darlle visibilidade a esta última película, maltratada e confinada a unhas condicións de semiclandestinidade na súa distribución e exhibición. A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición (contacto a través do correo electrónico info@cgai.org), con prazas limitadas. Agradecementos: José Luis Guerin, Nuria Esquerra.

A HERDANZA DE FRANÇOIS TRUFFAUT: É posible rastrear as pisadas de François Truffaut no cine contemporáneo? Ata non hai moito podería parecer bastante difícil, dada a renitencia dos cineastas a recoñecer a súa influencia, máis palpable entre a cinefilia. Sen embargo, no curso dos últimos anos distintos cineastas, sorprendente e preferentemente asiáticos, non deixaron de facer explícito o seu recoñecemento ao autor de Los cuatrocientos golpes. Un dos primeiros foi Tsai Ming-liang en ¿Qué hora es?, onde recuperaba a Jean-Pierre Léaud e homenaxeaba ao mestre francés. Léaud volve a facer acto de presenza, con todo o peso simbólico que comporta, en

Visage, a última longametraxe de Tsai e a única que até agora non programara o CGAI. Ao coreano Hong Sang-soo asóciaselle habitualmente máis con Eric Rohmer que con Truffaut, pero o espíritu deste último parece anidar en Oki’s Movie, unha película contaxiada do ánimo da Nouvelle Vague e protagonizada por personaxes masculinas enfermas de amor polas mulleres. Tamén Comment je me suis disputé… (Ma vie sexuelle), a segunda longametraxe de Arnaud Desplechin, pode verse como unha versión contemporánea d’El amante del amor cunha voz en off moi debedora de Henri-Pierre Roché. Desplechin é o cineasta francés que máis recoñeceu a influencia de Truffaut. Entre os norteamericanos esa honra corresponderíalle a Wes Anderson, cuxa curtametraxe Hotel Chevalier é unha homenaxe declarada a París e ao romanticismo do autor de Jules y Jim. Finalmente, este breve percorrido pola herdanza truffautiana conta cun documental, Deux de la vague, que reconstrúe os inicios da Nouvelle Vague a partires da relación entre François Truffaut e Jean-Luc Godard, coa figura de Jean-Pierre Léaud polo medio. Aínda que dirixido por Emmanuel Laurent, boa parte do crédito do documental hai que atribuírllo a Antoine de Baecque, biógrafo dos dous grandes cineastas e profundo coñecedor das circunstancias daquela conflitiva relación. Agradecementos: Finecut Co. (Corea), Oya Jeong, Fortissimo (Holanda), Wide Management (Francia), Camille Rousselet, Why Not Productions (Francia), Guillaume Namur.

FÓRA DE SERIE: A sección de estreas Fóra de serie non perde a súa actitude, segue a destapar materiais iconoclastas que triunfan mundo adiante sen alcanzar facilmente os circuítos de exhibición convencionais. Comezamos coa premiada Misterios de Lisboa, do xenial e prolífico chileno afincado en Francia Raúl Ruiz, dignificación moderna do folletín. Estreamos o 6 de maio, ao tempo que outros puntos de España, a película da estimulante cineasta francesa Mia Hansen-Love El padre de mis hijos. O Oso de Ouro en Berlín para Miel (2010) do turco Semih Kaplanoglu supuxo o final da narración da triloxía –con cronoloxía invertida- da vida dun home, Yusuf, que ofrecemos tal e como a concibiu o seu director. A vida dos traballadores dunha filmoteca tamén pode ser materia fílmica, unha circunstancia –localizada en Montevideo- na que persevera con destreza La vida útil de Federico Veiroj. Agradecementos: Federico Veiroj.

VIDAS EXTREMAS:   AS PELÍCULAS DE KAZUO HARA: Autor de só catro películas realizadas desde o ano 1972, o cineasta xaponés Kazuo Hara é un dos grandes nomes da historia do documental contemporáneo. A súa obra dá visibilidade a suxeitos incómodos que perturban profundamente á sociedade do seu país: extremistas políticos, enfermos do corpo e do espírito, amantes libertarios que desvelan os seus conflitos ante a cámara, persoas ou “personaxes” extremas que se expoñen ante unha cámara que non deixa de oscilar entre a empatía e o rexeitamento. Unha vez derribada a privacidade, o “escándalo” mudará de signo. E o acceso ao prohibido ou ao marxinal transformarase en xesto político. Kazuo Hara traballa coa súa produtora e parella, Sachiko Kobayashi, nunha serie de pezas que “cambiaron os límites do que podía ser filmado”, uns títulos que o propio cineasta define como “películas de acción”. Unha delas, a estarrecedora The Emperor’s Naked Army Marches On (Camiña, exército espido do emperador, 1987), foi considerada por Susan Sontag como “o documental de documentais”. Agradecementos: Isaac Monclús, The Japan Foundation Film Library.

OFF GALICIA / PREMIOS MESTRE MATEO: En colaboración con: Academia Galega do Audiovisual Agradecementos: Xavier Bermúdez, Xamalú Films, Uqui Permuy, Marisela Lens, Fernanda del Nido, Jorge Coira, Xes Chapela, Simón Vázquez, Dani de la Torre, Marcos Nine, Continental, Acadèmia del Cinema Català.


MARTES

MÉRCORES

maio

 20.00 horas Fóra de serie Misterios de Lisboa Raúl Ruiz, 2010. 266´. Vídeo. Subt. Castelán.

03 maio

10

 18.00 e 20.45 horas Fóra de serie: Triloxía Yusuf

Huevo Semih Kaplanoglu, 2007. 93’. Vídeo. Subt. Castelán.

XOVES

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Tales from the Gimli Hospital (1988) 70’. Vídeo. Subt. Galego.

04 maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin The Saddest Music in the World (2003) 100’. Vídeo. Subt. Galego.

11 maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Curtametraxes (1995-2007) Cowards Ben the Knee (2003) 84’. Vídeo. Subt. Galego.

18

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Archangel (1990) 83’. Subt. Galego.

24

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Brand upon the brain! (2006) 95’. Subt. Galego.

25

VENRES

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Careful (1992) 100’. Vídeo. Subt. Castelán.

05 maio

12

 18.00 e 20.45 horas Fóra de serie: Triloxía Yusuf

Leche Semih Kaplanoglu, 2008. 100’. Vídeo. Subt. Castelán.

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Twilight of the Ice Nymphs (1997) 90’. Vídeo. Subt. Castelán.

19

maio

 18.00 horas Guy Maddin Programa 1 curtametraxes (1985-2010) 89’. Vídeo. Subt. Galego.

26

20.45 horas Guy Maddin Programa 2 curtametraxes: compilacións (2005-2008) 84’. Vídeo. maio

xuño

xuño

 18.00 horas O Ceo na Terra: Phil Solomon Revelacións Nocturnas (1980-2002) 65’.

31

 18.00 horas O Ceo na Terra: Robert Beavers A aura de todas as cousas (1975-2010) 74’.

01

 18.00 horas O Ceo na Terra: Phil Solomon O que queda por ver (1983-2008) 75’. Cine /vídeo.

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Cancións cinemáticas (1976-2000) 85’.

20.45 horas Guy Maddin Waiting for twilight Noam Gonick, 1997. 60’. Vídeo. Subt. Castelán.

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Luz sacra (2002-2010) 75’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta.

xuño

07

 18.00 e 20.45 horas Truffaut / Doinel Los cuatrocientos

golpes François Truffaut, 1959. 93’. Subt. Castelán.

xuño

 18.00 e 20.45 horas A herdanza de Truffaut Hotel Chevalier (Wes Anderson, 2007) Oki,s Movie (Hong Sang-soo, 2010) 93’. Subt. Galego.

14

xuño

21

 18.00 e 20.45 horas Kazuo Hara Sayonara CP

(1972) 82’. Subt. Galego.

xuño

 18.00 e 20.45 horas Truffaut / Doinel Antoine et Colette François Truffaut, 1962. Besos robados François Truffaut, 1968. 122’. Subt. Galego.

08

xuño

15

 18.00 e 20.45 horas A herdanza de Truffaut

Visage Tsai Ming-liang, 2009. 138´. Subt. Galego.

xuño

 18.00 e 20.45 horas Kazuo Hara Extreme private Eros: love song (1974) 98’. Subt. Galego.

22

02

xuño

 18.00 e 20.45 horas Truffaut / Doinel Domicilio conyugal François Truffaut, 1970. 100’. Subt. Galego.

09

xuño

 18.00 e 20.45 horas A herdanza de Truffaut Deux de la vague Emmanuel Laurent, 2009. 93’. Subt. Galego.

16

xuño

 18.00 horas Fóra de serie Guest José Luis Guerin, 2011. 133’.

23

20.45 horas Fóra de serie Unas fotos en la ciudad de Sylvia José Luis Guerin, 2007. 67´. Vídeo. xuño

 18.00 e 20.45 horas Kazuo Hara The Emperor,s naked army marches on (1987) 122’. Subt. Galego.

28

Programación | 212 |

xuño

29

(1994) 157’. Subt. Galego.

mai.  xuñ.  |  2011  | Depósito legal: C 671-2001

 20.00 horas Kazuo Hara A dedicated life

SÁBADO

maio

 18.00 e 20.45 horas Fóra de serie El padre de mis hijos Mia Hansen-Love, 2009. 112’. Vídeo. Subt. Castelán.

06 maio

13

 18.00 e 20.45 horas Fóra de serie: Triloxía Yusuf

Miel Semih Kaplanoglu, 2010. 100’. Subt. Castelán.

maio

20

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin My Winnipeg

(2007) 80’. Subt. Castelán.

maio

 18.00 e 20.45 horas Guy Maddin Dracula: Pages of a Virgin Diary (2002) 73’. Vídeo. Subt. Galego.

27

xuño

 18.00 horas O Ceo na Terra: Robert Beavers Na procura (1971-1998) 70’.

03

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Música cíclica: Tres variacións e un tema (2007-2010) 65’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta. xuño

 18.00 e 20.45 horas Truffaut / Doinel El amor en fuga François Truffaut, 1979. 94’. Subt. Galego.

10

xuño

 20.00 horas A herdanza de Truffaut Comment Je me suis disputé…(ma vie sexuelle) Arnaud Desplechin, 1996. 178’. Subt. Galego.

17

xuño

24

 18.00 horas Master Class de José Luis Guerin

20.45 horas Fóra de serie Guest José Luis Guerin, 2011. 133´.

maio

 18.00 horas Off Galicia Rafael Xavier Bermúdez, 2008. 116’. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.

07 maio

 18.00 horas CGAI Júnior Donde viven los monstruos Spike Jonze, 2009. 101’. Versión castelá. Entrada gratuíta.

14 maio

 18.00 horas Off Galicia Doli, Doli, Doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo Uqui Permuy, 2011. 63’. Vídeo. Presentación pola súa autora. Entrada gratuíta.

21

maio

 18.00 horas Off Galicia: Premios Mestre Mateo 18 comidas Jorge Coira, 2010. 107’. Presentación coa presenza do director. Entrada gratuíta.

28

xuño

 18.00 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Meditación (1977-2002) 74’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta.

04

xuño

 18.00 horas Off Galicia: Mestre Mateo Jazz en liberdade (Xes Chapela, 2010) Man Fred, home sen paz (Simón Vázquez, 2010) 147’. Vídeo. Presentación a cargo dos autores. Entrada gratuíta.

11

xuño

 18.00 horas Off Galicia: Mestre Mateo Mar libre Dani de la Torre, 2010. 161’. Vídeo. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.

18

xuño

 18.00 horas Off Galicia: Mestre Mateo/ Premis Gaudí Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine, 2010) A Tropa de Trapo (Alex Colls, 2010) 94’. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.

25

xuño

 18.00 e 20.45 horas Fóra de serie La vida útil Federico Veiroj, 2010. 70’.

30

Información xeral  Todas as películas proxéctanse en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración das películas é orientativa e aproximada. Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade. Unha vez iniciada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións. As sesións de Aforamento Limitado teñen reservadas un número indeterminado de butacas. As sesións sinaladas con sofren modificacións sobre os horarios habituais.

Prezo da entrada • Xeral: 1’20 € • Carné Xove: 0’60 € • Aboamento para 10 sesións: 9 € • As sesións de Entrada Gratuíta notificaranse no programa. A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezar a sesión (non se venden entradas por anticipado). Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.

Sala de proxeccións CGAI. Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A Coruña Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271 E-mail: programacion@cgai.org documentacion@cgai.org Subtitulado en galego Subtitula’m S.L.

Información adicional sobre ciclos e películas www.cgai.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.