Skip to main content

IES de Becerreá - A Matanza (3)

Page 1

Silvia. Grabación: Julio: - Cómprase pre matar, e despois vaise por.. ai que, ai que cebalos eee e despois cando e pre matar xúntase así a familia os máis familiares. Silvia: - E os veciños. Julio: - Llos veciños eee e faise unha eee e matanse, pre rapalos. Silvia: - Primeiro hay que quentar. Julio: E? Silvia: - Primeiro hay que quentala auga, na caldeira. Julio: - Hai que poñer un caldeiro de auga a quentar, hai que despois metelos na.., matalos ir aaa baise a corte, e aa, antes había que agarralos polas orelllas, había veces que eran malos e había que irse polo lado e pegar un bote e agarralos, eee e despois (tose) lebavanse o banco entre tres ou catro homes eee yalí metíasellelo cuchilo e sangraban e despois había que templala a auga pre que non, non queimara a carne e escaldábanse e despois. Silvia: - Pelalos. Julio: - Pelalos, pelanse ben pelados e despois pois faiselles, depois ábrense, ábranse ee polo medio faisellela espiñela entre as entre as patas e vai e sacaselle a tripa e faise un un redondel co cuchillo pre collerlle o tripa gorda átaselle ou meteselle un pachuzo e despos vai, vaiselle dando, vaiselle un cunha balda ou cunha.. elí dando pra aguantalas hasta que salgan todas e despois hai que, hai que arrancarlle o erveiro, hay cortarlle esi polo.. e arrancarlle o erveiro o cocho pre, pre sacalo que sale, salen as tripas e sale.. Silvia: - Pero que é o erveiro?. Julio: - E?, e por donde pasa, por donde pasa a comida, e despois e despois hai que sacarlo oss os lubiaus. Siliva: - Ooo?? Julio: - O lubiau. Silvia: - Si. Julio: - Que son os, os pulmois. Silvia: - Si, si. Julio: - E despois hai que sacarlles un unto polos lados. Silvia: - E e un vai facendo un unto. Julio: - E despois vaise facendo o unto peroo, as mulleres mentras van pelando as tripas e repartindoas pre lavalas, lleee, ie despois vaise vanse lavar. Silvia: - As tripas. Julio: - Eee pree, se hay se hay sitio se non nunha fonte como se lavaban antes, ahora xa non, xa non é eso que ten que haber un sitio xa posto pre, pre lavalas, ie despois pois hábrense pro outro día, hábrense, poinse en cuartos, e sacasela solana e quedan os touciños e os xamois separaos, llos lacois. Silvia: - Si. Julio: - Os lacois, claro os lacois xa se lles saca antas de partir, se non se quere sacar o xamón que hay, que en moitos sitios sacasellelo xamón porque sacanllelo lacón ca paletilla e depois é igual con xamón, e sabe, e sabe igual, e despois hay que picar a longaniza, as mulleres esferban e hay que picar a longaniza, hay adovala e despois deixarlle (tose) unha noite ou duas e despois facelos chorizos e despois poñelos o fume, llo, llo, llo máis hai que salalo nunha maseira.


Silvia: - O día de partir. Julio: - O día de , que se parte e despois xa se lle sacanas fervas pre partir e pre, e pre máis. Silvia: - E quee, que se come nunha matanza. Julio: - Ei cada un dalle de comer o que lle pareza pero sempre se comía ben nas matanzas. Silvia: - Pero que, que era a comida que máis se comía?. Julio: - Pois había sempre chorizos, cachola, había, había cocidos, había queixo, había viño, había café e xuntábasee. Silvia: - E postre. Julio: - E postre e despois a noite (tose) volvense xuntar a cenar os que estuberon na matanza, lla lla algún máis se queres chamalo. Silvia: -Si. Julio: - Eso e despois cousa da casa. Silvia: - E que se, xogase a partida ou?. Julio: - E xogase a partida, xogase a partida ou a cuentos e asi se asi se pasa. Silvia: - Lleee.. e como era eso de que o día oito. Julio: - E? Silvia: - O oito de diciembre que daba mala suerte. Julio: - Bueno esoo, a nos deunos mala suerte porque matamos e había un vaca aí na corte e levamola alí o establo e prendina por afora, llabía outra xunto dela ee lla outra deulle asta que, asta que se afogou a outra comno estaba presa polo pescozo e houbo que. Silvia: - Morreu, Julio: - Morreu ooo, e despois xantouse e fixemos chorizos . Silvia: - Da vaca? Julio: - Da vaca, eee e vendemos longaniza e despois quedou algunha que dixen haber se ha queren cando veñan os.. pero despois non, viñeron, veu un comprala e os chorizos leveinos a vender a Sarria e deume máis cartos quedandome ainda con ela que o que me daban por ela en vivo. Silvia: - Si, Julio: - Si cos chorizos e caa, co que lle vendín de de longaniza, pre, pre, pre facelos chorizos lleso, ie despois salamolo, a a cabeza, as patas oo a espalda e todo, e despois veu unha comprarme todo pero dixen, voume quedar con algunha (tose), e despois non. Silvia: - Pero e que, que máis pasara, que lle pasara a Amadeu tamén. Julio: - Que Amadeu? Silvia: - Amadeu.. Julio: - O de Lugo? Silvia: - No, teu ermau. Julio: - Eu non sei Silvia: - Que si que dixo meu pai que hiba, que se estropeara a chimenea, e que houbera caer da chimenea. Julio: - Ai aquí do lousado abaixo. Silvia: - Si. Julio:- Asi subiu o lousado porque ardía, e despois resvararon e apouco máis cai en baixo no, no, no camín, eso son casos que se dan como se poden dar doutra forma. Silvia: -Pero dende aquela vez nunca se volveu amtar o día oito. Julio: -Non porque (tose). Silvia: - Pero tamén os de, a quen máis lles pasara?, os de martiz. Julio: - Non sein.


Silvia: - Que tamén se lles matara unha vaca un día que mataran o día oito. Julio: - Non che sei, non che sei bueno. Silvia: - E que máis?. Julio: - E máis nada, comer e beber.

Grabación 2: Julio: - E despois xa se metian a corte e quentabase e despois xa se mataban. ie ai che vai. Silvia: - Pero e, porque se compran os cochos dende pequenos en vez de compralos xa cebados? Julio: - Ai, porque a carne é mellor a que se, a que se, a que cebas tu ca que, ai quen os compra cebados pero é mellor a que se ceba na casa que sabes, e coma comida que comes na casa, non che gustará pero sabelo que comes lla que che dan feita sabe Dios con que a fain e como, si tein as maus lavadas ou tein, ou as tein sucias ou como as tein, asi que. Silvia: - Pero despois tamén ai xente que en vez de matar na casa mata no matadero ou? Julio: - Si pero o cocho chega o matadero e mazase a carne e despois estropease, porque, o cocho é moi teimoso e pre metelo no coche,. e pre, e pre, e despois van dando golpes contro, contro coche como tein peso, e despois esa carne está mazada, non, non sala e pudre. Silvia: - Claro. Julio: - ie así che é. Silvia: - E despois. E tu cando, os veciños que iban matar a túa casa tu ibas a casa deles. Julio: - Claro.Eu iba a casa deles. Siliva: - E quen era o que mataba casi sempre? Julio: - O que lle cuadraba. Siliva: - Tu matabas? Julio: - Eu últimamente mataba e partía pero ó primerio non. O primerio dabame, dabame, asi unha cousa, que agrarraba polas patas datrás, e eramos pequenos, máis pequenos e agrarraba un por acó e despois os outros polo outro lado e despois os cochos pataleaban pero entre dous non se lles deixaba xogalos.. Silvia: - E dabache medo clavalo cuchilo? Julio: - Daba, dabame, o primeiro si. E despois acordome que a primeira vez que fun matar matei, fomos a casa de xan gracía e mataba o tío, e o tío xa non, e nadie quixo sangrar e eu puxenme a sangrar nunha cocha, e, e despois estropeouse a carne. Silvia: - Ala. Julio: - Poque non sangrou. Silvia: - Non saliu a sangre. Julio: - Non saliu a sangre ben e despois perdeuse a carne casi toda. Colleu, colleu roncos, e, e estropeouse casi toda porque non sabía, e despois fun aprendendo pouco a pouco e últimamente pois deinlles no quiz de matalos. Poque eso de matar sin saber se vai dreitamente oo.. Silvia: - O corazón. Julio: - O o corazón podese ir pero no é bueno ir ó corazón, é mellor ir aa onde tein a sangría e sangran de seguida, non sabes' Silvia: - Si, si.


Julio: - Eee, e xa non fai falta, xa escorre o corazón e escorre todo, escorre moi ben o cocho, non sabes?. Silvia: - Ya ti cando eras pequeno gustabache ir as matanzas? Julio: - Cando era pequeno xa non iba porque.. Siliva: - Bueno pero cando tiñas vinte anos. Julio: - ai, cando era oi, xa antes gustabame ir as matanzas, ome e loitar cos cochos e, si o!. E gustabame, e pasabase, pasabamos, comiamos unha inchente boa, a mañá lla noite. Siliva: - ie había muita xente. Julio: - Naaa, antiguamente había menos. Silvia: - Había mási xente entes nas matanzas que ahora ou no? Julio: - No habia máis, hai máis ahora. Silvia: - Hai máis ahora. Julio: - Sii. ie ai che vai. Grabación 3: Julio: - A que viña batela sangre soltáballe tiraba polo cuchilo soltáballe a mau ca tiña levantada e puñía toda bañada de sangre. Silvia: - Alaaaa... Julio: - E resvaláballe a sanfre toda polas polas pernas. Silvia: - E a sangre pa que se aproveita? Julio: - Pras filloas e en muitos sitios pras morcillas, cócenas morcillas con arroz e fainas morcillas nelas. Eiquí facíanse as filloas aínda se fain ie a min gustábancheme ben as filloas, aínda me gustan llos feixós tamén, os feixós botaselles ... Silvia: - Pero os feixos non teñen sangre Julio: - Eh? Silvia: - Bueno con unto, o unto tamén se aproveita. Julio: - Aproveitase pre pre cocina e pre todo e pre fritilo pescado e mui bon o unto. Silvia: - E pro caldo. Julio: - E pro caldo, o caldo sen unto non ten gracia e despois a carne pois e nos antes comiamos todo porque eramos muitos e aínda non chegaba, pero ahora ben veis, ahora mita dela vai po can. Silvia: - Xa. Julio: - E antes anque fora marela como fora comiamos un cachín, eu nunca...pan sempre fun mui panceiro, carniceiro nunca fun, nunca...aínda cando era no tempo das creixas que viña que viña viña cas ovellas e andaban o mellor andaban segando ou andaban... lleu collía un cachín de pan e subíame a unha cerdeira, pan e creixas e xa deixabanme a carne pero xa non a comía.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
IES de Becerreá - A Matanza (3) by Patrimonio de Futuro - Issuu