MULLERES ECOLOXISTAS

Page 1

ECOLOXISTAS

CEIP Vicente Otero Valcárcel




Este libro mostra as biografías de mulleres valentes e comprometidas que loitan e loitaron por un mundo máis habitable. Elas son e serán activistas, ecoloxistas e referentes para todos e todas nós. Equipo de Biblioteca


ÍNDICE 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13.

4º EI A Tiza Mafira. 4º EI B Cindy Lowri. 1º A Diane Fossey. 1º B Wangari Maathai. 2º A Georgia O´Keeffe. 3º A Paula Carballeira. 3º B Saskia Sassen. 4º A Jane Goodall. 4º B Erin Brockovich. 4º C Mary Wortley Montagu. 5º A María Sibylla Merian. 6º A Isabel Zendal 6º B Ángeles Alvariño.


TIZA MAFIRA

4º A EI



CINDY LOWRY

4º B EI



DIAN FOSSEY

1º A



WANGARI MAATHAI

1º B



GEORGIA O´KEEFFE

2º A


GEORGIA O´KEEFFE Georgia O´Keeffe naceu en 1887 en Estados Unidos (EEUU). Vivíu nunha granxa e logo trasladouse a Nova Iorque. Foi artista e pintaba flores e paisaxes do deserto con acuarelas. Gustáballe a natureza e encantáballe practicar rafting. Finou en Novo México en 1986.


3º A


Paula Carballeira Cabana naceu o día 7 de setembro de 1972, agora ten 48 anos. Naceu en Maniños, unha aldea da vila coruñesa de Fene. Actualmente reside en Santiago de Compostela. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela “Filoloxía Hispánica”. Adícase a escribir, a realizar contacontos e tamén é actriz. Escribiu: - Narrativa: por exemplo, A tartaruga Amodovou (2019) - Poesía: por exemplo, Contatrás (2006) e Contatrás 1 e 2 (2012). - Teatro: por exemplo, O refugallo (2013) e Carabela (2020) Neste libro fálanos da importancia de coidar o medio ambiente. - Participou en dúas series televisivas: Pepe o inglés e Libro de familia. - Recibiu varios premios: 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1988, por A morte do mar. I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas Noites. Finalista do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, en 2009, por Servizo de Información. Gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O Refugallo. Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de primaria en 2016, por A Burra Ramona. X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 por Somos os Monstros.


SASKIA SASSEN

3º B


Naceu en Holanda en 1949 (ten 72) e medrou entre Arxentina e Italia por iso fala español. Estudou Filosofía, Ciencias Políticas e Socioloxía. Impartiu clases en moitas universidades como a de Chicago, Londres ou Harvard. É a única muller entre os dez primeiros científicos sociais do mundo e está casada co tamén sociólogo Richard Sennet. Popularizou o termo “cidade global” sobre o que escribiu un libro en 1991 que foi traducido a máis de vinte idiomas, é especialista en planeamento urbán. Tamén escribiu unha colección de artigos científicos sobre este tema. Ela opina que a xente xa non vai querer vivir tanto nas grandes cidades se non que vai preferir as vilas e as aldeas porque o aire está máis limpo, non hai tanta pobreza nin riqueza, hai menos atascos, non é tan difícil moverse e cambiaron as formas de traballar (hai máis teletraballo). Escribiu que nós somos os culpables da pandemia porque destruimos o planeta coa globalización. Pensa que nos imos olvidar pronto, que non imos aprender nada e que estamos sendo testigos da nosa propia destrución porque non sabemos cohabitar coa natureza. Defende que se lle chamen as cousas polo seu nome: “terra morta”, “auga envelenada” ou “aire tóxico”. Pensa que desta crise so se pode saír todos xuntos. Gañou o premio Príncipe de Asturias en 2013 das Ciencias Sociais.


JANE GOODALL

4º A


JANE GOODALL Jane é unha muller que adicou 58 anos da súa vida ao estudo dos chimpancés e loitou durante moito tempo pola conservación e o benestar dos animais. Naceu en Londres no ano 1934. A súa familia era de clase media e non puido estudar unha carreira universitaria. Dende moi pequena Jane estivo rodeada de animais e tiña unha grande fascinación por África. Soñaba de pequena con escribir sobre os animais, o que logrou aos 23 anos, cando puido viaxar a Kenia e traballar con paleontólogos moi famosos (un paleontólogo é unha persoa que estuda fósiles ou restos de seres que xa non existen na terra). Dende entón, Jane realizou investigacións científicas sobre primates en centos de áreas, por exemplo: o seu comportamento en grupos, como crían aos seus bebés, e incluso cando un grupo entra en guerra con outro. Jane traballou man a man coa recoñecida cadea National Geographic, un canal de televisión que adica o 90% da súa programación á exploración científica. Os seus traballos foron tan recoñecidos que, ata hoxe, conta con máis de 45 doutorados honoris causa, que son títulos universitarios que se outorgan a persoas sen que teñan que cursar unha carreira, porque fixeran algún traballo excepcional na mesma área.


No ano 1977 o Instituto Jane Goodall abriu as súas portas para protexer aos primates e os seus hábitats, e trátase dun espazo que, está a favor do respeto animal e oponse a ter animais en zoolóxicos, circos e deportes.

Entre outros datos curiosos da vida de Jane, está o feito de que viaxa dende hai 60 anos cun mono de peluche que lle regalou un marino chamado Gary Haun e ao que debe ter moito cariño, chámao Mr. H.


Actualmente Jane xa non viaxa para investigar, pero si traballa moi duro en contra do maltrato animal e na defensa e búsqueda da protección dos espazos naturais. A gran esperanza de Jane son as novas xeracións, pois ela sempre se pregunta: “ Se somos a especie máis evolucionada do planeta, como é que somos tamén a máis destrutiva?”. É un dos pensamentos que levaron a Jane a adicar gran parte do seu tempo á educación medioambiental.

“Salvar o planeta depende de cada un de nós” _ Jane Goodall.


ERIN BROCKOVICH

4º B





MARY WORTLEY MONTAGU 4º C


MARY WORTLY MONTAGU Nada en Londres en 1689 e morreu en 1762. Foi autodidacta, escritora e viaxeira. De xove publicou as súas obras con seudónimo. O seu marido era embaixador en Turquía. Alí descubriu a vacuna contra a variola. Cando estaba en Turquía aprendeu as costumes e a lingua do país. Esto quedou reflexado na súa obra “Cartas desde Estambul” que se publicou despois da súa morte , co seu verdadeiro nome, e foi un grande éxito. 70 anos despois da súa morte Edward Jenner estudou o material de Mary contra a variola e foi cando se empezou a vacunar. El levou todo o mérito e ninguén se acordou de Mary. *Variola: Doenza causada por un virus que produce febre moi alta e bochas con pus que ao sandaren deixan marcas.


MARIA SIBYLLA MERIAN

5º A


MARIA SIBYLLA MERIAN

O 2 de abril do 1647 na cidade de Francfort un gran artista suízo tivo unha filla chamada María Sibylla. Adicouse á pintura e á ciencia concretamente ao estudo dos insectos. Morreu en Amsterdam o 13 de xaneiro de 1717.

Imaxe da Wikipedia


ISABEL ZENDAL

6º A


ISABEL ZENDAL




ÁNGELES ALVARIÑO

Imaxe da Wikipedia

6º B


ÁNGELES ALVARIÑO María de los Ángeles Alvariño González, coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora española. Unha precursora na investigación oceanográfica mundial. O 3 de outubro de 1916, María Ángeles Alvariño González naceu en Serantes,(Ferrol) unha pequena cidade costeira de Galicia. É filla de Antonio Alvariño Grimaldos e María do Carmen González. En 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia Estudou en diversos centros de Ferrol e na universidade de Madrid. Casou no 1940 con Eugenio Leira Manso. Foi educada na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade C. de Madrid.


A nivel de formación e profesional Rematou os seus primeiros estudos en Ferrol e bacharelato no instituto Concepción Arenal da mesma cidade. Estudou o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela que rematou en 1933 cos traballos finais: Insectos sociais e mulleres no Quixote. En 1934, trasladouse á capital para iniciar seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid pero istos víronse interrompidos polo comenzo da Guerra Civil. (1936- 1939).Durante o período de peche das aulas, aproveitou para mellorar o seu nivel de francés e empezar a aprendizaxe do inglés, o que resultaría fundamental para a súa futura carreira investigadora nos Estados Unidos. Cando finalmente se reabriu a universidade Ángeles proseguiu os seus estudos licenciándose en Ciencias Naturais, en 1941. En 1948, seu marido foi destinado ao Instituto Español de Oceanografía de Madrid (IEO) e Ánxeles incorporouse como becaria.


O IEO, oficialmente, non admitía mulleres, pero a calidade da labor investigadora de Ánxeles foi tal, que decidiron admitila en 1950. Ánxeles converteuse na primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica e iniciouse no estudo de varios grupos de predadores zooplanctónicos e no ictioplancton, con mostras de auga do golfo de Biscaia, e do canal da Mancha. Continuou a súa actividade, comoaxudante de laboratorio. Entre 1953 e 1954 viaxou a Inglaterra cunha bolsa do British Council para investigar o zooplacton no Plymouth Laboratory baixo a dirección de Frederick S. Russell e Peter C. Corbim. Despois da súa xubilación, en 1987, continuou a súa investigación como científica emérita ata 1993. Logros conseguidos : descubriu 22 especies de zooplactons. Morreu o 29 de maio do 2005 (88 años) en La Jolla, California (Estados Unidos).




8M

CEIP Vicente Otero Valcárcel PDI. Carral Sostible: 12 meses, 12 causas. Curso 20/21


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.