Unha montaña de solidariedade operación quilo 14 15

Page 1

C.P.I. de Panxón Camiño dos Lagos nº 1 – Panxón – Nigrán – Pontevedra Teléfonos 986 365 963 – 986 365 964 Fax 986 366313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es

“Unha montaña de SOLIDARIEDADE” Estimados país e nais: Como facemos todos os anos, ao chegar as datas do Nadal, realizamos no colexio unha campaña de recollida de alimentos que entregamos aos Servizos Sociais que traballan con persoas desfavorecidas. Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda. A campaña deste ano leva por título "Unha montaña de solidariedade". O lema non é máis que un pretexto para que entre todas as persoas que integramos a comunidade educativa do CPI de Panxón sexamos capaces de reunir unha "Montaña de alimentos".

Por esta razón propoñemos que ao longo das semanas próximas, de o 2 de ata o 18 de decembro, cada familia que o desexe colabore con 1 quilo, litro, bolsa,… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite...). Para animar a campaña, na entrada do colexio preparamos a zona de entrega cunhas grandes pesas. Tras a finalización da campaña faremos entrega de todo o recollido, como mostra de solidariedade da Comunidade Educativa. Agradecendo de antemán a súa colaboración, animámoslles a facer chegar o seu "QUILO de solidariedade".


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.