Toma de decisión no paso de 3º a 4º da eso

Page 1

TOMA DE DECISIÓN NO PASO DE 3º A 4º DA ESO Neste curso promocionarás a 4º da ESO se estás nalgunha destas situacións: • Aprobas todo ou tes como máximo 2 materias suspensas logo dos exames de setembro. Recorda que contan todas as pendentes non superadas de cursos anteriores. As materias de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía contan como unha. • Se xa estás repetindo 3º ESO, promocionarás a 4º pero con pendentes e terás máis dificultades para afrontar o curso e polo tanto para titular. Se te atopas nesta segunda situación é posible que o Departamento de Orientación, logo de escoitar a opinión do teu profesorado sobre a túa actitude na clase e a capacidade de esforzo, te propoña para incorporarte a un Programa de REFORZO.

Se pasas a 4º é importante que saibas que a decisión que tomes sobre as materias a cursar vai influír na vía educativa que curses rematada a ESO: tanto en Bacharelato como en Formación Profesional de Grao Medio.

POR ISTE MOTIVO É MOI IMPORTANTE REFLEXIONAR SOBRE O TEU FUTURO E COÑECER A INFORMACION QUE TE PRESENTAMOS


QUE SE CURSA EN 4º? •

MATERIAS COMÚNS. Son obrigatorias, non se escollen.

MATERIAS OPCIONAIS OU TRONCAIS: As escolles ti en función dos intereses, as

aptitudes e o que teñas pensado facer no futuro. Terás que escoller tres. •

MATERIAS OPTATIVAS : Unha materia optativa completará a túa formación.

Para poder organizar mellor os recursos dos que dispón o centro, na folla de matricula atoparás o seguinte: MATERIAS COMÚNS

Lingua Galega e Literatura

Lingua Castelá e Literatura

Primeira Lingua Estranxeira

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Matemáticas

Educación Física

Educación Ético-Cívica

ITINERARIOS DE 4º NO CPI DE PANXÓN Elixir 4 materias, non poden escollerxe dúas materias que estean na mesma liña. Mínimo 15/10 alumnos - 5 con autorización -

BIOLOXÍA

-

CULTURA CLÁSICA

-

FÍSICA E QUÍMICA

-

LATÍN

-

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

-

OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS

-

INFORMÁTICA

-

MÚSICA

-

TECNOLOXÍA

-

2ª L: FRANCÉS

PDC

TECNOLOXÍA E Informática

Terás que ter en conta que se cursaches en 3º da ESO Cultura Clásica ou Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras non poderás volver a escollelas en 4º. Na folla de matricula terás que sinalar a túa opción relixiosa (Relixión ou Atención Educativa) así como sinalar a lingua que cursas como Primeira Lingua Estranxeira. .


QUÉ VARIABLES PODES TER EN CONTA PARA TOMAR A DECISIÓN? -

Pensar se vas facer un ciclo ou un bacharelato

Consulta a táboa das modalidades de Bacharelato. Cada modalidade de bacharelato ten unhas materias propias que é convinte que curses en 4º (se é o caso) para que teñas a base necesaria en 1º de Bacharelato. E cada Bacharelato está vinculado a uns estudios universitarios ou “GRAOS”. O mesmo ocorre cos ciclos, hai materias máis adecuadas porque se relacionan co ciclo que queres cursar. -

Non é recomendable que escollas materias pensando no van a escoller os teus amigos xa que podes condicionar o teu futuro.

-

Pensa nas materias nas que acadaches mellores resultados ou nas que a

realización das súas actividades, traballos e tarefas gustáronche en maior medida.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.