Expo de trajes

Page 1


Este é un traxe é de época. De principios do séc.XIX. Antes da chegada da revolución industrial a xente empregaba materiais que eles mesmos traballaban, como podían ser a estopa, o liño, a lá, o picote... Coa chegada da revolución industrial comezáronse a exportar tecidos de países como Inglaterra. Eran teas máis finas e adornadas na maioría das veces con flores, cadros ou raias. A saia é de época propiamente dita; vai adornada con flores e cintas de veludo en cor verde. A saia vai acompañada por unha chaquetilla de raso adornada con puntillas en cor negra e por lorzas ao longo de todo o peito. Era un traxe de xente con cartos xa que o raso era un material moi caro para a época. A enagua está feita con sabas antigas e vai adornada con lorzas, “entredós” e puntillas. Leva tres capas xa que naquela época as mulleres querían parecer delgadiñas da cintura e anchas na cadeira ( isto significaba que eran boas para parir).


O traxe ten unha mestura de pezas de cotío con pezas de gala. A saia está feita de pano amarelo adornada con lorzas e cintas de veludo. Leva un mandil sinxelo de veludo e un chaleco no mesmo material. A camisa é considerada de gala e está acompañado por un pano rameado dos que se utilizaba para ir ao campo a traballar. Leva un sombreiro de palla que se utilizaba tamén para protexerse do sol xa que as mulleres intentaban disimular sempre a pel morena ( xa que esta era típica das mulleres humildes que tiñan que traballar no campo).


O traxe marrón con sombreiriño é de gala. Está composto por unha chaquetiña de raso brocado en tons marróns e negros. Nos puños, na cintura e no peito leva veludo adornado con pasamanería. Por debaixo da chaquetiña atopamos unha camisa de gala. É considerada de gala polas puntillas e lorzas coa que está adornada; mostra un poder adquisitivo alto. A saia é de pano negro e o mandil é de pano castaño e con pedrería. Na cabeza leva un pano de seda brocado. Por riba deste pano leva un casquete decorado con pedrería con plumas de ave naturais. Este casquete é pequeno e de forma circular e engánchase ao pano cun alfinete.


O traxe de home é un traxe de cotío. Está composto por pantalón de pana acompañado por unha faixa na cintura en tons azuis. Leva unha camisa sinxela de liño e unha chaqueta negra de pano e veludo. Típico da zona de Lugo.


O traxe vermello: É un traxe considerado de gala. Está composto por unha saia vermella adornada con lorzas e con cintas de beludo. Está acompañado por un mandil de beludo adornado con puntillas e con pasamanería. A camisa é de gala sinxela adornada con puntillas e lazos na mesma tonalidade que a saia. Por riba da camisa atopamos un dengue. Está feito con pano vermello, beludo e adornada con pasamanería.


O traxe co chaleco marrón é de cotío. Eran os que se empregaban para desenvolver as tarefas cotiás. Está composto por unha saia de pano de cor marrón. Leva un mandil de liño adornado con lorzas aínda que sen demasiado vo. A camisa vai adornada con puntillas e ”nido” de abella e o chaleco está feito por pano marrón adornado con cintas de cores amarelas. Leva un mantón de lá en cor crudo e un pano nas mesmas tonalidades.


TRAXE DE PEIXEIRA E LABREGA

É un traxe de faena, de traballo. Leva unha camisa branca de tergal con puntilla, unha saia negra de cadros e un mandil de pano negro. Sobre o mandil leva unha faltriqueira da mesma tea que a saia para levar os cartos da ganancia da venda do peixe. Sobre os ombros leva un mantelo negro de algodón e la, e na cabeza leva unha pañoleta feita coa mesma tea que a saia. Nos pés leva unhas zocas de madeira que poñería cunhas zapatillas normalmente de cadros. Este traxe era igual para as peixeiras e as labregas.


TRAXE DE GALA DE CAMBADOS E SANTIAGO Leva unha camisa branca de liño con puntilla, unha enagua branca con puntilla, unha saia de pano amarelo, un mandil grande de pano negro con veludo e pedrería que lle cubre case toda a saia, un chaleco de pano negro, unha chaqueta de pano negro con veludo e pedrería, un mantelo amarelo e un colar de contas de acibeche.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.