Kansas e Oz. Conversa con Miguel Gomes e Maureen Fazendeiro sobre "Diários de Otsoga". actodeprimavera.blogspot.com/2021/11/o-movemento-das-cousas-conversa-con.html
Presentación de "Diários de Otsoga" no Curtas de Vila do Conde 2021
Martin Pawley (MP): Eu non sei facer entrevistas… Miguel Gomes (MG): Esa é unha boa maneira de comezar unha entrevista! MP: ...mais sei conversar, e mesmo me gusta bastante conversar, así que a miña intención é esa, conversarmos un pouco sobre o filme. Antes xa lle dixen a Miguel que me gustou moito, o cal non é unha sorpresa pois xa intuía que ía ser así, mais gustoume especialmente oírvos explicar onte que para vós non era tanto unha obra “metacinematográfica” como sobre compartir experiencias e traballos, que para min é o máis importante e evidente do filme. Para empezar gustaríame coñecer mellor como empezou todo. Na presentación do Curtas dixestes que non había un argumento definido, mais imaxino que algo si había, algún tipo de proceso previo ou ideas claras máis alá da idea do confinamento, da orde cronolóxica invertida… Como e por que nace “Diários de Otsoga”?
1/12