Preparación dun indicador ácido base con lombarda

Page 1

PREPARAMOS UN INDICADOR ÁCIDO-BASE CASEIRO CON LOMBARDA 1. PRESENTACIÓN O alumnado de 4º de ESO de Física e Química (6 alumnos) explícanos no curso 2017-2018 como preparar un indicador para diferenciar ácidos e bases da nosa vida diaria con lombarda. Como científicos expertos, indícannos que é o que temos que facer na casa para ter un indicador ácido-base e próbano con distintas substancias. Despois, proban con indicadores “de verdade”, dos que se usan nos laboratorios.

2. CLAVES MATERIAS: Indicado para utilizalo en clases de Bioloxía e Xeoloxía, en Ciencias da Natureza ou en Física e Química. CONTIDOS: Substancias ácidas, substancias básicas, indicadores. SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 2 sesións máximo. NECESIDADES: ten que formar parte do contido avaliable das materias nas que se desenvolva.

• • • •

3. OBXECTIVOS •

Reforzar a importancia da expresión oral como aptitude básica para reforzar habilidades lingüísticas e sociais. • Capacidade de síntese

Organización do discurso

Fixación dos coñecementos

Seguridade e autoestima

Implicar ao alumnado nas actividades da aula e do centro.


4. PASO A PASO 01. PREPARATIVOS •

Distribución do alumnado por tarefas: • 2 alumnos son os protagonistas do vídeo. • 1 alumno será a voz en off. • 2 alumnos gravan o vídeo. • 1 alumno o monta coa música. Coordinación das tarefas nas distintas sesións utilizadas para desenvolver o proxecto.

02. DESENVOLVEMENTO Utilización de catro sesións de aula para preparar todas as tarefas e para a gravación do vídeo. Utilización dalgunhas sesións nas súas casas para a montaxe do vídeo e para a gravación da voz en off.

03. AVALIACIÓN Para cada alumno 1 punto máximo segundo o grao de implicación e traballo realizado no proxecto.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.