Materiais coñecéndonos

Page 1

PLAN PROXECTA. COÑECÉNDONOS. IES RAMÓN CABANILLAS

MATERIAS ELABORADOS NA MATERIA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL A continuación, amósanse as obras artísticas realizadas polo alumnado de 3º ESO para o Proxecto “Coñecéndonos: Autoretrato”. A partir de diversas formas de representación plástica, o alumnado explorou o significado da propia identidade, tanto desde o punto de vista físico como psicolóxico e cultural, valorando as connotacións de pertenza a unha contorna determinada, como sería neste caso á comarca do Salnés, e máis concretamente ao concello de Cambados Algunhas das obras formaron parte da exposición da edición 2014 de “Artefacto Salnés” no Pazo do Torrado do Concello de Cambados, evento público no que obras do alumnado e profesorado do Departamento de Plástica do IES Ramón Cabanillas comparten espazo con obras de de artistas recoñecidos que colaboran co proxecto “Artefacto Salnés: Son de Cambados”. Nota de prensa da inauguración da exposición: • http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/cambados-artefacto-salnes-rinde-tributoarte-inspiracion-cambadesa/20140430014457067646.html

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/05/03/torrado-convierte-gran-escaparatearte/1016339.html

Cartel e imaxes da exposición


Serie “Recoñecemento”


Serie: Don´t worry be...


Serie: En construci贸n


Serie: Fragmentos


Serie: Transformadores


Serie: Eu Obxecto


Serie: Natureza humana


Videocreación: •

Autorretrato. Paseo: https://www.dropbox.com/s/m1ojdwft03p2ltv/Autorretrato%2008.%20Paseo.mp4

Autorretrato. Interiores: https://www.dropbox.com/s/fu901mbosgqbb6n/Autorretrato%2009.%20Interiores.mp4


MATERIAS ELABORADOS NA ÁREA DE MÚSICA

No proceso de análise crítica dos valores machistas que se reproducen na nosa sociedade o alumnado realizou as seguintes producións: •

Táboa rexistro de conclusións sobre condutas e valores machistas nos contos infantis tradicionais dos irmáns Grimm

Personaxes femininos modelo

ADXECTIVOS

ACCIÓNS

Fermosa, traballadora, sumisa, sensible.

Tarefas domésticas, matrimonio, esperar pasivamente, padecer desventuras.

Personaxes masculinos modelo Intelixente, valiente, intrépido.

Correr aventuras, traballar fora da casa, conseguir activamente os seus obxectivos

Personaxes femininos contramodelo

Envidiosa, capaz de deixalo todo por un amor imposible, caprichosa.

Vender os seus bicos a cambio de obxectos, arriscar a propia vida por un amor imposible, poñer condicións absurdas para o matrimonio.

Personaxes masculinos contramodelo

Tonto.

Traballar fora da casa, realizar accións absurdas.

Videos con dúas representacións con personaxes dos contos tradicionais donde se visibilizan os valores analizados.

A calidade dos videos é baixa debido á falta de recursos e de tempo. Enlace para visonalos: https://www.dropbox.com/sh/ca1zjdw5xpo9mpm/AADMZ27BH2dVZK8TVWkmsjLoa/videos %20pl%C3%A1stica

“NON É OURO TODO O QUE RELUCE”. Tratouse a realidade agochada trala parella perfecta (Brancaneves e o príncipe azul), unha realidade asimétrica onde o home traballa fora da casa e a muller debe estar na casa realizando as tarefas domésticas, xerándose una relación tormentosa de dominación e maltrato. “A SIRENIÑA”: O tema é a ruptura do convencional: -a beleza pasa a un segundo plano, a sireniña conserva a barba e perde a sua beleza, pero non por iso queda soa -a parella non é a esperada, en lugar do príncipe, a sireniña acaba coa moza do príncipe.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.