Biblioteca LIBRUXA
Como están organizados os libros na biblioteca? Formación de usuarias/os
Equipo de Biblioteca Ceip Plurilingüe Vista Alegre
Para atopar fácilmente un libro na biblioteca é necesario que saibas como están organizados. Nunha biblioteca os documentos clasifícanse en dez grupos, representados nun esquema con forma de margarida que verás pegado na porta da nosa biblioteca. A cada número e cor correspóndenlle unhas materias.
E como sabes a que materia pertence un libro e en que andel está? Empezaremos polos libros informativos que son aqueles que utilizamos para buscar información e aprender moitas cousas. Na nosa biblioteca verás etiquetas de córes con un número e o nome das materias colocadas nos andeis e os libros teñen no lombo un tellolo branco no que aparecen os datos do libro e tamén unha pegatina coa mesma cor da etiqueta do andel. O tellolo facilítanos tres datos do libro:
Materia da CDU 3 1ª letras apelido do autor 3 1ª letras do título (sen artigos)
51 BAL alu
Para buscar un libro tes que ter en conta o número e así localizarás o andel desa materia.
Imos ver que materias podes atopar en cada cor
0 Dicionarios, Enciclopedias
1 Filosofía, Psicoloxía e Ética. Son os libros que falan de
Sentimentos
Solucionar os nosos problemas
Coñecernos mellor
2 Relixión Aquí atoparás:
Relixións
Mitoloxía
3 Ciencias Sociais Para aprender:
Lendas
5 Ciencias Naturais Hai libros de
6 Ciencias Aplicadas Nestes andeis están os libros de: Mediciña
Saúde
Pesca
Como se fan as cousas
Hixiene
Agricultura
Gandería
Como funcionan as cousas
7 Arte e Deportes Pintura
Fotografía
Escultura
Deportes
Manualidades
Música Cine
9 Xeografía, Historia Libros para coñecer cousas do pasado e os lugares do mundo. Historia
Xeografía
Aquí tamén están as Biografías falan de
Inventos
e de
e os libros que
Descubrimentos
82 FER flo
3º ciclo
Agora toca falar dos libros de fición, dos de lectura. Na margarida son os do pétalo amarelo e correspóndelles o nº 8. Na nosa biblioteca están clasificados por idades. En cada andel están ordenados por orde alfabética tendo en conta o apelido do autor, agás os de 1º ciclo e infantil que están agrupados por editoriais. Os cómic (82-C), os libros de poesía (82-P) e os de teatro (82-T) están en andeis específicos para que os atopes facilmente.
82 VAL gra
2º ciclo
82 MCK elm
1º ciclo
82 NUÑ car
Infantil
Despois destas explicacións desenvolveraste na biblioteca como unha gran experta e un gran experto.