Issuu on Google+

Traballo realizado polas nenas e nenos de 5ยบA Abril 2014


Alicornio O Alicornio ou unicornio é un ser mitolóxico, case sempre representado como un cabalo branco, con patas de antílope, barba de chibo e un corno na frente . O seu aspecto é o de un cabalo xove. É idéntico a un cabalo diferenciándose polo corno . O alicornio ten carácter nobre, puro e moi espiritual; presenta unha resistencia á maxia, é inmune aos feitizos. Este animal aparece representado en moitas historias e lendas. Na idade Media estaba considerado coma un animal marabilloso capaz de derrotar ao elefante, símbolo de poderío. Ademais, decíase que co seu corno podía purificar as augas contaminadas para volvelas potabéis. O médico e historiador grego Ctesias, (400 a.C) durante asúa viaxe á India, fixo unha das primeiras versións do mito, describeuno como un animal silvestre da India coa aparencia dun cabalo. Tamén se pensa que pode ser orixinario de África.

2


3


Sereas As sereas son mulleres convertidas en peixe; son mui guapas e teñen unha voz preciosa. Di a súa lenda que antigamente eran humanas pero convertidas en peixe por maxia descoñecida. En Grecia as sereas eran símbolo de aves con aspecto de muller. As sereas que todos coñecemos teñen a parte superior como unha muller guapa e a inferior de peixe. Suelen vivir durante 150 años. Aliméntanse de algas, placton e peixes pequenos. As escamas da cola permitenlle estar debaixo al agua sen necesidade de saír á superficie. Nas illas Farallóns vivia unha serea chamada Maruxaina. Nos días de tormenta subía á superficie e atraía coa súa fermosa voz aguda aos mariñeiros que estaban pescando .

4


5


Cancerbero O cancerbero é o vixiante da porta que conecta o mundo dos seres vivos co Hades. O cancerbero encargase de que ningún humano pase ao mundo dos mortos e de que ningún espectro pase ao mundo dos vivos. O seu pai é o dios Tifón e ten unha curmá, a Hidra. É un ser moi fero coa forma dun can de tres cabezas e unha cola con serpes. Os ollos son vermellos e están iluminados por unha luz sobrenatural. Os seus cairos desprenden un veleno negro e mortal. Ten dous puntos débiles: o mel e a música. A música amansa as feras e, polo tanto, tamén ao cancerbero, que só foi vencido en dúas ocasións. Unha delas foi Orfeo que encantou ao cancerbero coa música da súa lira, deixandoo sumido nun doce sono. A segunda vez foi Hércules que, coa súa forza descomunal, logrou dobregar ao animal e encadealo, conseguindo así un dos “doce traballos de Hércules”. O mel é a outra debilidade do can gardián. Os poucos que conseguiron ver ao cancerbero e volveron, contan que só con tortas de mel conséguese aplacar ao fero animal. Se un viaxeiro non leva unha boa provisión de tortas de mel, o cancerbero lanzarase ao ataque e o mortal quedará a mercede do can de por vida.

6


7


A hidra É un monstro xigante. Ten aspecto de reptil e ten de 5 a 10 cabezas. A súa pel é cor pardo e o ventre amarelo blanquecino. Os seus ollos son cor ámbar e os seus dentes son moi afiados. Mide uns 10 metros. As hidras son seres carnívoros, moi pouco intelixentes, e difíciles de domar. Son solitarias, non lles gusta estar coas da súa especie. Ao ter moitas cabezas pode facer moitos ataques: unha cabeza para cada enemigo. Se nunha pelexa unha hidra perde a cabeza, rapidamente prodúcese un selado para que non perda sangue. No caso de perder unha cabeza volvea a ter nuns días.

8


9


Hipogrifo Os hipogrifos son seres voadores, mezcla de cabalo con águia. Teñen cabeza de águia, garras de rapaz nas patas anteriores e nas posteriores teñen pezuños. Son de cór marrón ou pardo alaranxado. Pode medir uns dous ou tres metros de largo. Convértense en adultos a partir dos dous ou tres anos. Son rápidos e capaces de voar arredor de todo o mundo. Gústalles a carne de cabalo.

Prefiren vivir en manadas en zonas de poucas montañas e poucos pastos. Estas míticas criaturas recordan ao grifo que é metade cabalo e metade león, aínda que é máis débil pero pode ser, nalgún momento, máis forte que o Pegaso. O seu creador foi un poeta chamado Virgilio. Atopámolo nas obras modernas, peliculas, capitulos e videoxogos de hoxe en día; unha das peliculas que aparece é a de Harry Poter .

10


11


PESADILLAS As pesadillas son cabalos veloces e malvados que viven onde o mal é máis poderoso. O seu aspecto é o dun cabalo xeralmente negro, con ollos brillantes e vermellos igual que os orificios nasais. Acostuman a ser monturas doutros seres malvados: mortos vivintes e grandes señores do mal. Como monturas son leais aos seus xinetes; non necesitan comunicarse verbalmente xa que detectan o estado de ánimo das persoas e saben actuar consecuentemente. Non necesitan respirar nin comer, a menos o que comen os humanos. O único que comen é un raro composto de platino que ademais serve para domalas. Unha patada dos seus cascos provocaría queimaduras mortais e cando loitan desprenden un gas tan velenoso que paraliza aos contrarios. Hai xente que cre que os poden domar persoas de bo corazón.

12


13


Lobishome O lobishome, tamén chamado licántropo, é o ser mitolóxico máis coñecido en moitas culturas, xunto co vampiro. O lobishome é unha persoa que se transforma en lobo, xa sexa a propósito ou intencionadamente, a causa dunha maldición. Pénsase que a transformación ocorre cando a lúa chea aparece. Pode ser asasinado disparándolle unha bala de plata, cortándolle a cabeza ou arrancándolle o corazón. As características desta criatura son a ferocidade, a forza, a astucia e a rapidez.

14


15


Esfinxe Unha ESFINXE é en ser mitolóxico normalmente con pescozo, cabeza, peito de muller e corpo de león. Na mitoloxía exipcia a esfinxe é unha estatua con corpo de león, torso de home e, ás veces, con ás. Na mitoloxía grega a esfinxe é un demo que predicia mala sorte, morte e destrución. Ten corpo de león , o seu torso é de muller e ten cola de serpe. Na mitoloxía fantástica hai 4 tipos de esfinxes aladas:  Androesfinxe: Teñen corpo de león e cara de home.  Xinoesfinxe: Son leóns alados con rasgos femininos.  Crioesfinxe: Teñen corpo de león masculino alado e cabeza de carneiro.  Hieracoesfinxe: Son leóns machos con ás e cabeza de falcón. Son esfinxes de naturaleza malvada.

16


17


O cíclope

O Cíclope é un ser cun só ollo co que pode desintegrar cousas. É moi teimudo e moi forte, con músculos de gran tamaño. Forxaron os raios para que Zeus os utilizase como arma na guerra para derrotar a Crono. 18


19


SILFOS

Son espíritus do aire. Son moi alegres e adoran a música e voar entre as nubes. Son moi pequenos, apenas miden un centímetro e móvense rápido. Gústanlles moito os bosques.

20


21


Trasno O trasno é un ser mitolóxico galego. O seu nome provén do latín “trans gradi”, cometer infraccións. Pode tomar forma de animal e pode seguir a unha persoa a todas partes. Dise que ten barba e a pel morena. Viste de vermello, é coxo e ten un burato na man esquerda. Segundo a tradición entra nas casas pola noite e tira a vaixela, asusta o gando, fai que se perdan as chaves, que se enlíen os novelos de lá etc. 22


23


Urco O urco é unha especie perversa e oscura dexenerada dos elfos. É un humanoide con brazos de moita lonxitude, a cor da súa pel está entre gris e verde e ten o naris e os dentes caninos moi desenrolados. Miden de 1.6 a 1.8 metros e case sempre viven arredor duns 40 anos. Estes seres habitan nas montañas e viven da caza e dos roubos. Son seres nocturnos que se deprimen coa luz solar. Desenvolveron unha especial capacidade de visión nocturna, o que lles permite atacar por sorpresa pola noite. Unha das súas ocupacións é a minería e son bos ferreiros de armas. Son carnívoros e poden chegar a facer canibalismo. A súa sociedade está formada por diferentes

razas. Unha delas son os Orogs que proceden dunha mestura entre urcos e ogros . A súa altura é maior (uns 2 metros) que a dos urcos comúns, e chegan a ser guerreiros moi fortes e con moita disciplina, polo que van formando o exército urco.

24


25


AMAZONAS As Amazonas,na mitoloxía grega, é un país de mulleres guerreiras e ao longo da historia foron asociadas a moitos países. Tamén en Galicia atopamos referencias ás Amazonas.

Hai pinturas e esculturas que representan as amazonas loitando contra os gregos.

26


27


AVE FENIX Paxaro grande envolto en fogo. Ten unha plumaxe vermella alaranxada. Ten corpo de peixe, colo de serpe e a parte traseira de tartaruga. En Exipto era chamado BENNU e simbolizaba ao sol. Este ser máxico e fantástico, morre pola noite e renace pola mañá.

28


29


NINFAS As ninfas son seres máxicos procedentes das forzas da natureza. Parecen xoves toda a súa larga vida xa que conservan o seu aspecto durante varias xeracións. Son moi intelixentes e habitan en palacios de xeo, grutas nos mares e océanos, marabillosos bosques e tamén en torrentes de auga ou lagos con augas cristalinas. As ninfas son moi pacíficas, polo que odian o mal. Coidan e curan de animais feridos. Existe outro tipo de ninfas mariñas chamadas ondinas.

30


31


PEGASO O seu nome proven de pagé que significa en grego manantial. Foi o primeiro cabalo que chegou a ser deus. Era o cabalo de Zeus, o deus grego do ceo e da terra e nomeouno portador do raio e do trono. É un cabalo branco ou negro con ás; voa movendo as patas como se estivese correndo. Actualmente aparece en moitas películas e series, por exemplo en Leseng, Hércules…

32


33


Seres mitolóxicos