CEIBE 2015

Page 1

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXIX - Nº 30 | Curso Escolar 2014/2015

www.orecantodeleo.org


C

oma tódolos anos por estas datas, e xa van 29, chega ás túas mans a Revista Escolar CEIBE.

Este curso queremos dar continuidade e ampliación ao formato dixital escollido hai 3 anos. A escola está lanzada no ámbito da creación audiovisual e os proxectos chegaron xa a tódalas aulas do centro, onde nenos e profesores se embarcaron a producir os seus vídeos co Proxecto Documental Integrado como nexo de unión. Este é un ano de cambios, pero tamén de continuidade. Os pasos están dados, e só nos queda seguir avanzando nun Proxecto Educativo no que cremos firmemente. Dende estas liñas dicir que a Educación ten que camiñar cos tempos que corren, e que por nós non vai quedar o de darlle a estes pícaros os mellores recursos que estean ao noso alcance.

LIMIAR

Algúns podedes pensar que estamos a falar de ordenadores, tablets, encerados dixitais... pero en realidade do que falamos é de pór a nosa maior entrega e empeño na nosa profesión, porque esa é a nosa vocación. Para calquera suxestión que consideres oportuna: correo@orecantodeleo.org


SUMARIO 4

O RECANTO DE LEO

24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares | Mochilas Viaxeiras! | 23 de Abril: Día do Libro |

8

ENTREVISTAMOS A...

10

ESTAMOS DE ESTREA...

12

ENTREVISTAMOS A...

13

VISITÁRONNOS...

14

PDI: SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO

31

OBRADOIRO DE ESCRITURA

34

PREMIOS OLLOBOI 2015

36

LETRAS GALEGAS

Marta Couso e Rafael Sánchez-Agustino | Marcial Peso e Daniel Vidal |

Vai polo Río Presenta o Cartaz: Tesouros Biolóxicos do Río dos Gafos II |

Daniel Vidal |

AMFIV, Baloncesto en cadeira de rodas |

Festa de Inicio do PDI | Xornada Escolar pola Paz | Día da Muller Traballadora | Os superpoderes dos alimentos | Os nosos libros do PDI | Así foi como plantamos A Ecoclínica | Materiais presentados | Da Semente ao Prato | Hortoconsellos |

Plantación en Racelo | Enlace aos traballos

Entrega de premios en Boiro

Este ano homenaxeamos a... Xosé Filgueira Valverde


O RECANTO DE LEO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

N

a nosa escola levamos 5 anos conmemorando o Día das Bibliotecas Escolares, que case sempre facemos coincidir co 24 de outubro. Un dos encargos que se lle fai aos nosos pequenos e profesores é o de preparar os espazos das aulas dedicados á bibliote4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

ca dun xeito especial. Normalmente apoiámonos na temática do Proxecto Documental, que este ano se titula “Sementa ideas, recolle futuro”. Outra actividade que preparamos é: “Que é unha biblioteca para ti?”

Para esta ocasión recuperamos o Conto Viaxeiro, e toda a escola colaborou na súa creación.


MOCHILAS VIAXEIRAS CON LIBROS ELECTRÓNICOS!

A

s mochilas viaxeiras arrancaron cunha novidade.

Avanzando na iniciativa promovida pola Consellería de Educación, E_LBE, e que nos dotou de lectores electrónicos, fixemos o esforzo de mercar máis unidades e así poder enviar ás casas un dispositivo por cada aula de primaria (pero só ás familias que asinaron o compromiso). A realidade é que funcionou moi ben. O profesorado implicouse nas primeiras semanas na procura de títulos para mercar e cargar nos libros, e cada dispositivo ten introducidas lecturas acordes coa idade do alumnado usuario desa mochila. A comezos de curso os Voluntarios fixeron unha rolda polas clases, xunto cos profesores encargados da Biblioteca, para lles informar das novidades.

Un apartado importante era o do funcionamento do dispositivo. Por algo foran eles os que os estiveran probando o curso anterior. O lector ía acompañado dun pequeno manual coas normas de emprego: para saber como cargar a batería, se estaba permitido introducir libros a maiores dos que mercara o colexio, que facer ante as incidencias...

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 5


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

E

sta efeméride é unha das máis esperadas polos rapaces e rapazas da Lama.

Como ven sendo tradición pola mañá organizamos a actividade “Cóntoche un conto?”, que os voluntarios preparan con moito agarimo. En grupos de idades mesturadas percorren os distintos recantos da escola, onde se están a contar historias. Pola tarde xuntámonos outra vez todos na Biblioteca, esta vez para participar en “Cámbiocho por un conto!” que como ben sabedes consiste en trocar unha creación literaria por un detalle co que Leo obsequia aos autores.

6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

A nosa mascota, Leo, agardando polos traballos dos nenos


O Equipo de Voluntarios dedicoulle moito tempo a preparar os contos, que por mor das inclemencias do tempo tiveron que contar en distintos espazos dentro do colexio. As historias foron adaptadas por eles mesmos e confeccionaron todo o material que precisaron para contalas: letreiros, ilustraci贸ns, monicreques... Outro grupo de alumnos, esta vez de 3潞, nos deleitou cunha creaci贸n propia pola tarde, para o que empregaron o teatri帽o.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 7


ENTREVISTAMOS A…

[ Entrevista a dona Marta ]

MARTA COUSO e RAFAEL SÁNCHEZ-AGUSTINO

O

alumnado de 6º de primaria elaborou este ano unha chea de entrevistas.

Dúas persoas ás que lles quixeron preguntar distintas cuestións foron os mestres do centro: Marta Couso e Rafael Sánchez-Agustino. A desculpa? Que “dona Marta” deixa o cargo de directora do centro logo de 15 anos, e a relevará no posto o “profe Rafa”. [ Entrevista ao profe Rafa ] 8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


MARCIAL PESO e DANIEL VIDAL

O

la, boas tardes! Atopámonos hoxe aquí, no campo de fútbol de Racelo, para entrevistar a Marcial Peso, presidente de A Lama SD, e a Daniel Vidal, tesoureiro e coordinador da páxina web, con motivo do ascenso do equipo a 2ª autonómica. P: Marcial, canto tempo levas sendo presidente de A Lama S.D.? M: Pois, con este ano fago dez anos de presidente.

M: Sendo directivo e Daniel de presidente, Daniel un ano decidiu deixar a dirección do club e deixar o club de lado porque estaba cansado; entón, nunha reunión da xunta directiva fun escollido a dedo pola directiva, vamos, polo que estaba de presidente. P: Daniel, e ti cantos anos levas sendo o tesoureiro?

[ Preme aquí para ver o resto da entrevista ]

P: Como chegaches a ser presidente?

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 9


ESTAMOS DE ESTREA... TESOUROS BIOLÓXICOS DO RÍO GAFOS II

A

lgo do que nos sentimos especialmente orgullosos na nosa escola é de poder colaborar ano a ano con distintas ONGs ou Asociacións que desenvolvan proxectos de actuación relacionados co tema a traballar no PDI.

Escolar pola Non Violencia e a Paz fóronlle entregados, e eles prometeron que os empregarían para financiar a edición do cartel Tesouros Biolóxicos do Río Gafos II.

O ano pasado a temática fora “Ríos e praias en boas mans”, e nós puxerámonos en contacto coa Asociación “Vai Polo Río” de Pontevedra.

A outra promesa: que a súa presentación mundial sería no CEIP “A Lama” e os nosos pícaros os primeiros en coñecer que especies vexetais e animais foran as escollidas deste ano.

Os cartos recollidos no Rastro Solidario da Xornada

Amancio Castro, Gonzalo Sancho e Pablo Carro, fo-

10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


ron os encargados de preparar unha charla explicativa aos nosos pequenos, ademais de achegarnos un lote de exemplares do cartel para as distintas aulas. Foi unha xornada moi interesante, polas novas especies que nos deron a coĂąecer, e coma sempre as anĂŠcdotas non nos deixaron de lado.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 11


ENTREVISTAMOS A… DANIEL VIDAL

C

oma tódolos anos por estas datas celébrase a “Festa dos Espantallos” no Verduxo, e como nós estivemos traballando este ano no colexio o “horto ecolóxico” pensamos en pedirlle a Daniel Vidal que nos contara un pouco como se celebra esta festa. P: Cantos anos se leva celebrando esta festa?

fixemos concurso de espantallos, no 2011 non fixemos. Fixemos outra exposición de carros do país e despois o 12, 13, 14 e agora o 15. Levamos seis anos facendo o concurso de espantallos. P: Cal foi a idea para empezar a celebrala? R: A idea viu dun documental que mirei na televisión de Galicia sobre unha exposición no concello de Covelo, tamén de espantallos, e valeume para trasladala aquí, porque estabamos a punto de inaugurar unha ruta...

R: Pois empezamos no ano 2009, no 2010 tamén [ Ver a entrevista completa ] 12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


O 27 de febreiro de 2015, viñéronnos visitar catro xogadores dun equipo de baloncesto en cadeira de rodas, o AMFIV de Vigo. AMFIV é unha asociación deportiva que leva 30 anos traballando no mundo do baloncesto en cadeira de rodas e 10 anos na máxima categoría nacional, aínda que teñen xogadores de todas as categorías e idades.

VISITÁRONNOS…

AMFIV Baloncesto en cadeira de rodas

Primeiro déronnos unha charla. Nela presentáronse e contáronnos cales eran as súas lesións: unhas de nacemento, outras de accidentes... Tamén nos explicaron as normas do baloncesto en cadeira de rodas e as diferenzas co baloncesto a pé, e cales son as diferenzas entre as cadeiras que usan e as do resto da xente. Despois da charla fixeron unha demostración no pavillón. A continuación deixáronnos probar as cadeiras e pareceunos moi difícil manexalas. Fixemos carreiras, xogamos con eles, intentamos encestar, e pasámolo moi ben. GRAZAS A CHEMA, KAROL, SANTI, FILIPE E NATXO, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS! Alumnos de 4º de Primaria

Yamina 1º curso

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 13


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL E MEDIÁTICA EMPREGANDO A BIBLIOTECA COMO CENTRO DE RECURSOS AO SERVIZO DA ESCOLA

D

urante este curso escolar 2014/2015 desenvolvemos o noso 5º Proxecto Documental Integrado, este ano: “Sementa ideas, recolle futuro”.

Esta metodoloxía de traballo permítenos desenvolver as competencias clave dun xeito interdisciplinar e cunhas actividades que nos obrigan a flexibilizar en moitas ocasións os agrupamentos, permitindo o traballo entre nenos de distintas idades. As novidades máis destacadas deste curso puideron ser a festa de inicio do PDI e os proxectos audiovisuais desenvolvidos por tódolos ciclos. Nas seguintes páxinas poderedes dar boa conta destas e doutras creacións, así coma doutros materiais elaborados polo nosos alumnos durante a fase de procura e tratamento da información, ademais de ver o xeito de relacionar as conmemoracións que se suceden no ano co Proxecto Documental Integrado (Día das Bibliotecas Escolares, Día da 14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


Paz, Día da Muller Traballadora...). A través deste percorrido puidemos achegarnos á agricultura ecolóxica, á industria alimentaria, á experimentación co cultivo, ás especies vexetais e animais que invaden os nosos ecosistemas, á asociación de cultivos, á saúde e aos bos hábitos alimenticios...

traten a información que nelas se atopa e a plasmen nas súas propias creacións. Logo virá a fase de expoñer o aprendido, para o que se terán que familiarizar cos medios audiovisuais e técnicos á súa disposición.

E todo a través dun traballo que o que pretende é que nenos e nenas aprendan a empregar as fontes, REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 15


FESTA INICIO DO PDI

P

ara comezar o noso Proxecto, este ano decidimos facer unha festa na Alameda da Lama cuns obradoiros para os rapaces e convidando ás familias a que nos acompañaran nesta

data.

Para ter unha imaxe máis precisa do que aconteceu vos deixamos cun vídeo que ten como banda sonora a canción de Mamá Cabra: “Todo Natural” [ Festa Inicio PDI ] Os rapaces repartíronse en 5 obradoiros: musical, de aromas, modelaxe, escritura e alimentario, e foron rotando en grupos mesturados en idades. 16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


XORNADA ESCOLAR POLA PAZ

O

30 de xaneiro conmemórase a Xornada Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Este ano a ONG escollida para facerlle entrega do recadado foi Mans Unidas de Pontevedra. Os cartos serán empregados en concreto para axudar a financiar un proxecto en Uganda, que consiste en fomentar a agricultura sostible para mellorar a economía familiar.

Como ven sendo tradicional, fixemos un vídeo en Time Lapse do proceso de elaboración dos traballos. [ Time Lapse polo Día da Paz ]

A música para esta ocasión prestóunola o cantautor madrileño, Luis Guitarra, coa súa canción: “Todo es de todos” REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 17


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O

día 5 de marzo, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, viñeron dúas mulleres ao colexio. Unha chamábase Sara e a outra Gloria.

seus perigos. Gloria cociñaba alimentos orgánicos, e ía buscar á horta de Sara os froitos e verduras que precisaba.

Sara cultivaba un horto de xeito ecolóxico e explicounos como se consigue protexer o cultivo sen o emprego de produtos químicos, que plantas axudan a outras plantas...

Preguntamos moitas cousas, e para cada pregunta tiñan a explicación.

Tamén nos falou dos alimentos transxénicos e os

18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

Moitas grazas a Sara e a Gloria pola información que nos souberon transmitir!


OS SUPERPODERES DOS ALIMENTOS Educación Infantil

T

ódolos nenos de Educación Infantil se xuntaron para produciren unha curta de animación en Stop Motion.

A novidade sería que eles mesmos farían de personaxes movéndose por un escenario que semellaba de cómic, vestidos como os súper heroes e os malvados que loitan contra eles.

Durante a investigación chegaron á conclusión de que os alimentos que comparten cor tamén comparten certas propiedades e sustancias, que son boas para a nosa saúde: o betacaroteno, a antocianina, o licopeno, a alicina e a luteína. [ Clic aquí para ver Os Superpoderes dos Alimentos]

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 19


Foi un traballo duro, pero ao final conseguírono. Alumnos e mestres están moi orgullosos do resultado. A animación estase a converter nunha das especialidades destes pícaros, que ademais poñen voz ás personaxes que eles mesmos interpretan. Os profes tamén se animaron a pór as súas voces nesta creación.

20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


OS NOSOS LIBROS DO PDI Educación Infantil

O

s nosos pequenos de Infantil traballaron arreo no Proxecto Documental.

Entre as súas producións están tamén estes tres libriños en PDF aos que podes acceder facendo clic nas imaxes.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 21


ASÍ FOI COMO PLANTAMOS Primeiro Ciclo

E

ste curso, aos alumnos do 1º ciclo tocoulles pór mans á obra!

Como podedes ver nestes debuxos plantamos varias hortalizas nas macetas.

A continuación, imos a contar cales foron os pasos que seguimos para a nosa plantación. O primeiro, foi ir a buscar a terra que puxemos nas macetas.

22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

Nerea de 1º

Puxemos plantóns e non sementes, porque tardan máis en saír e ademais son moi delicadas para o tempo no que plantamos.


Carlos de 2º

Ana de 2º

Luís de 1º

tapadiña. E para rematar, regámolas. Dende entón, cada dous ou tres días miramos se precisan auga e sacámolas ao exterior a tomar un pouco de sol.

En segundo lugar, colocamos unhas pedriñas no fondo das macetas para que a terra non tupa os buracos que teñen e así, que a auga poida saír e non quede encorada.

Seguindo coa plantación, fixemos uns buraquiños na terra e alí colocamos os nosos plantóns e cubrímolos con máis terra ata quedar a raíz ben

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 23


A ECOCLÍNICA Primeiro Ciclo

U

n dos proxectos que máis entusiasmou aos rapaces de primeiro ciclo de primaria foi a súa creación audiovisual “Ecoclínica”.

Como grandes actores e actrices que son, puxeron todo o seu empeño e sacaron adiante esta pequena curta na que nos contan cales son os beneficios das froitas e verduras na nosa dieta. A escena transcorre nunha aula e na consulta do médico. Os nenos sofren certos padecementos para os que os doutores receitan: lentellas, coliflor, mazá... De seguro que xa están pensando no curso que ven. [ Clic aquí para ver A Ecoclínica ]

24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


MATERIAIS PRESENTADOS

A

o longo do curso, por uns e outros motivos chegaron a nós unha serie de presentacións que foron empregadas como apoio visual para nos transmitir información.

Mans Unidas contounos en que consiste o seu traballo, e aportounos moitos datos sobre a situación da pobreza e a desigualdade no mundo. Vai Polo Río presentou o seu cartel Tesouros Biolóxico do Río Gafos II e os seus membros fixeron un percorrido polas especies vexetais e animais que queren destacar nesta 2ª edición.

O alumnado de 3º ciclo contounos as diferenzas na agricultura ao longo da historia coa presentación: Moito máis que comida!

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 25


DA SEMENTE AO PRATO Segundo Ciclo

E

n segundo ciclo decidiron que querían observar os cambios que se ían producir nun horto durante o curso.

Con tal motivo elaboraron este vídeo que mestura varias técnicas: animación, fotografía, interpretación, dobraxe de voz en off... [ Da Semente ao Prato] E non nos esquezamos da propia preparación do horto, para o que escolleron un dos patios interiores no que tiveron que botar terra, traer esterco, preparar a composteira. Todos feitos uns pequenos agricultores!

26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


COMO ELABORAMOS UN HORTO OS NENOS E NENAS DE 2º CICLO? Os alumnos e alumnas de 3º e 4º aprendemos a facer un horto. Queredes saber como o fixemos? Estes foron os pasos que seguimos: 1º Eliximos o sitio onde iamos facer o horto. 2º Preparamos o terreo: cavamos e quitamos as malas herbas, pedras, cristais... 3º As malas herbas botámolas nunha composteira para facer esterco.

4º Botamos terra que nos trouxeron do monte, porque o terreo era pedregoso. 5º Fixemos regos cun legón. 6º Botamos esterco de coello. 7º Cubrimos con terra e puxemos as sementes: grelos, coles, acelgas, tomates, feixóns, cabazas, fresas e chícharos.

8º Cubrimos novamente cun pouco de terra. 9º Regamos. 10º Decoramos o horto con troncos e pedriñas brancas. Agora só falta esperar a que medren as hortalizas!! Alumnado de 2º ciclo de Primaria

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 27


VISITA Á GRANXA-ESCOLA DE ATALAIA O día 17 de novembro fomos visitar unha granxaescola e nada máis chegar os monitores fixeron 3 grupos. Primeiro fomos ver os animais. Eran moi bonitos. O que máis me gustou foi o burro, que se chamaba Mariano. Pero había moitos máis como galiñas, parrulos, perdices, faisáns, dous cabalos, cabras, un becerro, ovellas, porcos... Démoslles de comer pan, aínda que alí xa tiñan comida, pero gustáballes máis o pan. A continuación fomos plantar coles. Para iso tivemos que facer regos, botar esterco, colocar a col e tapar con terra. De aí pasamos ao invernadoiro no que reutilizamos botes de iogur para sementar. O primeiro paso foi botar esterco e un pouco de terra. Nunha mesa, tiñan as sementes: grelos, repolos,

cabazas... eu sementei grelos. Tamén visitamos outro invernadoiro no que vimos moitas plantas que se regaban cunhas mangueiras furadas das que saían gotas; este sistema chamábase rego por goteo, así aforras moita auga. Por último, fixemos unha crema de castaña. As castañas xa estaban cocidas, pelámolas, machacámolas e botámolas nun bote con auga, azucre e unha barra de vainilla para bater co batedor. Parecía marmelada! Estaba moi rica! Nesta excursión aprendín moitas cousas: sementar, plantar, cociñar, e algunhas características dos animais autóctonos de Galicia. Ademais paseino moi ben cos meus amigos e amigas. Lucía Cordeiro 3º de Primaria

28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


HORTOCONSELLOS Terceiro Ciclo

I

nmersos nesta actividade creadora no ámbito audiovisual, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria produciron dous vídeos que vos presentamos e que titularon “Hortoconsellos”.

O tema máis concreto da súa investigación era a asociación de cultivos, e como estes poden beneficiarse organizándoos correctamente. Con esta motivación procederon a elaborar os guións e a repartírense as tarefas a desempeñar durante a produ-

ción: actores e actrices, técnicos de son, cámaras, axudantes de dirección, atrezzo... O resultado podédelo xulgar nestes dous enlaces que vos deixamos a continuación, e nas imaxes que acompañan estas liñas e que fan testemuña do desenvolvido. [ Hortoconsello 1 ] [ Hortoconsello 2 ] REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 29


30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


OBRADOIRO DE ESCRITURA Alumnado de 6º

D

urante o curso 2014/2015 o alumnado de sexto de primaria tivo un obradoiro de escritura coas mestras Luísa Cancelas e Raquel Sánchez.

Neste tempo redactaron novas para a revista, escribiron contos, obras de teatro e compuxeron o conxunto de preguntas para as entrevistas que se inclúen nesta revista.

Para chegar a todos eses contidos podes explorar as carpetas deste DVD e entrar na que pon: [ OBRADOIRO_6 ] Agardamos que vos pareza interesante a experiencia.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 31


PLANTACIÓN EN RACELO

O

día 12 de Marzo de 2015, os nen@s do colexio da Lama, 92 en total, fomos plantar árbores a Racelo.

Ao redor das 10:00 tódolos nen@s, no patio do colexio, fomos distribuídos en grupos, formados por alumnado de todos os niveis. Unha vez que xa sabiamos a que grupo perten-

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

ciamos, dirixímonos ao autobús para ir a Racelo, a unha finca que estaba ó lado do campo de fútbol. Alí, primeiro o garda forestal, Antonio, deunos unha pequena charla, e posteriormente pasamos á plantación. Xa tiñamos os buracos feitos, e os nen@s colaboramos na plantación de cincuenta árbores. Tamén estaban alá xente do concello, persoas do obradoiro, dous gardas forestais e protección


[ VÍDEO DA PLANTACIÓN ]

civil. Ás árbores que se plantaron en Racelo foron: carballos, bidueiros, madroños e liquidámbar. Ao rematar de plantar, os nen@s do colexio fomos ver outras árbores, que plantaran outros compañeir@s. Estivemos alí xogando e merendando, despois como tiña pinta de que ía chover, volvemos ao colexio para comer. Romina 6º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 33


PREMIOS OLLOBOI RANILDA NOMINADA EN DÚAS CATEGORÍAS

U

n ano máis o Festival Audiovisual Galego Olloboi levounos a Boiro para participar na gala de entrega de premios.

A curta de animación Ranilda, elaborada polos alumnos do colexio a finais do curso pasado, estaba “nominada” nas categorías Animado e Zamburrioi. Estaba moi difícil, pola calidade dos traballos presentados, e ao final non houbo sorte. Parabéns aos galardoados. [ LISTA DE PREMIADOS ] 34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 35


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

N

o “Día das Letras Galegas” quixemos achegarnos dun xeito especial á vida e obra de tan ilustre personalidade da cultura galega. Pois ben, a xornada comezou no Museo de Pontevedra, visitando a exposición “Un faro na construción de Galicia”.

Sabela Santos Filgueira, que ademais de membro do Gabinete Didáctico do museo, é neta de

36 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]

D. Xosé, foi a encargada de nos recibir e contarnos moitas curiosidades do seu avó. Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en 1906 e morreu no ano 1996 aos 90 anos de idade. Casou con María Teresa Iglesias en 1938 e tivo cinco fillos. Foi profesor de instituto e alcalde de Pontevedra, chegando a conselleiro de Cultu-


ra. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Galegos e do Instituto Padre Sarmiento, converténdose no director do Museo de Pontevedra e presidente do Consello da cultura galega.

Paula 4º de Primaria

Soubemos das súas distincións, entre as cales destacan as medallas de ouro de Pontevedra e Santiago, numerario da Real Academia da Historia e obras moi importantes como “Andral” e “Agromar”, acadando un recoñecemento como figura senlleira de Galicia no século XX. Logo de contemplar a exposición fixemos un roteiro por Pontevedra, que nos levou a visitar a casa onde naceu e viviu toda a súa vida, a Basílica de Santa María, a Casa do Concello de Pontevedra, as Ruínas de San Domingos e o Instituto de Pontevedra, por seren todas estas localizacións indispensables para un achegamento á figura de Filgueira Valverde.

Nerea 1º de Primaria

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 37


Para rematar, puidemos escoitar a testemuña de Rafael Sánchez-Agustino, pai do noso profe Rafa, que foi alumno e profesor no instituto de Pontevedra cando o dirixía por D. Xosé Filgueira. A través de fotos, descricións e anécdotas puidemos completar un pouco mellor o perfil da súa persoa, no mesmo salón de actos que tantas, e tantas veces pisou o autor homenaxeado. Rematamos a xornada comendo de bocata moi pretiño, no parque das Palmeiras de Pontevedra, e algúns nos puidemos facer unha foto no mesmo sitio que escollera D. Xosé cos seus compañeiros de clase nos anos 20: nas escaleiras da Deputación de Pontevedra. Se premedes na imaxe superior podedes abrir o libro que elaboraron os pequenos de Educación Infantil, que está cheo de actividades que eles mesmos se encargaron de resolver.

38 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015]


ESTA REVISTA ESCOLAR “CEIBE” EDITOUNA O ´ LINGUISTICA ¨´ EQUIPO DE DINAMIZACION DO CEIP “A LAMA” COORDINADOR Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez MEMBROS DO EQUIPO 2014/2015 Ed. Infantil | Cristina Campos Pérez 1º Ciclo | Teresa Couto Paz e Araceli García Fuentes 2º Ciclo | Mónica Fernández Vidal e Luísa Cancelas Lemos 3º Ciclo | Ana Isabel Loureiro López e Raquel Sánchez Vázquez DESEÑO, TEXTOS, MAQUETACIÓN e NAVEGACIÓN Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez FOTOGRAFÍA Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez Teresa Couto Paz Andrea Lafuente Garrido

´ LABORATORIO DA COMUNICACION

CEIP “A LAMA” - www.orecantodeleo.org

VÍDEOS e PDFs Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez Tania Rivas García Teresa Couto Paz Irian Blanco Babarro Marta Couso Carballude Andrea Lafuente Garrido Luisa Cancelas Lemos Mónica Fernández Vidal Ana Isabel Loureiro López Raquel Sánchez Vázquez TRABALLOS ESCOLARES Alumnos de Infantil e Primaria do CEIP “A LAMA”

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2015] 39


Aqueles marabillosos anos...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.