CEIBE 2014

Page 1

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXVIII - Nº 29 | Curso Escolar 2013/2014

www.orecantodeleo.org


U

n ano máis, e xa van 28, chega ás túas mans a Revista Escolar CEIBE, co firme propósito de ir un pouco máis aló do que a priori che pode ofrecer unha publicación destas características. Dun xeito intencionado imos cambiando os nosos contidos, para dar a coñecer as experiencias que podemos considerar que tiveron máis peso durante este ano académico. Se o ano pasado incorporáramos por primeira vez uns poucos audiovisuais, neste número queremos que cada artigo non sexa máis que o portal de entrada a outros recursos que se foron elaborando na escola (non sempre se conseguiu). O equipo docente está cada vez máis sensibilizado na importancia que teñen hoxe en días as novas tecnoloxías, e impulsados por este pensamento, fómonos animando todos pouco a pouco a experimentar neste tipo de creacións.

LIMIAR

Coma sempre, perdoade os erros e que non teña cabida todo. Xa sabedes que calquera suxestión que consideres oportuna podédesnola facer chegar ao enderezo electrónico: correo@orecantodeleo.org


SUMARIO 4

O RECANTO DE LEO

De promoción polo Día das Bibliotecas Escolares| | Xa temos e-Readers! | 23 de Abril: Día do Libro |

8

O LABORATORIO DA COMUNICACIÓN BOTA A ANDAR

12

PDI: RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS

30

LETRAS GALEGAS

32

EXCURSIÓN A PUNTA CARREIRÓN

“A ESCALEIRA” | gañadores do concurso “Nós tamén creamos” e Premio Olloboi á Mellor Fotografía | “RANILDA” | nova curta de animación creada polos nosos cativos |

Voz Natura | De maior quero ser ecoloxista | Efectos e consecuencias dos incendios sobre os ríos | Entrevistamos a Antonio: axente forestal da Lama | Vai polo río | Buscando pegadas | Os Panchos: que non se pode facer en ríos e praias? | Parque Natural de Corrubedo | E fomos mariscar | A Mar de Limpo: presentación e anuncio |

Este ano homenaxeamos a... Xosé María Díaz Castro

Despedimos o curso 2013/2014


O RECANTO DE LEO DE PROMOCIÓN POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

C

ada curso, dende hai 4, queremos conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, cunha serie de actividades que a poñan en valor.

Entre esas actividades están “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”. Para esta última escollemos un tipo de xénero literario (xa pasamos polo cómic e a poesía) que sexa o punto de partida común para que cada aula, coa súa creatividade nos achegue a este recurso educativo 4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

de tanta valía. O formato anuncio foi a proposta para esta ocasión, e os nenos e nenas de infantil quixeron estar acompañados polos seus familiares.

«E LANZÁRONSE A FACER UN SPOT PUBLICITARIO PARA O BLOG...» A implicación foi unha agradable sorpresa para profes e nenos.


XA TEMOS e-READERS!

A

Consellería de Educación, dentro do seu Plan Lía, convocou hai dous cursos o proxecto E_LBE, para a dotación de e–readers (dispositivos para instalar libros electrónicos) para a Biblioteca Escolar. Este curso tocounos a nós entrar no Proxecto, e cos fondos recibidos, máis un pequeno esforzo do centro puidéronse adquirir 5 unidades. Para comezar a por en funcionamento o seu empréstito pensamos que sería interesante probar cun grupo de alumnos e escollemos aos Voluntarios da Biblioteca. Estes puideron gozar deles nun empréstito de 15 días para probar o seu funcionamento, e iniciarse na lectura electrónica. A nosa intención é que para o vindeiro curso, os libros electrónicos vaian nas Mochilas Viaxeiras, e toda a comunidade educativa poda dispor deles, con

lecturas para os nenos, pero tamén para o resto da familia. Isto requirirá a compra doutras unidades para completar a dotación. As familias que queiran participar da experiencia deberán asinar un compromiso para facerse responsables dos pormenores que poidan acontecer durante o período de empréstito.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 5


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO Este ano, para conmemorar o Día do Libro tivemos unha semana cargada de actos. Como xa ven sendo habitual: “Cóntoche un conto” e “Cámbiocho por un conto?” foron dúas das actividades fixas na programación. Nesta ocasión, os voluntarios da Biblioteca prepararon unhas lecturas, que por mor do tempo tiveron que facer en distintos recunchos da escola. As familias envorcáronse coma sempre coa actividade de creación e hoxe podemos gozar na Biblioteca dunha exposición moi interesante deses traballos: poesías, ilustracións, contos, banda deseñada... Foron algunhas das opcións escollidas.

6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

Caligrama 3D elaborado por Marcela de 6º de primaria


Tamén nos visitou Ignacio Vilariño, co que tivemos unha sesión de contacontos moi divertida. Ata sacou un Timple Canario para acompañar unhas historias, e fíxonos cantar con el. Pero todas estas actividades as podedes seguir no noso blog: www.orecantodeleo.org

Outra das actividades foi un Rastro Solidario de Libros. Dende hai anos gardabamos os fondos procedentes do expurgo da Biblioteca, libros que por diversos motivos non teñen cabida na nosa. Puxémoslles un prezo simbólico, e a recadación destinarémola a asociación local “Río Barbeira” que se encarga do coidado da contorna deste afluente do río Verduxo.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 7


O LABORATORIO DA COMUNICACIÓN BOTA A ANDAR A ESCALEIRA, curta gañadora do concurso “Nós tamén creamos”

Premios “Olloboi”

T

amén participamos con esta curta no Festival Audiovisual Galego Olloboi que organiza a Asociación “Marearte”.

O noso traballo estivo nomeado nas categorías de Mellor Traballo, Mellor Fotografía e Mellor Banda Sonora.

P

Finalmente levouse o premio Olloboi Fotoxénico, que como din as bases do concurso e o “o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis visual.” racticamente o último día do curso pasado coñecemos a nova de que os alumnos de 1º de primaria do cole, quedaran gañadores no concurso “Nós tamén cre-

amos”.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocounos o día 13 de novembro de 2013, para a entrega de premio que tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). O conselleiro de educación, Jesús Vázquez Abad, presidiu o acto de entrega, durante o que se proxectaron as outras curtas premiadas.

8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


Nomeados en Olloboi Dj e Olloboi Zamburrioi

RANILDA, novo traballo de animación

E

ste ano tamén quixemos participar no concurso “Nós tamén creamos”, e para iso escollemos o conto Ranilda, de Mar Pavón (a mesma autora da Vella Lulula).

contar como o facemos, este ano fixemos un Making Off que poderedes ver a continuación da curta.

Pero o importante é que Ranilda xa está aquí, que aprendemos novas técnicas e que durante o proceso nenos e profesores pasárono de medo.

E tamén está presente a parte didáctica, na que aproveitamos para dar a coñecer outros contidos que terán que ver coa competencia dixital e a cultura audiovisual.

A presentación da historia, a súa adaptación e elaboración do guión, as primeiras probas con novos mateCon tanto traballo no colexio, foise riais para as personaxes, a confecretrasando a produción, e finalmente ción do escenario no Laboratorio, a rematamos cando o prazo de entrega animación, a dobraxe... son as distintas fases polas que temos pasado. xa se esgotara.

Como hai tempo que vos queremos

Making off REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 9


10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


O máis fascinante desta actividade é ver como se implican nenos e nenas que en outros ámbitos escolares pasan practicamente inadvertidos.

“RANILDA”

A ilusión que xera nos actores implicados e incomparable con outras actividades experimentadas.

Adaptación cinematográfica do libro “RANILDA” de OQOeditora

Pensamos que o darlles estas oportunidades na escola deixará neles un recordo que gardarán para sempre na súa memoria.

Texto de Mar Pavón Ilustracións de Chloé Rémiat

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 11


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO OU CÓMO TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS CONTANDO COA BIBLIOTECA ESCOLAR COMO CENTRO DE RECURSOS AO SERVIZO DO CURRÍCULO

D

urante este curso escolar 2013/2014 vimos de desenvolver o noso 4º Proxecto Documental Integrado (PDI) de centro. Aínda que pareza que xa está completamente rodado, é xusto dicir que ao profesorado suponlle un gran esforzo extra, por mor do cambio metodolóxico que debe implantar. Durante estes anos se sucederon na nosa escola actividades de formación para os docentes en distintos ámbitos, especialmente no tocante ás novas tecnoloxías (TICs). Entre outras actividades, no Grupo de Traballo, PDI: Que é e que non é?, debatemos de que xeito poderiamos organizar mellor o noso proxecto, en que medida se ven implicadas as distintas áreas nunha actividade cun claro carácter transversal, en que nos pode afectar a nova lei educativa que entra en funcionamento... Do que non cabe dúbida é que nunha sociedade como a actual, tan tecnoloxizada, a Alfabetización Informacional (ALFIN) e Mediática a 12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


de ser unha das principais preocupacións do profesor do século XXI.

Nas seguintes páxinas poderás ver de que xeito foron traballando nas distintas aulas.

“As TICs viñeron para quedarse, non están de paso!”

Presentámosvos actividades que se enmarcan dentro das fases pola que pasa o Proxecto:

Está na nosa responsabilidade o incluílas eficientemente no currículo.

1º Motivación 2º Procura e tratamento da información 3º Exposición do aprendido

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 13


O PDI que desenvolvemos este ano titulouse...

A

nosa escola leva no Programa Voz Natura moitos anos.

Cada curso propoñen un tema a traballar nas aulas, e este ano tocáballe a quenda aos ríos e ás praias. Coma sempre, cada ciclo concretou un pouco máis a temática, centrándose en aspectos menos amplos, e enfocando, dende un traballo de investigación documental, a temática escollida. Deste xeito conseguimos relacionar a nosa programación con esta iniciativa ecolóxica, de concienciación, formativa e de posta en práctica. Xa temos feita a solicitude para seguir no programa o vindeiro ano, no que tocará traballar a horta ecolóxica.

14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


XORNADA ESCOLAR POLA PAZ

O

30 de xaneiro conmemórase a Xornada Escolar pola Paz e a Non Violencia.

A nosa escola decidiu hai 4 anos relacionar todas as conmemoracións que puideramos, coa temática do proxecto documental. Ademais comezamos a organizar tamén un Mercado Solidario, cos traballos de artesanía feitos en clase. Os cartos recadados entréganselle a unha asociación ou ONG que teña que ver coa temática traballada. Desta volta escollemos á Asociación “Vai polo río” de Pontevedra, polo seu labor de coidado, limpeza e

divulgación da riqueza ecolóxica do río dos Gafos, que desemboca no mesmo final do río Lérez. Durante toda a preparación fomos fotografando as intervencións para poder preparar este Time Lapse que conta como banda sonora a canción de Pablo Díaz: O Ecoloxista. De maior quero ser ecoloxista Aproveitando este traballo, compuxéronse na aula de música dúas estrofas máis que complementan ás orixinais. Podédelas consultar no seguinte enlace ao blog: www.orecantodeleo.org REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 15


EFECTOS E CONSECUENCIAS DOS INCENDIOS SOBRE OS RÍOS 2º ciclo de primaria

H

oxe fomos ao monte Barbudo en Ponte Caldelas.

Vimos o monte queimado e algunhas plantas e árbores nacendo. Antonio, o Axente Forestal, ensinounos que se pon palla para que cando chova a cinza non vaia parar ao río. Tamén nos explicou outras formas de parar a cinza: cordóns de vexetación, estacadas verticais e horizontais. A chuvia agrava os efectos dos incendios. Se chove despois dun incendio, a cinza e outros residuos que quedan van parar aos ríos. Toda esa contaminación que leva a auga pode matar moitos seres vivos. A contaminación non só está producida polos incendios, senón tamén polas persoas, cando tiramos cousas no chan e coa chuvia e o vento van a parar os ríos. 3º de Primaria

16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


O

alumnado de 2º ciclo de Primaria quixo centrar a súa atención nos efectos que o incendio no monte Barbudo (a uns 4 kilómetros da escola) puido ter no río e no ecosistema local. Para isto comezaron por se por en contacto con Antonio Membrives, axente forestal da zona, que os guiou polos distintos espazos afectados e lles foi ex-

plicando como se foi estendendo o lume, que medios se empregaron, como afectou á vexetación e á fauna da zona... Unha das cousas máis importantes que observaron foron os actuais traballos de rexeneración e conservación que se están a desenvolver. Todo isto quedou recollido no seguinte traballo: Incendios, efectos e consecuencias

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 17


HOXE ENTREVISTAMOS A...

seu labor divulgativo cos nenos da escola.

A

Como xa lle escoitamos dicir moitas veces “a primeira fase da prevención de incendios comeza aquí, na escola”, educando e concienciando aos máis novos do valor do que temos e dos riscos que corremos con determinadas imprudencias.

ntonio Membrives non é un Axente Forestal nada convencional.

Ademais de ser un namorado da natureza e levar tantos anos loitando profesionalmente pola conservación dos nosos bosques, ten unha inquedanza pedagóxica moi grande, o que se ve reflectido no 18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

Entrevista para CEIBE


“Queremos agradecerlle especialmente a Antonio esa dedicación que nos ten, porque sempre fai un oco para nós, e por que contaxia aos nosos nenos ese amor que ten pola natureza.”

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 19


VISITÁRONNOS OS ECOLOXISTAS DE VAI POLO RÍO

C

omo xa contaramos en páxinas anteriores a Xornada Escolar pola Paz organizamos un mercado solidario e os cartos destinámolos á asociación pontevedresa “Vai polo río”.

Puidemos gozar dunha magnífica charla na biblioteca, onde 3 dos seus compoñentes: Pablo Carro, Amancio Castro e Ramón Laxe, nos contaron en que consiste o seu labor. Outra das sorpresas que nos deron foi a de que van aproveitar os cartos que lles entregamos para facer a edición do cartaz “Tesouros Biolóxicos do Río Gafos II”. Para a súa presentación queren contar con nós e facela na escola o vindeiro curso. Por suposto que aceptamos a proposta! www.vaipolorio.org 20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


BUSCANDO PEGADAS Educación Infantil

U

nha actividade moi interesante foi esta que desenvolveron os rapaces de educación infantil.

Observando os areais xunto aos ríos e as praias, investigaron sobre as pegadas que hai neles e qué animais estarían detrás das mesmas. Durante uns meses, e coa lupa na man, estiveron pescudando en documentais, libros e internet, procurando curiosidades deses animais: por exemplo que as gaivotas eliminan o sal da auga que beben do mar a través das súas bágoas. Logo aprenderon uns versos que recitaron acompañados das mascotas que elaboraran das distintas especies traballadas. Estade ben atentos, que ao final do libro hai xogo! (Clic aquí ou na imaxe) REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 21


OS PANCHOS Infantil de 3 e 4 anos

S

eguindo a liña do ano anterior os nenos de infantil de 3 e 4 anos produciron unha pequena curta de animación en Stop Motion.

Panchita e Pancho son un tanto “despistados” e fan cousas que non están moi ben, pero xa están estes pícaros para lles explicar como se fan as cousas. Pancho e Panchita 22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


Ofrecémosvos nestas imaxes distintos momentos da produción, que foi o noso primeiro contacto coa arxila polimérica. Non foi a primeira experiencia de animación para todos, pois o curso pasado xa elaboraran un anuncio para explicar a reciclaxe. A curta formou parte dos materiais que empregaron na fase de presentación do PDI.

“Aprender significa emocionar” Dr. Francisco Mora Profesor de Fisiología Humana en la Facultad de Medicina de la Universidad Complutense de Madrid

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 23


PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO 3º ciclo de primaria

N

o vértice da península da Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia, no municipio coruñés de Ribeira, encóntrase o Parque Natural de Corrubedo.

Este Parque ten unha extensión de case 1000 hectáreas e nel pódense ver praias, un sistema dunar, unha marisma e as lagoas de Vixán e Carregal. A principal atracción do Parque é a GRAN DUNA MÓBIL, única en Galicia, que ten unha extensión

24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

de 1 Km de lonxitude, 250 m de anchura e unha altura de 20 metros. Tamén son de grande interese as LAGOAS. A lagoa de auga doce, de Vixán, está situada no extremo sur do Parque Natural e está separada do mar por un cordón dunar. A lagoa salobre, de Carregal, mantén a comunicación co mar e por iso as súas augas teñen maior salinidade.


A praia do Parque Natural, en realidade son cinco praias consecutivas que en total teñen unha lonxitude de catro km. Por outra banda, a situación xeográfica do Parque e a variedade de hábitats permiten unha elevada diversidade faunística. Destaca a gran variedade de anfibios e réptiles, como por exemplo, a cobra de Colar, o esgonzo común, o tritón verde ou o sapo de esporas e aves acuáticas como as anátidas, o pernileiro común, o corvo mariño ou a píllara. Por último tamén debemos destacar a riqueza e diversidade da flora no Parque Natural. Atopamos plantas adaptadas á aridez como o feo de praia ou o cardo mariño e plantas acuáticas como os xuncos ou carrizos. Sabela 6º de Primaria

O

alumnado de 3º ciclo de primaria, montou unha exposición con láminas, maquetas de animais, cunchas e obxectos, e unha recompilación exhaustiva de infor-

mación.

Na fase de exposición o resto da escola pasou a visitala, e foron os nenos e nenas deste ciclo os encargados de facer de guías. Máis adiante tamén viñeron as súas familias para escoitar de primeira man o aprendido. Parabéns por ese traballo tan completo! Imaxes da exposición

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 25


FOMOS MARISCAR Á PRAIA DE LOURIDO Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria

E

n que mellores mans se atopan as nosas praias que nas das mariscadoras? Fomos a coñecer o seu traballo, as ferramentas, as capturas, o proceso de limpeza, as mareas...

Na praia de Lourido, en Poio, estaban esperando por nós e sen case ter tempo para baixar do autobús, fomos mariscar. Había que facelo antes de que subira a marea! Descubrimos que baixo a area mollada, se a movemos un pouquiño, hai moita vida e que non toda é para o noso cubiño... Hai que estar atento aos tamaños, ás especies, á época de captura e mesmo ter en conta se xa collemos moito ese día; xa que non po26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


demos coller todo o que queiramos! Sorprendémonos coa dificultade do seu traballo, moitas horas á beira do mar sen saber se haberá ou non haberá marisco que levar. Aínda que como traballan en equipo, na confraría de Lourido sempre hai que facer. Unha das cousas que tamén realizan estas mulleres do mar é limpar as nosas costas e manter o equilibrio do ecosistema que en elas se desenvolve. Aínda co cheiro a mar no nariz, ao regresar ao cole comezamos este traballo sobre elas. As mariscadoras Pero... e nos ríos? Pois nos ríos atopamos aos pescadores dos que tamén quixemos saber máis! Os pescadores

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 27


A MAR DE LIMPO 1º ciclo de Primaria

D

ende 1º ciclo de primaria chégannos unha serie de traballos que xuntaron baixo o título: “A Mar de Limpo”.

Un deles é un libro moi grande (por tamaño e contidos) que podedes visitar aquí en PDF. Tamén temos un vídeo no que estes alumnos lles explican aos seus compañeiros os contidos que elaboraron. Vídeo da presentación

28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


Ríos e praias en boas mans Outros dos materiais que nos achegan son dous vídeos: un en formato anuncio e outro coas tomas falsas. De seguro que se divertiron moito facéndoo. Nós sabemos que as profes si... Tomas falsas

“Foi unha gran experiencia para eles que tomaron moita conciencia do importante que é coidar a nosa contorna, e que a man do home pode facer moi boas cousas, pero tamén moito dano ao ecosistema.” REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 29


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O

17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano programamos as actividades para os días previos.

A figura homenaxeada foi Xosé María Días Castro. Nas aulas traballaron a efeméride e a biografía do autor, e preparáronse poesías, tanto de creación propia coma do autor. Aproveitando o bo sabor de boca que nos deixara o rastro de libros, quixemos facer un acto na rúa que consistiu na lectura pública de poesías e dalgúns da30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


tos importantes do homenaxeado. O noso alumnado foi pasando polo espazo de intervencións para poder dar lectura as súas poesías, que outros se ían encargando de colgar nun tendal instalado para a ocasión. Estes traballos quedaron dispoñibles para que os veciños os levaran para as súas casas.

“A experiencia de saír á rúa gustounos tanto que prometemos repetir...”

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 31


EXCURSIÓN A PUNTA CARREIRÓN DESPEDÍMONOS DO CURSO...

O

mércores, 11 de xuño fomos todo o cole de excursión á Illa de Arousa.

O obxectivo no era outro que pasar unha xornada lúdica nun espazo que tivera relación co noso Proxecto, e ben que o conseguimos. Punta Carreirón, é un espazo natural protexido, que está incluído no Parque Nacional “Illas Atlánticas”, no extremo sur da illa.

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

Do máis especial que ten é o seren un lugar de parada e descanso para numerosas aves migratorias, xunto co Complexo Intermareal Umia - O Grove. Os cativos puideron gozar da experiencia de montar en Kayak que vos amosamos no seguinte vídeo: Excursión á Illa de Arousa


EXCURSIÓN Á PRAIA DE PUNTA CARREIRÓN Onte, mércores 11 de xuño, fomos á praia de Punta Carreirón. Nadei cos meus amigos e paseino moi ben. Collín moitos mexillóns, aínda que estudei que nos se pode facer. Montei en kaiak cos monitores e os outros nenos. A praia estaba limpa, aínda que non tanto como debería estar. Alí 2º de Primaria

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 33


KEVIN 2ยบ de PRIMARIA

34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]


ESTA REVISTA ESCOLAR “CEIBE” EDITOUNA O ´ LINGUISTICA ¨´ EQUIPO DE DINAMIZACION DO CEIP “A LAMA” COORDINADOR Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez MEMBROS DO EQUIPO 2013/2014 Ed. Infantil | Cristina Campos Pérez 1º Ciclo | Teresa Couto Paz, Susana López Lombao e Manuel Viéitez de la Fuente 2º Ciclo | Luísa Cancelas Lemos 3º Ciclo | Mónica Fernández Vidal e Rubén Vázquez Martínez DESEÑO, TEXTOS, MAQUETACIÓN e NAVEGACIÓN Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez FOTOGRAFÍA Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez Teresa Couto Andrea Lafuente Garrido Ana Isabel Loureiro VÍDEOS e PDFs Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez Teresa Couto Paz Tania Rivas García Susana López Lombao Irian Blanco Babarro Marta Couso Carballude Luisa Cancelas Lemos Ana Isabel Loureiro López

´ LABORATORIO DA COMUNICACION

CEIP “A LAMA” - www.orecantodeleo.org

TRABALLOS ESCOLARES Alumnos de Infantil e Primaria do CEIP “A LAMA”

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 35


Aqueles marabillosos anos...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.